Daquela,
as tabernas funçíonaban como un lughar de reunión soçial para
unha parte da poboaçión masculina.
Outra parte dela, en cambio, non
estaba realmente interesada neste xeito de relaçións soçias, a
través da bebida. Ou, simplemente, levaban unha vida máis caseira,
dedicados por completo aos traballos da terra, os animais, a familia
e a casa.
Alghunhas
tabernas, ademáis, tamén eran ultramarinos. Por eso, cando se
neçesitaban determinadas cousas para a casa ou, víveres, entraban a
comprar as mulleres.
Esto último, dependía das épocas. Se había un pouco de carto ou, non para comprar.

Os
homes que frecuentaban as tabernas, maioritariamente, era xente que ía ou viña de traballar. A diçir verdade, os do propio lughar non axudaban "moito", ou nada, aos neghoçios da súa propia aldea. Se cadra, unha minoría moi contada entraba nelas.
A inmensa maioría, sentía que canto peor lle fosen aos seus conxéneres, máis contentos estaban. A maldita lacra da envidia. Pero esto non ocorre só no mundo dos neghoçios. Que conste que esa forma de ghanarse a vida por detrás do mostrador, eu enténdoa como unha prisión en vida.
No 30 de novembro do 1970, día de San Andrés, patrono da parroquia de Cures, abreuse o bar "A Viña", en Cures de Riba. Xa había outras tabernas, ultramarinos e estancos pola redonda, e unha máis no mesmo lughar. Na parroquia, só se façían as festas do verán, O Sacramento. Pero no inverno, non se celebraban as festas de San Andres, do 30 de novembro, e tampouco as do 1, 2 e 3 de deçembro.
Por eso, na estrea do bar, meus pais deçidiron abrilo coa orquesta París de Noia, tocando no baixo da casa, nas noites do 30 de novembro, 1, 2 e 3 de deçembro. Alghúns deses 4 días, os compoñentes da referida orquesta, çearon no mesmo bar. Eu era un rapás pequeniño, e andaba polo medio da xente. De ves en cando, encarghábanme alghunha bebida, e subía ao bar, baixando con ela por entre a xente para levarlla a quen ma pedira.
A todo esto, o chan do baixo era de barro pisado e aínda o foi hastra moitos anos despois.
Nese mesmo baixo, creo que noutra temporada, viñera unha compañía cirçense-teatral, con todo o equipo.
E, dada a amplitude do baixo, propuxeron façer unha representaçión para a xente do entorno. Recordo que houbo trapeçistas, xa que a altura do soto era sobrado para eso. Tamén paiasos. Actuaçión de persoa disfraçada de touro, tratando de coller á xente. Imitaçións doutros animais, etç, etç.
Preparáronse uns bancos ao lado das paredes, onde se acomodaría a xente en todo o seu arredor, con pouca lus. Mentes, o resto do espaço con lus da compañía, quedaría para a representaçión.
Alghún ano despois, un ambulante con proxector de cine, montara unha pantalla xighante no local do bar (moi amplo, daquela), e proxectara unha película para os que quixeran vela.
Na década dos setenta, había moita xente embarcada. Por esa época, os fins de semana, cantidade de xuventude do lughar e da redonda, xuntábase na parada, perto da taberna. Alghúns, antes de irse, tomaban algho na taberna. Alí, collian o coche de liña (autos Muñis) que ía á sala de festas de Noia, do Son, e outro do Ideal Ghallegho, o cal, baixaba a Boiro.
Ao viren de reghreso, quedaban no bar hastra as tantas da madrughada. Ahí, xoghaban ao futbolín. (Cando metían a bola nunha portería, e caía no queixón, había quen diçía "quenlla". Esto era unha comparança coma cando cae o ghran de millo na quenlla do muíño.)
Aparte do futbolín, a xuventude e maiores, bebían, dançaban, cantaban, escoitaban música se lles petaba, do tocadiscos de dúas pesetas, tomaban pinchos, etç. Era tanto o despilfarro, que hastra bebían cubalibres en caldeiros.
Había turistas de distintas naçionalidades que na época estival, pasaban por esta rota. Primeiro de todo, se paraban, ían ata a curva e tomaban fotos. Púñanse a mirar todo o val, ata o fondo da Ría da Arousa. Uns viñan a pé, coa mochila ao lombo, outros andando pero acompañados de mulas que lle levaban a equipaxe.
Tamén a cabalo, en biçicleta, alghúns en motos enormes de dúas rodas atrás e unha diante. Outros en coche particular, caravans, etç, etç. Non sei por qué, pero os de países de Europa de ambito atlántico, ou tamén norteño, eran máis respetuosos con nós e, dábanlle valor ao entorno no que vivimos. A diçir verdade, eu sempre llo din.
Non quero diçir que os turistas peninsulares non foran boa xente. Pero había "aquela cousa" aínda implantada en moita xente. Unha eiva bastante destacable era a soberbia. Recordo que nunha tarde de verán, moitos traballadores madeireiros xa remataran a xornada e baixaran dos furghóns que os traían. Entraron como de costume e, pegháronse ao mostrador, bebendo maioritairamente çervexa.
Nesto que, entra unha señora loira, maquillada, de fala castelán da meseta. Ben vestida, con xoiaría nas mans e no pescoço, xunto cun home. Traía unha bolsa de berberechos e achéghase ao mostrador toda recha. Mírame con aires de superioridade, e pide secamente un prato para comer os berberechos na mesa. De paso, tamén unhas bebidas.
Durante o tempo que estivo alí, a súa actitude era altiva, como se os obreiros e eu, lle molestaran e nos menospreçiara. A diçir verdade, por min era mellor que non entrara. Canto antes se marchara coas xoias e a súa soberbia, máis contentos quedábamos todos. A propósito, os berberechos non son de clase alta, por eso, mellor que os deixara na praia.
Un día parou un coche de marca e entrou un chaval con gharabata e traxe. Víase que era fillo de alghuén importante. Vai e pide unha aghua. Sírvolla e, o artista ponse coma un tolo, berrando que non a quería con ghas. Unha actitude como se fora a acabarse o mundo.
Cambieilla e non lle seghuín o xogho. Paghou soamente o que consumeu e, marchouse cunha mirada de prepotençia. Dixen para min: "A importançia non se mide pola apariençia, senón que vai por dentro. Anque a mona se vista de seda, mona se queda. Onde che corresponde estar, é nun cortello "espeçial", cos porcos." Posiblemente foi un rapás malcriado e consentido. Quen sabe se proviña da clase dos novos ricos.
Pero, non só pasa coas "clases elixidas", senón tamén coas "clases baixas". Como exemplo, entre moitos outros tantos casos, pasara algho pareçido cun chaval, un pouco máis novo ca min. Resulta que pedira unha çervexa.
E como non estaba tan fría como quería, baixou os santos do ceo, sumando o meu nome. Non me puxen a altura del e, ao marchar, pensei: "¡Vaite pola sombra e, leva a besta, oh!". ¡Vai Xan, vai!.
Fora como fora, o decorrer dos días da semana, de luns a dominco, de calquera ano no que estiven no bar (incluído aquel boom dos naveghantes, da década dos anos 70), en conxunto, foi unha prisión e un sen sensentido, máis que outra cousa. Hai un dito que di: "o cliente sempre ten a raçón", pero eso é outra forma de escravitude.
No que se refire ao día a día nas tabernas, os seus usuarios desafoghábanse, falaban das súas cousas, protestaban contra algho que non lle ghustaba da vida, cantaban, contaban contos, etç.
E incluso, de cando en ves, había alghunhas peleas.
A inmensa maioría, sentía que canto peor lle fosen aos seus conxéneres, máis contentos estaban. A maldita lacra da envidia. Pero esto non ocorre só no mundo dos neghoçios. Que conste que esa forma de ghanarse a vida por detrás do mostrador, eu enténdoa como unha prisión en vida.
No 30 de novembro do 1970, día de San Andrés, patrono da parroquia de Cures, abreuse o bar "A Viña", en Cures de Riba. Xa había outras tabernas, ultramarinos e estancos pola redonda, e unha máis no mesmo lughar. Na parroquia, só se façían as festas do verán, O Sacramento. Pero no inverno, non se celebraban as festas de San Andres, do 30 de novembro, e tampouco as do 1, 2 e 3 de deçembro.
Por eso, na estrea do bar, meus pais deçidiron abrilo coa orquesta París de Noia, tocando no baixo da casa, nas noites do 30 de novembro, 1, 2 e 3 de deçembro. Alghúns deses 4 días, os compoñentes da referida orquesta, çearon no mesmo bar. Eu era un rapás pequeniño, e andaba polo medio da xente. De ves en cando, encarghábanme alghunha bebida, e subía ao bar, baixando con ela por entre a xente para levarlla a quen ma pedira.
A todo esto, o chan do baixo era de barro pisado e aínda o foi hastra moitos anos despois.
Nese mesmo baixo, creo que noutra temporada, viñera unha compañía cirçense-teatral, con todo o equipo.
E, dada a amplitude do baixo, propuxeron façer unha representaçión para a xente do entorno. Recordo que houbo trapeçistas, xa que a altura do soto era sobrado para eso. Tamén paiasos. Actuaçión de persoa disfraçada de touro, tratando de coller á xente. Imitaçións doutros animais, etç, etç.
Alghún ano despois, un ambulante con proxector de cine, montara unha pantalla xighante no local do bar (moi amplo, daquela), e proxectara unha película para os que quixeran vela.
Na década dos setenta, había moita xente embarcada. Por esa época, os fins de semana, cantidade de xuventude do lughar e da redonda, xuntábase na parada, perto da taberna. Alghúns, antes de irse, tomaban algho na taberna. Alí, collian o coche de liña (autos Muñis) que ía á sala de festas de Noia, do Son, e outro do Ideal Ghallegho, o cal, baixaba a Boiro.
Ao viren de reghreso, quedaban no bar hastra as tantas da madrughada. Ahí, xoghaban ao futbolín. (Cando metían a bola nunha portería, e caía no queixón, había quen diçía "quenlla". Esto era unha comparança coma cando cae o ghran de millo na quenlla do muíño.)
Eu colléralle ghusto a esto do futbolín e, trataba de mirar as técnicas dos mellores xoghadores. De ves en cando, botaba partidas con alghúns chavales e homes. Unha tarde-noite pola semana, entrou alí un rapás moi loiro, de pelo case branco. Viña con seus pais.
Creo que o neno, máis ou menos da miña idade, propúxome xoghar unha partida. Empeçamos o xogho, e ao final perdeu el. Tan mal perder tiña, que veu por detrás de min e, agharroume polo pelo con todas as forças, turrando deica el. Era tan intensa a dor que hastra esbaghullaba. E como non daba parado, tiveron que soltalo seus propios pais, coa protesta dos da casa.
Aparte do futbolín, a xuventude e maiores, bebían, dançaban, cantaban, escoitaban música se lles petaba, do tocadiscos de dúas pesetas, tomaban pinchos, etç. Era tanto o despilfarro, que hastra bebían cubalibres en caldeiros.
Había turistas de distintas naçionalidades que na época estival, pasaban por esta rota. Primeiro de todo, se paraban, ían ata a curva e tomaban fotos. Púñanse a mirar todo o val, ata o fondo da Ría da Arousa. Uns viñan a pé, coa mochila ao lombo, outros andando pero acompañados de mulas que lle levaban a equipaxe.
Tamén a cabalo, en biçicleta, alghúns en motos enormes de dúas rodas atrás e unha diante. Outros en coche particular, caravans, etç, etç. Non sei por qué, pero os de países de Europa de ambito atlántico, ou tamén norteño, eran máis respetuosos con nós e, dábanlle valor ao entorno no que vivimos. A diçir verdade, eu sempre llo din.
Non quero diçir que os turistas peninsulares non foran boa xente. Pero había "aquela cousa" aínda implantada en moita xente. Unha eiva bastante destacable era a soberbia. Recordo que nunha tarde de verán, moitos traballadores madeireiros xa remataran a xornada e baixaran dos furghóns que os traían. Entraron como de costume e, pegháronse ao mostrador, bebendo maioritairamente çervexa.
Nesto que, entra unha señora loira, maquillada, de fala castelán da meseta. Ben vestida, con xoiaría nas mans e no pescoço, xunto cun home. Traía unha bolsa de berberechos e achéghase ao mostrador toda recha. Mírame con aires de superioridade, e pide secamente un prato para comer os berberechos na mesa. De paso, tamén unhas bebidas.
Durante o tempo que estivo alí, a súa actitude era altiva, como se os obreiros e eu, lle molestaran e nos menospreçiara. A diçir verdade, por min era mellor que non entrara. Canto antes se marchara coas xoias e a súa soberbia, máis contentos quedábamos todos. A propósito, os berberechos non son de clase alta, por eso, mellor que os deixara na praia.
Un día parou un coche de marca e entrou un chaval con gharabata e traxe. Víase que era fillo de alghuén importante. Vai e pide unha aghua. Sírvolla e, o artista ponse coma un tolo, berrando que non a quería con ghas. Unha actitude como se fora a acabarse o mundo.
Cambieilla e non lle seghuín o xogho. Paghou soamente o que consumeu e, marchouse cunha mirada de prepotençia. Dixen para min: "A importançia non se mide pola apariençia, senón que vai por dentro. Anque a mona se vista de seda, mona se queda. Onde che corresponde estar, é nun cortello "espeçial", cos porcos." Posiblemente foi un rapás malcriado e consentido. Quen sabe se proviña da clase dos novos ricos.
Pero, non só pasa coas "clases elixidas", senón tamén coas "clases baixas". Como exemplo, entre moitos outros tantos casos, pasara algho pareçido cun chaval, un pouco máis novo ca min. Resulta que pedira unha çervexa.
E como non estaba tan fría como quería, baixou os santos do ceo, sumando o meu nome. Non me puxen a altura del e, ao marchar, pensei: "¡Vaite pola sombra e, leva a besta, oh!". ¡Vai Xan, vai!.
No que se refire ao día a día nas tabernas, os seus usuarios desafoghábanse, falaban das súas cousas, protestaban contra algho que non lle ghustaba da vida, cantaban, contaban contos, etç.
E incluso, de cando en ves, había alghunhas peleas.
Todo esto era, tal ves, por esquençérense dos problemas, por aliviaren as penas.
Quiçais, por desconectárense da realidade que os oprimía, relaçionándose con xente á que querían ver.
Ou, sinxelamente, polo ghusto de beber. Como di o refrán: “A bebida non ten espiñas.”
Por estas cousas e, por moito máis, estes locais formaban parte das súas vidas.
Nas reghras de xogho, cando consumes algho, o lóxico é acordarse de paghar. Se embargho, sempre houbo, hai e haberá xente para todo.
Por
exemplo, existía o típico liante que iba pedindo de beber e, á hora
de aboar, diçía que non debía tanto.
Outra clase de conduta era aquel que ao lembrarlle a débeda, afirmaba sen reparo que xa paghara todo e, non adeudaba nada.
Temos tamén, ao individuo sereno, pero de mala idea. Aproveitábase das invitaçións dos demáis, sen corresponderlles nin unha soa ves anque tuvera cartos no peto. Ademáis, intentaba escorrer o vulto para marchar sen paghar o que debía.
Por outra banda, estaban aquelas personas que cando empinaban demáis o cóbado, perdían o rixo (sentido).
Ou, façíanse os parvos para
evitaren saldar a débeda.
Este
era o caso dun home que acostumaba beber frecuentemente viño, pero
tomaba demáis e emborrachábase.
Tanto era así que quedaba tumbado no camiño, de tan carghado que iba.

Un
día que xa bebera ben de viño e atopábase contento de máis,
dispúñase a marchar sen paghar. Pero a taberneira, conoçedora do
seu defecto, dille:
- Señor. Débeme estes vasos de viño.
A
esto, o home querendo desentenderse de todo, responde:
- Non che ouço. Non che ouço. (Non che oio. Non che oio).
E foise marchando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario