lunes, 6 de febrero de 2017

A PEDRA, por Ramon Lainho



Todo un corpo impenetrable de materia inerte, con alma de vida antighua.

Elemento sólido, irmán da vexetaçión e da terra. Filla da natureça.

Pedra dura, que un día te convertirás en ghran de area.

En diante irá a branda irmán que logho se desfará no chan.

O home non comprende as túas "veladas palabras",

enviadas a través dun sinfín de cores, aspectos e cariçias.

De rughosa a lisa, de branca a neghra,

pasando por tódalas sutiles escalas.

Amasada e enterrada no profundo da terra,

mostrada na supefiçie, con innumerables formas.

Miúda ou, en ghrandes moles. Acaso, xa desfeita en anacos pequenos.

Con todo o teu espaçio, constrúes casas e camiños, sustentas pontes e muros.

Velaí están os outeiros, inmensos e faladores,

onde se abrigharon os animais e as xentes.

En ti, baten o calor e a xiada, a chuvia e o vento.


Xighantescos vixías naturais da lonxanía do horiçonte.

Desde a noite dos tempos, ghardas a memoria da creaçión do mundo.

Aluméanche o sol e a lúa. Así, as estrelas e os corpos celestes.

Materia compacta e pétrea, moldeada polo fluír dos elementos.

Por sempre, fostes, es e serás, cama e cabeçeira de tantos seres baixo o ceo.

Susúrranche no alto e no profundo, o aire e a vexetaçión.

Es abrigho das humildes covas, transformadas en foghares dos nosos ançestros.

Espontáneas e aghrestes paisaxes, de siluetas caprichosas.

Formas antighuas e naturais de enormes pedras, acarrexadas e fincadas, sen labrar.

Un día, o home quixo tallar o teu corpo para cheghar a ser un creador.

Pero logho, ao ver a súa creaçión e non conforme co labor,

deçideu pulir a túa envoltura, buscando a perfecçión e a beleça.

Naçen as harmonías con marcadas dimensións, en fighuras esculpidas e modeladas.

Útil aproveitado pola mán e o traballo do ser humano,

para os seus ofiçios, pasatempos e desexos.


Son as túas luminiscençias, como brillos das estrelas no çeo.

Innumerables puntos claros, diseminados pola pel do planeta.

Tantas veçes se sentaron sobor de ti, para ver o amençer e o solpor.

Moitas outras para contemplar a lúa e, as estrelas.

Monumentos levantados ao vento, dos que se foron.

Pedras de soños, de fertilidade, tamén de rituais. Pedras curandeiras, ...

Fragmentadas e desmembradas pedras que nun pasado, érades un todo,

e nun futuro, formaredes algho novo.

Existençia remota e densa, de duraçión lonxeva.

Hai pedras e, pedras.

Pero a deçisión sempre estará no uso que lle dea o home.

Alghunhas apareçen no camiño que se non reparas, tropeças e caes.

A vida sería inútil, sen obstáculos no teu camiñar.

Elas, continuamente estarán ahí para aprender a andar.

Hai mentes desalmadas que as empreghan para a violençia.


Os amighos do volume, andan inquedos pensando en construír e obrar.

Como lles é natural, os rapaçes sírvense delas para os seus xoghos.

Da pedreira, saíron esas pedras que picaron os canteiros e reçebaron os barreiros.

Conviven na loita diaria os nosos labreghos, a voltas ca pedra imposible, á que finalmente lle darán un uso aproveitable.

Pola maioría esquençido, reça aquel arcano: “Non só de pan vive o home”,

dándolle vida a algho "finxidamente" inanimado.

Late o coraçón aletarghado, rumoreando voçes ocultas, de seghredos milenarios.

Do sentimento, naçe abraçala para ser parte da poesía.

Hai quen anhela esculpila e loghrar que lle chamen escultura.

Encontrar a pedra preçiosa, non ten porque ser algho material.

Máis veçes do que quixéramos, o camiño quiçais estea cheo de pedras.

Non por eso, todo é malo. Anque unhas che podan esmaghar, outras che protexerán.

Así como entre as pedras, naçe a herba e medran as flores. Tal ves debaixo delas, poda haber indiferençia ou, bondade.

Traspasan o aire, sons que saen de formas suaves, redondas, abruptas, picosas ,,,

Pedras erghueitas, ladeadas ou, deitadas. Pedras que sodes onde estades.


Natureça espesa, de pechadas envolturas.

Pedras transformadas en asentos para descanso e contemplaçión da xente.

Formaçións de diversa composiçión: areniscas, barrentas, duras.

Seixo benefactor que coas túas chispas, axudas a crear lume.

Ese lume que nos protexe da intemperie, e nos envolve na lareira,

onde a familia coçiñaba e se quentaba.

Nomes saídos do traballo das nosas xentes: croios, rachas, loios, boletes, pandullos, ...

Petroghlifos de inscripçións misteriosas, mámoas, menhires, castros, ...

Pedras aghachadas, alghunhas descubertas, outras destruídas.

Feituras meláncólicas, aleghres, misteriosas, ...

Nunha noite de verán, ao luar daquela laxe feita cama,

ti contábalas estreliñas do çeo e, eu as herbiñas do chan.

Sobre vós, perdéronse no tempo, as pisadas dos animais e dos antepasados.

Na terra saghrada do campo santo, lousan as tumbas dos seres queridos.

Día tras día, o carro milenario foi marcando nas vosas costas, as súas rodeiras.


Oroghrafía particular da nosa terra: lombos, chans e vaghoadas, de máxicos resplandores.

Hai camiños pedreghosos, non sempre son de rosas.

Máis o importante é aprender para avançar con claridade.

¿Non as sintes? Mira como falan e cantan, mira como berran e choran, ...

Aghardando, esperan a seren "comprendidas".

Con diferentes temperaturas: frías, mornas, quentes, ...

en distintas situaçións, climas, terrenos e latitudes.

Rochas ígneas ou magmáticas, metamórficas e sedimentarias.

Pedras de diversas idades e de múltiples crianças.

Variedades incrustadas na mesma rocha.

Mundos con temperamentos e, inquedanças variadas.

Teñen tanto que diçir e descubrir. Teñen tanto que lembrar.

A vida secreta da PEDRA


jueves, 19 de enero de 2017

A CHUVIA, por Ramon Lainho


 

Chove esta tarde sobre mollado.
Baixo un ceo ghris, as nubes se paran.
Son días de tedio, momentos de soños.
Non, a chuvia nunca volve para riba.
Hoxe acompáñaa o vento,
tal ves axiña vaia escampar.
Nestas horas que buscan o refuxio da intimidade,
permaneço en abrigho, a cuberto.
A humidade está por todas partes.
Ese líquido que por veçes, pode ser bendito,
regha os campos e fecunda as sementes.
Déixase caer sobre o chan, en picado.
Cando lle antoxa, vira en bicos, cruçada.
Nestes días de fartura que inundan os prados,
enchen os ríos e atéighanse as charcas.


Amoleçen os corpos, beben os frutos.
As molladuras, lembran o pasado.
Cada pinqueira é un recordo,
impreso na túa alma
que cae na fonte das lembranças.
Cada estanque é un espello, onde te ves refrexado.
Quiçais mañán xa formes parte de todo o observado.
Aqueles amores dun romantiçismo esquençido,
aghora revividos na maxia deste misterio recluído.
Arrastran as aghuas as peghadas da xente.
Mesturan tódolos recordos dos seus pasos,
confundidos nunha corrente de seres diferentes. 

 
Ao lonxe, brilan os outeiros prateados,
anunçiando que mañán volverá chover.
Sobrevoa a peneireira en círculos,
avisando que a chuvia está perto a caer.
Como sinais enviados ao ceo,
fumeghan as chemineas das casas,
reunindo a famila, ao amparo do calor.
Resghárdanse os corpos, con paraghuas de cores diversas.
Na ramaxe das árbores, aletean os paxariños,
sacudindo as súas plumas.
Son horas de recollemento para todo signo de vida.
Incluso a máis diminuta ghota,
albergha unha densidade acuosa e translúçida,


que reparte sensaçións de diferente natureça.
Cálida, morna ou fría, seghundo a súa vontade.
Ao mellor, son bághoas do çeo de seres que choran.
Pero caídas, alivian as terras que teñen sede.
Non sempre benevolente, por veçes mostra a súa carraxe.
Xa está aquí de novo.
Tronan as nubes, ábrense as fontes.
Os lóstreghos brilantes, iluminan no alto.
Baixan os raios desvastadores á terra.
Hai chuvias nostálxicas que non dan despexado.
Chuvias que aneghan todo, repentinas e violentas.
Hai chuvias frías que conxelan o ánimo.


Ela, amigha líquida dos seres refuxiados en soedade,
que cae polos cristais, tapando a vista das cousas.
Días de chuvia, días de non ser.
Campos enlamados, pedras molladas, camiños enchopados, casas escureçidas, ...
Chuvia que repinica no tellado como música para os meus oídos.
De repente, abreuse o día.
A chuvia caeu, xa quedou no pasado.
Pero eu puden contemplala,
e para min, non pasou en vano.
Aquelas imaxes de lembranças fuxidas
que soio eran recordos lonxanos,
volven á realidade neste día,
sobre os campos apaghados e durmidos.


Os ríos corren caudalosos, as tempestades amainan.
A xente salta as poças, pero nós chapuçamos contentos.
Outros protexen os pés, nós andamos descalços.
Para moitos é un sufrimento, pero para nós é unha aleghría.
Sen temor, rodamos polo chan, ensoufándonos nas lameiras.
Xoghamos, dançamos, e cantamos baixo a chuvia.
Corremos polas leiras, atravesamos os ríos sobre as ramas.
Como intrépidos aventureiros, exploramos os montes e façemos cabanas.
Dúas veçes me mollo, abrighándome debaixo das follas.
Respiro forte a humidade deste ambiente.
A frondosidade do entorno me envolve e abraça.
Sinto a maxia desta terra verde que aprendín a querer.


Quero subir á ponla dun carballo para contemplar o arco da vella e atravesar ese umbral.
Desexo escoitar o murmullo das fontes e dos montes.
Adentrarme nese misterio vaporoso da brétema, por entre as árbores.
Saber daquela fada que coa súa mirada furtiva, fuxeu a correr.
Aghoman as plantas, abríghanse os animais coa chuvia ao caer.
Ti que mollas este chan, mestura de penas e aleghrías.
Por favor, se tes coraçón, dime quen es e a onde vas.


lunes, 2 de enero de 2017

O TEMPO, por Ramon Lainho




Corre o tempo como alas que leva o vento, corre o tempo sen mirar atrás.

Implacable e silençioso, traspasa o mundo e os seus soños.

Viaxeiro indolente e inmutable que leva consigho tódalas criaturas e as súas vidas.

Tristuras e aleghrías. Esperanças e amarghuras. Toda unha mestura de sentimentos.

Pasa o tempo e non se detén, nin espera por ninquén.

O que foi onte, xa non é hoxe. E o que é hoxe, non será mañán.

Metamorfose interminable de fighuras cambiantes, transformadas por unha força invisible.

Aquí vén o sol da mañán, circundando todo o horiçonte, sen saber o que nos traerá.

Daquel neno que fun, dese moço que deixei de ser, vou camiñando no atardeçer do día.

Xa se ven, lonxe máis lonxe, as lembranças de antano que van quedando atrás.

Discorre o río da vida, con rumbo desconoçido.

Curvas, rectas, rectas, curvas, difíçiles de explicar.

Un día, dispúxose a naveghar nese veleiro, sen adiviñar o seu destino.

Tódolos soños que persigho, os seres que quero, ideais aos que aspiro. ¿A onde se irán?

Luçes que se prenden e se apaghan. Amañeçe o día, escureçe o firmamento.

Mundo mineral, e frescura vexetal. Dimensión humana e animal. Mundo desconoçido.

¿Por qué todo esto? ¿Acaso un día, nos revelará o seu secreto?

Tempo en soedade, por veçes en compañía. Noutrora en multitude. Maneiras diferentes de vivir no tempo.

Xiran en perfecta sincronía as estaçións do ano. Realidade da materia e maxia latente. 


Tempo escuro e brilante. Hai sufrimento e diversión, hai beleça e fealdade.

Choros e risas que veñen e van. O meu amor vai para alá.

Tempo que me farta de esperar. Que me cansa de vivir e me fai chorar.

Tempo que me dá ilusión e me fai disfrutar.

Polo aire, van flotando músicas solemnes e profanas.

Todo flúe e se disipa na onda do tempo.

Avança o invisible, sen fondo, nin forma, polos camiños da vida.

En nada repara, impregnándoo todo ao seu paso.

Como un asubío errante, dunha nota enigmática que transcorre sen ser vista.

Andar de neno, correr de moço, camiñar de vello.

Ao fin, tan só andar polas distintas idades da existençia.

Por veçes, rodando como unha pedra, perdido e sen rumbo.

Paso a paso, gholpe a gholpe, vou façendo camiño ao andar.

Luçes e sombras. Cores pintadas, empapados sons, arreçendores entrelaçados.

Ondulan os perfumes de frescura encarnada que despuntan á alba da sancre nova.

Innumerables tactos e fighuras. En ti se unen tódolos sentidos.

Enigma incomprensible dese umbral que se abre e se pecha.

O vento me empuxa e insiste, tal ves para conduçirme ao meu fado.

Sen saber por qué, cambia de pareçer e, sopla en sentido contrario.

Ten o tempo como aliado ao destino.

Quiçais un bo destino que protexe os nosos soños.

Ao mellor, un mal destino que irá contra nós.

Pero, hai vidas que se acaban de moi novas. 


Quen pudera roubarlle tempo ao tempo e aprenderse a lecçión.

Existençia insignificante dunha eternidade infinita.

Se fora posible ter máis tempo do tempo que teño.

Quen fora quen de terche no meu tempo.

Un día son e de pronto, deixo de ser.

A conciençia vai a onde a vista xa non a vé.

Por aquí, por alá, por todas partes está. Non o podes evitar.

O tempo desfighura todo o que toca. Nada se escapa.

Que máis dá, se todo o que teña que ser, será.

Con ou sen intençión, con ou sen omisión. Chámese previsión ou, prudençia.

Como un remuíño que che envolve e che tragha,

para devolverche a non sabes que lughar.

A conta atrás, antes de que respires, xa está preparada.

Naçer, vivir, morrer, son partes dunha mesma suma.

Pasas frío, sintes mornura, tes calor. Diferentes sensaçións dun todo e, nun intre, xa non es natureça corpórea.

Pensamos deixar sinais imborrables, algho importante detrás de nós que o vento barrerá.

Este ciclo da vida se repite incansablemente.

Quiçais hastra que a providençia así o queira.

Nubes e claros. Logho cuberto, despois, despexado. Todo muda, nada permaneçe.

Trae e leva, o mundo dos sentimentos e das apariençias.


Xa di o refrán: "En boca calada non entran moscas." E advirte outro: "O que cala, consinte."

Faghas ou deixes de façer, a veçes acertarás e outras fallarás.

A vida che cambia e, moldea os teus desexos e pensamentos.

Paso adiante, paso atrás. Así fai o quen ben baila, así fai o bailador.

Non teño présa, déixome levar. En ocasións me açelero, sempre para volver ao mesmo sitio.

Voráxine dunha lei inexorable que devora todo.

Como nun reló de area, o tempo escorréche entre os dedos.

Sen alcançar a disipar esta confusión, intento dar forma a ese sentimento.

Escribo desde a mediocridade, tratando de entender o que penso.

¡Qué importa como escribo! Son soños de redençión.

Tal fora un sendeiro iluminado entre a espesura, que me conduçe á claridade.

Ese amigho que se me cruçou un día, buscando a mesma oportunidade.

Un soño profundo che acompaña, alí onde queira que vaias.

A estas alturas, xa non te aflixes se as árbores che impiden ver a fragha.

¡Qué alto voa esa ave! Desde alí todo se ve mellor.

Sen escuridade, non existiría a lus. Nunca unha sen a outra, pois nada tería encanto.

Camiña, busca e atoparás o seu sentido.

Cando un día sexamos puros, non haberá pena, nin desencanto.

Voa alto, amigho, voa alto. Alcança a lúa, o sol e as estrelas.

Susurra o aire un antigho e eterno cantar: "Cada un seghundo as súas obras."



domingo, 11 de diciembre de 2016

MIÑA FILLA, por Ramon Lainho




Nena da miña alma que por sempre me acompañarás máis alá do meu fin.

Carne da miña carne, sancre do meu sancre. Filla miña.

Reghalo do çeo que como unha bendiçión desçendeu sobre min.

Lembro aquel día que cheghastes. Eras tan pequeniña e delicada.

Cando che collín por primeira ves, o teu corpiño cabía nos meus braços.

Que misterio, que cousiña tan maravillosa.

Todo un ser diminuto de atenta mirada e ollada profunda, vido do firmamento.

Brilaban os teus olliños, como dous luçeiros moi açuis, co fulghor dunha estrela radiante e misteriosa.

Começastes a chamar a atençión, cos teus choros e as túas risas.

Tal ves para comer, para que che limparan, ... ou, para que che colleran no colo, cando algho che doía.

Desde o teu berçe, sen apenas avisar, fostes observando todo o que che arrodeaba.

Anque fixera frío, ansiabas destaparte e sacar a túa propia roupiña. Querías sentirte libre neste mundo.

Desexabas saber por ti mesma, sen que ninquén che ensinara. E, ao pouco tempo, xa te puxestes a ghatear.

Flor perenne de primavera, campo de sorrisos, coraçonçiño cálido.


Por ti, naçeu en min, o amor de pai que nunca o puden imaxinar. 
 
E na primeira curva da vida, destes os teus primeiros pasos.

Chorabas, rías, andabas, pero aínda che faltaba falar.

Anos que nos permitiron vivir xuntos.  
 
Es como a lus da mañán que me ilumina cada día ao despertar.

Criatura de coraçón bondadoso.

Foron as túas primeiras palabras pronunçiadas, mamá e papá.

O teu primeiro xoghuete, unhas luçes de cores que avivaban os teus sentidos. Ao mellor, un axóuxere ou un boneco que falaba.

Flor do meu xardín. De entre todas, a máis fermosa.

A túa aleghría contaxiou toda a miña vida.

Pero ao final, non pudo ser. Que escasa foi a nosa vida en compañía.

Pola mañán, quedabas desvalida e soíña na casa, con desconeçidos que che foron coidando.


Logho viñeron os madrughóns e, as friaxes que soportabas para levárenche á “estrana ghardería”.

Como te esforçabas por façer os deberes da “lonxana escola”, coa túa letra redondiña.

E, suspirabas por deprender a lecçión, sen que che esquençera unha comiña, nin un puntiño. 
 
Asombrada e enferma te puñas, con alghunha mestra berrona e severa.  
 
Todas as túas aleghrías e desventuras, síntoas no meu peito.

Cando che visitaba e, despois me marchaba, non o comprendías.

Sei que me neçesitabas, que me botabas de menos e que eso che causou sufrimento.

Despraçada e confundida te sentías co mareo da viaxe, cando empeçamos a ir á casa dos avós, en vacaçións e cada quinçe días.

Lamento tanto, non ter podido estar ao teu lado cada día, nos anos que máis querías.

E borrar ese pesar, co abraço da túa comprensión, nestes novos momentos.

Ver outra ves, as mañáns bendeçidas coas túas risas de prinçesa.

Adorables façuliñas encarnadas, olliños de bondade. Boquiña redondiña, corpiño xeitoso.


Se pudera cambiar o noso destino, si que o façería.

E permitirme acompañarche en todo momento.

Aleghre dançarina de mirada aberta.

Sen a túa compañía, sen un mesmo sentir, son un ser perdido e baldeiro.

Mentres te fostes criando día tras día, a pesar das veçes que os teus olliños non me vían, sabe que sempre che levo dentro.

Es a miña força, es o meu alento. Enches de feliçidade todo o meu existir.

De moi pequeniña, xa sabías que as cousiñas ordenadas, daban un mellor vivir.

Aos catro aniños, cunhas toalliñas hixiénicas, limpabas a ençimera da coçiña.

A túa roupiña que estuvera no seu sitio. Revisabas e retocabas a camiña, cando menos, debía estar ben feitiña.

Alma extrovertida que, ansiabas ver xente ao teu redor, buscando amighos para xoghar na casa e, pola aldea.

A maxia da túa tenrura, resplandeçe como unha bendiçión eterna.

Neniña namorada que te fas querer coa túa forma de ser.


Así se fixo a milaghre da vida. Terche e poderche ver.

Eran os teus bicos para amar. Sentía o teu querer de verdadeira entregha.

A túa imaxe quedou impresa por sempre, na miña memoria.

Foron pasando os anos. Deixastes de ser unha rapaçiña para convertirte en muller.

Tan preçiosa como eras e, hoxe xa es toda unha fermosa prinçesa. A miña preferida.

Co paso das primaveras, como flor que vai levando o vento, buscarás o teu querer.

Pero para min, sempre serás a miña pequeniña.

Miña inoçente criatura de entreghado cariño.

O único que sei é que che AMO.