viernes, 17 de mayo de 2013

DITOS, EXPRESIÓNS E CURIOSIDADES, por Ramón Laíño


Retranca significando terra de miserias e neçesidades:

Éche / É boa desghraçia. Estamos todos na mesma América.
(Outra versión).- Éche / É boa verdá. Estamos todos na mesma América.



Veña a rapela, e rápaas todas.



Cando hai brétema é tempo dos xurelos. Andan medios apampanados polo mar e açércanse / arrímanse a terra.



O falar non ten cançelas.
(Nas aldeas, as cançelas servían de peches para que os animais non saíran delas sen a ghuia da xente. Así mesmo para voltaren cos animais, pechábanse de novo. Por iso, dise de quen en sentido fighurado fala por falar, sen exactitude, nin veraçidade. Ou mesmamente cando alghuén fala inoportunamente, de feitos que non proçede lembrar neses momentos.)



Que morra o conto. (Non falar de algho que é sabido de todos pero está por riba de nós, ou é molesto falar del.)



En boca pechada / çerrada non entran moscas. (Quen cala, evita erros, ou problemas. De todolos xeitos, como di o seghuinte refrán, é de valorar por cadaquén se, en conçiençia, pagha a pena meterse en algho.)


Quen cala, consinte.



Vén o saco a ela (Cando vas buscar un encargho, pedido de antemán, por exemplo a unha tenda.)



Cun pouco de sorte imos a peor.



Está o mellor de cada casa. (Retranca expresando o sentido contrario.)



Tranquilo morreu caghando.



Miña virxe do perdón, pensamos de amellorar, e imos a peor.



¡Ai mundo, mundo! – E lévalas todas. (Serve para indicar que aquí, neste mundo, non queda ninquén. Ou por calquera tema extensivo á xeneralidade da vida, por mor do que sexa.)



Así non rende o camiño, traballo, romaría, festa, etç...
(Cando se van falando contos coa xente polo camiño,non che rende o tempo. Nunha romaría cando te divirtes. Na época de coller o viño, se hai moito, cóllelo con ghusto, xa que o tempo rende pouco. Incluso, quixeras que hobera maior cantidade del para botar máis tempo apañándoo. En definitiva, que o tempo pasa moi de présa, ou axiña, e as cousas coas que che fan disfrutar duran pouco).



Do de fóra, cagha o demo polo cú. (Ás cousas de fóra non se lle debe dar tanta importançia coma as dá casa. Esto explícase porque non se ten o mesmo sentimento. Sempre son máis ruíns.)



Díxolle unha vella a un: - Pasa ti que tes lan.



¿Non vas esfollar para fulano?
·         Non oh! O que non poda esfollar o millo que non bote máis do que poda abarcar.



¿O can ghrande para que naçeu?
- Para morder ó pequeno.
¿E o rico?
- Para foder ós probes.



Un tipo dille a outro:
¿E logho non che é hora?
¿Como dis?
¿Se non che é hora?
Sí home, sí. O carallo e mailas bolas.




Cala ti home, cala ti. Vai caghar a onde fostes caghar onte, limpa o cu cun pelo de rato, e escoita unha trucás.
Nota: A trucás é a pomba brava, ou silvestre.



¿Qué dis?
Que tela boca debaixo do naris.



¿Onde está a boroa?
Eu ben sei onde está.
¿E onde está?
No forno de miña soghra, no muíño de meu pai.
(Porque meu pai moía no muíño, e miña soghra coçía no forno).



¿Que dis?
Lámbelle o cu á perdis.
Lámbella ti, xa que o dis.
Eu non teño naris.



Señora María, señor Manuel, castañas asadas / coçidas, e viño con mel.



Andar ás encrendas. (Andar por andar, andar sen neçesidade)



Comer coma un descosido. (Comer sen fartarse.)



Teño eu que coller man. (Poñerse un ao cargho, ou á fronte de algho.)



Dárlle millo, etç ós animais… / Acomerar os animais



Non se poña coa cona para riba, ou coa cona para baixo. (moi amorosa, ou moi falsa mexando por un.)



Mamalo leite.



A vaca ten a semente.



Muller tesa / Muller de tres estalos. (Muller brava, ou de moito xenio.)



Çesto de espighas, etç…



Criar os pitos, animais, rapaçes, …



Durmir de pé.



Lambelas espiñas.



Cando se entra, polo menos un porco xunta outro ronca. (Díselle á xente que non saúda cando entra en calquera sitio)



Pelo con pelo, e no medio o pelado. (Órghanos sexuais masculino, e feminino en contacto no acto sexual.)



Un xerro de viño. / Unha xerra de viño.



Quentalos na plancha á vira, vira, ou nun vira, vira. (Pode usarse cando se di de preparar algho rápido nunha tixola ou plancha, por exemplo uns chouriços, carnes, peixes ou calquera alimento.)



Dille un: - Teño medo.
Respóndello o outro: - Ao cu de Pedro.



Colleu un vimbio para aghulletar un soco, pero non cabía polos ollales para amalloalos, ou amarralos.
(Os vimbios, en diferentes ocasións, substituían ás amalloas de coiro. Fose porque a xente era moi probe para comprar amalloas de coiro, ou porque rompían cando estaban traballando no campo, e collían vimbios que tiñan polas brañas, ou leiras.)



Eu non quero ghalos, teño ghaliñas bastantes.



Non me veñan con voltas.



Andan a pincala lura (pincalo moco) / Pincando a lesma. / Pincando a candelexa. (Caéndolle os mocos do naris.)



Tanto ten Xan, coma Pericán



Pas na casa, e ghuerra fóra. (Mellor estar en pas na casa, e os de fóra que arreghlen como podan os seus problemas, cada un na súa.)



Un fieito seco. (Quedar en nada, sen resolver, ou loghrar o que se propuña.)



Es máis parvo ca feito de encargha.



Pantullo (Estómagho)



Abafar de calor. / Atafeghar de calor.



Probiño, probiño, e andas rachado.
Ando rachado coma un probe. / Pois ándoche coma un probe. / Hai que andar rachado coma o probe. Non queda máis remedio.



Dunha ves meu tío Domincos do Caseiro viña de noite da taberna de Xesús da Caseta, situada na Ameán, con direcçión á aldea de Cures, e tiña que atravesar o río pola Pontella, ou ponte pequena.
Levaba chovendo varios días, e nesa noite o río viña moi cheo. Consigho traía o farol na man, e ao cruçar o río, a aghua apaghoulle o farol. E, dixo el:
·         O farol polo cu non afhoga.



Dis que o que perde unha muller boa, non sabe o que ghana.
(Así que a que sexa mala, xa é todo. Esto pode aplicarse tamén aos homes.)



Aparta laxe que che fendo. (Dise de calquera que se envalentona, ou fanfarronea.)



Buenos días. Buenos palos mereçías.


Bos días. Bos paos mereçías.



Faise co día. (É diçir, faise con tempo, ou coa lus do día.)



Arneghado / Arreneghado sexa o demo.



¡Arremimadre. Ten o sentido coma un meniño pequeno, carallo.!



Vaia o demo ben que non é nada. (Façer un traballo con demasiada paçiençia, e non façer nada.)



Eu non sei que cousas tes. Pareçe que o sentido che vai a menos.



Non ten sentido, nin pouco nin moito.



Estas patacas teñen a tarabela. (Hai veçes que ao estonar as patacas, teñen por dentro unhas manchas marróns. Se non se lles quitan co coitelo, e se coçen ou frixen así, entón dan un sabor aghre ao comelas.)



Petaduras (= Picaduras) das patacas, froitas, ...



Coller a lúa, ou dárlle a lúa ás patacas. / As patacas están alunadas. (Cando lle dá a lúa de noite, e póñense de cor verde)
Para que esto non pase, tápanse as xanelas mellor por dentro, e así evitamos que lle dea a lúa ás patacas.



Son para un çesto, e as máis ghordas para canisas. / Son de codeso, e as máis ghordas para o cu do çesto. / Contos que van para a feira. 
(Dise de quen fala cousas sen valor, e non se lle escoita, nin se lle fai caso.)



Ghraxa sen sal (Dánlla aos curtidos, e peles de animais. Deste xeito, protexen o coiro, impermeabilíçano, e fano máis manexable.)



Anda ela, ou el toda recha-o da súa capaduriña. (Dise de alghuén que tivo unha operaçión quirúrxica, e xa está recuperada-o, traballando, ou façendo calquera cousa.)



É unha neçesidá.



Come merda. / Come penso.



O cabalo do pantalón (É o que se leva antre / entre as pernas.)



Díxolle o carriço ó burro: - Tendo boa ferramenta, calquera traballa.



Ramón, ¿ques / queres un paparrón?



Mecago en la madre que te do. Yo ni fu, ni fo, ni se quien fo.



D´aquí a logho. (Deica logho).



Viños Moughán. Tanto se beben no inverno, coma no verán.



Santa María, morreu miña tía. ¿Cando se enterrará?. Mañán polo día.



Santa María, reça Pepa. / = Un padrenuestro para o carallo.



Se todos están na mesma lareira, a ola ponse para todos.



Ir polo besado: ir a onde se mercara, roubara, ..., xa antes. Sitio conoçido. 



Deçíalle o pai ó fillo: ¿De onde está o tempo, rapás?
Contéstalle o fillo: - De Carnota, meu pai.
Respóndelle o pai: - Pois túa avoa nunca boa foi.



De tanto foder xa arde / xa doe o cu. (Estar meténdose con un, e empeçar a cabrearse.) 



Sacalo de raís. (Extirpalo)



Rirse da paxara parda. / Pasen días e caian chuscos. / Que chova que el xa está arreghlado, en boa situaçión, ...



Non pagha a pena. (Non vale a pena façer, ...., determinada cousa, acçión, ...)



¿Onde mandastes a Ramón? (Forma de preghuntar ó xeito da retranca, para saber indirectamente de alghuén)



¡Ai Xaquín. Qué desghraçia é a miña! Traballo de día, traballo de noite, e non teño nada de meu.



Pós un pé na palma, outro na oliva, levantas o rabo, e sobes para riba.



Chamarse de covas / Escorrer o bulto. (Non querer saber nada, desentenderse.)



Non es máis do que fostes. / Non fostes máis do que es. / Nunca fostes para ser aghora.



Eso xa é fariña doutro saco. (Eso xa é outro asunto aparte que non ten que ver con esto.)



É moi gharboso o rapás. (Moita ghallardía, ou chularía) 



Canto menos bulto, máis claridá. (Desexar non atoparse con alghuén en concreto, ...) 



Non saio de que son. 



Hai que deixar sempre as portas abertas. (Cando se marcha dun traballo ou de calquera sitio con vistas a volver, ou entrar outra ves, sempre se tenta quedar ben con quen queda alí.) ¿É compatible con defender os teus dereitos, ou compensa pasar de todo.?



Hai que deixar das risas para as choras. (Hai que aforrar algho polo que poda vir.)



Cantar da xente que traballaba polo xornal, e non hai moito tempo traballaban polo caldo:
Prosa vai, prosa vén
Leghoña vai, leghoña vén.

(Outra versión)
Vaite lighoña, vente lighoña.
Pídelle a Dios que o sol se poña.



A lus das casas na parroquia de Cures, instalárona primeiro na aldea de Cures, despois na Ameán, Cadarnoxo, Mieites, e en Pomar do Río, coma quen di, onte. Para pedir a lus, tiveron que levar os cartos á Pobra do Caramiñal, e esperar un ano sen ela. Foron ós paos de castiñeiro á aldea de Arxelles, parroquia de Camboño, en Lousame.
Comentar que en Cubelo xa tiveran lus nas casas, antes que en nincún outro sitio da redonda, ou de sitios lonxanos. Para esto, alghún dos seus habitantes puxeran unha dinamo nun salto de aghua do río que pasa por alí. E cuns cables levaban a lus ata o interior dos foghares. Creo que na década dos anos cincuenta, dous veçiños da parroquia movidos por causas de ghamberrismo, ou rebeldía, puxéranlle unha bomba, e a partir de aí, Cubelo quedou sen ela ata a época en que tocou poñela por toda a parroquia.



Dise en calquera conversa falando dos distintos períodos do ano, ou noutro tema diferente, pero empréghano como comodín para xustificar algho:
- Tamén as bestas empreñan no maio, de ano en ano.



Dis que ao comer fighos, e beber viño, pódese morrer. (Porque co líquido inflan moito no corpo)



Coa raia non se pode beber aghua. (Fai hinchar moito o pandullo.)



Leva pedradas coma o can do muíño. (O can por costume acompañaba ao seu dono. Cando tocaba moer no muíño, escorrentábase o can para a casa, porque non podía estar dentro do muíño.)



Aí estaba o lume. (O lume como perigho, ou como abrigho.)



Ter arrimado unha cousa a algho. (Non estar soa, ou so, podendo ser un obxecto, planta, animal ou persoa.)



Estar no seu (Estar ben asentadas as respectivas partes dunha cousa. Estar onde debe estar).



Xa se vai enchelo porco. (Dise polo animal, ou por unha persoa desaghradable.)



Pero, ¿aínda estás a chocar? = Está a ghastar os lenços. (sabanas). Dise cando alghuén non se dá erghuido da cama. Non se deçide porse / poñerse en pé.



Van el, e máis Ramón da Arousa, porque disque van para alghunha cousa.



Ir ás moitas / Ir ás poucas. (Moita, ou pouca ambiçión.)



É palla (non vale nada, por ex. nun xogho de cartas, etç.)



Por non seas caso.



Camiño de pés para ir ao muíño, ou a calquera outro lughar.



Camiño de carro.



Os ríos iban de bote en bote (Ían moi cheos, e cubrían as leiras debido á enchenta de aghua. É diçir, saíanse do cauçe.)



Chantas polos lados, ou beiras, e calçada por baixo. (Xeralmente as chantas das beiras dos camiños, e o seu chan enlousado de pedra.)



Pólas, ou poñelas vacas no timón. (Cando se paraba o carro, soían pór (poñer) as vacas en aire, e deste xeito descansaban os animais. Esto significa que ao ter o carro parado, metémoslle o chavellón ao xeito dun chantón, debaixo da cabeçalla. )



Mal de San Campio (Quedar parvo)



Os que iban a San Campio botaban rollos de pelos pola boca.



A San Campio aféitano porque lle medra a barba.



Mal de San Láçaro (criar ghrans polo corpo, chaghas)



A crus do hórreo é símbolo do cristianismo, e a bola dos “boludos” (forma precristián que simboliça un falo, ou membro sexual masculino)



Xeito de falar da xente:
A brétema cría os michocos na terra, e tamén trae os corpos tronçados, ou doridos. (Vermes que se meten na terra, e na xente, como parte das pestes, enfermedades, reumas, etç...)
Sen embargho hai días de brétema sans. Esto é, cando a brétema non para nos montes, e corre. É brétema corrida, non pasa nada malo.
Cando non corre, é peste. Se está parada e chove, aínda boeno, pois lava.
Esta peste hai a quen lle ataca á cabeça.
Disque o porco hai que matalo cando non hai brétema parada.



Antes había que dárlle ós curas duçias de ovos, seghundo os matrimonios que houbese nunha casa. Correspondía unha duçia por matrimonio. Xeralmente o sacristán petaba nas portas, e diçía:
“Haber, señora ama da casa, traia a duçia de ovos para acá.” (Ademáis, en épocas non tan lonxanas, nas distintas estaçións do ano, dábaselle parte do porco, do millo, e outras cousas das que dependía a supervivençia, e a dignidade da persoa.)



Na casa de Varela todo mandan elas. Varela nada.



Eran dous irmáns varóns, membros dunha familia, pertençente a unha aldea da parroquia de Cures. Un era máis novo, aínda un rapaçote, andaba pola casa, e o outro, xa máis vello, quen estaba traballando, ou naveghando fóra.

Os pais deçidiran façer unha casa que ía ser para o irmán máis vello. Entón, tal como se façía daquela, contrataron canteiros para levantar para picar a pedra, e levantar a casa.
De paso, os pais determinaron que o irmán máis novo, xa rapaçote, axudase como peón ocasional. Esto consistía en prestarlle serviço aos canteiros, dándolle barro, e pedras. Deste xeito querían adiantar traballo, e aforrar tempo, e custos.

Despois de empeçada a obra, os canteiros xa feitos homes, vendo que este peón aínda era un rapás, entroulles o antollo de meterse con el. Cando se presentaba a ocasión, botáballe esta copla calquera canteiro dos que alí estaban:

Canteiro 1: - ¡Alejandro! ¡Barro e pedra!
Canteiro 1: - José, casá, e Alejandro, merda.



Os deste arrabal (desta redonda)



Está petellando a chuvia (chuviscar, orballar)



Escribir ó revés, co de riba para baixo.



Despois con todo, veu. / Despois con todo, vén. (Pese ao enfrontamento, ou ao cabreo, pouco a pouco foi vindo.)



Carro baldeiro



Ghallada de toxos. (Morea envolta co fouçiño, e o forcado, ou calquera outro utensilio.)
Non lle subía a pucha, ou o pucho. (Cría femia, e macho da vaca.)



Chamarlle o ghando a labrar. (Unha persoa que vai levando o ghando pola corda, diante dos animais. Outra persoa vai detrás do arado agharrando del para labrar.) Soe botarlle diferentes expresións ao ghando, acompañado de pequenos movementos coa vara, ou alghún toque para ordenalas.
Por exemplo, para chamalo, dille: Tuma, tuma / Vén, tuma, tuma. Esto equivale a vén, vén, ou vamos, oh.
Cando quere darlle para atrás, See, See.
Para paralo: Shoo (xoo), shoo (xoo), ou joo, joo.
Cando façía falta, había quen picaba algho ao ghando co aghuillón da vara.



Hai que almorçar antes de salir da casa, que non colla a un en aiunes, senón anda un cuqueado todo o ano.



Fuxe por aquí.



Fan uns labradores de carallo de porco.



O çerne do castaño. (Parte interior, e máis dura da árbore.) 



O bao do corpo. (Vapor, ou calor evaporado.)



Vístela curuxa? 



En abril sale o cuco a cucar. Vén por Chenlo (monte de Belles). Que non estea ninquén na cama para poder escoitalo.



O lento da terra: a humidade.



A castaña no ouriço quixo rir e arrabeou. Caeu do castaño abaixo, mira que tombo levou.



Estaba un vello sentado nun tallo, veu o ghato e levoulle o minghallo, e iba o vello dun souto noutro: - Dame o minghallo que non teño outro.



Cando alghuén di unha burrada: “Ai, quen che dera co rabo do burro.”



Adiviñança: Catro na cama (os tetos), catro na lama (as pernas), dous tirafuncos (os cornos) e un que lle abana (o rabo). É a vaca.



Parte de Beluso, indo para a Candosa:
1. Ghabear: aparte de telo significado de subir, tamén neste lughar enténdeno como “cavar” as viñas, leiras, ...



2. Molime: é o batume, ou estro (ambos por Cures), estrume, ...



3. A barrenta: o barro



3. Cornexo (codelo, cornecho, cacho dunha leira, de pan, ...)



¿Sábelo qué?



Non baixan do çeo. Costa traballo ghanalos. (Os cartos)



Como di a vella: Non vale a pena andar dun souto noutro. (É deçir, non vale a pena andar de aquí para alí, ou cambiando de traballo seghuido, etç...).



Brétema emparromada (sen moverse, non da pasado, estancada)



Como di a outra: Poucas e boas.



Ó xeito / Xeitiño do corpo



Unhas patacas moi xeitosiñas. / Xeitosas / Limpas, sen petaduras, ou manchas, e loghradas, ghrandes.



Éche unha desghraçia



Estou a rosmar (a falar baixo, case sen oírse, ou sen artellar as verbas, ou palabras.)



O home estaba caneirado (cansado, ou posiblemente escancallado=mal feito de constituçión)



Ollos escatalados (moi abertos, e fixos.)



Ollos de boi peghón (ollos moi ghrandes, e abertos, ollando fixamente)



Ti moi lancrán es. (folghaçán, preghuiçeiro, vagho.)



Se é unha muller non cabalgha por eso (non tolea por eso.)



Estar un día de papas: chubiscar, orballar, brétema, ...



Façer render unha cousa, pasalo tempo, etç...



Es coma un burro, etç... preso a unha estaca. (que non se entera ou resolve nada)



Un vexairo: dise dun trapo cativo dunha prenda de roupa, por exemplo, dun xersei,...



Non hai vacas coma elas, están acomeradas. É o carallo. (Pode ser tal como se di, porque as coida e acomera ben. Ou tamén, porque non as ten, e deste xeito sempre están acomeradas.)



Dóenme os renlos, os riles



A çerne das árbores. (parte interior, e máis dura das árbores.)



Veño de achegalas leiras. (Chámase “achegala leira” cando despois de labrala co arado, queda unha parte, ou regho a carón do arró, ou arredor, sen labrar. Entón, vaise coa leghoña / lighoña para “acheghala”.
Esta labor consiste en “picar” coa leghoña nos curruchos do arró, chamado tamén “arroar”. Vaise acaroando no arró, ou arredor, e tamén picando no chan da terra. Despois baixamos terra do labrado para este regho, e así tapar os terróns picados, e terra movida.



Es máis burro que feito de encarte.



Reunino a renda.



Eí / Aí vai a foleada.



O vello vaise.



Bótame una cabanaço. (aumentativo informal de cabaço, á hora de tomar unhas bebidas.) 



Bótame un ghabexo. (Xeito de pedir unha copa, ou vaso de bebida.)



Pero ighoal ó fai de boca a fóra (Para deçir que está ben con tal de cumplir ou aparentar...)



Era unha xirra: delghada coma un fiuncho.



Non quero quiñón. (Dise de algho do que se prefire non partiçipar, á hora de obter benefiçio, debido ós problemas ou consecuençias neghativas que pode dar)



Eso non vai dentro do meu pote. (Non cabe na miña cabeça)



Un plato aperucado (Cheo e con peruco)



Vouche raspar máis (coller, aproveitar)



As uvas están escancalladas (poucos vaghullos, e moi salteados no cadraço.)



Mira se ten a xoghueira (marcas do xugho no pescoço das vacas. Díselle tamén á xente, por se ten marcas do traballo ou non.)



Anda por aí o çegho das hortas. (Andaba petando co bastón no chan porque non vía. Así tal façía quen ía de noite ás hortas á coller froita, ou a coidala, e como non vían, pois andaban atoutiñando, ou tanteando ás escuras.)



Ten a vos tomada = Está rouco.



Hai que escabullalas castañas que xa está maduras. (Buscar as castañas caídas no chan entre a follaxe, ou os ouriços caídos, e abrilos para collelas.)



As patacas xa aghomaron coma se estuveran na terra. (Despois de telas apañadas, téñense no chan do faiado da casa, soto, cuberto, ... E ao levar tempo alí, começan a aghomar.)



Beber polo tutelo (polo tuto do barril, polo da botella, etç...)



Funca a carballelira: expresión cando sopla moito o vento.



Sen xeito nin traça: sen sentido.



Somos todos dunha boca: comemos todos do mesmo.



Colle da rilleira: das beiras da empanadeira.



Deus dea fartura.



Tres panadas de herba. (Braçada de herba seca, ou de palla.)



Salghar o porco. Expresión: Iñó, salghastes ben que queres abrir o óso. Dise así, non porque o sal fagha abrir o óso, senón porque se botou demasiado sal á carne no baño do porco.



Que fais = Que fas



Botar ó vertideiro / vertedeiro. (freghadeiro onde vai a louça para ser lavada.)



En boas mans está o pandeiro.



Salghar: botarlle sal.



Naçín nun outeiro e rebotín / rebotei nunha laxe.



Se non chove dá arredas (contratempos)



Os balaustres están mancorneados. (Pequenas columnas dos peitoriles, ou varandas dos balcóns, escaleiras, corredores, solainas, ... que están de lado, ou virados.)



Xuntarse cada cal co seu quen.



Poñer / Estar en sorsa: salsa de allo, viño, ... para sacalo bravío da carne.



Tamén, cando se mata o carneiro, despois de sacárlle a pel, dáselle uns ramallasos de loureiro. (Para sacarlle o bravío da carne.)



A da chaqueta amarela, se che encontro no camiño, non che ha de valer non quero.



Andar xente con xente.



Non é çerto ou çertiño: Non é ben dado. É trosco, tolo, desvariado, desequilibrado mental.



Cásate Domincos, cásate que o amor verdadeiro entra polo caño do mexadeiro.



Cásate Domincos, cásate, que bestas con pelo hainas no Barbança.



Ti co traballo estás esmadroado (coma arrabentado)



Non secan, ou enxughan ó intre. (non enxughan no momento.)




¿Ti tes pelos nos ghuevos?
·         Eu teño, oh!
·         Pois eu téñoos no forno.
Home, vai rascalo carallo.
Boeno, vai ti, que polo momento a min non se me comen.



Era un matrimonio cunha filla. Diçíalle a muller ó home:
·         Mentres ti falos labores, eu toco e a rapaça baila, que todo está ben saber.



Deus o fagha mellor.



O cu esfolado.



Non vale a pena que o digha porque todo se sabe. / Non digho nada que todo se sabe.



Mañán é día de San Gharabato.



O estar moito tempo na cama, esmorneca (apampana)



A mediados de abril, máis ou menos o día vinte, é o tempo de iren as ghueivotas / ghavotas ó Pindo para façelo niño.



Como gane dinero aunque se lleve putos a mear.



Paghala soldada: paghalo xornal.



O pan / pano da man



Hoxe vai queimala chasqueira (moito calor)



Non lle iban ven as cousas, e estuvo a arneghar. (ghorxear, berrar.)



Has de caghar, e mexar todo xunto.



Coa culpa pódese ben, mentres non che dan coa escoba. (Os homes que cheghan tarde á casa)



Se a envidia fora tiña, moitos tiñosos habería no mundo.



O tempo sighue açeso (frío, quente, ..., malo en calquera das súas formas.)



Ir ó pito (ir ás chavalas)



Ao ser vellos arrichan os ósos. (sáense, nótanse)



Non ten xeito nin traça



Se lle dá a ghana, traballa, senón anda a ventear. (a pasalo tempo)



¡Ai, miña lareira, meu lar, que tantas onçiñas de ouro me vales! (Deçía Manoela da Cacarexa de Carboeiro, a nai de María, ámbalas dúas xa faleçidas.)



Non metades moita bulla, ou moito barullo. / Non faghades moita bulla, ou moito barullo.



Parolar, parolas (conversar frívolamente, de vaghar, tranquilamente, sen moita relevançia, ou fundamento contos, etç...)



Estar peneque (non se ten, estar borracho)



Salto de can, brinco de lebre, mire usted como Benigno bebe.



Pareçe a cuadrilla de Pepa a Loba.



Non me ten conta / Tenme conta



Hasta non pegha nada traballar (non se da traballar co tempo que fai, ...)



Hana de roquear / Ándana a roquear (a conquerir, a conquistar, a convençer, a persuadir, ...)



Cando cantan os ghalos polo día, fóra do momento que esperta o día, dise que sinten chuvia.



O ghalo canta pola mañán cando se levanta. Un ghalo kikirrikikí, que canta como un reiseñor.



Tornalas moscas (espantalas, escorrentalas)



Os animais queren comer, senón non telos.



Non pensei de ghañar este chisco (este pouco, esta partida, ...)



Pareçe que vai haber chuvia que brillan as pedras do Coto. (Xunta o Pico, por riba de Pomar de Río)



Vaiche anda-la mosca no ubre. (Vai verse apurado por algho non aghradable.)



Ao apañar a herba, bota máis ghomarisa.



Mentres metes algho na boca, non reças.



É mellor que sea can que cadela.



Ha de pincarlle máis do que lle pincan ós nosos. (Dárlle máis cartos, ...)



Amolece-lo pan. (Pólo=poñelo a remollo na aghua.)



Arre los mios aunque sean jodidos.



Yo me casé para que mi marido me mantuviera.



Nunca chorou o pucho polo boi. / Nunca chorou o boi polo pucho.



Está a ghourear / ghorxear. (A falar moi alto.)



Meter no seo, ou nos seos. (Xunta os peitos.)



Ata-los buços. / Atalas buçeiras. (Buço, ou buçeira, aparello de arame, ou de vimbio que se lle pon no fuçiño ao can, ghando, ... para que non mordan, ou coman nese intre para non interrumpir o traballo.)



Façer unha aparilloa (Pareçido a un esqueiro-a, pero máis pequeno, para levar cousas, ou a alghuén nela)



¡¿Qué?! ¡¿É para logho?!
Boeno, ... Para cando ela queira.


Hai moito que leirar. (Hai moito que traballar, aghardar, ...)



Un foghuete de sete estalos (son os que máis carghas levan á hora de estalar máis veçes nunha festa)



Meterse en camisas de sete varas / onçe varas (meterse en cousas que non van con un ou meterse en cousas que son difíçiles de resolver e saír, ou que superan a nosa capaçidade)



É unha leira de ferrado e medio, seique.



Como di o outro, as festas se non se poden ter, estase sen elas.



Mete moita bulla eso.



Non saio do que son.



Estar rouco: estar coa vos tomada, afónico.



O vaghullo esmornécase / as uvas esmornécanse = avinághranse



Esmornecar = avinaghrar



E chías coma unha ghaliña choca



O que moito escolle, unha maula lle sale.



Anque non nos vexamos, xa estamos neso / xa quedamos neso.



Non dan para remedio.



Íbame a meter nun careo.



Irei traballar, ou non, se o corpo mo coçe.



Quedei un pouco areçido. (medio adurmiñado)



Empeçar a rever (a pincar, a suar) 



Un lambe, lambe. (Un case nada. Algho que non se nota, referente a calquera cousa, ou asunto material, ...)



Hoxe é festa rachada.



Haber se pártela fada. (Haber se rematas, ou acabas a mala sorte)



Hai que arriala xarda / Hai que arriala ghaliña (Hai que paghalos cartos, ou dar o que se pide, cousas, ...)




Caghar na amalloa / Caghar na maçaroca



Habedes de caghar amarelo / Habedes de caghar todo xunto / Habedes de paghalas todas xuntas



Antes cando morría alghuén púñase enriba do cadavre un plato con sal, e unhas tesoiras para que non inchara o/a defunto-a.



Os cadavres están ben ata as seis horas da súa morte.



Os cadavres tamén teñen verghoña de estar encoiro, espidos, ...



Cando morre alghuén, a campana da dous toques ghrandes e un pequeno (home), ou un ghrande e dous pequenos (muller)



En tódalas casas se coçiñan fabas, e na nosa caçeroladas.



Lambéndolle os marmelos (as tetas)



Eu falo trafullado. (falar espeso que non se entende, coma con papas na boca.)



Enxaghuar o remexido (lavar o cacharro do remexido, ou mesturarlle aghua ó remexido)



Porque vía a Xan, porque vía a Pericán.



Andan adobeçidas as moscas (pican moito, móvense moito, e son pesadas)



A vaca está renca (coxea por mor das ferraduras, das tacholas, ...)



Ramón está en ghrenllas (Estar apurado façendo algho, intranquilo, con ghanas de acabar, ou marchar)



Aghora non hai quen dea apuntada sen nó. (Hoxe en día non hai nada que se fagha de balde, todo custa cartos, hai que paghar)



Aínda será çedo para pandeirar.



Esto é coma quen cagha, e toma (Por ex. cando se está intentando prender o lume, e non prende por falta de leña miúda. Pórse a façer algho, e non loghrar nada, ...)



Anotar, ou escribir nunha folla de col, e botarlla ó porco = Esto é coma quen cagha e toma.



Cando un lle quere mal a outro di: - Façíanche falta uns enxoitos (uns bastonaços, porque os bastóns están enxoitos, secos)



Mesturas fabas con castañas = mesturar millo con nentellas = mesturar boroa con pan = confundir a veloçidade co touçiño = mesturar unha cousa con outra que non ten nada que ver



Un home mentres non ten trinta ou corenta anos, aínda non está ençernado, duro, maçiço.



Antes non deixaban ir ós rapaçes ós velatorios, e ós enterros. Se por casualidade pasaba un enterro, e estaba un rapas nun balcón, ou diante da casa presençiando pasar á xente, os da casa tiñan que collelo para sacalo dalí, e afumalo no lume para evitar que lle pudera entrar o aire do difunto, ou de terlle entrado, afumábano ighualmente para sacarllo. Din que lle entraba, ou podía entrarlle o demo.



As eiras, antes da época de mallalo çenteo, trigho, avea, ..., preparábanse con barro, e logho por riba estendíase bosta mesturada con aghua para telas alisadas, e listas para a malla. No fondo da eira púñanse unhas olas de barro, ou de metal, e tapábanse antes de preparar a eira, como se explicou anteriormente. Esto tiña a funçión de que cando se mallara o cereal, retumbase, ou simblase máis, e se oíse pola aldea como motivo de orghullo, á hora de destacar sobre as outras.



Cando a xente iba nos acompañamentos detrás dos cadavres tiñan por costume botar unha réghula (reghla, reço).



Expresión que se lle di a alghuén como broma, ou non: Ghabear por un chantón (son paus de aghuante das viñas)



Un carro das vacas postas nun camiño a correr, non era nada comparado con aquelo.



Por / poñer o ghando ó carro, arado, ...



Para plantar pinos ou árbores nun viveiro collíase bosta das vacas, dos cabalos, ..., para mesturar coa terra e aghua, e despois cando medraban un pouco, transplantábanse.



Apañalos mandos contrapeados: poñelos mandos cos cañotos para un lado e despois o outro cos cañotos en direççión contraria e así suçesivamente ata façer o feixe.



Ninquén de nincures. (Alghuén que non conta para nada, respecto dos demáis.)



É todo por un ighual. (É a mesma cousa. Ten o mesmo significado.)

No hay comentarios: