sábado, 23 de agosto de 2008

O GUATEQUE

Ainda me lembro de aquel venres, había un guateque,unha cousa que levabamos bastante tempo esperando, era o noso bautismo de lume; por aquela saíase os domingos e ata ás doce, e aquela era unha boa ocasión para escapar durante unhas horas do control paterno.

Aquela tarde fomos directamente do instituto á Sá de Festas "As Delicias" (actual Tonos), naturalmente fomos polo camiño largo, collemos un "ATALLO", que iba por detrás do Espadañal e saía onda a de Elenita "A Bicha", meu amigo Ramón "O Caíno" e máis Eu, paramos debaixo dun vimbieiro a beber unha botella de champán a morro, e xa chegamos un pouco quentes e con algunha risa de máis........

.-"Estás calzado", decía meu irmán,

-"Pasa de mi" repliqueille eu.

Despois e discutir durante un bó rato, marchamos Ramón e máis Eu ós Trillizos, a tomar uns cañóns con xenebra, xa que había un partido de fútbol que queriamos ver, España-Malta..........ninguén pensaba no milagro, pero as cousas sucederon de forma distinta.

Alí atopamos a Gento e a Pepe que o estaban pasando en grande.

-Xa van catro-un, dixeron.

-Ainda faltan oito, non chegan,replicamos, ......pero seguiron caendo goles como churros,ata que José Angel de la Casa gritou-¡GOOOOOL DE SEÑOR!!!!!!!!, con galo incluido, final e misión cumplida.

Volvemos ó guateque e continuou o baile de cubas-libres ata que me vin tumbado nun sofá con Carlos e Sandra dándome tónicas, pouco a pouco, tras visitar o baño, foime pasando o peido, pero aínda tambaleaba para os lados, intentando seguir pola liña de baldosas que me levaba á casa.

Cheguei á casa disimulando, din as boas noites e me fun durmir, o maldito helicóptero non marchaba, botei pé o´chan como está escrito e esperei.... ata que quedei durmido.

Ó día seguinte erguinme cedo, e paseei a resaca por todo Boiro, orgulloso da miña primeira borrachera solventada con éxito.

A música de aquela noite non a lembro moi ben, ligar non liguei, pero o que si lembro e o Bar Os Trillizos, saltando co fútbol, como se a nós nos fora a vida niso.

En fín, vintecatro anos máis tarde volvemos a vivir a mesma experiencia, e cabe decir que ........CATRO VECES Ó SÉCULO, PAGA A PENA.........

1 comentario:

Anónimo dijo...

O Guateque, quen non se lembra, eu si e os que me viron supoño que tamén pois aquel día foi grande, tanto que nunha das saídas a fora de "As Delicias" baixei todas as escaleiras de golpe ata chegar a beirarúa, pero naquel momento só lembro a vergoña que pasei e que me erguín de súpeto coma se nada pasara. Pero días despois doiame ata o último oso do meu corpo.
Vaía con aqueles guateques, eche certo agora xa non se fan esas cousas, os anos pasan e a xente nova non ten tanta imaxinación como tiñamos naquela etapa das nosas vidas.
Quen tivera algunha fotografía daqueles guateques, que dirian os nosos fillos e sobriños.