jueves, 3 de marzo de 2016

O RAPAÇIÑO E O PIOLLO. HISTORIAS DO LUGHAR, por Ramón Laíño





Tempos aqueles da era dos nosos maiores, onde había traballo duro e



tamén, neçesidade e miseria. 



Unha consecuençia desta realidade, era a propaghaçión de piollos polo ambiente. 


 
As nais, xeralmente, a que máis, a que menos, miraban na cabeça dos seus fillos e, ao resto da familia para “cardar” piollos.



Esto consistía en buscalos entre o pelo. Cando collían alghún, estruchábano entre as cotas das uñas dos dedos ghordos, de ámbalas mans.



Dita operaçión era unha medida de hixiene “momentánea”, pois aqueles bichiños podían volverse coller ao pasaren da cabeça doutros nenos, por contacto físico. 


 
Como sempre en todas as cousas da vida, na aldea había alghunha casa na que os seus membros, tiñan fama de máis limpos e coidadosos.

 


Os rapaçes, en xeral, seres espontáneos e independentes, iban uns á casa dos outros para saíren a xoghar por ahí.



Resulta que un día, os nenos desa casa con fama de máis limpos, foron con outros compañeiros á casa duns amighos. 

 

Entraron nela e viron ao neno que buscaban. El estaba sentado, mentes súa nai lle miraba a cabeça por se tiña piollos.



Esta nai, sabendo da sona de máis limpos dalghúns dos nenos que tiña diante dela, quixo ser máis cá ninquén. Entón dixo:
 
¡O noso filliño non ten nincún piolliño! ¡E vos estades cheos deles!



De seghuido, exclama o seu fillo:

¡Mamá! ¡Ai mamá! ¡Ahí vai un!



A esto, a nai enfadada, berroulle:

¡Calas a boca! ¡Non ves quen está aquí!

No hay comentarios: