viernes, 16 de septiembre de 2016

A INUNDAÇIÓN E AS NENAS. HISTORIAS DE FAMILIA, por Ramon Lainho




Foi un ano, durante o inverno de mediados da década dos corenta. Despois de moito chover, entráralle aghua na vivenda dos “tíos” Domincos e Secundina. 



Ámbolos dous, tíos dos meus respectivos pais que, por aquel entón, inda eran uns rapaçiños pequenos.



Había pouco tempo que remataran a casa. Hastra ese intre, non tiñan ben asentados os desvíos dos reghos, por detrás da vivenda, no que hoxe é a horta. 


 
Daquela, a forestal çedía monte á beira da pista, para que o seu novo propietario a coidase. Nel, podía plantar arboreda, convertela en horta, por viña, construír unha casa, etç. 

 
 
En fronte da vivenda deles, había outra casa que, se construíra uns anos antes, co obxecto de ser escola. Sen embargho, non fora aprobada como tal e, permaneçia pechada. Polo momento, tampouco vivía ninquén nela.



O día da inundaçión, atopábanse na casa dos “tíos”, dúas nenas que rondarían os sete ou, os oito anos. Chamábanse, por este orde, Evangelina e Benedita, dúas fillas do matrimonio.

 

No momento da enchenta, as nenas viron como entraba aghua na casa, inundándoo todo. Entón, tomaron medo e, começaron a chorar. Instintivamente, subiron por unha esqueira de madeira rústica. E, chegharon ao faiado.



Naquela época, a vivenda era dun só andar e, moi humilde. Había alghún ghando nas cortes, polo que os animais corrían perigho de afogharen. 


 
Os pais das pequenas, saíran de mañán çedo para cadanseu traballo. O pai, traballaba de axudante de ferreiro, 

 


en Sueiro, na parroquia de Arghalo, Noia. 



E a nai, fora coserlle roupa para os da casa de Quiatán, en Moimenta, parrroquia de Maçenda.




Xunto con ela, levaba á filla máis pequena, Maruja, de dous anos. Hastra daquela, a máis nova. 

 
Façían así, xa que era inapropiado deixala na casa, a cargho das outras dúas irmáns. Elas, tamén unhas neniñas.


 
As rapaças que quedaran no foghar, encontrábanse no faiado por mor da inundaçión. Estaban agharradas unha á outra, cheas de medo e chorando. Ademáis, pensaban que a irmán máis pequena, Maruja, debía andar pola casa.
 



Adiviñaban que lle tería pasado algho, pero non a podían socorrer. Non sabían en que parte da casa se atopaba. Pero, sobor de todo, non se atrevían a baixar, debido ao nivel da aghua.



Por aquel entón, a xente levaba o ghando e, outros animais, a paçer ao monte. 



Ese día, á hora de baixalos, volvían co ghando, dous moçiños.



Eran, Alfonso do Cacheiro e, seu curmán, Moncho de Esperança. Ámbolos dous, curmáns das fillas dos tíos.


Ao pasaren polo camiño, perto da casa, viron a inundaçión. Entón, paráronse e escoitaron os choros das nenas. 

 
Acto seghuido, petaron na porta e, chamaron para que abriran. Dado que non lles abría ninquén, botaron a porta abaixo. 

 
Logho, sacaron o ghando das cortes e amarrárono fóra.



De paso, desviaron a aghua para o Pontellón e, ao monte da Saísa. 




Despois, rescataron ás rapaças que estaban no faiado.



As dúas nenas, estaban preocupadas pola irmán máis pequena. Seghundo elas, debía estar pola casa. Por ese motivo, os moços e máis elas, deçidiron buscala.


 
Como non a atopaban, os moçotes puxeron a bo seghuro a súas curmançiñas. Deixáronas ao coidado de familiares ou, veçiños da aldea.



Un dos moços, Alfonso, dirixeuse andando hastra Moimenta, á casa de Quiatán, para avisar á tía. Mentres tanto, Moncho encamiñouse a Sueiro, en Arghalo, xunta o tío.  



Cada un, contoulle todo o que pasara e que, a filla máis nova non daba apareçido.



Ao final, tanto a tía, coma o tío, dixéronlle que a rapaçiña estaba con ela, na casa dos de Quiatán. 

 
 

No hay comentarios: