viernes, 24 de febrero de 2012

CUBERTOS, APEIROS, E ALDEAS, 4.ª PARTE, por Ramón Laíño

ALDEA DE ENSEÑO

(Cuberto dos de Caamaño)


(Rodas con eixe e chideiro)



(Manolo do Pío coas vacas paçendo na Aghra de Enseño. Estas dúas fotos foron cedidas por Xoan Carlos "O Cachopo" de Comoxo)

(Vaca rubia "cunchada": marca na testa, neste caso de cor branca. Apareçe a mesma vaca na foto dereita en branco e neghro, lambendo no pescoço doutra compañeira)


(Cuberto dos de Arribóns)
(Carro enteiro) 


(Horta dos do Carballal)

(Carro restaurado e pintado, con arado de ferro con rodas: "arado de Brabante". Ao seu carón unha escarpadora, e unha sachadora.)


(Dous xughos de cancallas na parede da casa dos de Carballal) 





(Cuberto de Xosé da Cacheira de Riba)

(Chideiro con timoeiro de coiro, e enriba do taboado do chideiro, ten: ghrade, fumeiros, xugho, ...)


ALDEA DE POMAR DO RÍO

(Foghón da casa dos de Picos)
(Rodas restauradas do seu carro. Parte inferior, cesto de vimbio con maçáns)


(Cuberto do Ghalleiro)

(Rodas con eixe / Chideiro con cabeçalla)


(Cuberto dos de Ferrín, ensinado polo xenro da casa, Françisco de Laíño)

(Carro de vacas con herba. Ten caniças de madeira, cousa pouco habitual, pois o tradiçional eran caniças de corres de vimbias teçidas./ Xugho de cançiles con timoeiro de vara retorçida no centro.)



(Pégha que está invertida, a cal é de madeira, e colocábase en forma de "V" no punto de unión das chedas coa cabeçalla, para tope dianteiro de carghas elevadas que pudera levar o carro. / Buçeiras de arame, anque tamén podía sere de vimbio. / Xugho de cancallas, con timoeiro de coiro, e pioghas de coiro.)


(Casa da Niña) 
(Banco de rodas con respaldo amplamente cuberto)


ALDEA DE ACUNCHEIRA



(Soto da casa de “Pedro da Fonte”)

(Chideiro, só coa estrutura e cabeçalla, pero sen as táboas do leito, ou mesa. / Xugho de cancallas, polo xeito dos buratos. / Arado de pao mesturado con sachadora, escarpadora, ... / Arado de rodas)


(Cuberto dos de Lina)

(Chideiro dunha vaca soa, e eixe con rodas, metidos entre os picaños e a leña fendida)

 


(Cuberto dos do Aghriño)

(Chideiro dunha vaca soa, xughos de cancallas, buçeiras, e rodas)



(Horta e viñas de José da Cacarexa)

(Pequena pontella de madeira , ou pontellón sobre o reghueiro que atravesa a súa horta, por debaixo da viña / Ghaliñeiro, Capoeiro, ou Poleiro / Vaghaço sen alcool, que xa foi fervido na pota da caña, e bótase para estercar a terra)




(Ghaliñas soltas na horta da casa “dos de Brión”)



(Vaca rubia amarrada diante do portal do curral "dos de Brión" / Un membro desta casa, Moncho, coas vacas pola corda no camiño da A Cuncheira)


(Fotos cedidas por Xoan Carlos "O Cachopo", de Comoxo. Moncho da casa dos de Brión, de A Cuncheira.)
 
(Sacando da corte as vacas pola corda, para ghuialas ó curral)

 
(Tendo delas pola corda, xa co xugho, e o timoeiro de coiro postos)


 

(As vacas soas atendendo, e esperando ó dono)


 

(Os animais inquietándose dentro do curral, e adiantándose) 



(O dono colle o ghando pola corda con ademán de levalos ata o portal)



(Façendo que sae polo portal co ghando, e o xugho posto, como se levara o carro, ou calquera outro apeiro)
 

(As vacas, xa sen xugho. Unha delas acariña, e lámbelle a cara á outra)



(Fóra do portal, xa no camiño, leva o ghando sen xugho para paçer na leira, ou na braña)


 

(Baixando o camiño da aldea. Avisando á vaca de diante para que non colla polo camiño da dereita.)

 
 

(Case ao final da aldea. Xa na chan da Aghra coa vara ó ombreiro.)


 

(Avançando polo camiño da Aghra, coa vara do ghando descansando no ombreiro. Cambiando a vara á esquerda para recuar á vaca desa man.)


 

(Ollándoo desde as viñas por debaixo do nivel do camiño)
 


ALDEA DE LOXO DE RIBA

(Cuberto dos da Casa de Ignaçio)

(Dous xughos de cancallas con timoeiro de coiro en ámbolos extremos, pendurados dun arado de rodas / Tina de pisar as uvas enriba do carro / Parte dianteira do carro)



(Soportal dun dos cubertos de Ignaçio. / Arado de pau e ghrade)
 


ALDEA DE LOXO DE BAIXO
 
(Casa do Pulido, con laçena de abellas na parede)


(Xan do Pulido, un dos poucos habitantes desta aldea, conta que xa hai tempo que se desfixo do carro. Así mesmo, dime que unha das casas esporádicamente habitadas, non o ten. Pensa que tampouco hai carros no resto das outras casas pechadas (os de Marçial, os de Bretal, e outra casa curmán desta última estirpe, ...), pois os seus integhrantes viven noutros lughares. Nesta tesitura, voume coa dúbida, pois sería ideal que os seus propios donos estiveran por aquí para poder aseghurarme completamente.)

ALDEA DE COMOXO


(Partindo desde a pista da Aghra, e subindo polo camiño do sur á aldea de Comoxo, vemos á súa entrada un palleiro nunha leira.)


 

(Horta da casa dos de Estaquio)
(Carro coa toda a estrutura, e as rodas feito en ferro. Semella ter un papel máis decorativo que práctico, dado que o ferro é moi pesado para turrar del o ghando. Esto, aínda descontando a cargha que pudera transportar en calquera momento o carro. A mesa do chideiro, ou leito, está oco, pois é de supoñer que levaba táboas, e estas apodreçeron.)



(Casa dos do Paço)
(Esta roda ten xusto debaixo da lamia/ou ferro, en todo seu redor, remendos ou cachos de madeira coa fin de prolonghar a súa existençia / Carro con xugho de cancallas, timoeiro e buçeiras)


(Casa do xenro de Xulio da Torre. Foto con efecto en branco e neghro, cedida por Xoan Carlos "O Cachopo de Comoxo") (Xugho de cançiles. Sábese que son de cançiles por ter os buratos redondos. Conta Manolo, o dono do Paço, que seu avó acostumaba façer os xughos con madeira de freixo, como así foi feito este. Por outra parte, para os cançiles empreghaba varas de carballo, as cales estonaba e quentaba ao lume. Logho, aproveitaba unha columna do patio para viralas, e de paso íaas amarrando con vimbios para que colleran forma de "U")



(Muxindo unha vaca frisona. Diçir que antighamente as vacas de por aquí eran rubias, ou ratiñas)


(Horta da "casa nova do Cristovo")

(Carro restaurado con chavellón, chavella, xugho de cancallas, e timoeiro de coiro. Nena da casa nova do Cristovo enriba del, e cun fumeiro na man. Este carro pertençeu aos do Civil, o cal como a maioría deixou de usarse, e foille vendido ao Cristovo.)


(Rodas restauradas do antigho carro da casa.)




(Foto esquerda: Xugho de cancallas de dúas vacas, con timoeiro de coiro e apioghas. / Forcada de madeira, e vergha de madeira traída polos donos dunha excursión a Potes, en Cantabria. Posiblemente terían pareçido coas nosas antighas forcadas de madeira. / Foto dereita: Xugho de cançil dunha vaca soa).


No hay comentarios: