jueves, 4 de febrero de 2016

OS IRMÁNS E AS MOÇAS. HISTORIAS DE FAMILIA, por Ramón Laíño




Das innumerables vivençias familiares, perduran varias anécdotas resaltables, ocorridas entre dous tíos maternos.



Por veçes, as distintas formas de ser resultan curiosas, e en ocasións, divertidas.



Un xeito de começar podería corresponder ao máis maior, por eso da idade. Tal ves, fose açertado calificar a súa personalidade como serena, prudente e pícara.



O seu interese en buscar unha moça, baseábase en camiñar a pé. E o ámbito de exploraçión abarcaba a propia parroquia, e sitios limítrofes. Pouco a pouco, foi recalando nunha aldea veçiña, a cal lle interesou máis que outras

 

Doutra parte, o máis novo destacaba pola súa efusividade e ansia de aventura. Máis dado a búsquedas lonxanas e arriscadas. 



Dentro dos ghrupos cos que se relaçionaba o máis xoven, coma quen dí aínda un adolesçente, destacaba en façerse ver. Fose cantando, competindo, etc, con claro afán de relevançia. 

 

A diferençia do máis maior, o máis novo quixo façerse cunha biçicleta (non frecuente daquela), acorde cos seus propósitos de despraçamento. 


 
En canto á búsqueda de amoríos, servíase do biçiclo, explorando territorios máis distantes. 
 

E un día que viña o xoven de moçear de lughares alonxados, dille o máis vello:

  • ¡Non vais ás moças a tan lonxe, oh!



O maior, que era pillo e pavero, continuou diçindo:

  • Cásome eu con aquela muller de Bermo, ancha e corpulenta, e xa temos muller para os dous.


Entón, contéstalle o máis novo, resoltamente:

- Non! Que eu quero unha muller para min solo! (Fora como fora a muller, sería soamente para el).

No hay comentarios: