jueves, 18 de febrero de 2016

O GHATO E A SARDIÑA. HISTORIAS DE FAMILIA, por Ramón Laíño





Non hai moitos anos que o ofiçio de ferreiro era algho sumamente indispensable para a xente e, estaba moi presente no vivir de cada día.



A comunidade preçisaba de utensilios cos que traballar a terra, alambrar as viñas, ferrar os animais, façer as tarefas da casa, etç.


Daquela, no ano 1934, instalouse unha forxa nun pequeno cuberto, en Cures de Riba, perto da pista de Boiro-Noia. Este taller contaba co propio ferreiro e, un aprendís de 13 ou 14 anos que estivo no período do 1934 ao 1936.
 


Un día de bo tempo, o dono preparou unha pequena foghueira diante da casa. 



Logho, cando foi quedando a brasa, colleu sardiñas xa areadas con sal, e púxoas nun asador que deitou nas ascuas.


Entón, encomendoulle ao rapaçolo que as fora atendendo, mentres el traballaba na forxa. Por tanto, o xoven estuvo tendo conta delas, dándolle a volta cando o requiriron.

 


Mentes o moço coidaba das sardiñas, o ferreiro batía no cuberto. 



Cando o aprendís veu que lle faltaban pouco, e como había alghunhas máis por façer, deçideu ir á coçiña en busca dunha fonte para botalas nela.

 


Daquela, case non había nincún coche por esta vía. Se acaso, un en todo o día, ou pouco máis. A estrada era unha pista máis estreita, con barro e pedraghullo pisado.

 


No intre que o rapás xa collera a fonte no alçadeiro, sinteu o ruído dun coche. 



E, todo curioso, saeu axiña para velo. Xa fóra, cando mirou para o vehículo, tamén veu ao ghato da casa intentando coller unha sardiña asada. 

 


Vai el, e instintivamente escorrentou ao animal, 



o cal deixou a sardiña no chan e, liscou miando. 



O xoven, recolleu a sardiña, limpouna e púxoa de volta no asador.



Perdidos de vista o coche e mais o ghato, pensou para sí: “Ao dono vaille estranar que o ghato non ande por aquí, arredor das sardiñas. Ademáis, se quedou lastimado e tomou medo, fuxindo para lonxe, eu podería diçirlle que o atropellou un vehículo.” De seghuido, dixo en vos baixa: “Así o farei.”



Ao pouco, veu o ferreiro e ollou o traballo. Pareçeulle que as sardiñas estaban ben feitas. Pero, estranoulle non ver ao ghato da casa arredor delas, sabendo que lle ghustaban moito.
 
Preghúntalle o ferreiro:
    • ¿Elogho, o ghato? ¿Seica non lle ghustan as sardiñas?


A todo esto, respóndelle o aprendís:
    • Atropellouno un coche e fuxeu para lonxe. Pode ser que estea ferido.
 

O dono co propósito de saber, escubichou:
    • ¿Sabes que coche era e, vístelle a matrícula?


Moço:
    • Xa iba lonxe e non lla puden ver

Ao final, o conto non dou para máis e rematou así. O ghato xa apareçería cando pudera e, lle viñera ben.

No hay comentarios: