martes, 28 de junio de 2016

HORIÇONTE, por Ramon Lainho





Horiçonte. Es velo antigho e inalcançable que ocultas un mundo cheo de soños.


Por ti me elevo deste desventurado chan e, nunha exhalaçión, atraveso ese umbral onde todo é posible máis alá das estrelas.


Lonxe van os coraçóns dos seres que che contemplan, revelando os seus sentimentos máis íntimos.


Xa, cada ves máis perto, vai abríndose aos meus pés, todo un Universo repleto de esperanças.


Como unha liña brilante na lonxanía, que marca as etapas do día, así se foron marcando os anos da miña vida.


Non sei cando, nin sei por qué começou este anhelo de mirar ao çeo.


É tan verdadeiro o benestar, é tan clara a aleghría, que estas inquietudes dinme que no meu interior habita unha chispa divina.


Un desexo irrefrenable e inmortal, chámanos desde o sentir máis profundo.


Convertido en ave mighratoria, camiño do meu destino, voume aproximando a esa dimensión iluminada.


Berçe de calma e redençión, onde a lus o conçentra todo.


Detrás de min, queda o mundo do que veño. Son tantos os recordos, que me volvo para velo. ¡Alí está, tan distante e tan çerca!


Prosigho o sendeiro desta Nova Vida. ¡Non pode ser, pero así o vexo! Son almas transitando en harmonía que nos dan protecçión e, afecto.


Foron incansables as ansias e, os esforços da Humanidade, na búsqueda amada dunha “Eternidade Soñada”.


Para uns, esperança dunha despedida. Para outros, promesa dun futuro.


Por veçes, “mirar adentro”, resulta insufiçiente ao querer entender este existir.


Quen pudera convosco viaxar ao “mundo aquel” e, traer a mensaxe da ilusión de vivir. 
 

Nada permaneçe, todo pasa, deixando unha estela rumbo ao desconoçido.


En busca de respostas ao que levo dentro, solto a voar o meu pensamento, máis alá.


Como átomos diminutos, desinteghrados na nada, pérdome na distançia.


Son "alento” que vai en busca de alivio, no çeo do día e no firmamento da noite.


Non morras nunca, posibilidade. Consolo de saber que contigho esta existençia ten sentido.


Pasa a brisa dun vento silençioso que sempre retorna ao “estado” que perteneçe.

No hay comentarios: