viernes, 10 de febrero de 2012

CUBERTOS, APEIROS, E ALDEAS, 2.º PARTE, por Ramón Laíño



(ALDEA DA AMEÁN)



(Cuberto do Potín)
(Rodas, eixo, cabeçalla, chavella e pégha)

(Mesa de carpinteiro)



(Albardas do burro do Potín, por detrás dos ghatos)

(Cuberto do Fidalgho)
(Carro completo, coas rodas de madeira. Ten paléts enriba, e trastos derredor)

(Vese un pote vello sen testo, debaixo do carro. A cabeçalla está atada ó teito do alpendre.)




(Outro carro do mesmo dono, pero diferénçiase en que ten rodas de ferro. Pareçe estar tamén enteiro, pero ten un arado enriba del, con trastes, paus, cables, ..., ó seu redor)

(Lareira do Fidalgho)

(Lume prendido na lareira, e dous fornos de leña con dúas portas)


(Porta con doble folla, de entrada á lareira. /Ghaliñeiro perto da entrada á lareira, e cabestro na parede)


(Porta de entrada da antigha casa vella do Fidalgho)

(Casa vella do Queirugha, xa abandonada, e casa nova que aghora habitan)



(Rodas convertidas en banco para sentarse, con neno da casa: bisneto de Xan Domincos de Queirugha)

(Lavadeiro de pedra diante da casa, o cal ten unha pedra lateral en toda a súa extensión e cadansúa máis pequena nas dúas cabeçeiras, todas elas para freghar a roupa. Ata hai pouco estaba situado nun punto das leiras perto da casa. Foi restaurado e retirado a este sitio, por temor a que lle caeran bolos de pedras pola apertura das pistas da parçelaria feitas polas máquinas)

(Pia de beber as ghaliñas, apoiado no lavadeiro / Pía de beber os cabalos e as vacas, cunha pequena árbore / Pía de beber os animais: cabalos e vacas, que despois pasou a ter uso de lavadeiro pequeno, e aghora ten tamén maçetas e prantas.)

(Leiras das Estivadas do Queirugha )

(Antighas brañas do Queirugha situadas na mesma paraxe anterior, que se reconverten en horta)

(Casa nova de Luís de Queirugha)
(Rodas para asento con respaldo, e unha mesa usando o eixe, e a metade da roda)


(Cruçeiro da Ponte Ghrande, vista por diante e por detrás. É propiedade da casa do Pousiño, xa que determinado antepasado seu foi quen o construeu)

(ALDEA DE LIDÓN)
(Casa de Maruxa de Lidón. Lámpara de ghas traído de América polo seu avó)

(Cuberto de Maruja, de Lidón de Baixo)


Non tiña carro, pero si puden ver estes fermosos cabalos, e tamén poldriños.

(Cuberto, e máis casa vella, de Manuel de Lidón de Riba)

(Chideiro, timoeiros de coiro, e xugho de cancallas rompido, ensinados pola señora Estrella, e polo seu fillo, Moncho.)

INDO PARA BALTEIRO
(Ovellas coidadas, e vixiadas por un can que está entre elas. Están á sombra dos barreiros, e do arredor.)


(ALDEA DE BALTEIRO)

(Cuberto da Tariña, onde hai dous carros tapados prácticamente pola leña.)



(Cubertos e hórreo do Borraxeiro)


(Casa á esquerda do Borraxeiro, e máis cubertos desta casa, onde teñen un carro completo tapado pola leña.)
(Abundan as ferraduras nas portas, tanto en posiçión cóncava como convexa, que protexen contra a envidia, ou mal de ollo.)


(ALDEA DE NOÇEDA)

(Seghundo os seus veçiños, nesta mesma aldea de Noçeda: casa do Cruçeiro, do Ghregho, de Xoana, da Sapateira, ..., non se conservan carros enteiros, senón peças soltas espalladas pola redonda, que non eran localiçables no momento.)

(Casa nova de Antonio do Rei: "Casa O Cruçeiro")

(Roda de antigas carretas de man no portal da entrada á casa. Eran de menor tamaño cás dos carros, pero da mesma feitura. Miniaturas de: carreta de man, carro de vacas, arado de pau, e ghrade, todo esto feito por Antonio, aínda un chaval novo.)

(ALDEA DE SABUÇEDA)


(Burato nunha chanta de pedra onde se asentaba o traveseiro da cançela de entrada e saída á aldea. / Chantas de pedra que sosteñen ladrillos da parede dun cuberto.)

(Carro estandar cunha tinalla para o viño, e táboas. / Chideiro dun carro “carreteiro”, coa curiosidade de que lle puxeron xintoiras de ferro, anque o máis frecuente é que sexan de madeira. Rodas de maior diámetro en correspondencia co chideiro. Os carros “carreteiro”, como o da foto do medio, son de maior enverghadura có estandar de cotío (foto esquerda), pois usábase para carretar carghas pesadas: pinos, pedras de canteira para casas, …, tirado de ghrandes bois, ou vacas de moito corpo.)

(Xugho rompido, que pola forma dos buratos redondos semella ser un xugho de cançiles. / Timoeiro de coiro pendurado da barra.)

(ALDEA DE A FIGHUEIRA)

(María da casa dos "de Adorno". Pronúnçiase coas dúas "o" pechadas.)
Está trasquilando unha ovella á cal lle atou as patas para tela queda enriba dunha táboa semellante a un chideiro do carro.


(Eixe coas rodas, pousado na eira da súa casa. / Véselle o “Borrón"="Tilla"="Cuña"="Chaveta, semellante a unha pequena caravilla de madeira, que atravesa o extremo da cabeça do eixe, e evita que se saia fora do "ollal" (fura central da roda), para non perder esta, so perigho para os animais, cargha, e persoas.)

(Chideiro posto no teito do cuberto, ou alpendre "dos de Adorno", na Fighueira. Está suxeitado por unha vigha atravesada, e ten a cabeçalla metida nun burato da parede)


(ALDEA DE A GHRAÑA)

(Non foi posible saber da maioría das casas: a do Nacho, a de Estrella, ..., pois case todas están sen xente.
Menos unha, a de “Joaquín da Ghraña” que está habitada, pero non ten carro, so alghunha peça extraviada por aí, sen poderme preçisar onde están, xa que previamente debe buscalas.)




(Curro da Ghraña)
(Foto con efecto espeçial en branco e neghro, cedida por Xoan Carlos "O Cachopo", de Comoxo.)



(ALDEA DE CUBELO)


(Non ghardaban nada localiçable do carro. Desfeito pola man do home, ou desinteghrado polo paso do tempo.)

1 comentario:

Paco do Martelo dijo...

Ramón, encántame o teu traballo etnográfico que levas amosado aquí, pero este se cabe moito máis, tal vez porque a miña nenez transcorreu nas "aldeas do monte", sobre todo na Graña.
Parabéns, porque por fin fostes quen de sacalo á luz, a pesar do traballo que sei que che custou.
Só dous apuntes. A casa de "Estrella" en realidade chamase de "Florencia", tanto a vella como a nova.
Tamén había outra casa que era onde vivía Ramona de Andrés. coas súas cabras e ovellas.