miércoles, 1 de mayo de 2013

CANTARES EXISTENÇIAS: PERTENÇA, DESENGHAÑOS, TRISTURA, CONSOLO, ALEGHRÍA, RELEOS, ..., por Ramón Laíño


Eu casar caseime na terra dos maraghatos, cunha muller pequeniña toda roída dos ratos.

(Outra versión).- Eu caseime na montaña na terra dos maraghatos, cunha muller cativiña toda roída dos ratos.



Vámonos daí que é día, vámonos daí que é día, que xa corren as estrelas por riba da Travesía.
Vámonos daquí que é hora, vámonos daquí que é hora, que xa corren as estrelas por riba da Feira Nova.



O aire se vén do norte leva para baixo, se vén o vendabal, trae para riba. Cantar:

O aire que vén do norte se viñera do vendabal. (bis)
Trouxérame os meus amores da raia de Portughal. (bis)



Muiñeira da ribeira, muiñeira ribeirana.
Muiñeira da ribeira, tócoche de mala ghana. Ai lelelo, ai lelala.



Aquí nenas, aquí nenas,
arredor do meu sombreiro.
Heivos de casar a todas,
en tendo moito diñeiro.



Montañesa, montañesa,
no vengas a mi rebaño,
que te vas a quedar presa,
en las redes del engaño.



Chamásteme conecheira, heiche de mandar prender.
¿En cantas feiras me vistes coas conachas a vender?



Un home con tres mulleres:
Teño unha muller preñada,
outra téñoa parida,
outra téñoa preñada coas pernas para riba.



Canta rula, canta rula,
canta rula na ghaiola.
Canta rula, canta rula,
que mañán vas para fóra.



- Miña nai por me casar ofreçeume bois e vacas,
aghora que estou casada, doume unha taça de papas.
- Vaite miña filla, vaite coa taça de papas.
- Hai que irse.
- Logho andaban a pedir o home, e mais ela para façer unha casa.
E a nai cheghou a vender os bois.



Aquí ven a çereixeira que se comeras as que che colleu teu pai, non comías media enteira.



Eu caseime por un ano por saber que vida era. O ano vaise acabando, ¡Ai, solteiriño quen pudera!



Pájaro que alegre cantas en ese verde limonero
deja dormir a mi amante que va en el sueño primero.



Eu cantar non sei cantar, bailar non sei dala volta,
aínda teño que aprender co ghalán da miña porta.



Hay que desgracia es la mía que se me fue de las manos la paloma que yo cogía.


----------------------------------------------------------------
Un moço falaba cunha moça e ó moço doíalle a cabeça. Deçíalle ela, mira:
Si te duele la cabeza, arrímate a mi pañuelo,
que mi pañuelo se llama tira pena y da consuelo.
Despois el esquençeuna pero ela ó presionalo con este cantar, fíxoo recapaçitar e por último casouse con ela:
Si te duele la cabeza, límpiate a mi pañuelo,
que mañana yo lo lavo en la fuente del olvido
donde tu me has olvidado.
---------------------------------------------------------------


Ai Manolito, Manolero.
De la quinta pasada yo te levanté.
De la que ahora viene no se si podré.



Queridiña dónche os ollos, tamén che me dón os meus.
Vámolos lavar ó río onde a troita lava os seus.



Tódalas costureiriñas son delghadas de çintura,
non poden comelo caldo porque lle fai mal a verdura.



Tódalas costureiriñas son feitiñas ó nivel,
son amighuiñas dos moços, como as abellas do mel.



Costureiriña bonita dáme das túas aghullas,
que eu che darei alfileres para prender nas costuras.



Costureiriña bonita dáme unha agulla de plata,
para tirar unha espiña do coraçón que me mata.
Ai lalelo, ai lalalo.



O amor da costureira era papel e mollouse.
Aghora costureiriña o teu amor acabouse.



Unha miniña choraba arrimada a un palleiro,
tiña a ghaitiña na man e faltáballe o ghaiteiro / o pandeiro.



Arrimadito a aquel roble
di palabra a una morena
el roble será mi testigo, ella será mi cadena.



Díxolle unha muller a un home:
Heiche de dar unha puñalada no medio do coraçón onde remedio non teña.



As mulleres cásanse co home, logho cos fillos e despois cos netos. E por último cos amighos.



Díxolle o home á muller:  - Heiche de dar unha puñalada.
Respóndelle ela: - Tamén cha reçibo se ma das cara a cara.


----------------------------------------------------------------------------
Conto das dúas curmáns:
Unha rapaça vivía cos seus verdadeiros pais na casa. Tiña unha curmán que vivía tamén con eles porque lle morreran seus pais.
Os pais da filla da casa deçíanlle antes de irse para a cama:

Ti mexa e vaite deitar.

E á sobriña en cambio deçíanlle antes de que se deitara:

Ti a fiar (o liño).

Ó pasar os anos casaron as dúas para casas de fóra. Botaron tempo sen se ver e cando se atoparon falaron deste xeito:

¿E a ti como che vai?
A min ca do fía levei boa ghuía.
Pois a min co mexa e vaite deitar houbéronme de matar.
---------------------------------------------------------------------------



---------------------------------------------------------------------------
Era un pai que lle dera estudios a seu fillo que saíra médico. Este pai era un labrador montañés. 

Ao liçenciarse o fillo, os pais de varios amighos do fillo que remataran as carreiras, quixeron ter unha çea, ou reunión familiar entre eles, e mailos fillos.

Cando iban para esa çea, o fillo tivo reparo do seu pai polo xeito que iba vestido. Levaba a roupa ao xeito de vestir típico das xentes normais, con pantalón de pana, e sapatóns de amalloas. E con el levaba o pan. 

Díxolle o fillo a seu pai:

¿E logho vostede como vai así?. ¿Non podía ir mellor vestido para a ocasión do día de hoxe?. Así é mellor que non vaia.

O pai: ¡Ai boeno. Pois xa me marcho!
E con el levou o pan.

O fillo foi á mesa para xunta os demais. Sentáronse. Había de todo, pero alghuén dixo:
¡Pero aquí falta algho. É o pan!

Era o pan o que faltaba. E o labregho levouno con el.
Se aghora querían pan, terían que sentar o labregho á mesa.
----------------------------------------------------------------------------


Sei cantar, sei bailar. Sei tocala pandeireta que me ensinou miña nai a costa dunha peseta.



Santa María façíame a bola. Cando quería comíama toda.



Yo quisiera tener madre aunque fuera de una silva.(bis) Aunque la silva picara siempre era madre mía.



Era un home e máis unha muller. A muller tíñalle medo a dala lus. 

Deçíalle o home: - ¡Ai, muller, axúdoche eu!

Ela: Para axudarme, trae un cordel e amárroche os collóns. 

Cando tiña dolor tiráballe polo cordel, e el queixábase. Así acompañábanse mutuamente.



Dunha ves era unha muller moi señorita que estaba a dála lus, e nesto estáballe pedindo a Deus axuda: - ¡Ai, señor, axúdame, e dálle este traballo ás labradoras que este traballo non é para min!.



Toda a miña anduven tras dun home ghanador. Na man o teño borracho, e xoghador.



------------------------------------------------------------------------------
Eran dous fulanos. Un era máis rico co outro. O máis rico comía ghaliñas, polos, ..., e o probe comía sardiñas.

O que máis tiña, e comía, estaba rebuldeiro. En cambio, o outro que pasaba máis fame, estaba flaco.

Preghuntoulle o ghordo ao flaco:

¿E ti como es flaco?

O probe: É que como namais que sardiñas, e teño que estar flaco.

E o probe fíxolle esta preghunta ó rico: 

- ¿Non chegharás a comer soio sardiñas, e eu ghaliñas, ...?

Pasou o tempo, e o que comía ghaliñas cheghou a comer sardiñas. E o probe cheghou a comer ghaliñas, polo e repolo, porque ghanou e aforrou.
-----------------------------------------------------------------------------



Se queres comer bolicos non os comas de fariña, cómeos de relón que che fan mellor a dixestión.



Fagha vostede o favor e non se meta coa xente que lle podo abrir novo expediente.



A miña muller é vella, de vella non quer parir. Heina de colghar nun pino para me fartar de rir.



A miña muller é vella, e enterreina nun palleiro. Deixeille un braçiño fóra para tocalo pandeiro.



Apalpa o ovo, apálpao ben, no cu da ghaliña por se o ten.



O que naçe para ichavo non chegha a carto./ O que naçe para ichavo nunca carto é. 
(Ichavo: parte pequena sen desenvolver dunha laranxa. / Carto: pedaço natural que xuntos forman a laranxa.)



Corazón apasionado, lágrimas tener paciencia. O que naçeu para ichavo, a ser carto nunca chegha.

(Outra versión): Corazón apasionado, lágrimas tener paciencia. O que naçeu desghraçiado, desde o berçe comença.

(Outra versión): Corazón apasionado, lágrimas tener paciencia. El que nació desgraciado, desde la cuna comienza.



Teño pena, e aleghría, teño dúas penas a un tempo. (bis)
Cando a pena me mata, a alegría dáme alento.



Maldita terra, malditos nabos. Fillos cochinos, pais marranos.



Unha muller díxolle a outra que tiña pena de morrer. E respondeulle a outra:

-  Pois eu non teño pena nincunha a morrer porque así estreno unha casa nova.



A Moimenta non vou máis que aínda me dixeron onte que salían a Cabrais.



-----------------------------------------------------------------------------
Dille unha muller ás moças:

Cantade nenas, cantade. Cantade, aleghrade a xente que o tempo da moçedá non vos ha de durar sempre.

E dinlle as moças á muller: ¿Por qué nos di eso, señora?

Ah!, porque eu cantaba cando era do voso tempo, e aghora quero cantar, e non podo. E a vos, havos de pasar o mesmo.

Elas: ¡Ai, pois é verdá!
-----------------------------------------------------------------------------


Dunha ves era un, e casouse cunha moça. El era máis vello ca ela, e polo visto casárase con el pola riqueça, querendo aproveitarse deso. Cheghou un día no que el xa non lle façía nada.  Entón, ela coa ghana que tiña, arrimábase a el, e de paso, diçíalle:

No te quiero, no, no, no.
No te quiero vida mía para mi se acabó.

Co tempo el morreu, e ela quedouse coa súa riqueça, casándose con alghuén da idade dela. 



O carballo da Chaínça ten a folla revirada que lla revirou o aire unha mañán de xiada.



O río cando vai cheo leva carballos e follas, tamén podía levar-e as lencuas marmuradoras.



Un home foi bailar a unha carballeira. Di o cantar:

- Carballeira de San Xusto, naquela carballeiriña hei de bailar ó meu ghusto.

E despois perdeu a súa navalla. Remata o cantar:

Carballeira de San Xusto, carballeira derramada, naquela carballeiriña perdín a miña navalla.



Polo río abaixo vai unha troita a nadar, corre, corre, corre quen a pudera pillar.
Polo río abaixo vai unha troita a correr, corre, corre, corre quen a pudera coller.



As moçiñas / moças dalá de baixo vinde lavar ó meu río. (bis)
Anque a aghua non é (n´e) miña, naçe no meu labradío.


---------------------------------------------------------------------------------
*O CANTAR DE PARROMEIRA E MAIS MATEU (SON DOUS HOMES) 

Parromeira e mais Mateu van de pastor cas ovellas.
Acudille a Parromeira que lle quitan as orellas.
Mais aghora bailas ti, mais aghora bailo eu,
mais aghora bailas ti, Parromeira e mais Mateu.
A muller de Parromeira está bailando na eira.
Parromeira está mirando como a muller se peneira.
Mais aghora bailas ti, mais aghora bailo eu,
mais aghora bailas ti, Parromeira e mais Mateu.
Aleghría dios a dera. (bis)
Non hai mellor aleghría que andar pola carretera.
Mais aghora bailas ti, mais aghora bailo eu,
mais aghora bailas ti, Parromeira e mais Mateu.
Aleghría dios a dea. (bis)
Non hai mellor aleghría que tela barrigha chea.
Mai aghora bailas ti, mais aghora bailo eu,
mais aghora bailas ti, Parromeira e mais Mateu.
---------------------------------------------------------------------------------



COPLAS ENCADEADAS PARA CANTAR:


*O paxaro cando chove mete o rabo na silveira, así fai a boa moça cando non ten quen a queira.
Ai lalala, lalalala. Ai lalala, lala, lala.

Asubía que vai vento, asubía que vai vento.
Tamén eu asubiaba cando era do teu tempo. Tamén eu asubiaba cando era do teu tempo.

Canta miña cantaruxa, canta miña cantaruxa.
Quen ten rabia que arrabee, quen ten catarro que tusa. Quen ten rabia que arrabee, que ten catarro que tusa.

Para que che quero eu miña viña vendimada, para que che quero eu se non me vales de nada, para que che quero eu se non me vales de nada.
--------------------------------------------------------------------------



*Anque che somos do monte, da raís da carroucheira,
sabemos bebelo viño coma os ghuapos da ribeira, sabemos bebelo viño coma os ghuapos da ribeira.

Veño dunha romería, mañán vou para outra, veño dunha romería, mañán vou para outra.
Váiseme o tempiño todo dunha romería noutra, váiseme o tempiño todo dunha romería noutra.

As dalá de riba cando van co ghando, espetan a vara e bailan o tangho, bailan o tangho e a muiñeira, as dalá de riba non hai quen as queira.
--------------------------------------------------------------------------



*Heiche de dar para un velo, heiche de dar para un velo.
Pero non quero que durmas na miña cama de ferro, pero non quero que durmas na miña cama de ferro.

Ben che vin, ben che mirei. Ben che vin, ben che mirei.
Ben che vin caer no río pero as mans non che botei. Ben che vin caer no río pero as mans non che botei.

Ai Joseíño meu José, meu rosario de cadeas. Cando vexo meu José, vexo a miña casa chea.

Dis que me queres moito, e que cho pagharei. En quererche outro tanto, e nada che darei.

O cura de Vigho é xastre, o de Marín, mariñeiro, o de Ourense afiador, o de Noia, sapateiro.

Eu caseime no Araño pensando que había pan, o forno de miña soghra cría silvas no verán.

As dalá de riba cando van co ghando, espetan a vara, e bailan o tangho. Bailan o tangho, e a muiñeira. As dalá de riba non hai quen as queira.

Eu caseime no Araño pensando que había pan. O forno de miña soghra cría silvas no verán.

As dalá de riba cando van co ghando, espetan a vara, e bailan o tangho. Bailan o tangho, e a muiñeira. As dalá de riba non hai quen as queira.

Eu queríame casar se non fora o que temo. Andar con el saco a cuestas, por aquí venden centeno.

As dalá de riba cando van co ghando, espetan a vara, e bailan o tangho. Bailan o tangho, e a muiñeira. As dalá de riba non hai quen as queira.
-----------------------------------------------------------------------



Heiche de dálo boi louro, e maila vaca marela. E maila filla máis nova, se non quérela máis vella, e maila filla máis nova, se non quérela máis vella.   

Este pandeiro que toca é de pelexo de ovella. Aínda onte comeu herba, hoxe toca que arrabea. Aínda onte comeu herba, hoxe toca que arrabea.

Toca miña pandereta toca senón heiche de crebar /rachar. Toca miña pandereta toca senón heiche de crebar / rachar. Que me custástelos cartos, axúdamos a ghanar.

(Outra versión):
Toca meu pandeiriño toca senón heiche de crebar /rachar. Toca meu pandeiriño toca senón heiche de crebar/ rachar. Que me custástelos cartos, axúdamos a ghanar.
----------------------------------------------------------------------



--------------------------------------------------------------------------

CONTO DE XAN GHUINDÁN:

O Xan Ghuindán quer casar, e non ten a muller buscada. Vaille façelo amor á filla da tía Xoana.

- Boas noites tía Xoana. ¿Onde lle vai a rapaça?

- Vaime no ghas para a noite, xa me pareçe que tarda.

Nestas palabras entrou a moça pola porta para dentro:

-Boas noites, Xan Ghuindán. Tráioche no pensamento.

- E ti diralo de risa, pero eu díghocho de veras que hai un pouco que estou aquí, quentando as canelas.

- ¿E logho tes moito frío? Ai, nunca dios eh me dera. ¿Quiçás que queiras quençer aghora na primavera.?

- ¿E logho a ti quen cho dixo? ¿Sei que foi Noso Señor? Eu queríame casar. Véñoche façelo amor. 

- Eu casar ben me casaba, pero tamén che hei contar que teño uns sapatos rotos, e un pano todo furado. Se me traes eso logho, casámonos de contado.

Fixeron as moniçións como uso acostumado. Lévanllas ó señor cura que llas lera de contado.

O cura leullas logho no ofertorio da misa. A xente que llas oeu, todo lle valeu de risa.

A nena tomo verghonça, ofellas inda servían, e cando foi para casar, díxolle que non o quería.

E, Xan Ghuindán quedou teso coma as verghas dun caniso. Foise para a súa casa, nin sequera adios lle dixo.

Di el:
-       Alerta, moços, alerta, non caiades na rateira. Non vos fiedes nas moças mentres estean solteiras que a miniña que é bonita, e ten o corpo ben feito, repáralle ben para as obras que lle salen do seu peito.
-------------------------------------------------------------------------



Canta meu compañeiro, canta,
canta que cadramos ben.
Moitas almas se condenan porque nos levamos ben.



A unha muller morreulle o home no serviço, e logho a soghra. Cantar:

¡Ai, ai, morreume o meu ben,
morreu miña soghra na vía do tren.!
¡Ai, ai, deixala morrer que a vía do tren heina de romper.!



Baile señor cura baile.
O señor cura non baila porque tiene la corona.
Baile señor cura baile porque dios todo lle perdona.



Case me doi una mano, case me doi un dedito,
que lo tengo muy malo, que lo tengo malito. Ai lelelo, ai lelalo.



Así como estamos juntos, así juntos como estamos.
Así como estamos juntos, en el cielo nos veamos.



Ai Dolores, Dolores mía, por tus amores perdí la vida.



Veño dunha romería, e mañán vou para outra.
Váiseme o tempiño todo dunha romería noutra.



Era unha moça que sempre presumía de ter, e el botáballe este cantar:

Dices que tienes, que tienes. Para mi no tienes nada.
Tienes la casa caída, las paredes arruinadas.



Mira Maruxiña, mira como veño,
cunha borracheira que xa non me teño.



O río vai para baixo, arriba n´a (non ha) de volver.
O que non foi queridiña, o que non foi ha de ser.
Ai Dolores, Dolores mia, que te he soñado toda la vida.



Vexo Vigho, vexo Vigho,
tamén vexo Redondela.
Vexo a costa de Sampaio,
camiño da nosa terra.



Tomei un viño albariño por ver se me consolaba.
E o viño como era novo, e o viño, e o viño como era novo, ó ilo a beber choraba.



Xa veñen as nosas lanchas pola porta da Fincheira.
As moçiñas de Rianxo cando van cheghando, cantan na ribeira,
As moçiñas de Rianxo cando van cheghando, cantan na ribeira.
Anda Maruxiña, corre de contado que van a cheghare os nosos moçiños
que veñen do mare.
Que veñen do mare, veñen polo mare, veñen pola ría.
Mira como veñen cheos de sardiñas.



Por debaixo da ponte víronche pasar,
¿de onde ves María?
Veño de lavar, veño de lavar,
de lavar a roupa do meu militar.



Unha vella dixo a outra polo burato da porta.
Ti ghobérnala túa vida que a miña nada che importa.



Moimenta aghua fría, a aghua de Moimenta
moi boas muchachas cría.  



Ai Manolito, manolero.
De la quinta pasada yo te levanté.
De la que ahora viene, no se podré.  



Eu caseime por un ano por saber que vida era. O ano vaise acabando, ¡Ai, solteiriño quen pudera.!



Montañesa, montañesa, no vengas a mi rebaño,
que te vas a quedar presa en las redes del engaño.



Miña nai por me casar, ofreçeume bois e vacas.
Aghora que estou casada, doume unha taça de papas.



Salghueiros prénden de ponla, e ameneiros de raís. Amores que fostes doutros, para min xa non servís.



Adios Ponte da Brea, adiós ponte do meu coraçón. Por debaixo pasa aghua, por riba o meu coraçón. 



Teño amores en Bealo, tamén os teño en Çespón. Teño na Ponte Beluso que eses si que os son.



Ourille no pituquiño, cantos corvos hai no mundo alí van façelo niño.



---------------------------------------------------------------------
Era un moço e mais unha moça. Ela era rica, e diçíalle a el:

-Vaite daí porco neghro, esterco do meu corral que se che levo a vender, por ti non dan un real. 

E contéstalle el: 

- Chamásteme porco neghro, esterco do teu corral. Porco neghro si lo soy, pero non che quero a ti.
------------------------------------------------------------------- 



Cara de troita lambeta, debaixo do meu sapato teño un corno que che meto / que che meta.



Como deçía a outra (a teçelán):

-        -  Ai, casamento que ha de haber que se vai casala fame, coa ghana de comer.  

Cando se canta esta estrofa, vai sen Ai:

-         - Casamento que ha de haber (bis). Que se vai casala fame, coa ghana de comer.



Por debaixo de Ghuiende hai un sitio chamado o Soutelo, pero neste caso o ghaiteiro de Soutelo sería da parte de Pontevedra, Soutelo de Montes. Di un cantar:

O ghaiteiro de Soutelo foi tocar a Vilanova, e no medio do camiño botáronlle a ghaita fóra. 

(Outra versión) O ghaiteiro de Soutelo foi tocar a Vilanova, e no medio do camiño botáronlle as tripas fóra.



Eran dúas mulleres de Ghuiende, e viñan da romaría de San Benito.

 Túa nai e maila miña veñen dunha romería. Se a miña viña borracha, a túa xa non se tiña.



Estrellita reluciente que vas de par de la luna, quiera Dios que lluevan palos por las costillas de algunos.



Estrellita reluciente que vas de par de la luna, dáme noticias de Juan que yo no puedo hallar ninguna.



Vete por el mundo que el mundo te dará pago. El mundo también arregla a los que andan desarreglados.



Le dice el sol a la luna: Retírate bandolero. La mujer que anda de noche no anda por cosa buena.



Madre, cuando voy a por leña se me olvidan los ramales. (bis)
No se me olvida una niña que vive en los arenales. (bis)
¡Ai, ghalopín!. Xa se che acordan as moças e aínda telos cueiros debaixo da artesa.



La mujer que ama a dos hombres no es tonta que es entendida. Cuando una vela se apaga, la otra queda encendida.



Aún que se ponga la luna, siempre deja claridad. Aunque tengas amor firme, nunca le cuentes verdad.



¿Onde están os riles, Çelsa?
Están no plato, no alçadeiro.
¡Non me dighas eso, Çelsa!
Están no plato, no cu do ghato.
¡Non me dighas eso, Çelsa, porque che mato, porque che mato!
(Alçadeiro: estante para pór (poñer) os platos xa que non había laçenas)



Que bonita está la parra con los racimos colgados, más bonita está la niña de catorce a quince años.



Aghora que vén o tempo de andar polas çereixeiras, cando andan as casadas, que tal farán as solteiras.



Arco de vella, vaite para a túa terra, que andan os porcos a fosar nela. (Daban chubascos e mandábana para a súa terra)

No hay comentarios: