Por aqueles tempos os fillos das dúas canles de TVE tiñamos unha cita ineludible coa televisión, como podedes saber esa cita era o Festival da Eurovisión, un título que estivemos apunto a gañar un par de anos antes, pero o fair -play dos nosos membros do xurado lle dera o título a Israel(Que ainda non entendo por qué está en Eurovisión, nin porque o Maccabi xoga a copa de Europa, xa que están en Asia).
Este ano, dicían os expertos que había posibilidades, nos representaba o grupo BRAVO con unha canción que falaba do amor e desamor dunha señora de certa idade , un fío conductor moi parecido ó PENÉLOPE de SERRAT, pero cun final distinto .
O grupo español fixoo bastante ben, para o que a canción daba de sí, e Uribarri se felicitaba polo boa que era a canción, non contaban con que os tempos estaban cambiando (Como diria Dylan ou mesmo Loquillo) e o que se estilaba polo momento eran as cancións "festivaleiras", unha especie de son pop, con toques de Bubble Gum, coreografías ben estudiadas e xente guapa bailando en traxes horteras.
E así foi, comenzou a puntuación e empezaron as quinielas, non íamos mal, nos votara Grecia (Por eso de que a raíña era irmán de aquel rei que tiveran en Grecia e que tiveran que largar por dictador...APLASTANTE LÓXICA), Portugal, (pacto de boa vecindade), Inglaterra, Alemaña, Mónaco,etc.....
Pero se nos iban ...o grupo Herrey´s que representaba a Suecia, tomaba ventaxa e daba ó traste todo o noso rancio fervor patrio .
Venderon varios discos en España, un deles mercouno meu primo,mediante o Boletín Discoplay, os outros tres non sei quen foi pero penso que unha vez Tino o pincha da Frama, un tipo largo con un parecido asombroso a Franco Batiattto, puxo esta canción cando quedabamos catro desgraciados na pista.
Os nosos representantes quedaron de cuartos, posto digno, medalla de chocolate.
Esto era o que había, e desgraciadamente o asunto da Eurovisión foi a peor, ......lamentable.
Sempre nos quedará Massiel,(se está sobria,claro)
1 comentario:
lady, lady, si!o meu primeiro orgasmo foi escoitando está canción. ¿¿De verdade!!
Publicar un comentario