viernes, 16 de marzo de 2012

CUBERTOS, APEIROS, E ALDEAS, 7.ª PARTE, por Ramón Laíño



ALDEA DE MOIMENTA



 

Di alghunha xente maior de Moimenta, anque xa llo escoitara hai moitos anos a uns anciáns de Cures, faleçidos tempo atrás, que esta aldea antes de ser creada como tal, tivo as súas orixes nas "Casas de Pá". Son realmente unhas casas circulares, ou castros, que están localiçadas no monte, en direcçión noroeste. So as conoçen os máis maiores do lughar, xa que é complicado para calquera persoa allea, ou incluso ós mesmos xóvenes dalí, poder atopalas)





(Sebe na entrada dunha leira, no alto de Moimenta)





(Cançelo nun camposo na ladeira de Moimenta. Ovellas paçendo, por momentos distraídas, e noutros, atentas á foto)
Indicar que o conoçido oficialmente como "Camiño Real", o cal parte desde o Boiro de Riba, pasa por Moimenta. Neste lughar conóçese como "A Corredoira de Noia". Nun determinado tramo vai polo medio da aldea, e continúa ó través do Aghro do Caseiro, indo a partir de aquí en paralelo pola esquerda, coa estrada de Boiro-Noia, ata cheghar a conectar coa Ponte de Cabrais.


(Cuberto da casa do Roxo)

(Carro dunha vaca soa, sen rodas, posto na parede do cuberto)


(Casa nova de Paula do Roxo)

(Cabeçalla onde se ven uns sunchos de flexe de lata para aghuantar a madeira. Xugho, e chavella / Pégha ca típica forma de "V", e dous fumeiros da parte dianteira por detrás dela / Tablado do carro cos fumeiros)



(Recadén ou parte de atrás do carro / Roda que foi restaurada: lixada e tratada, coma o resto do carro. Aínda se apreçia nela, sobor de todo no seu centro, o alquitrán orixinal que lle botaban ás rodas no momento de construílas, para impermebaliçabas e façelas máis resistentes.)



(Ghrade cun pau do arado por diante dela)



(Arado de pau)



(Timón do arado, ou da ghrade)




(Arado de ferro con rodas, que se conoçe por aí adiante como "arado de Brabante")



(Canaleta de pedra para conectar o paso da aghua á pía / Pía)


(Carro completo dos do Campo, con chavellón, pégha, chideiro e rodas)


(Recadén, ou parte datrás do carro)




(Ovellas, e alghún carneiro, paçendo nun camposo, ou leira en campo, propiedade desta casa)




(Casa do Pataqueiro. Roda de carro)



(Arado de ferro con rodas, na eira da súa casa. / Poço anulado, aghora convertido en maçeteiro, ou xardineira)



(Portal de madeira do cuberto dos de Quiatán)



(Porta de dobre folla nunha casa vella do medio da aldea.)





(Casa vella do Ghaleo, antighamente moi valida, de ghrandes propiedades. Tiñan moito ghando (vacas de traballo e de leite, bois de traballo, cabalos e bestas, ovellas, carneiros, bois de posto para sementales, ...), xornaleiros, ..., e posiblemente foran prestamistas, como alghunha outra casa en distintas aldeas)

(Chineiro cuns timoeiros de coiro, e unha piogha do mesmo material. / Cornamenta de carneiro)


(Xugho de bois, de cançiles. Teñen os buratos redondos, catro en total, polo que se saben que tiñan varas redondas, xeralmente de sobreira, e dobradas, onde se metía o pescoço de cada boi.)


(Moncho do Ghaleo, xenro desta casa. Veu da Ameán, nado na familia dos de Reperto. Está mostrando a hucha ou baúl onde se ghardaban sementes dos frutos: cereais, ..., roupa, papeis ou documentos, ... / Xerróns do mel enriba da tapa da hucha ou baúl. Unha muller da casa do Ghaleo de Moimenta fora herdar unha casa a Coroño, propiedade daquel. Alí tiñan moito mel, en cortiços, e posibelmente, tamén laçenas nas paredes. Aquela muller tiña o costume de traer xerróns de mel, do que se conservan alghúns.)



(Armario e camas)



(Cama con metálico antigho, e lotes enriba / Cestos de vimbios, mesiña, pequenas gharrafas)



(Cabestro no fondo da foto, máquina para sulfatar de lombo, varios lotes, e barriles de plástico. Todo esto está na vella coçiña, xa desmantelada e dividida)



(Cambota ghrande de pedra, actualmente usada como asento do patio, que antighamente estaba na coçiña vella, hoxe dividida seghundo as fotos anteriores / Hórreo pequeno de pedra e madeira, con outros de pedra ó fondo)



(Muíño eléctrico da casa para moer o ghran. / Pineira e cribo, por este orde)



(Distintos alpendres=cubertos=alboios desta casa. Estes están abertos por unha parte, anque posúe outros coas catro paredes e portal, ou porta. Neste caso ten palla seca / Batume / Herba xa pisada e manchada polos cabalos, ou o ghando, que non lle vale para comer, e se xunta ao batume para estrar)



(Ovellas do Ghaleo deitadas á sombra, e paçendo no camiño de carro que pasa por riba da súa casa nova)





(Cuberto con palla, e éghoa nunha leira que vén ó trote cara min, moi cariñosamente. Ten valado arredor, ou sebe, e unha ghradisela para botarlle a palla ou herba)




(Carro carghado de palla que so se lle ven as rodas / Moncho do Ghaleo, con seu fillo Juan Carlos no portal da entrada.)



(Cuberto restaurado, coa antigha eira onde tamén se façían as festas do lughar, e que aghora está enlousada. Fronte ó cuberto está o centro veçiñal, onde se imparten cursos e se fan reunións. / Arado de pau, arado de ferro con rodas, sachadora, escarpadora, doelas de madeira dos barriles, cortiço das abellas, máquina do mel, ...)



(Chineiro / cortiço das abellas co soporte interior para as entenas / Capa ou moa do muíño)



(Parte baixa do cuberto, onde está a bodegha co fuso, vigha, laghar, ... / Perfias / Tinallas)



(Bocoi, ou ¿fuste? / Perfia e aros na parede / Tinalla) (Pau para esmaghar o viño)






(Casa de Campaña: Rodas con eixe cunha táboa por riba, semellando un asento. / Pégha do carro / Xugho de cancallas con apioghón ou apiadoiro de corda)




(Cabeçalla con chideiro, tapado por unha ghrade, rodas de bicicleta e lámpara fluoresçente)




(Posible data do cruçeiro que está perto do hórreo dos de Campaña / O seu hórreo)


(Cruçeiro arrimado ó hórreo dos de Campaña, no medio da aldea)




(Barriles lavados, a enxughar, na entrada da casa dos de Margharida)



(Camiño polo medio da aldea, sendo unha continuidade da "Corredoira de Noia", a cal oficialmente leva o nome de "Camiño Real", con orixe no Boiro de Riba. Neste tramo ten á súa beira unhas chantas de pedra, moi frecuentes no noso patrimonio. Toda a aldea, declarada conxunto histórico artístico, foi enlousada hai pouquiños anos con pedra cortada a medida. Despois cruça o Aghro do Caseiro, indo en paralelo coa actual estrada de Boiro-Noia, ata conectar coa Ponte de Cabrais.)




(Ovellas, carneiros e años, nunha leira do Caseiro de Moimenta)




(Cuberto da casa dos de Cabrais)
(Chideiro na parede)

(Ghaiola do ghalos suspendida na parede / Piteira de vimbio con porta, para meter ás ghaliñas cando querían aniñar ovos chocados (con pitos), ou poñer ovos sen chocar. Sacábanse as ghaliñas para comeren e beberen, para despois volver metelas na piteira)

(Na foto inferior, na súa parte máis alta, varios xughos de cancallas de dúas vacas con timoeiro. / Buçeiras de arame. / Xugho de cancallas de unha vaca soa. / Ghrade)

(Fondo do carro de 1 vaca soa. / Xintoiras / Tornos para o cabestro)

(Roda, e outro chideiro entre a leña e o matraquillo)



(Cuberto dos de Lourenço, tamén conoçida como dos de Liborio de Lourenço)
(Carro de unha vaca soa / Rodas soltas / Eixe con dúas rodas entre os apeiros)

(Cuberto vello do Polaino)

(Chideiro nunha das paredes)

(Chideiro da outra parede, xunto co eixo e as rodas medio tapado pola leña)

(Eixe e rodas vistas de máis preto)




(Poço de reghar a horta, como tamén coller aghua para sulfatar, ... Posiblemente dos do Polaino)




(Cuberto "dos do alto de Moimenta", casa de Amable de Suáres)

(Sachadora coa barrigha para riba / Roda entre tellas e leña.)



(Roda entre a leña / Arado de ferro e temón entre cacharros / Apioghón, apeoghón ou apiadoiro de coiro para colocarlle na parte superior do xugho)



(Na horta de Amable de Suáres, moreas de batume no sitio do esterco, para estender, e fertiliçar a terra. / Por debaixo da casa del, moreas de batume, ou de esterco para estender na leira)




(Pequeno ghalpón abandoado)
Hai toros de sobreira comestos polo tempo, que ven puderan pareçer cortiças para as abellas / Sachadora sen roda, xa aferruxada / Plancha frontal media desencaixada, dunha coçiña de ferro) 


En direcçión noroeste, saíndo de Moimenta, monte arriba,





atompamos o "Muíño dos Maios".




















Perto do muíño dos Maios, ao subir, encontrámonos co que se coneçe como "Camiño de Pá, ou Calçada de Pá", empedrado de antigho. Realmente, xa começaba desde as primeiras casas a carón da estrada de Boiro-Noia. Hoxe polo medio da aldea empedrouse con lousas cortadas a medida.

Seghuindo por el, e aproximadamente a uns cen metros, encontramos un seghundo muíño a man dereita. Leva o nome de "Muíño Pequeno". Está nunha tuxeira con pendente. 



































Fronte ao anterior, e á man esquerda xusto na beira do camiño, hai un terçeiro muíño. Conéçeno como "Muíño dos Hermos". 

 






























Retomando a rota deica riba, e a unha determinada distançia,


atopamos nunha pequena chan de laxes, unhas rodeiras evidentes, e profundas, causadas polas lamias de ferro dos carros, que transitaron durante séculos.


As rodas buscaban o seu sitio,



e co tempo, uns detrás dos outros foron afondando,



e ancheando a cama das rodeiras



A man esquerda, fronte a esta pequena chan de laxes, e nun altiño, vemos a rentes do camiño, un cuarto muíño. Denomínano "Muíño das Escaleiras".
























Continuamos camiñando en sentido asçendente.


Na foto do medio, laxes arranchadas polo home, e asentadas no terreo, empedrando o camiño nos sitios onde lles fixo falta.

As pedras, e a terra, en ocasións barro, intercálanse ó lonco do camiño. Hai espaços en que non están empedrados.










A uns cen metros do muíño anterior, e tamén a man esquerda, damos co quinto muíño desta vía. Chámano "Muíño de Esteiras".









Continuamos uns cantos metros, e atopamos un cruçe de camiños, onde pasa un reghueiro de aghua.






De fronte para riba, vemos un camiño empedrado, chamado a Portela de Pá.


Aquí, neste mesmo punto, antighamente había unha cançela que ghardaba as propiedades fronte ós animais, ou como estrema indicativa para xente doutras aldeas. Esta abríase, e pechábase seghundo se pasara por ela, como fronteira de cara a fóra, e tamén para os de dentro.



Á dereita, outro camiño de terra e herba, que nomean camiño de Pedra Lonca.





Se subimos a rentes do reghueiro, monte arriba, imos atoparnos co sexto, e derradeiro muíño, xusto a carón do propio reghueiro.




Chámano "O Muíño Novo", e sen embargho é o máis antigho de tódolos seis aquí descritos.






No hay comentarios: