Levántase
o telón e vexo na miña memoria a un tío meu, casado nun lughar da
parroquia.
Daba
o seu aspecto físico, unha apariençia de maior idade da que en
realidade tiña. Aquelo, onde a verdade dos anos se confunde a través
dos ollos dun neno.
A
partir dun determinado momento, começara pondo a ghorra neghra,
típica de aquí.
Dixeran
que xa, de moi xoven, fora quedando calvo. E, posteriormente, desde
que eu me lembro, tamén puden comprobar que non mostraba complexos
por ese motivo.
Polo
que se refire ao seu xeito de ser, situábase dentro do parrandeiro e
o ocorrente.
Esta
falta de pelo e a súa fisonomía, servíalle como pretexto para
meterse coas moças e as mulleres. Levantaba a ghorra e diçíalles
con moito arte, cousas paveras que as façían rir.
Ao
entrar en espaçios públicos cubertos, como en casas particulares,
tiña por norma, sacar a ghorra e pousala nun sitio discreto.
A
historia que nos ocupa, desenvólvese na seghunda metade dos anos 60,
do século pasado. O protaghonista, de quen estamos falando,
traballaba de gharda forestal.
Para
poder desenvolver o seu ofiçio, dispuña dunha moto todoterreo e,
dun aparato radiofónico portátil. Este último, contaba cunha
correa de coiro que puña nun ombreiro, cruçando hastra o lado
contrario da çintura.
Por
esa época, non existían pistas interparroquiais, só camiños de
carro. Debido a esto, a Forestal fíxolle unha caseta de ladrillo, enfoscada en çemento para ghardar a
moto. Construíronlla perto do cruçe de Carboeiro, na beira da pista
de Pomar do Río a Moimenta.
Un
día, como tantos outros, saeu da casa coa intençión de coller a
moto e, ir traballar. Para eso, subeu camiño arriba hastra a caseta
e, ao abrir, xa non estaba o vehículo.
Nesa
temporada, meu pai viñera de naveghar e andaba pola casa. Non había
moito tempo que comprara unha moto. Inda me lembro dela, anos
despois. Era unha Bultaco, de 250 cc.
Naquel
intre, penso que non había máis motos pola aldea e, posiblemente,
nincunha outra na parroquia. Se acaso, alghunha biçicleta, “quen a
tiña.”
Logho
de ocorrido ese suçeso, o tío veu desde a aldea veçiña, xunto de
meu pai. E ao acabar de contarlle o que pasara, pideulle se o levaba
a Boiro para dar parte. Cheghados
alí, as autoridades tomaron nota, pero non tiñan novas ao respecto.
De seghuido, despraçáronse ao posto de Noia. Neste caso, os que os
atenderon, dixéronlle que o día dos feitos pasaran por esa pista
forestal, sen observaren nada raro.
Así
con todo, iniçiaron o reghreso para a casa. Pero no traxecto,
determinaron tomar algho polo camiño. E ao pouco, pararon a man
dereita, nunha taberna de Merelle, da parroquia de Tállara,
pertençente a Lousame.
Por alí, andaba un rapás pequeño da casa, enredando ao seu aire. Ao pouco, veu a prenda pousada naquel sitio.
Vai
o neno e, ocorréuselle coller a ghorra para xoghar con ela.
Entón,
dille o dono da prenda:
- ¡Haber! ¡A ghorra ou o pelo!
POSDATA:
Do asunto da moto, dixéranlle tempo despois que apareçera en
Carballo. Din que se atopaba en bo estado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario