ALDEA DE BELLES DE RIBA
(Ghato ó axexo dalghún rato, lagharto, ou outro bicho. / Avión coa súa estela surcando o ceo transparente)
(Eira dos "do Cordeiro": Carro con arado de rodas enriba do taboado)
(Furas na cabeçalla para meter a chavella, e o chavellón)
(Rodas sobrantes doutro carro, apoiado neste que está completo.)
O carro visto desde o recadén ou parte de atrás, onde se ve media lamia do aro con clavos enriba do arado. / Outra vista do carro desde unha beira del)
(Cuberto dos do Cregho)
(Chideiro envolto en tearañas, e rodas.)
(Mesa de façer çestos de vimbios / Palleiro na súa eira)
ALDEA DE BELLES DE BAIXO
(Cuberto de José da Canteira)
(Carro dunha vaca soa. A estrutura é de madeira, pero a roda típica de madeira foi sustituída pola de pneumático, alterando a súa forma orixinal.)
(Rodas con eixe dentro do ghaliñeiro dos do Chisqueiro.)
(Rodas do carro no cuberto aberto de Souto. Non conservaban máis partes do veículo. Outro cuberto del, a carón do anterior, pero con porta.)
(Cuberto de Ribeiro)
(Carro completo carghado de barrotes. / Cabeçalla con chavella rompida)
(Pepa de Ribeiro cun manlle de mallar o çenteo, e outros cereais. / Fouça para apañala herba, e cereais, que tamén se conoçe como "ghadaña", anque non ten nada que ver ca ghadaña de sacar o esterco das cortes. Pode ser un sustituto do fouçiño da herba, ou da fouçiña dos cereais, pero de maior amplitude no corte. / Fouça de apañalo batume, con folla máis ancha, que hai quen lle chama ghadaño.)
(Na imaxe inferior, a ese obxecto con ghallas, esta señora chámalle "forca", o cal en Cures aldea, empreghan o sinónimo "remexedoiro ou forcada". Ten ghallas de ferro, que poden ser tamén de madeira, e fáltalle o manco de madeira. Con este aparello era frecuente botar os toxos para queimar no forno, de paso remexía as ascuas.
Cando é soamente para remexer, podía façerse o remexedoiro cun pau estreito de madeira, que ao non ter ghallas, non se nomeaba forcada, nin forca. Sen embargho, para sacar as ascuas do forno, usan o rodo.
Á hora de meter dentro a "petada" (masa da boroa, ou do pan), ou senón a "fornada" que enchía todo o forno, empréghase a pá do forno. A boroa, ou o pan coçido xa quedaba dentro do forno coa porta tapada, para irlle sacando anacos seghundo o momento.)

(Eira da casa dos de Ignaçio)
(Rodas con eixe, ghrade, e parte dun arado de pau. Atacados polos axentes atmosféricos.)
(Chideiro no teito do cuberto de Ignaçio)
ALDEA DE INSUACHÁN
Non foi posible atopar carros, nin complementos. As causas son, entre outras, que os donos movidos polo desamor, e desapegho ao seu valor, desfixéronos para leña.
Pola contra, douse a situaçión nalghunha casa en que os maiores (avós e pais), seghundo eles mesmos me informaron, desexaban conservalos, e ademais tiñan ghardados todos os seus apeiros, pero a tolería dalghún neto adolesçente, ou xa adulto, baseado no autoodio e a ignorançia, en contra da vontade dos da casa, e faltándolle ao respeto, desfixo, rompeu e cortou para leña todo o que alí había, tirando o resto ó lixo.
Noutras ocasións, os propietarios deixáronos apodreçer á intemperie, ou pola povilla, e no mellor dos casos, vendéronos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario