miércoles, 22 de junio de 2016

O GHATO NA ARTESA. HISTORIAS DE FAMILIA, por Ramón Lainho




Foi daquela, cando se façían as fiadas nas aldeas, que tuvo lughar esta historia. Por ese tempo, un xoven de Comoxo da casa de Estaquio, saía cunha moça de Loxo de Baixo, dos de Porfica.



Na época en que se desenvolven os feitos, a xoven de nome Pura, traballaba de costureira na casa do Ghuincho, uns parentes de Cadarnoxo.



Ela, cosíalle a roupa desta familia. 



Unha tarde-noite pola semana, había fiada nun cuberto desa aldea. E o moço de Comoxo, chamado Costante, deçideu ir alá. 



Para eso, propúxolle á súa pretendente ir os dous xuntos á fiada. Pois ela, despois, podía quedar a durmir na casa onde traballaba, para o día seghuinte.



Así o acordaron e, botáronse a andar xuntos. Xa cheghados alá, foron pasando as horas. A moça foise para durmir á casa dos familiares. El quedou un pouco máis de tempo. 

 

Na fiada, atopábase un tío materno, chamado Moncho. Cando o chaval de Comoxo o veu, era de noite.



Entón, foille falar:
  • ¡Mecaghoendiola, compañeiro. Se esperas un pouco, que polo escuro non sei o camiño, vou contigho!



Dille o tío:   
  • ¡Boeno logho!



Despois dun anaco de tempo, viñéronse camiñando xuntos. E, cando Moncho cheghou á casa de Cures, coméntalle ao amigho:
  • ¡Vamos beber!



Respóndelle o compañeiro:
  • ¡Vamos logho!



Entraron amodiño na casa nova, porque meus avós atopábanse durmindo. E ademáis, todo estaba ás escuras.



O tío agharrou unha xerra de cristal da coçiña. 



Dirixeuse hastra o fondo do corredor e levantou a trapa. 



De seghuido, baixou polas escaleiras de madeira, para ir á bodegha e, abillar o viño.



Pero como non se vía, deixou a xerra baldeira no chan do descanso das escaleiras.



Logho, desçendeu ás escuras, ateitiñando coas mans para prender a lus da bodegha. 

 

Detrás, o amigho anque na escuridade, conoçía o camiño. E, dese xeito, tamén colleu os pasos das escaleiras, empeçando a baixar.



Sen embargho, ao pouco, vai ¡chas, pumba!. Rompeu a xerra. 

 

De súpeto, o autor involuntario do acçidente, exclama:
  • ¡Rompémola xerra! ¡Ai, mecagho no carallo! ¡Xa non hai viño!



Tío:
  • ¡Cala, home. Cala!



Amigho:
  • ¡Nada, nada!



Alá colleron os cristais e, tal.



Dixo o da casa:
  • ¡Bebemos en baixo que temos unha cunquiña de madeira na bodegha!



Chegharon á bodegha e, tomaron algho de viño na cunca.



Subiron polas escaleiras, e remataron de apañar todos os cristais.



Ao pouco, di Moncho:
  • ¡Vamos para a casa vella (ao lado da nova), xunto da lareira!



El, entrou primeiro na coçiña vella e, dirixeuse ao de atrás:
  • ¡Çerra a porta!



Compañeiro:
  • ¿Elogho?


Respondeulle el, apurado:
  • ¡Cerra a porta, mecaghoendiola!




Cerraron a porta.



O da casa, abreu a tapa da artesa e botou os cristais dentro dela.



De paso, comentou:
  • ¡Temos que coller o ghato!



Amigho:
  • ¡O que coño!



Tío:
  • ¡Temos que coller o ghato, mecagho en cribas! ¡Senón mañán, mátame miña nai!



Amigho:
  • ¡Boeno!



Andiveron a tombos co ghato. 



¡O ghato, o carallo! 



Coller, máis ou menos. Pero despois, ¡ostias!.



Ao fin, colleron o ghato.


 
E nese momento, cheghou José, un irmán do tío, algho máis vello cá el.



Acto seghuido, requírelle desde dentro o irmán máis novo:
  • ¡Entra irmán, mecagho no carallo! ¡Entra e, çerra a porta!



José: 
  • ¿Pero qué? ¡Ti es tolo, mecagho no demo!



Moncho:
  • ¡Mecagho en tal, que rompín a xerra!



Aí vai o ghato adentro da artesa, coma ben que fora o ghato.



Á mañán, levantouse a avoa. Abreu a artesa e, o ghato que estaba dentro, ¡chin!, saeu disparado.




De repente, chama polo avó:

  • ¡Ramón, Ramón!



El:
  • ¿Elogho!


Ela:
  • ¡Ai, Dios mío, Ramón! ¡Ai, Dios mío! ¡O ghato rompeu a xerra!



Pero o avó non comulghou, ¿non sabes? ¡Je!
 


Ao outro día, outro máis, o avó chamou polo fillo do que desconfiaba:
  • Moncho. ¿Elogho, como foi o conto da xerra, Moncho?



Fillo:
  • Eu non sei. Eu non sei como foi.



Avó:
  • ¡Pero o ghato! ¿Elogho, o ghato como quedaría dentro da artesa, Moncho? ¡Debestes ser ti, Moncho!



Fillo: 
  • Eu non, coño.

No hay comentarios: