lunes, 8 de octubre de 2012

MUÍÑOS DESDE A PONTE DE CAROU ATA A PONTE DE CARBOEIRO, por Ramón Laíño


Retomando a rota da viaxe anterior, xusto no punto onde a deixamos, atopámonos co primeiro muíño a man esquerda que describimos deseghuido.


Coa fin de poder entrar neles, de paso levamos con nós as ferramentas de apañar o batume, e as silveiras (fouçiño do monte, lima e forcado). As luvas son máis ben cousa de hoxe en día, porque antes apañábase sen elas.



Muíño "do Rivés" (Revés). Moía en sentido contrario aos outros.


Tellado derrubado, e pequena xanela




Sartegho, e burato da saída do cubo onde se encastraba a billa






Reghueiro perto do muíño, e óso dun animal


Enlousado sobre o cubo, e presa por onde ía a aghua xa case tapada pola terra


Entrada do cubo, coa súa baixada ata o río


Porta de entrada, coa pousa para deixar o saco co froito mentres abrimos a porta, ou cando saímos xa coa fariña, mentres pechamos.




Vigha


Xanela que soe ser ancha por dentro, e estreita por fóra


Pé


Capa


Pinche con corredoira, e fachada ao río


Seghuimos río arriba


Vemos na foto inferior, ollando ao seu extremo superior dereito, un esquinal do seghuinte muíño que se describe máis abaixo.


Muíño "de Carboeiro" situado na marxe dereita do río.


Con maleça arredor, como tamén no seu interior


Logho dunha limpeça xa queda máis limpo e visible


Visto desde un pinche


Presa atrancada por unha árbore caída diante da entrada do cubo




Pousa, e entrada ao muíño. Pequeno muro que divide a entrada exterior do tremiñado, onde cae a fariña do pé


Capa ghastada façendo de pedra do muro na fachada de atrás


Pé do muíño co ollal que o atravesa polo medio


Xanela


Fachada de atrás onde está o sartegho


Sartegho


Cano ou canaleta que puder servir como desaghue do interior do muíño




Camiñando uns cantos metros máis arriba, na mesma man que o anterior atopámonos co terçeiro muíño chamado: 

- Muíño "do / de Queirugha". Anque leva o nome do alcume desta casa da Ameán, non era so deste propietario, senón que tiña parte Roberto dos de Reperto da Ameán (casado en Cures con Victoria do Souto). Supóñome que habería alghunha casa propietaria máis.


No seu interior, desde a entrada vese a vigha, cancos, ripas e tellas caídas. As hedras inçan por todas partes.


Tellado xa case por caer de todo. Desde arriba poden verse silvas, follas e hedras que fan unha cama sobre o tellado derrubado.


Camiño de pés que cos fieitos, e toxos xa case non se ve, o cal baixaba desde arriba do camiño de carro, aghora é unha pista asfaltada.


Este muíño estaba moi invadido pola leña, e con alghunha árbore caída nunha das súas paredes.  


Muro traseiro máis alto cá fachada dianteira para conter o terreo e que non se veña enriba do tellado. Este muro tamén delimita a altura da xente, e a dos animais.


Un dos seus laterais co desnivel para o río.


Visto desde unha beira do río.



Aquí obsérvase o muro da fachada de atrás que sobrepasa o nivel do tellado para delimitar o terreo.



A porta de entrada aínda se mantén en pé, pero vaise estropeando a madeira.


Pousa da entrada. O interior xa máis despexado, logho de limpalo algho.


Tellas caídas, vigha, cancos, ripas, ...  Vemos enriba da capa e do pé, o pau que une a quenlla ghrande coa pequena. Tamén, outro pao con buratos para dosificar a caída do ghran.

Por outra parte o estrinxedeiro, ou estrinxidoiro que é un pao pequeno que une a quenlla pequena coa capa e que ao xirar fai caer continuamente o ghran. Xa non se ven restos claros das dúas quenllas, non sendo nunha punta do pau con buratos. 


Seghorella no ollal da capa e do pé.


A seghorella, ou platina de ferro está encastrada na capa, e no pé. Ao mesmo tempo está unida ao beo ou ferro lonxitudinal que empata coa vara, e esta co reduçio. Este, coa presión da aghua fai movelo beo, e a súa ves a seghorella que activa o pé, e a capa, façendo moer o ghran.






Vara, é un pau que se encastra na parte inferior coa maçán do reduçio. Sobe para riba e conéctase ao beo.




Reduçio: conxunto de penas, ou culleres radiais, xeralmente de madeira. Colocadas en sentido horiçontal, cos seus ghanchos e a maçán ou punto medio onde se unen estes elementos. / Mesa do reduçio: travesa de madeira que fai de base a este.


Penas: culleres que por aquí sempre foron de madeira. Parten do punto medio, ou maçán do reduçio. Neste caso, xa moi tardíamente puxéronllas de ferro. /  Billa: cano de madeira, ou pequeno queixón que se adapta na saída por onde desçende o cubo.




Proseghuimos a marcha e na mesma marxe que nos atopábamos, a uns cen metros ollamos un muro perto da pista. Comentar que moitas propiedades que hoxe están a monte, noutrora eran leiras, brañas, e terras de cultivo en xeral. Por iso este muro pudera ser antighamente sostén dalghún terreo traballado. 


A pouco de andar, encontrámonos coa Ponte de Carboeiro.


A man dereita vemos o cuarto muíño, chamado textualmente "O muíño da Nícula". Estaba rodeado de hedras, ponlas de árbores, silvas, e outra vexetaçión.


O tellado estaba en bo estado, pero axudado pola placa que se vía desde dentro e lle botaron no seu día. Esto desvirtuo os seus compoñentes orixinarios.


Tratando de limpar arredor para acçeder ás súas distintas partes.



Sartegho en curva interior.


Entrada prinçipal baldeira de leña.




Laterais que fun despexando de maleça.Outra perspectiva da entrada.


Lateral onde se ve que alghunhas árbores ghabean a rentes da parede.


Interior do muíño onde se observa que a entrada antes do muro divisorio está chea de area. Esto débese ás escorrentías que baixan pola ponte en entran pola porta debalando aquí a terra, e a area. Ao pouco irá enchéndose tamén a parte do tremiñado onde está o pé do muíño.


Vigha de madeira, e placa de vighas de cemento e ladrillos, adulterando os elementos tradiçionais do teito nos muíños de aghua.


Muro divisorio do tremiñado, e pé do muíño.


Restos de elementos de madeira do muíño, e xanela dun lateral


Ollal do pé, e outra xanela con ladrillos sobrantes da placa


Ghradisela de entrada ao cubo, e a súa baixada




A Ponte de Carboeiro, co seu arco


Distinta perspectiva da ponte


Sentido da estrada con direcçión a Carboeiro, Cadarnoxo e Ameán


No outro sentido, con direcçión a Cubelo, Pomar do Río e Enseño


Aquí continúa o asçenso do leito do río desde a Ponte de Carboeiro

miércoles, 3 de octubre de 2012

HISTORIAS DO RÍO SUBINDO DESDE A PONTE DE CAROU, por Ramón Laíño


A partir da Ponte de Carou, subimos río arriba.





En pleno verán hai pouca aghua, e ímonos atopando con pequenas poças.


  
Apareçen dous "cabaliños do demo" sobrevoando o río e a súa follaxe.


Pequenas balsas, ou pesqueiras naturais que coa pouca aghua pareçen estar quedas, e calmosas. Teñen intercalados terróns de herbas que son típicos dos ríos.


Abundante vexetaçión frondosa acompaña o curso do río. Entre ela inçan os ameneiros, salghueiros, freixos, carballos, bidueiros, dentabruños, ...


Areal que provoca a aghua cando chegha a un sitio chan, deixando o repouso que non pode arrastrar das areas sacadas ás pedras, e ás rochas .


Paseniñamente camiño en silençio por entre outeiros, e reghueiros.


Comigho vou surcando luçes e sombras da penumbra protectora do bosque. Entre a espesura amigha, pareçen divisarse fighuras de seres diminutos tales como gnomos, e animais. Ao fondo desta primeira foto seméllame ver tales criaturas máxicas camufladas coa cor da vexetaçión.


Ao pouco de andar encóntrome coa primeira fervença desde que saín do punto de partida.


Aquí está, como Shangri-la, fresca e vivificante.



Esta paraxe é a que as xentes dos nosos lughares chaman "O Poço Neghro Ghrande". Nesta pisçina natural, como tamén no "Poço Neghro Pequeno" que está máis arriba, é onde se bañaban no verán os chavales da época de meu pai. Uns sacaban toda a roupa, quedando completamente en coiro, e outros so co calçonçillo.

Explícanme as persoas maiores que aos rapaçes non os deixaban ir seus pais, por seren sitios perighosos. Se alghún rapás pretendía ir cos chavales, estes xa non se comprometían levalos consigho. De tódolos xeitos, sempre ían os moços sós.

As chavalas non tiñan ese costume de bañarse no río, anque xa non saía delas. Aparte de que non había bañadores, e anque os houbese, ¿para qué? se daquela non existía a moda de ir á praia. Cóntame alghunha muller xa maior, que incluso cando se crearon os bañadores, tampouco non había cartos para compralos. Iso quedaba para alghunha "señorita" de clase acomodada que por estes lughares non se daban.

A xente de aquí, na súa totalidade, era moi humilde e estaba conectada co mundo aghrícola e ghandeiro. Traballo lles custaba conseghuiren xuntar algho para sobrevivir, polo que nin sequera se lles ocorría pensar nesas prendas. 

É moi probable que este costume de bañarse nos ríos xa se practicara nos tempos dos nosos avós, e viñera herdado dos antepasados máis antighos. Isto non podo confirmalo.
 


Quero indicar que na nosa contorna, como en moitas outras ata ben entrada a década dos 80, non existía a práctica de ir á praia. Incluso entre as mesmas xentes da beira do mar, non se tiña estableçido este costume soçial tal como existe hoxe en día. 

Lémbrome nalghún verán a finais dos anos 70 e prinçipìos dos 80, acompañar de pequeno  a chavales para velos nadar nestas mesmas paraxes do río. Uns quedaban en roupa interior, e outros sacaban todo. Habíaos que se chimpaban desde os outeiros, mandando apartarse aos que estaban nadando. Outros xa non avisaban con perigho para os bañistas. Sempre existían os máis prudentes que se botaban a ras da aghua. 

Este entorno visto desde outra perspectiva.


Hoxe por hoxe esta práctica sistemática foise perdendo, non sendo casos puntuais de chavales-as que deçidan ir nalghún momento. 

Contan meus pais, e así lle teño escoitado a outros veçiños que este pasatempo non era tan inofensivo. Din que arredor da década dos anos 60, no Poço Neghro Ghrande, unha tarde de verán morrera afoghado de chaval Manoel do Pousiño. Non saben se foi porque non sabía nadar, ou por un corte de dixestión.
 
Aghora para poder continuar avançando imos polo monte seghuindo o camiño de pés, ou senón abrimos paso nós mesmos. Esta variante na rota é debido a que hai ghrandes outeiros que imposibilitan a subida, a non ser que se sexa escalador profesional.

Ao pouco vemos pequenas laghoas, e escorrentías que desembocan no "Poço Neghro Ghrande" do que falamos antes.



Asçendemos un pouco máis, e cheghamos ao "Poço Neghro pequeno."



O mesmo poço anterior visto desde máis arriba.


Logho de asçender uns metros, vemos outra pisçina natural formada pola disposiçion das pedras, e polo traballo da aghua en moitos anos. Deste depósito desçende o líquido elemento ata o Poço Neghro pequeno.


Aghora cheghamos a un tramo de río sen pendentes en picado. Podemos ir camiñando, pero con coidado de non escorrer, sen vernos obrighados a saírnos do río.




A partir deste punto exacto da foto começa o primeiro muíño, dun ghrupo de catro en total ata a Ponte de Carboeiro.


Vaise façendo tarde, e deçido dar volta desçendendo monte abaixo pola beira do río.


Vou vendo alghunhas árbores centenarias como estes carballos, e aproveito para inmortaliçalas.



Son curiosas as ponlas deste pequeno pino que pareçe querer abraçar ao carballo. Enleada nelas andaba unha casca de arcolito.


Unha plantaçión de castiñeiros que axiña cheghará a ser un souto frondoso.


E aquí remata a viaxe por hoxe, ata que retome a rota dos muíños.