Vivimos nun mundo cheo de mentiras, de falsa crenzas, con líderes de palla, testas de ferro, cabezas de turco e ídolos con pés de barro, onde o mellor amigo do home non é o can....e o chivo expiatorio.
O feito de que se fagan vintecinco anos dende a inauguración do centro escolar no que en Outubro fetexamos dita efeméride, fainos pensar que nós cambiamos pero o mundo non cambiou , seguimos seguindo a líderes que nos fan saltar por riba das amizades.
Un mundo que segue sosténdose en Guerras por intereses; África é un parque temático das guerras, ben sexan polo Coltan, polo Cacao, polos diamantes, caucho ou petróleo.
Asia é a contaminación e a man de obra barata, un continente que no seu surleste concentra 2.700 millóns de habitantes, e que carece de recursos para alimentalos a todos, a verdade non augura un futuro moi prometedor, por non falar do oeste do continente , enrocado nunha tolemia belicista que a súa vez obedece a intereses de occidente, tapado polas crenzas que nos fai caer nun maniqueísmo irracional.
Europa estase convertindo no refuxio dos desamparados, sendo o paradiso do social, pero as políticas dos paises europeos, así como a carencia de recursos para empregar a todos, fai que cada pais viva verdadeiras traxedias nas súas liñas fronteirizas.
Sudamérica, niño de corruptelas durante anos, facendo así alarde da súa herdanza hispana, continuamente manexado polo amigo do norte, que coloca dictadores ó seu antoxo e intenta quitar ós dictadores que non se doblegan ós seus intereses.
Oceanía, retiro sanador de xenios como Gauguin ou Stevenson, coa grande Australia, dominada polo gran deserto vermello onde vixia o monte Uluru,(antigamente Ayers Rock),cos descendentes de unha gran casta de delicuentes, e desherdados de procendencia anglosaxona, froito da súa inicial misión que era facer de prisión para esta xente.
E por último a Gran Norte América, actual imperio sen emperador, manexador dos fíos deste mundo en máns de oscuros intereses onde a humanidade e as coberturas sociais son segundo prato para os políticos de turno, ben burros ou elefantes,que dende a revolta do té comenzou unha espiral de mentiras, pasando polo Álamo, o Maine, ou as armas de destrucción masiva no Iraq, colocando sucursais do seu imperio corporativo por todo o mundo.
Toda-las épocas tiveron o seu imperio dende Nabucodonosor e Ciro, Ramsés,pasando por Alejandro, César, Atila, Kuwlai Khan, Timur Lang, Iván IV,Napoleón, FelipeII, Elizabeth, Napoleón ou o innomeable Adolf Hitler; Todos tiveron os seu momento de gloria, e os seus momentos de penuria, momentos de victoria e derrota, alegria e tristura, pero todos coincidiron nunha cousa,.....despareceron,e a nai Gaia, permaneceu inmutable a pesar de todos estes ¿grandes? homes.
Tocará nalgún momento a caida do actual imperio e o ciclo completarase, pero con danos irreparables, xa que o finado século XX, foi o máis nefasto para a humanidade en tódolos niveis, tanto no nivel demográfico, como no humanitario, económico e científico, xa que o xen que domina ó ser humano é o xen da autodestrucción, e cada avance se contrarresta con unha aplicación destructiva (Homo homini lupus); Se os pioneiros da aeronaútica, ou os esposos Curie, pasando por centos de persoeiros que pasaron polo mundo, erguesen cabeza e visen as aplicacións atroces dos seus descubrementos, sen dúbeda voltarían ás suas tumbas e se enterrarían aínda máis; Mentres tanto,.....Gaia séguese laiando.
Pero nun mundo no que os sombreiros de Panamá se fan en Honduras,no que Agustina de Aragón naceu en Reus, ó R. Madrid fundouno un catalán e ó Barça un Suizo,as caixas negras dos avións son naranxas, no que os cultivadores de cacao non poden tomar chocolate, os cosedores de zapatillas andan descalzos, ou os colocadores de ladrillos non teñen vivenda, pódese esperar de todo.
Os ídolos son famosillos de fábrica, deportistas sen cultura, empresarios tiburóns, metidos nunha constante montaña rusa que fai que estean arriba e abaixo constantemente, en resumo, ídolos con pés de barro.
E daqueles tempos, dos anos 80, só nos queda disfrutar dun bó exemplo de alguén que, como o mundo, como nós que foi e nunca será............LIFE IS LIFE...............................
6 comentarios:
Dime o teu nome que non quero sentarme o teu lado na cea do dia 17
Está moi ben divagar e laiarnos deste mundo tan inxusto no que vivimos. Pero, ¿que fixemos nos para que cambiara? Ó fin e o cabo, fai 25 anos eramos apenas adolesentes con ansias de vivir e cambiar toda a sociedad. Hoxe en dia, na cuarentena, ¿seguimos queixandonos?. Xa é hora de que asumamos as nosas responsabilidades e, porque non decilo, o noso egoismo, que nos levou ó que ahora somo.
A algúns o futuro traeralles cousas boas, a outros cousas malas, e algúns outros xa non están con nos. Nembargantes, estou firmemente convencido de que, en promedio, o mundo de hoxe é mellor que o de onte, e o de mañán será mellor que o de hoxe.
Un realista.
Somos conscientes de que o mundo cambia porque nós mesmos o facemos cambiar cando tomamos certas decisións no canto de tomar outras, todos somos egoístas pois nese instante no que decidimos non pensamos no do noso lado, tan só buscamos sentirnos máis a gusto con nós mesmos.
O mundo cambia pero nós axudamos, eu non podo dicir que cambie para mellor ou peor, tan só me decato de que vivimos nun cambio continúo, cambiamos de aspecto cando vamos a perruquería, cambiamos de coche porque xa non corre tanto, cambiamos de traballo (por diferentes motivos), cambiamos a decoración da nosa casa porque nos aburre; e todos eses pequenos cambios señores provocan un cambio no medio que nos rodea.
A sociedade na que vivimos é egoísta, sempre foi egoísta, cada quen o seu e en paz, e nesas datas do Nadal todos nos sentimos máis caritativos e facemos esas maratóns televisivas para axudar os máis desfavorecidos, e que pasa o resto do ano, nin nos acordamos do veciño....
Esta sempre foi a sociedade que eu lembro, unha sociedade onde as trabas non existían pois nós eramos quen as poñía para chegar máis alto, e pensen que para que un gañe alguén terá que perder, para vivir nunha sociedade de consumo alguén terá que traballar por un salario ridículo......
penso que o articulo ten razón, o mundo segue movéndose por intereses das corporacións, e nós , formiguiñas, creemos que colaborando con unha ONG facemos algo, os te teñen que cortar o bacalao levan a mellor parte, e montan gueras onde queren.
para cambialo é preciso un NOVO ORDEN MUNDIAL.
Eu vivo mellor que antes, pero nós non vemos a miseria que hai, no continente máis rico do planeta, Africa, cada cinco minutos morre un neno de fame, por non falar das guerras, sida, etc, todo polos intereses de empresas de occidente.
E tí ¿quén ves sendo?, Sácateme de ahí que xa bastante temos na casa de cada un para ter qué ler isto. A min poñédeme có optimista.
Publicar un comentario