viernes, 30 de marzo de 2012

CUBERTOS, APEIROS, E ALDEAS, 9.ª PARTE, por Ramón Laíño


ALDEA DAS SAÍÑAS, PARROQUIA DE PALMEIRA, RIVEIRA


(Vacas paçendo nunha leira da aghra das Saíñas / Moreas de xuncos, neste caso arredor dun pau, pero sen cono nin ataduras arredor do ventre coma nos palleiros. O xunco seco serve para estrar as cortes, equivalente ó batume do monte da nosa contorna)




(Esterco feito con xuncos, bosta, mexo do ghando, e calquera outra materia orghánica. Foi sacado das cortes na espera de estendelo pola leira, e estercala. / Moreas de xuncos sen pau no medio)




(Asentos acoplados nunha mesa, ámbalas dúas de madeira / Tinalla, serrada pola metade, de maior enverghadura cá tina que é de menor tamaño. Aghora façendo ambas de xardineiras)


(Cuberto de "Pepe de Rubio, ou o músico")
(Carro de dúas vacas con canisas de vimbias)


Non hai moito tiña dúas vacas, pero aghora so conserva unha, pois a outra vendeuna. Por este motivo o carro de dúas vacas quedou parado.


(Carro dunha vaca cun pouco de herba. Ten canisas de madeira e rodas de madeira. / Xugho dunha vaca soa, apoiada nun chavellón con ghallas)


(Cabeçallas adulteradas con tubos metálicos, sustituíndo á madeira, entre as que vai metida a vaca. / Pousadoiro vertical para meter fouçiños da herba, fouçiñas dos cereais, e fouçiños do monte.)


Non lles eras posible poñer o ghando no carro de dúas vacas, porque so tiñan unha. Sen embargho, posuían carro dun só animal, que debido á presa da vendima, non puido ser. O que si fixeron foi ensinarme fotos de cando llas sacaran outras persoas. Dado que andaban moi apurados, non puiden sacarllas ben, e alghunha saeume con brillo, e en mal encadrada. Máis que o sinto.

(Esquerda: Labrando co arado de pau, para amansar a terra, evitando que se volva brava. / Dereita: Levantando as patacas co arado de pau.)

(Aghuantando do ghando, de paso que a muller detrás das canisas, mete as patacas nos sacos para botalas ó carro. / Carro pousado na leira, sen as vacas. Semella que as canisas de vimbias están varniçadas de cor vermello tella)

No hay comentarios: