Horiçonte. Es velo antigho e inalcançable que ocultas un mundo cheo de soños.
Por
ti me elevo deste desventurado chan e, nunha exhalaçión, atraveso
ese umbral onde todo é posible máis alá das estrelas.
Lonxe
van os coraçóns dos seres que che contemplan, revelando os seus
sentimentos máis íntimos.
Xa,
cada ves máis perto, vai abríndose aos meus pés, todo un Universo
repleto de esperanças.
Como
unha liña brilante na lonxanía, que marca as etapas do día, así
se foron marcando os anos da miña vida.
Non
sei cando, nin sei por qué começou este anhelo de mirar ao çeo.
É
tan verdadeiro o benestar, é tan clara a aleghría, que estas
inquietudes dinme que no meu interior habita unha chispa divina.
Un desexo irrefrenable e inmortal, chámanos desde o sentir máis profundo.
Un desexo irrefrenable e inmortal, chámanos desde o sentir máis profundo.
Convertido
en ave mighratoria, camiño do meu destino, voume
aproximando a esa dimensión iluminada.
Berçe
de calma e redençión, onde a lus o conçentra todo.
Detrás
de min, queda o mundo do que veño. Son tantos os recordos, que me
volvo para velo. ¡Alí está, tan distante e tan çerca!
Prosigho
o sendeiro desta Nova Vida. ¡Non pode ser, pero así o vexo! Son
almas transitando en harmonía que nos dan protecçión e, afecto.
Foron
incansables as ansias e, os esforços da Humanidade, na búsqueda amada
dunha “Eternidade Soñada”.
Para
uns, esperança dunha despedida. Para outros, promesa dun futuro.
Por veçes, “mirar adentro”, resulta insufiçiente ao querer entender
este existir.
Quen
pudera convosco viaxar ao “mundo aquel” e, traer a mensaxe da
ilusión de vivir.
Nada
permaneçe, todo pasa, deixando unha estela rumbo ao desconoçido.
En
busca de respostas ao que levo dentro, solto a voar o meu pensamento,
máis alá.
Como
átomos diminutos, desinteghrados na nada, pérdome na distançia.
Son "alento” que vai en busca de alivio, no çeo do día e no firmamento da
noite.
Non
morras nunca, posibilidade. Consolo de saber que contigho esta
existençia ten sentido.
Pasa a brisa dun vento silençioso que sempre retorna ao “estado” que perteneçe.