ALDEA DE CARBOEIRO
(Casa de José de Suares)
(Casa de José de Suares)
(Xugho de cançiles, pégha coa forma de "V")
(Cestiño de aro, xintoiras con pasador de ferro, paxaro de madeira, e as outras xintoiras con pasador tamén)
(Roda con máquina de coser, rodas en asento)
(Arado de pau)
(Pau ó través, con cadeas polas dúas beiras da barrigha da vaca para enghanchar a ghrade, sachadora, escarpadora, sementadora, ..., no xugho dunha vaca soa, ou nunha besta, cabalo, ... Na metade do lombo do animal vai unha corda que une as cadeas, coa fin de aghuantalas no aire, evitando que cando se lle dea á vaca para atrás, non lles caian ao chan, pisándoas e enredándose nelas. Se a ghrade é tirada por dúas vacas, poden empregharse de tiro as cadeas, corda ou o timón=pau lonco entre as dúas vacas. Pero se ghradas cunha vaca soa, pode levar calquera das anteriores, menos timón.)
(Ghancho con corda, que se podía empreghar para façer os feixes de herba na braña, ou para amarrala leña nos montes e traer para a casa. / Outra opçión era façer de "timón" entre a ghrade, sachadora, escarpadora, ..., e o xugho da vaca. Neste caso ten a mesma funçión que na foto superior das cadeas.)
(Fouça para apañar herba en terrenos axeitados, tamén conoçida como ghadaña. Sustitúe ó fouçiño, e dá unha maior porcentaxe e amplitude no apañado. Asimesmo úsase como alternativa de máis abarcamento que a fouçiña, cando toca a çeifa dos cereais.)
(Abeacas, ou peças de madeira que se colocan nos lados do arado, axudando a anchear o regho e virando=volteando a terra.)
(Cesto e canas de pescar no río / Esquío de madeira na parede)
(Pá do forno, que podía ser de pino, ou calquera madeira. Ten a cabeça de forma ovoidal, como unha porta ghótica. Serve para meter a coçer no forno a petada de: boroa (masa do pan de millo, pan de trigho, çenteo, ...) que non enchía o forno, ou tamén a fornada, maior cá petada, e sí enchía todo o forno. Despois de coçida, quedaba no forno para irlle sacando cachos á hora de comela. / Rodo, con fighura de "T", que serve para sacar as ascuas do forno. / Remexedoiro, ou pau estreito, situado entre os dous anteriores. Serve para remexer as ascuas do forno para que arda mellor o lume. Pode ser de madeira, ou senón, de ferro con dúas ghallas, e manco de madeira, que neste último caso, tanto leva o nome de remexedoiro como de forcada.)
(Cesta de levar a froita, ou outras cousas ao mercado, e traer, que se complementaban cos cestos de vimbios tradiçionais. / Xugho de cancallas)
(Fouçiña de apañar os cereais / Vista parçial dun asador, ghrella ou parrilla/ Tronçador, ou espeçie de serrón con asas en ámbalas beiras para agharralo á ves dúas persoas)
(Esmaghadora apoiada na parede, xunto cos seus compoñentes. Serve para esmaghar uvas, maçáns, ... / Remexedoiro ou forcada, de metal, e con dúas ghallas, que está colocado na parede. Leva un manco, e serve para remexer e avivar as ascuas do forno para que arda mellor o lume.)
(Filloeira con pés para façer filloas na lareira. Ten "dúas casillas" ou moldes para enchelo moado ou masa líquida. / De pé tamén outra filloeira con "dúas casillas", pero esta, en ves de pés ten dúas asas con bolas, de invento moderno, para colocala en contacto directo coa plancha da coçiña que sexa, ou calquera transmisor de calor / Lámpara de "saín"=açeite da ghraxa do peixe, cunha mecha saínde. Está colocada dentro dun adorno de pedra / Bastón / Aradoiro dun arado de pau para furar a terra e abrir o regho. Cando é un arado de ferro sen rodas="de rabelas", ou un arado de ferro con rodas, o aradoiro forma parte da prolongaçión do mesmo ferro.)
(Plancha "de carbón". Para enchela, prendíase lume na lareira con madeira, caroços, ..., e despois, xa sen labarada, collíanse os tisóns de madeira, ou as ascuas de caroço, con distintas cousas que tivéramos a man: cunha tenaça, dous caroços de espigha, uns gharabullos, uns arames dobrados façendo de tenaça ou pinça, ..., e botábanse dentro da plancha, para pasarlle o ferro á roupa. Antes de pasarllo, mollábanse os dedos coa boca, ou con aghua, ou senón, secos, e petaban o ferro polo fondo, tanteando o seu calor. A partir daí dábanlle pequenas salpicaduras de aghua á roupa para planchar mellor as enrrughas, ou marcar as liñas / Serrón de man)
ALDEA DE CADARNOXO
Fervença de Cadarnoxo
(Plancha "de carbón". Para enchela, prendíase lume na lareira con madeira, caroços, ..., e despois, xa sen labarada, collíanse os tisóns de madeira, ou as ascuas de caroço, con distintas cousas que tivéramos a man: cunha tenaça, dous caroços de espigha, uns gharabullos, uns arames dobrados façendo de tenaça ou pinça, ..., e botábanse dentro da plancha, para pasarlle o ferro á roupa. Antes de pasarllo, mollábanse os dedos coa boca, ou con aghua, ou senón, secos, e petaban o ferro polo fondo, tanteando o seu calor. A partir daí dábanlle pequenas salpicaduras de aghua á roupa para planchar mellor as enrrughas, ou marcar as liñas / Serrón de man)
ALDEA DE CADARNOXO
Fervença de Cadarnoxo
(Cuberto do Ghincho,
coa calivera = calavera dun carneiro, ou dun castrón)
(Portais do cuberto do Ghincho, onde non foi posible comprobar, xa que os propietarios da casa viven noutro lughar.)
(Casa de Suáres, e cuberto de Outeiro)
(Caliveras con cornos de vacas, xugho de cancallas, timoeiro no medio do xugho, apioghas de coiro por debaixo do pescoço. / Meu curmán Álvaro da casa de Suáres, baldeirando a herba do carro.)
(Chavella na cabeçalla. / Carro baldeiro. / Cabalo novo na corte.)
(Carretada de herba enxughando ao aire para converterse en palla seca./ Leña aireando para secar por dentro.)
(Cuberto de José Ramón de Resúa, cunha carretada de batume metido dentro.)
(Cuberto do Mirón)
(Casa vella de pedra, e casa nova ao fondo. Ámbalas dúas dos “de Andrés”. A pedra e a vexetaçión sempre combinaron ben.)
(Casa nova da Potina coas rodas do carro reconvertidas en bancos para sentarse.)
(Eira da casa nova de Outeiro)
(Sachadora)
(Cuberto dos da Viuda)
(Chideiro sen rodas, volteado e deitado sobre outro carro completo)
(Chideiro arrimado á parede. / Rodas como banco, nunha parte da eira.)
(Eira posiblemente dos da Cacarexa, con arado de ferro de rodas, e hórreo de pedra.)
(Cuberto de Delfina da Troita, cunha ferradura na porta)
(A Carón do cuberto de Delfina da Troita)
(Carro dunha vaca soa, vista desde o seu fondo. Compróbase na foto da esquerda o oco onde vai anteposta a vaca, e escoltada por dous laterais, unidos no xugho, os cales fan de cabeçalla.)
(Cancallas encaixadas directamente no traveseiro que fai de xugho, e que ten unha piogha por corda, en ves de coiro retorçido, traballado e curado. / Parte traseira do carro.)
(Rodas sen eixe, nin chideiro, nun cuberto de Chico da Troita.)
(Outro cuberto de Chico da Troita con porta de dúas follas. Véxase o símbolo protector da ferradura de cabalo.)
(Hórreo do mesmo propietario, totalmente construído en táboas de madeira. Base de pés de pedra tal como se ve por detrás da rede. Tellado do país, no cal se lle colocan pedras sobre as tellas para que non se movan co vento, ou coas aghuas. Esta técnica tamén se aplica nos tellados das casas, nos cubertos, ...)
(Casa nativa-orixe da familia dos da Troita)
(Antigha porta dunha casa vella, ou dun casarello, aghora murada con pedras pola metade da porta para impedir o paso / Cancela, ou ghradisela dun alpendre, cuberto ou alboio, pertençente creo que á casa de Piñeiro)
(Cancelo de baixada á horta / Portal do cuberto de Maghallanes)
(Escaleiras de pedra da casa de Fermina do Vento / Cornecho ou cacho de horta, con posible resto de terreno, que pode pertençer a esta casa)
(Escaleiras de pedra da casa dos de Piñeiro / Portal de madeira, con dúas follas verticais, que penso é dos de Chico da Troita, ou senón de Delfina. Véxase ó enghadido de bloques sobre a pedra.)
(Viña con postes de pedra, sobre unha corredoira con pendente, entre muros de pedra. É moi frecuente nas aldeas a existençia de viñas sobre camiños e corredoiras.)
(Camiños de carro na aldea)
No hay comentarios:
Publicar un comentario