sábado, 2 de agosto de 2008

Imos á praia

Hoxe é un dia nuboso,neste novo Boiro que temos,
a xente rebule ,o centro da vila trasladouse da Rúa Principal á Rúa Santos Mieites,
todos somos conscientes que nos últimos vintecinco anos o clima cambiou,
levamos mes e algo de verán e a praia vimola pouco.

Vemos na Televisión que no resto do estado hai calor por todas parte,e nos non podemos nin estrenar esa roupa de baño que mercamos antes de Xullo.

A televisión ten vinte tres canales, por non contar as teles de pago,
a roupa mercamola nunha das numerosas tendas que hai na vila ou na cercana capital que
gracias ás novas vias (á espera do remate da autovía) se achegou a nós.


Escarabote,está a dez minutos andando, Cabo da Cruz, tamén, xa non hai que dar numerosas curvas para chegar a Abanqueiro , non hai mortes na Ponte Beluso e San Ramón está cheo de xente.


O curso no instituto comenza a mediados de Setembro, mentras nós non empezabamos ata Outubro.


Alí nos esperaba o novo instituto de Boiro, estaba na Praia Xardín ó lado do colexio novo;non había beirarúas, e non sabíamos como funcionaría todo.


Nos esperaba na porta un chavaliño de dazaoito anos que dicían que era o conserxe,nunha dependencia que había ó fondo á esquerda chea de posters de futbolistas do Barça.


O exterior era completamente diferente, polos cristais das escaleiras, se adiviñaba a rúa.
Na parte de atrás unha fraga de piñeiros e eucaliptus era testemuña de paseos ,bicos e pitillos.
Podiase fumar na clase, o profesorado se levaba ben co alumnado, e tiñamos ese colegueo dentro do respeto que fai que vintecinco anos máis tarde tomemos viños xuntos ou compartamosceas, ideas e moitas veces inquietudes.


Non había paseo marítimo para ir de Barraña á Praia Xardín, había que atravesar, brañas,leiras, pedras e sobreirais, e alí faciamos as nosas furtivas escapadas, cando "latar" non era motivo de alarma social.


Xogabase fútbol sala na vella pista da Praia Xardín, chea de pedras e cos vestiarios inpracticables, ¿de pabillóns?.... nin soños e a piscina máis cercana estaba en Santiago.


É o momento de mirar atrás,ós rapaces que hai un cuarto de século empezaban ilusionados, ben en primeiro,segundo terceiro ou COU, unha nova etapa das súas vidas.


É o momento de agradecer a eses profes e profas que te daban unha pescozada e tí te rías,(agora denuncias)e que fixeron de nós os homes e mulleres que somos hoxe.


Pasou motio tempo, pero a estas alturas do verán, sólo podiamos facer catro cousas, sair pola noite, preparar exames de setembro, traballar(quen tiña a sorte ou a desgracia), e ir á praia.


Agora ¿sair?, .......unha vez ó trimestre e ata cedo, ¿exames de setembro ?......non preparamos ( a maioría),¿traballar?...... algo ou moito(se tes a sorte ou a desgracia),


.......¿que nos queda?


.....Ir á praia, claro.






4 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustame a iniciativa que estades tendo, a VER SI PARA A CEA NOS XUNTAMOS MOITOS E MONTAMOS UNHA BOA.
AVISAREI A QUEN PODA

0000 dijo...

Dos preguntas:
¿Este vídeo está grabado en el salón de actos del instituto?
En caso de respuesta afirmativa:
¿El cantante alto con la antena en su reloj-radio es Josecho, que tam jovencito ya apuntaba maneras?

Anónimo dijo...

A verdade é que parece que estemos recordando "aqueles maravillosos anos". Xa pasaron 25!! e todavía nos lembramos da moto de Marcelino, da manifa ata o Concello, dos guateques dos venres en 1º con Fernando de DJ...Creo que valerá a pena atoparnos, despois de tanto tempo...

Anónimo dijo...

Hola, eu traballei moi a gusto nese centro. A idea da reunion é estupenda. Próximamente mandarei aljunha foto (se sei como)para ver se a identificades