viernes, 31 de mayo de 2013

ADIVIÑAS, por Ramón Laíño


Unha señorita moi aseñorada, chea de remendos e sen unha apuntada / puntada. (A ghaliña).  



Corcobico, corcobico. Non ten bico nincún, nin come. E os fillos do corcobico teñen bico, e cu, e comen. ¿Qué é, que é? – O ovo.



Entre dos paredes verdes hay una flor amarilla, y se las puedo regalar a la reina de Castilla. (A sandía)



Alta estou, alta me vexo, cáeme a capalexa (= sombreiro). Vexo vir, e non (lle) podo fuxir. (A landra. Cómenas os porcos. Antes façíanse fariña, e pan con elas).



Aventurança. ¿Qué cousa é cousa?: - Eu son herba, e non son herba, e a terra é miña nai. Espero de ser Xesús, fillo do eterno pai – O trigho.



Por aquí me fun, por aquí me veño. ¿Que fai mariquiña?. En casa a teño. (é un xogho)



Un carreiriño de señoras. Cando mexa unha, mexan todas. (As tellas)



Méteche o duro, sácache o blando, cheo de pelos, e sae pincando. (O touçiño)



¿Qué cousa é cousa que cabe nun puño e non cabe nun carro (de vacas)? – O ovo.



Catro na cama (os tetos), catro na lama (as pernas), dous tirafuncos (os cornos) e un que lle abana (o rabo). É a vaca.



¿Cantos botóns leva unha camisa? – Leva tantos coma ollales.

No hay comentarios: