Atopámonos
na aldea de Loxo de Riba e baixamos por un camiño de carro, fronte á
casa dos do Rulo. Desde alí, entramos na aghra.
A
cuberta, ten cubriçión de tellas do país e topetes (pedras loncas
e estreitas que van no cume e enriba das paredes, aghás na caída
das aghuas).
Fachada
máis alta e pinche leste.
Alghunhas
hedras xa inçan pola parede da fachada baixa.
que se dirixe ao cubo para baixar ao reduçio.
Saída da aghua polo sartegho da outra fachada e pequeno pontellón.
Saída da aghua polo sartegho da outra fachada e pequeno pontellón.
A presa discorre en liña coa parte que atravesa o muíño.
Sartegho, e reduçio en acçión. Para que o reduçio ande ben, a aghua que sae pola "billa", ten que ir ben direita contra as penas do reduçio.
Nesta outra foto, vemos o reduçio parado. Esto, non só para porque non lle baixe aghua da presa. Di Xan Domincos que nesta presa, de ves en cando, chocan as dúas aghuas. Unha que sobe e outra que baixa, façendo parar o reduçio. A esto, chámaselle "empeghar, ou empegharse".
Se
nos situamos sobre a Ponte de Ghamo, a cal se atopa por debaixo de
Comoxo, pódese contemplar a enchenta do río. E, na
esquina superior dereita da foto, vemos o muíño.
Baixamos até a aghra, e antes de cheghar a el, encontrámonos cun pontellón de pedra que pasa sobre unha presa.
Fermoso contraste da corrente de aghua, coa pedra e a vexetaçión.
Dado que as pedras loncas son de anchura irreghular, deixan unha boqueira no medio delas. E para evitar caídas, foron recheadas cunhas pedras que aseghuran o paso.
Podemos ver o chan enfariñado de branco. E seghundo quen me prestou a chave, inda había pouco tempo que moera millo nel.
Esta persoa, Xan Domincos da Carballeira, de Loxo de Riba, encárghase el mesmo de limpar a presa, arranxar as peças do muíño e coidalo. Por ese motivo, tamén é o dono da chave.
Relata que había bos carpinteiros, como Manolo do Caseiro, da Fiosa. Di que podía calcular o plomo da vara sobre o reduçio, de xeito artesanal. Para esto, empreghaba unha machada que entroncaba coa vara, e dáballe voltas arredor dela sobor do reduçio.
Conta tamén, que daquela ten conoçido a outro carpinteiro bo, coma o pai de Che de Lina, casado na A Cuncheira. Viña sendo, o señor José da casa da Niña, en Pomar do Río.
Nel,
teñen dereito de rolda para moer, tódalas casas de Loxo de Riba, menos a
Riatela. E tamén os veçiños de Loxo de Baixo, aghás o Pulido.
Alghúns
habitantes de Loxo de Riba e de Baixo, co-propietarios neste muíño,
casáronse en Comoxo. Tal é o caso da señora Prospecta do Perico que casou na casa da
Torre. A da Collaça que foi para a de Rosa de Souto e José Antonio de Françisca de Ciprián, casado na casa nova do Cristovo. Hoxe en
día, conservan as roldas que lles pertençen nel.
En
ocasións, alghunha familia ten cedido horas a outra casa, restando
de xeito definitivo a súa propia rolda. Esto façíase para que a
nova usuaria pudera moer alí. Exemplo desto, é a casa da
Carballeira que orixinalmente tiña 24 horas, pero quedaron en 18
horas, posto que lle cederon 6 horas a Josefa de Bretal.
De
fronte, atopamos unha parede baixiña que divide a entrada, do tremiñado. E tamén, vemos a crus (parte superior do
erghuedoiro que atravesa o piso do muíño e ten esta forma. Fai
subir e baixar a capa, a base de cuñas.)
Xesta para varrer a fariña, e alobeadoiro (pau semellante á tranca dun portal que levanta a crus do erghuedoiro, onde se lle colocan unha, ou máis cuñas.)
Quenlla
ghrande (pirámide invertida, onde se bota o ghran que baixa á
quenlla pequena) e tamén, a quenlla pequena (canle de madeira situada
debaixo da quenlla ghrande e dirixe o ghran ao ollal da capa.)
Vigha (ghuieiro ghroso de madeira, situado no teito do muíño. Nela, enghánchase a quenlla ghrande, por medio do pao da quenlla.)
As
cuñas, son peças que se colocan debaixo da crus para reghular a
subida e baixada do erguedoiro. Levántase a crus co alobeadorio, e
nos ocos, pónselles as cuñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario