lunes, 29 de agosto de 2016

A VENDEDORA E O BURRO. HISTORIAS DE FAMILIA, por Ramon Lainho





Coneçín a miña avoa materna, Esperança, cando ela xa tiña os seus anos, perto dos setenta.

 

Co tempo, fun sabendo que aparte dos traballos da casa, a familia e a terra, tamén fora vendedora. 

 
 

Vendía fruta de época das nosas hortas e, 



leite, polos mercados e, feiras de baixo. 

 


Como, ighualmente, acarrexaba esta mercaduría ás casas dos clientes que lla encarghaban. Díghase Boiro (daquela aínda unha aldea), Cabo da Crus, Escarabote, A Ribeiriña, A Pobra do Caramiñal.



Aparte desto, cando acababa os frutos da casa, ou non eran bos, andaba no trato. Prinçipalmente, con çebolas, 
 



patacas,



millo do país (é millo branco. Nas fotos, millo do país da casa).




E nentellas. Todo da época. 


 
O trato, consistía en comprar os frutos e despois, vendelos. Para esto, iba ao mercado, ou feira de Noia ou, da Serra de Outes.



Na maior parte dos seus anos como vendedora, ía a pé. Cando apareçeu o coche de liña, como non lle combinaba moi ben, usouno poucas veçes.

 


A diçir verdade, daquela, o coche de liña era algho incómodo para subir a cargha e, despois, apearse con ela. Ademáis, só había un de mañán çedo para Noia e, volvía pola tardiña á Pobra. Así que, tampouco daba moito xogho. Desde a aldea, viña polo camiño de carro, ata Cabanela, onde collía a pista prinçipal de barro e pedraghullo.



NOTA: A situaçión dos autobuses por esta liña, pouco máis cambiou desde aquela.



Nunha etapa deste trafegho como vendedora, tuvo un burro e, antes ou, despois, unha burra. Por eso, a coneçeron como Esperança do burro ou, da burra.


Din que o burro era “medio palanquín”, porque se lle deitaba, tanto con cargha como sen ela. Cando lle daba a idea, ou a ghana, deitábase e, listo. Así quedaba, o animal a “ghanar a çebada”. 

 
 

Na casa, soamente o tiñan para transportar a mercaduría que vendía a avoa polos mercados, feiras e portas dos clientes. 



Así mesmo, cando se lle remataban estes frutos, levábano para comprar no trato, onde dixemos antes, (Noia, ou, a Serra de Outes).
 


Non o levaban á herba, nin a outras çeifas, e tampouco ao traballo da terra.

 
 

Púñanlle unhas canastas metálicas, colghando por cadanseu costado do burro.

 


Ao mellor, de paso, a avoa tamén levaba algho na cabeça, por riba do mulido.



Nuns determinados días da semana, dirixíase ás respectivas feiras e mercados da redonda. E, cando façía falta, incluso polas tardes, cheghaba ás diferentes casas dos clientes. 



Vendía por Boiro, Cabo de Crus, Escarabote, A Ribeiriña e A Pobra do Caramiñal. 



Tamén, en ocasións, ten ido con ela miña nai (inda unha moçiña), andando hastra o Bodión (Abanqueiro-Boiro). Ámbalas dúas con çestos de fruta na cabeça. Outras veçes, acompañábaa alghunha outra filla. Alí, collían o vapor de pasaxe e mercadurías para cheghar a Vilagharçía de Arousa, nas festas de Nosa Señora, do quinçe e deçaseis de aghosto. Xa, alá, púñanse na praça de abastos do porto, desa vila. 


 
Despois, na tardiña do mesmo día quinçe de aghosto, volvían no vapor desde o peirao de Vilagharçía, hastra o Bodión. E, logho, viñan andando para Cures. Ao día seghuinte, o deçaseis, repetían a mesma operaçión anterior.



Na rutina común da venda por esta redonda, de acabárenselle os víveres, estando na época deles, volvía compralos para o trato, en Noia ou, na Serra de Outes.

 
 

Resulta que nos domincos pola mañán, cando iba vender abaixo, topábase sempre co capelán de Boiro que viña diçir misa a Comoxo.
 


Dise que naquel tempo, no eghrexario ou, rectoral de Boiro, vivía un cura e máis un capelán (axudante do cura). Nalghúns eghrexarios había cura e capelán e, noutros, só cura. O eghrexario de Boiro era dos que contaba cos dous. 


 
A avoa conoçía ao capelán e, saudábao:
  • Bos días.


E a avoa, devolvíalle o saúdo. Falábanse algho e seghuían o seu camiño.

Pero, un deses domincos, cando el pasaba á altura do burro, vai o animal e tumbouse. Deitóuselle coa cargha. E, alá foron a rolos as çebolas e, as patacas fóra das canastras, çiscándose polo chan. 

 
 

Dixo o capelán:
  • ¡Ai, Dios mío!



E exclamou a avoa:
  • ¡Ai, Dios mío! Debeulle de reçar algho ou, diçirlle algho, porque … ¿Qué lle fixo, home que...?



Capelán:
  • ¡Eu nada, mujer. Eu non lle dixen, nin lle fixen nada, mujer! ¡Ai, María Santísima! ¡Ave María Purísima! ¡Ave María Purísima!



Relata a persoa informante:

"Pero el, sighueu adiante e, non lle axudou a carghar as canastras. Non lle axudou a xuntar as que caeran. ¡Polo carallo! Mira os curas o que son. E non hai máis.



O burrro se se lle daba unha correada, levantábase el só. 



Non sei como fixo a muller, pero ela arreghlouse como pudo. 



Daquela, non había coches coma hoxe. Senón, ¡mimadriña querida! Se fora así, xa os pararía para que lle axudaran a pór a cargha nos canastros. Porque estaban çiscados polo chan da pista.



Pero non había. Pasaba un ou, dous, namáis. Esto era, o coche de liña de mañán çedo para Noia. E, pola tardiña, volvía para a Pobra do Caramiñal."

No hay comentarios: