Vista do muíño de fronte. E na parte esquerda, vese a entrada escura ao “cubo”, cunha laxe de pedra sobre dúas chantas.
Pode apreçiarse
unha liña no chan ata esa entra, a cal era a presa que levaba a
aghua para dentro do cubo.
Presa
de aghua que ven desviada do río, o cal pasa pola parte oeste.
Houbo
que limpar a parede frontal do muíño para
poder entrar nel.
E o resto de paredes de arredor.
Pinche
do lado leste.
Panorámica
desde o lateral leste da construcçión, co muro, a presa, carballos,
ameneiros, …
Marco
da porta, e soleira.
Burato, ou oco onde estaba a crus (cabeça do erghuedoiro), e baixaba o erghuedoiro ata a mesa do reduçio.
Ten o ollal, ou furado no medio da capa e atravesa tamén o pé. Xa non ten a seghorella, o beo, a quenlla, nin o resto de compoñentes. Tampouco a vara que baixa polo ollal ate o sartegho.
e a soleira.
Outra toma desde esta posiçión. A súa estrutura, a simple vista, inda se mantén estable.
Xiramos, dirixíndonos a esa fachada sur.
As
pedras máis ghrandes, sempre acostuman façer de esquinais. No
resto, a pedra é de mampostería. É diçir, máis miúda.
Vista desde ese ánghulo.
Entrada
do sartegho.
Xa non ten reduçio, mesa, nin vara.
Desçenso da presa de aghua.
Pequeno estanque.
A aghua seghue o seu curso.
Os muros das estremas, inda se manteñen en pé.
O río, vai pola parte sur, paralela á presa que desviaron no seu día para o muíño.
Óllese
a silveira que o invadía todo. Ghabeaba polas paredes,
cheghando ao seu interior. Apañáronse arredores, paredes e interior con fouçiño, forcado e luvas. Finalmente, as
ghalladas foron recollidas coa forcada, ou horquilla.
O río, vai pola parte sur, paralela á presa que desviaron no seu día para o muíño.
Alghunhas
moreas de silvas e outra vexetaçión apañada, aumentaban a valoura
seghundo lle xuntábamos máis ghalladas.
A maleça contrasta co apañado e limpo, podendo ver en plenitude esta construcçión onde se moía o millo.
Con algho máis de lonxanía, vemos mellor a perspectiva das cousas.
Imos marchando, e deixamos esta paraxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario