miércoles, 16 de noviembre de 2016

A BORRALLA E OS BERBERECHOS. HISTORIAS DE FAMILIA, por Ramon Lainho




O relato começa coa venda do leite. 




Atopábase miña avoa materna, Esperança, vendendo o leite polas portas das casas de clientes que tiña no Cabo da Crus.



Estuvo indo alá a pé, durante uns deçaoito anos, aproximadamente. Antes, xa começara vendendo os frutos da terra, durante o cal e proghresivamente, foi incluíndo a venda de leite para a xente que llo pedía.



Todo este proçeso como vendedora, começou desde finais dos anos vinte, prinçipios dos trinta, hastra mediados dos anos 60, do século pasado. Sen embargho, continuou vendendo leite polas portas das casas de Escarabote, por compromiso con clientes de alí, hastra arredor do 1970.



PARÉNTESE:

Tal como se explicou en historias anteriores, resumidamente, os puntos de venda dos frutos da terra, e da fruta, eran nos postos do mercado de Boiro e A Pobra do Caramiñal, respectivamente.



En ocasións, pola mañán çedo, logho de venderlle fruta aos tratantes dos postos do mercado da Pobra, podía sobrarlle alghunha. Nestes casos para rematar de vendela, púñase nun caleixón da Pobra do Caramiñal, a man dereita en direcçión a Ribeira, onde para o autobús, antes da casa do Conçello.



Sen embargho, se alghúns clientes llos encarghaban, podía venderllos polas portas das casas destas localidades, ou de Escarabote, A Ribeiriña, Cabo de Crus, etç.

 

Entón, un día durante a faena de venda do leite, unha muller dunha panadaría,



tal ves do Cabo da Crus, ou de Barraña, díxolle á avoa:

Señora Esperança, ¿vostede ten prado?



Responde ela:

Temos.



Porque nós temos moita borralla. ¿Se a quer levar? (Antes os fornos de coçer a boroa, o pan, as empanadas, ..., traballaban con leña, gharabullada, toxos, codesos, chamiços, etç.)



Ai, boeno! Héidello falar na casa.

Entón, ao cheghar á casa,



contoullo a meu avó e, dixo el:

Coño! Pois para as viñas, as brañas e as leiras, non lle fai mal nincún que é boa.



Dito esto, vai un día miña avoa, púxolle o ghando ao carro e, ahí che vai cara a Barraña.



Pero, pareçe que a avoa llo dixera a unha irmán, chamada "tía" Secundina.



E ela, contoullo á señora Isolina da Cañota e á señora Ramona das Beiras, amighas súas.




Entón, aproveitando que a avoa levaba o carro, vai súa irmán Secundina e explicoulle que ela e as amighas tiñan pensado apañar uns poucos berberechos en Barraña. E de seghuido, díxolle se podía traerlles os saquetos delas, enriba dos saquetos da borralla.



Ademáis, enghadeu:

- De paso, apañámosche uns poucos para ti, tamén, e traémolos todos no carro.




Daquela, a xente non andaba en masa aos berberechos. E, na praia había dúas ou tres capas deles, unha por riba da outra. Dese xeito, os de baixo morrían ao estaren tapados polos de riba.



E a avoa responde:

- Boeno.

E boeno, moi ben. Alá foi.

Xa despois de carghar as saquetas de borralla na panadaría e, botalas ao carro, cheghou á praia, xunto ás amighas.



Pero claro, a xente ve, ¿non sabes?.



Vían o carro carghado de saquetos e, asexaron ás amighas da avoa. 
 
 


Viron como trouxeron os saquetos de berberechos e botáronos enriba dos outros sacos.



Tía Secundina e as amighas,



cando remataron, dixéronlle na praia á avoa Esperança:

- Esperámosche alá enriba, en Espiñeira.
 


Di ela:

- Boeno.



E a probe da muller, se había de diçir: Vinde canda min, foi ela soa, 



xa que as compañeiras iban esperala en Espiñeira,



ou se cadra, no Boiro de Riba. 



No recorrido, vemos un hórreo sen tellas. Na parte de baixo, xunto aos pés, fai de ghaliñeiro. Hai ghaliñas soltas peteirando polo chan.



Desvío e subida a man dereita, ao remate do Boiro de Riba.



Subida a man esquerda, tamén polo Boiro de Riba.



Que remata nunha explanada. 



Neste tramo, podemos ver unha fonte á beira do camiño. 



Tamén, se atopa un muro que pecha unha horta e viñas, no cal, ademais de plantas, pedras decorativas e postes de pedra, hai varios melóns ao sol para remataren de curarse. 



 Calquera destes desvíos,



vai dar a Espiñeira.



Entón, respecto da situaçión na praia, a xente que vira a maniobra das compañeiras da avoa, maiormente mulleres, diçía:

- ¡Ai! Un carro de berberechos para alá arriba! Un carro de berberechos para alá arriba!



Así que, a xente foi marchando con esa idea, e pasáronlle diante ao carro,



o cal xa iba polo camiño que vai dar á rúa Prinçipal. O remate desta vía, fai esquina co mesón que hai uns anos, chamaban "A Capilla", hoxe denominado "Taberna A Parranduxa", con entrada pola rúa Prinçipal. Na actualidade, este camiño ten parte do seu traxecto urbaniçado.



Pero, a outra parte restante, aínda conserva boa parte do entorno antigho.
 



Estamos aproximadamente, no lughar onde se desenvolveu esta historia.
 
 

Na saída deste camiño, atopámonos coa esquina do mesón comentado anteriormente.



Vemos a boqueira do camiño, desde a rúa Prinçipal.


 

E atravesando esta estrada, de fronte á boca do camiño, temos a antigha ferretaría de Ghachi Ghato.



Este camiño, enlaça coa estrada xeral que, antes era a única estrada que había. Na foto inferior, tamén podemos ver un desvío a man dereita, por onde iba o Camiño Real, ou Camiño Sacramental.

 


Ao cruçar a estrada de xeito transversal, 



atopámonos cunha entrada que vai dar ao mençionado Camiño Real, ou Sacramental. 

 

Se collemos á esquerda, imos para O Currillo que tamén ten saída para Ponte Gheáns ou, Ghoiáns.

 

No caso de collermos á dereita, podemos ir para o Boiro de Riba e, desde ahí, a Espiñeira. Nesta direcçión é, onde supostamente foi miña avoa co carro, despois do rebumbio da borralla, que estaba para ocorrer no camiño de carro comentado anteriormente.


 
Como íamos diçindo, o xentío da praia, case todas mulleres, aghardárona nas casas finais do camiño de carro, onde había un albeite e, onde consultaba o médico, don Pepito.



Cando a avoa cheghou co carro, á altura desas casas, veu unha morea de xente reúnida que, lle atrancou o paso e, parárona. Diçíanlle en vos alta:

- ¡Un carro de berberechos! ¡Non pode ser! ¡Hai que levalos á plaia! ¡Un carro de berberechos!



Respondeu ela, falando en alto:

- ¡Deixádeme ir que, non son berberechos todos! ¡Deixádeme ir cos animales que despois quenta moito o sol! ¡Deixádeme ir!



De paso, lembroulles:

- ¡Iredes á plaia, palanquinas, que os tendes bastantes!



¡E, non tendes porque me parar!



As mulleres contestáronlle:

- ¡Ai! ¡Pois non pode ser! ¡Ai, non! ¡Hainos que levar á plaia!



Entonçes as mandeleteiras, puxéronse unhas por diante, outras por detrás do carro. Pero, tamén había un ou dous homes. Un deles era un latoneiro, conoçido ighualmente por sorralleiro que andaba polas aldeas, quen lle paraba o ghando.

 
Fora o mesmo sorralleiro o cal lle ghardara maliçia á avoa por un refrán que ela lle botara. El, pincháraa nunha cacha, cunha ferramenta de traballo.

E ela, alí soa no medio das mulleres, dixo:

- ¿Tamén ti, sorralleiro?



Vai ela, colleu valentía e, sobeuse ao carro.



Xa, enriba del, falou:

- ¡Boeno! ¿Queredes berberechos, logho? ¡Boeno! ¡Esperade un pouco!



Meteu a roupa antre as pernas que, antes as mulleres non usaban pantalóns. Abreu un saco de borralla, colleu un puñado dela e, o primeiro que arrebolou foi para a cara do sorralleiro.



De seghuido, empeça a borrallaços con todos. Botáballa á cara da xente que a arrodeaba. 

 

Puñados para un lado e, puñados para outro. Borralla para aquí, para alá, para outro lado. Todos e, todas brancos.



E risas que te criou.



Co rebumbio e as risas que había, acudiron as peixeiras e vendedoras da praça, como tamén a xente que se atopaba comprando. (A praça estaba onde hoxe se atopa parte do çentro soçial. E ao lado, façendo esquina fronte ao estanco, encontrábase a sindical aghraria.)



As peixeiras da praça e, o resto da xente que se arrimara alí, ao veren esto, mexaban por sí a riren canto podían.


  

As mulleres, todas emborralladas e, alghún home tamén, entre eles o sorralleiro, deixáronlle inmediatamente o camiño livre. E, alá vai o conto dos berberechos.



Despois, a xente emborrallada, ríase mirando unhas para as outras ao vérense cheas de borralla.



E diçían:

- ¡Carallo! ¡Como nos jodeu o carallo da muller! ¡Como nos jodeu que nos puxo boas!



A avoa, naquel momento coa carraxe, non se ría. Só se ocupou de coller valentía e botarlle borralla á xente que lle impedía o paso.



Máis tarde, cando saleu dalí, e contou o conto xa cos nervios calmos, sí que pudo rir. 
 

No hay comentarios: