ALDEA DE NEBRA, O SON
(Eira da casa "da Portughesa")
(Carro completo cun cesto de vimbios para a herba, na unión das chedas coa cabeçalla)
(Arado de pau)
(Arado de ferro, con rabelas e sen rodas)
(Sachadora de ferro, con balançín de madeira por riba da roda)
(Escarpadora de ferro)
(Ghrade de ferro)
(Perfia ou barril de adorno, e outro con plantas)
(Pé do laghar convertido en floreiro / Asador transformado en xardineira)
(Chans ou Aghras perto da Ighrexa de Nebra, co monte Enxa no horiçonte)
(Éghoas do "Carniçeiro de Nebra" paçendo na leira)
ALDEA DE CALO, PARROQUIA DE NEBRA, O SON
(Cantar: Subila e baixala non. Subir a costa de Calo, baixar a de Xamiñón.
Refrán: A Calo, nin a pé, nin a cabalo)
(Véxase o entendemento dos animais ó sacarlle a foto, que se arriman a min para quedar máis fotoxénicas)
(Éghuas de Antonio de Eiteiro, que aghora son coidadas e manexadas por Antonio de Viviana)
(Casa de Carou, con dúas campaíñas con cordel, para chamar ós da casa)
(Portal de madeira de cuberto antigho dos de miña tía, de Xusto. Ao seu carón teñen unhas chantas de pedra, que fan alpendre, ou cuberto aberto. / Na foto do lado, portal de entrada á casa de Xusto.)
(Patio da entrada, onde na parede se ve unha pousa, ou espeçie de laçena, que antes foi parede da casa vella. / Forno con cheminea, e pileta de pedra, todo reçén feito polo curmán Moncho.)
(Tía Elena de Calo, e súa nora Manola, miña curmán política)
(Xugho de cancallas dunha vaca soa con apiogha=apiadoira de coiro, e dous ghanchos sostendo floreiros / Máquina de coser da casa, da época de miña tía, e súa cuñada Teresa)
(Xugho de cancallas de dúas vacas, que ten apioghas de coiro, timoeiro de coiro, e un anaco da cabeçalla do carro na que leva a chavella)
(Cuberto da casa de miña tía)
(Carro con sachadora, e escarpadora)
(Escarpadora, e pégha do carro = "V")
(Chavella na cabeçalla / Madeira para façer as peças do carro / Roda solta doutro carro, cun cacho de eixe cortado)
(Xugho estreito, propio de sachadora, con cancallas, onde van dúas vacas. Tamén pode usarse o xugho de carro, ou do de arado de pau. Ten a corda, co "balançín" de madeira, para enghanchar a sachadora ó xugho.
Non ten porque ser con dúas vacas, senón que unha vaca soa co xugho individual, pode turrar ben da sachadora. Cando a leira é moi ghrande, mellor dúas vacas, que unha.)
(Porta da casa de Venançio / Portal do cuberto de Piñeiro)
(Foto da esquerda: peche de pedra façendo de curral onde, o día do curro, xuntaban os cabalos que baixaban do monte. Hai unha pía no centro onde bebían os animais. / No medio, portal de madeira dos de Chouça, da que saeu Luísa que casou en Carboeiro-Cures, na casa do Ghorrión. / Ao seu carón, portal metálico do cuberto dos de Silvestre.)
(Hórreo dos de Piñeiro / Pé do laghar do que non sei porqué está aquí)
(Ovellas, carneiros e años, de Antonio de Eiteiro paçendo na súa leira en campo, entre herbas
manteighueiras, fieitos, ...)
(Eixe, ou eixo con rodas)
(Cuberto de Antonio de Viviana)
(Cabeçalla, chideiro, e xugho con timoeiro)
(Cuberto de Antonio de Viviana)
(Cabeçalla, chideiro, e xugho con timoeiro)
(Forno novo de porpiaño, con cambota rústica de pedra sen labrar / Pequena parte do carro, e xugho en máis detalle)
(Sachadora con balançín de madeira)
Seghundo me conta Antonio, hai tres tipos de xugho, que son: xugho do carro das vacas, xugho do arado de pau, e xugho da sachadora. De tódolos xeitos, polo que me dixeron meus pais, era posible empreghar o xugho do carro das vacas para sustituir ós outros dous tipos de xugho)
(Xugho de cancallas para carro de vacas. Ten timoeiro de coiro, apiadoiro=apioghón=apeoghón de cadeas / Na foto dereita: Pégha do carro)
(Na esquerda, xugho de cancallas, para o arado de pau. É de cancallas polo tipo de buratos cadrados / Na dereita, xugho de cancallas, para a sachadora)
(Esquerda, chavella para a cabeçalla / Na foto dereita, tódalas cancallas para o xugho)
(Xintoiras dun dos lados do carro, onde xa levan pasador de ferro, con torca para façer de freo no eixe do carro / Palleiro na eira de Antonio, feito por meu curmán, Moncho de Xusto, a propósito da ghrabaçión do proçeso de apañado e malla do çenteo polos veçiños de Calo, ghrabado nun CD por Antonio de Viviana)
No hay comentarios:
Publicar un comentario