lunes, 6 de febrero de 2012

CUBERTOS, APEIROS, E ALDEAS, 1.ª PARTE, por Ramón Laíño


ALDEA DE CURES

(O arco da vella por riba da aldea de Cures, nunha mañán de verán con orballo)



(Cures visto desde a paraxe das Estivadas do Queirugha, na aldea da Ameán / Nese mesmo intre e lughar, ollando cara o leste, vese a lúa chea, e un corvo surca o çeo antes da posta de sol)



(Cuberto de baixo, da nosa casa dos de Esperança)

(Arado de rabelas, de ferro)


(Aparilloa de madeira / Escarpadora de ferro)


(Ghrade de madeira, cos seus dentes)



(Máquina de alambrar viñas, ... / Roldana de madeira)



(Lighoñas xa ghastadas que teñen forma redonda. Eixadas, que teñen feitura cadrada na boca / Raño de mariscar)



(Roda de ferro pequena, para unha carreta. Antes eran de madeira, e por último de pneumático.)


(Cabestro para o carro, ...)


Por Calo, e a súa parroquia de Nebra, alternan co sinónimo de adival.




(Miña nai envolvendo o cabestro, e amarrándoo)






(Saco de esparto, para levar, ou ghardar calquera cousa.)



(Raspa da filloeira, para voltear, e sacar as filloas)



(Farois co tanque do açeite, e o sitio da torçida, mecha ou pabío de fío)



(Xabrón feito na casa con ghraxa de porco, e outros compoñentes / Gharrafa ou "botixo" de barro para beber aghua directamente polo pichelo)



(Pía de beber as ghaliñas, pitos e ghalos. Situado no corredor que vai para a eira, por onde antighamente andaban ceibas. E ao pórse o sol, ghuiabánas para a paneira: parte baixa do hórreo, o cal façía de ghaliñeiro)



(Banco da lareira / Artesa con cribo, e peneira)



(Mesa, e bancos encartables, de parede / Mesa, cos bancos xa desencartados, e baixados)


Fondo do piso de madeira da "casa vella". Escaleiras que soben ó piso onde antes era a casa, que aínda cubre unha pequena parte do cuberto

vighas, pontóns e táboas



Tellado do cuberto vello:
tixeiras, vighas, cume, costeiros ou terçios, cancos e ripas









Faiado da "casa nova"




Vighas no chan do cuberto, logho de cambialas por outras

Vigha: madeiro ghroso, ou de calquera outro material, que colocado horiçontalmente, aghuanta do piso ou teito dunha casa, ou vivenda calquera.

Pontón: pequenos madeiros, pareçidos a pequenas vighas, que van de vigha a vigha, e nos que van cravadas as táboas do piso, ou do teito.

Tixeira: Conxunto formado polas peças postas en crus, do mesmo diámetro que as vighas, coa fin de suxeitar algho, como por exemplo, o cume (terçio ou costeiro prinçipal que suxeita a unión das vertentes do tellado). As tixeiras poden apoiarse sobre a mesma vigha, ou ir incrustadas na parede.
Costeiro ou terçio: semellantes ós pontóns, pero aplicados a tellados visibles sen teito. Neste caso son equivalentes a pequenas vighas, que en ves de ir de vigha a vigha, van de parede a tixeira, ou de tixeira a tixeira. Por riba deles van os cancos.

Canco: cada un dos paus que poden ir de costeiro(=terçio) a costeiro ou terçio, e incluso desde o cume ata a última tella da caída de aghuas, dependendo do ancho do tellado. Sobre eles van as ripas.

Ripa: cada unha das pequenas tabliñas que van ó través sobre os cancos, e serven para apoiar as tellas.

Cume: parte máis elevada do tellado, onde se xuntan as vertentes. Tamén se denomina cume, ó costeiro ou terçio principal, xusto na unión das vertentes do tellado, por ser o máis alto.

Barra: estrutura de madeira, feita con travesos, e táboas, que pode cadrar xusto enriba das cortes do ghando, façendo neste caso, de teito das cortes. Noutros casos atópase en lughares diferentes do cuberto.

Serve para botar a palla, ou a herba seca. Tamén podemos poñer herba verde enxoita, ou incluso que non veña moi mollada.

Se é herba verde mollada, non se aconsella façelo por sistema, xa que algho sempre humedeçe a madeira, e esta apodreçe antes de tempo.

Esta herba verde, sexa enxoita ou mollada, máis ben bótase no chan
do cuberto: de terra, barro pisado, ou empedrado. En calquera dos dous casos, barra ou chan do cuberto, debemos estendela para que non quença (quente ou coça), xa que é un perigho darlla así ós animais, podendo causarlle forriqueira, ou outras cousas neghativas para a súa saúde.






Miña nai apañando verdura (coles), na leira das Barriñas, para os animais (porco, ghalos, ghaliñas, ...)



(Eira dos de Andrea.)


Manolo façendo cestos de vimbio na mesa




(Cuberto das Chonas)



(Distintos apeiros, e utensilios diversos, sen ordenar: arado de ferro con rodas, arado de ferro sen rodas, sachadora, escarpadora, ghrade, tinalla de esmaghar o viño, ...)


(Arado de ferro con rodas, ghrade, e serrón de aire apoiado na parede)



(Timón=Temón: pau lonco que enghancha nun extremo polo aro ao arado de ferro, e pola outra beira metéselle a fura na chavella do xugho, coa fin de tirar o ghando del. O timón non sempre era un pau, senón que podía ser unha corda, ou unhas cadeas entre o arado e o xugho / Xugho dos bois, que lle faltan as cancallas, e demais complementos) 


Cuberto de fronte a este, tamén das Chonas. 


(Hoxe en día está sendo arranxado. Estadas metálicas por dentro e por fóra da parede.) 



(Parede da outra man.) 


(Portal de dobre folla, xa coa folla da baixo rompida.)


(Vasieiro do porco, ou do ghando, 

que se atopa detrás da parede que están recuando do camiño para dentro.) 


(Vigha e pontóns, cun pau a xeito de estribo, façendo unha tixeira.) 


(Tellado por dentro, con vighas, tixeiras, cume-terçio, ou costeiro, restantes costeiros, ou terçios, cancos, ripas, estribos, ... e as tellas.) 


(Cambota sobre a lareira.) 

(Ámbalas marxes do enghanche da cambota.)



(Lareira con fouçiño vello, ferraduras, bisaghra, sacho, ... e no currucho da esquerda, dous "trespés".)


 (Pedra divisoria do sitio da lareira, co resto do cuberto.) 


(Pousa, mesa, ou base do forno.) 


(Forno enteiro, ao que lle falta a tapa da porta. Vese un reçipiente de cortiça que lle chaman ferrado, o cal é unha medida de capaçidade para ghrans, leghumes, sementes, ..., E o seu valor é variable, seghundo os lughares, ou dependendo do que se mida que pode ir dos doçe aos vinte quilos.) 


Debaixo do forno vese un oco, ou burato amplo, 


no cal se poden pór piñas, caroços, leña, ... Como un allar. 


Tamén, debaixo da lareira hai sitio para picaños, gharabullos, caroços, piñas, ... 


Neste currucho podía ser tamén o sitio do



allar (poñer leña para botar ao lume) 



(Parede na cal está metido o forno. Vigha sobre a parede.)


(Xanela de madeira, con tranca. Pousa de pedra baixo a xanela que fai de soleira, onde se poñen cousas. Billa para coller aghua.)


(Cubriçión da xanela, feita con pedra de ghranito que sobrepasa algho a anchura do oco da xanela.) 

(Parede de atrás do forno, con forma algho abombada (redonda saínte) debido á circulatura do propio forno.)


(Françisco, de verde e seu curmán Suso do Caseiro, de azul, sobre a estada metálica, e poñendo pedra


 para levantar o muro, o cal recuan algho máis adentro do que estaba antes.)


(Eira do Vioxo)


(Eixe con rodas, desde diante e detrás)




(Horta das Mourelas, pertençente á casa do Vioxo. Aquí, polo tempo de meus avós, bisavós, ¿…?, e uns días antes da época do Entroido, os veçiños, e veçiñas de Cures façían un palco de madeira adornado con mimosas, para actuar nas datas do Antroido. Aquí representaban as obras que eles mesmos crearan meses antes coa súa propia imaxinaçión. Empreghaban roupa, adornos e utensilios que tivesen polas súas casas, ou elaborábanas coas súas mans e conoçementos. As representaçións podían ter tintes tráxicas, dramáticas, cómicas, xunto con desfiles de choqueiros, julichos e señoritas, os cales non podían faltar.)


(Casa do Macarallón)

(Chideiro con cabeçalla suxeitada na parede da casa)


(Cuberto dos das Maestras)


 

(Carro completo sostido polo chavellón, con xugho de cancallas, apioghas=apiadoiras de coiro onde se lle apreçia aínda alghún pelo da pel. E na parte superior do xugho, ten o apioghón/apeoghón, ou apiadoiro de corda.)


(Eira, e horta dos do Currucho)


(Rodas de ferro. Moi pesadas, e pouco frecuentes, pois case sempre eran de madeira / Espantallo na súa horta)


(Casa nova dos de Xan)


(¿Pé dun laghar, ou senón un pío de pisar os carolos do millo, coas "patas para riba"? / Melóns enxughando, e madurando ó sol enriba dunha lousa de pedra, que ben pode ser tamén un "banco" ou asento de diante da casa



(Cuberto pequeno dos de Xan)


(Un veçiño sinaloume que aquí había unha parte do carro. Puden ver este eixe en vertical, con dúas rodas, onde unha delas está tapada pola palla)



(Alpendre aberto dos de Xan)

 
(Ghuieiros, e varas amoreadas)



(Debaixo de todo este monte de paus, seghundo me indicou o veçiño antes referido, puden detectar un chideiro de carro coa cabeçalla. Véxase na foto da esquerda, a parte recta de atrás do chideiro. E na foto dereita, a parte final da cabeçalla cos buratos para a chavella e o chavellón. Non tiña permiso dos donos para sacar toda esta cantidade de madeira, e poder ver en plenitude o chideiro coa cabeçalla.)



(Subindo o camiño do Boliño pola tardiña)





(A carón deste camiño, pequena estrutura artesanal dos das Beiras de baixo, feita con canas e paus para cando naçan os chícharos coa cuncha, pórlle temporalmente rede por riba, e así protexelos dos paxaros)




(Viña dos do Caseiro)


(Suso, Francisco, e María cavando na viña, e de paso aprovéitana para plantar patacas de cedo)



(Pluma dun corvo no camiño, que como animal esotérico representa o tránsito ou transmighraçión da vida á morte. Símbolo da morte. / A lúa chea na penumbra, acheghándonos xa ó final da tardiña)



(As canas das viñas, dun ou dous anos, e follas das vidras coa cor da vendima. A madurés estaçional do froito, xunto coa ceifa da recollida da uva, representa o paso do tempo, que se encarna co amençer do día, e a caída da tarde. Estela dun avión xa diluída no ceo transparente / O millo buscando o aire e a lus. As árbores como frescas sombras do día, e misteriosos seres da noite)



(Leira dos de Xan, no Boliño)


(Moncho, e Lola de Xan coa forcada, ou forca, estendendo moreas de esterco pola leira)



(Cesto emborcado enriba dunha táboa, logho do despeçe dun porco xa traído sacrificado á casa de Jose Luis do Caseiro. / Encontro de avións no ceo. Na historia da aeronáutica dise teóricamente que a aviaçión comercial de avións con motor de héliçe, co seu ruído característico, de voo máis baixo, e sen rastro de fume, debía estar presente nas décadas dos anos 20-30. Sen embargho, no ceo desa época que cubría ós nosos avós, os voos comerçiais, e de pasaxeiros estaban en cueiros. Por descontado, as viaxes intercontinentais da xente, e de mercadoría, façíanse por barco. En troques, as interiores eran por tren. Tardiamente sumouse o vehículo. Nalghún caso pudera ser que se trasladanse entre os nosos portos peninsulares, por barco.Como é lóxico, a xente contemporánea desa época, pasou boa parte da súa vida coa apariçión dalghún que outro contado avión de héliçe, nun ceo máis despexado, e limpo, incluso a nivel sonoro.

A partires do ano 1952, rondando meus pais os 13-14 anos, foi cando se viron no ceo
os primeiros avións a reacçión, nunha altura superior, deixando unha estela de fume, e cun ruído moi lonxano, diferente ós modelos de héliçe.

A moitas persoas maiores do lughar causoulle impresión e estrañeça, tal feito.

Por exemplo, a señora Ramona do Currucho cando veu por primeira ves os avións a reacçión deixando atrás de sí as estelas de fume, expresábase deste xeito:
- "¡Ai, Dios mío, e acábase o mundo, ai, Dios mío!"

E meu avó materno Ramón, diçíalle: -
"Tranquila, mujer, tranquila, que non se acaba. Son modelos diferentes de hoxe en día."

Contestaçións do mesmo estilo a estes eventos, xurdían de cando en ves.

En cambio, outra xente máis nova, ou con outro xeito de pensar, diçía:
"-¿Elogho, que é eso?"
"-¿Qué cousa é esa?"
"-¡Ai. Mira eso!"

E alghún contestaba: -"Son cousas novas, son avións doutro xeito."




(Outra leira dos de Xan, no Boliño de Riba, con millo, e melóns entre os seus pés. Esta finca estrema co camiño, e en toda a súa lonxitude componse de chantas de pedras façendo de muro. Este está algho tapado polas herbas do arredor, e tamén se lle restou altura polo recheo do camiño.)







(Leira do Boliño, de Costante de Benedito)



(Xestas por riba da cría do frutal, para protexelo máis ben da xiada, mentres son pequenas. 

Despois de enraíçar os frutais xa con força, e alcançada unha determinada altura, xa se lle sacan as xestas)








No hay comentarios: