É un símbolo para protexer ás persoas, ó ghando, ós animais, e ás propiedades, contra calquera mal, espeçialmente o mal de ollo. Ponse na víspera do primeiro de maio, para que a súa presença alonxe todo mal ao longo do ano. Tamén é a flor dos namorados, e por extensión, a do renaçer da vida coa cheghada da primavera.
Coas súas ramas fanse, artesanalmente, as xestas, as cales serven para varrer a lareira, o chan da coçiña, os patios, ... Nun determinado día do ano, ighualmente varríase a casa coa xesta que cun ritual concreto, purificábase e protexíase fronte aos malos espíritos para o resto do ano.
Ao final desta mostra fotoghráfica, descríbese brevemente a tradiçión do Maio nesta parroquia de Cures.
PORTA PRINÇIPAL
XANELAS
BANCOS DE ASENTO
PECHE, E ENREIXADO
PAISAXES AO FONDO
CANÇELO DA HORTA, E PORTAL DO GHARAXE
XESTAS NO COCHE
CANÇELO NA BAIXADA AO LAVADEIRO DO BOLIÑO
CASA VELLA DOS AVÓS MATERNOS
CANÇELO DE ENTRADA AO PATIO
PORTAL EXTERIOR, E PORTAL INTERIOR
SUBIDA Á AÇOTEA
PATIO
EIRA
CANÇELO DA EIRA
PORTA DO HÓRREO
PORTA DUN CORTELLO
PORTA DA BODEGHA
CASA VELLA DOS DE XAN
XANELA DA COÇIÑA, E PORTA DE ENTRADA Á CASA
PORTAS DE DIFERENTES CUBERTOS
CANÇELO DE SUBIDA Á HORTA, E Á EIRA
PORTAL DO CUBERTO NO SOTO DA CASA NOVA
CANÇELO DE SUBIDA Á ENTRADA DA CASA NOVA
BREVE DESCRIÇIÓN DESTA TRADIÇIÓN MÁXICA EN CURES
Para
evitar que o maio, entendido como o primeiro de maio, entre nas casas polas
portas e xanelas, xa que se dí que é moi pillo e pode traernos meighallos,
malas fadas, mal de ollo, ..., temos que preparar todo o neçesario con tempo
sufiçiente.
Para iso,
no día 30 de abril, xeralmente pola tarde antes de anoitecer, anque pode ser
pola mañán, debemos recoller as xestas de xesteira optando por elixir as que
teñan máis flores amarelas, para poñelas nas xanelas, portas das casas, ...
Todo esto faise antes da posta de sol, tratando de que non nos colla a noite
cando colocamos as xestas nos lughares pertinentes.
Aparte
das casas e cubertos, tamén se lle poñen ós carros, coches, motos, ..., e
a outras posesións significativas para nós.
Así mesmo
aconsellaban non pór (poñer) neste día primeiro de maio o ghando ó carro, e
moito menos poñer as vacas preñadas, xa que podían abultar.
As
xestas, coa súa funçión máxima para o primeiro de maio, acostuman quedar dous
días como mínimo nas xanelas, portas, ..., anque poden botar máis tempo.
En días
previos ao 1 de maio, ou neste mesmo día, pero con tempo sufiçiente antes de
que sexa noite, a xente maior, xóvenes e rapaçes acostumaban ir ó monte
acarrexar leña e amoreala para a foghueira.
Coa mesma
limpábanse as leiras, os camiños e as casas, sacando delas os rastrollos e o
lixo que se sumaba á leña amoreada, a cal ardería nesta noite espeçial.
Na data
do 1 de maio polo día, os rapaçes preparan unha andia adornada de flores no que
deitan entre elas unha fighura dun rapás feita tamén de flores. Noutras
ocasións deitadaban un boneco de trapo recuberto con flores. En época xa
presente puñan un boneco de plástico tamén envolto en flores.
Entre
varios levan a andia e van na fronte do ghrupo.
Os
representantes coa andia en cabeça e o resto do ghrupo van todos xuntos
camiñando polas aldeas cantando o maio de porta en porta coa fin de recadar
cartos para os seus ghastos.
Ao remate
da ronda esta andia quéimase na foghueira da tarde noite do 1 de maio.
O cantar
do Maio que entoaban os rapaçes indo coa andia de flores, de porta en porta
polas aldeas pedindo cartos, di así:
- “Velaí
vén o maio carghado de flores, deixa vir San Xoán que as trae mellores.
Levántate maio ti que moito durmistes que pasou abril e ti non o vistes. E ti non o vistes e ti non o vistes, levántate maio ti que moito durmistes.
Velaí aí vén o maio por riba das casas caghando nentellas, caghando cabaças.
O maíño maio é moi pillabán que quer que lle dean os cartos na man.
Levántate
maio derriba de min que non sea un conto que mexes por min, e se mexas, mexas,
mexa con coidado que non sea un conto que morras afoghado.
Angelitos somos, del çielo venimos, traémos a bolsa, diñeiro pedimos.”
Así
mesmo, a andia de maio coa que os rapaçes recorreron as casas da aldea, ou
tamén outras aldeas, botábase á valoura ou morea de leña e lixo que a xente
acarrexara, e xuntara para arder na noite especial.
Nesta
tarde notiña do día 1 de maio, cando xa se ía pondo o sol, xusto no intre de
começar a escureçer, era o momento de prender a foghueira.
Tódalas
aldeas veçiñas e lonxanas case no mesmo momento de anoiteçer, prendían as súas
foghueiras, e das máis pertas a nós escoitábase á xente divertíndose e falando
nun rebumbio aleghre de voçes.
Por aquel
entón, as noites eran máis limpas, silençiosas, naturais, sen contaminaçión
acústica nin lumínica, posto que aínda non existían os problemas de ruído de hoxe
en día, nin tampouco cheghara a lus pública ás aldeas.
Dese
xeito, estas foghueiras brilaban intensamente na escuridade nunha competençia
entre aldeas e parroquias, por ver cales eran máis altas e duradeiras.
Cando a
foghueira iba perdendo força había quen tentaba brincar por riba dela con
labaradas.
Outros
esperaban a que só lle quedasen as ascuas para poder saltalas.
A noite
daba para moito e non faltaban as aventuras nocturnas nas que se alternaba o
calor da foghueira coas fuxidas de calor da xente. Esto podía durar ata as
tantas da madrughada, e sempre había quen empataba co amañeçer.
Ata ben
entrados os anos noventa nestes territorios, conectados co mundo natural e
aghrícola, somentes se çelebraba a foghueira de maio.
A xente
de maior idade lembrábanme que as purificaçións de lume que se façían nestas
latitudes da canle de Cures - río Coroño, e supoño que de toda a Serra do
Barbança, eran a da noite do 1 de maio, pero non a de San Xoán, que foi un
costume importado por medio da televisión, as cal se festexaba noutros
territorios.
O 3 de
maio é considerado para o pobo como o día de santa crus de maio, anque non
fighure como tal no calendario.
Neste día
preparábase a crus de maio que era unha crus de madeira envolta toda ela en
flores ou tamén podía ir a crus de madeira envolta en flores e deitada nunha
caixa de madeira aberta.
Esta crus
no caso de ir no aire estaba suxeita polas mans dun neno, que dirixía o ghrupo
de rapaçes.
Se a crus
envolta en flores ía dentro dunha caixa de madeira aberta entón levábana entre
varios.
Deste
xeito os que levaban a ofrenda floral encabeçaban o ghrupo que dirixía ós de
atrás, e todos a unha camiñaban ata cheghar á aldea ou aldeas onde paraban a
cantar coa fin de xuntar cartos para eles. Di este cantar:
- “ Santa
crus de maio víndenos buscar que aí veñen os mouros para nos levar.”
- “ Si la crus de mayo tuviera rosales yo compraría la flor de los mares.”
- “ Si la crus de mayo tuviera rosales yo compraría la flor de los mares.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario