Alcumárano
así, porque non era moi espabilado. Ademáis, andaba desarreghlado
no vestir e, tamén no seu coidado persoal.
Sen
embargho, era moi querido e conoçido, polo que tiña moitos amighos. Posiblemente,
co seu xeito de ser inconsçiente, façíase querer.
El
vivía no seu propio mundo, indo e vindo dun lado para outro.
Camiñaba tan lonxe como as súas pernas e, o día llo permitían.
Nunha
ocasión, uns moços dalí de Escarabote, iban no coche dun deles con
direcçión á Pobra do Caramiñal.
Como
eran amighos del, anque máis novos, pararon e dixéronlle que o
levaban no coche. El diçíalle que non, que estaba ben así.
Pero
Chincán respondéulles:
- Chegho primeiro andando.
Eles ríanse e, contestáronlle:
- ¡Serás parvo!
Chincán
sighueu camiñando e,
alá na Merçé,
ve o coche dos amighos patas
arriba, con eles fóra, ao pé.
alá na Merçé,
E
dixeron eles:
- ¡Qué raçón tiña que chegha antes cá nós!
Anque
pareça curioso, esto pódelle pasar a todo ser vivo que teña a
capaçidade de sufrir alghún trastorno mental.
Os
cans e, os animais na convivençia diaria cos seus donos, son
acostumados a comportárense dun xeito determinado na casa.
Como
é lóxico, aos cans depréndenlles hábitos de conduta relativos ás
neçesidades fisiolóxicas. Por eso, cando lle xorde o momento,
préstanse a saír fóra da casa para alobeárense / alivíarense.
Contan que había un can dunha casa da aldea, que lle perdera o rixo. Tan evidente era a súa falta de rumbo, que lle fora caghar diante da porta do forno onde coçían a boroa e o pan.
Fora dunha ves que un cañero andaba polas aldeas. Nunha desas, cando estaba façendo a caña, tuvo unha ocorrençia de querer coçer un polo na pota do vaghaço.
Cheghado o momento, matou un polo da casa.
Esplumouno, destripouno,
esqueimiñouno e, lavouno.
Logho,
meteuno na bulsa e, levouno consigho hastra a aldea onde lle tocaba
façer a caña.
Xa
no cuberto do lughar onde iba ocorrer o caso, estaba coidando do lume
e da pota. Con el, atopábase alghunha xente para entreterse e pasar
o tempo.
Entón,
aproveitando a ocasión, vai todo sereno e cóntalle aos que estaban
alí, que trouxera un polo preparado para coçer na pota.
Os
que o escoitaron, ao primeiro pensaron que era unha broma e non llo
creron.
Pero, ao pouco, sen esperalo ninquén e tal como dixera,
sacou un polo da bulsa.
De
seghuido, sacoulle o capaçete (capuchón e tubo) á pota e puxo o
polo dentro, a coçer por riba do vaghaço.
Deste xeito, foise coçendo e, de ves en cando, espetábao cun espeto ou, algho pareçido para comprobar a coçedura.
Cando
veu que xa estaba listo, sacouno, colocou o capaçete e, foi comendo
o polo aos poucos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario