miércoles, 1 de febrero de 2012

AS PARTES DO CARRO EN CURES, por Ramón Laíño


As partes do carro, e complementos:




Apiadoiro / Apeoghón ou apioghón: Correa de coiro, de corda ou de cadea, que vai por riba do xugho unindo as barras de dentro das cancallas. Cando este acçesorio era de cadea, había quen lle puña unha lata, suncho, ou flexe, arredor da chavella. Ía xusto no sitio onde roçaba a cadea para non ghastar a chavella cando se enghanchaba por detrás dela.


Apiogha / piogha ou apiadoira: Correa de coiro, ou de corda, que teñen asas, propia do xugho de cancallas.


A apiogha enghanchábase na parte baixa dunha das cancallas, e despois pasábase por debaixo do pescoço do animal para rematala na cancalla do lado.


En cambio no xugho de cançiles, eran varas dobradas en U, de sobreira, ou calquera madeira que pudera retorçer, aseghuradas na parte de riba cun pasador.


Arranchar ou Arranxar o carro / Preparar o carro: pórlle todo o neçesario antes de saír con el, tales como forcadas, fouçiños, machada, ferramenta, material de enghraxe coma o xabrón, ou o que pudera sobrar na casa: sebo, ghraxa, touçiño, …

Moita xente antes de saír co carro da casa, untábanlle a parte do rodado do eixe para evitar o desghaste deste coas xintoiras, e tamén para que andivera mellor. Equivale na actualidade ó enghraxe dun vehículo.

Antes de que o ghando se dispoña baixar unha pendente, enghanchamos o apiadoiro, ou correa, …, por detrás da chavella para evitar que “revire” o xugho, axudando a manter alto o aparello.

Esto ten unha explicaçión, pois os animais ó descender un terreo, soben instintivamente a cabeça para aghuantar coas súas costas a inerçia do carro. Así co xugho alto, e suxeitado na chavella, non hai perigho de que revire, e baixe aquel, danando a ghorxa dos animais.

En cambio, na situaçión contraria, que corresponde subir unha costa, e tamén nunha chan, pasamos a correa por diante da chavella. Así o xugho vai frouxo, xa que os animais tenden baixar a cabeça para turrar con máis força. Con esta frouxedade dámoslles máis posibilidade de manobra, e ánghulo de tiro ó ghando.


Borrón / Cuña / Chaveta / Tilla: Peça de madeira que atravesa a cabeça do eixe por fóra do ollal das rodas, e asegura estas ó carro. Cando se mete o eixe no ollal, axústase ben, e na parte saínte da cabeça do eixe, fáiselle un burato ou dente para meter esta cuña baténdolle coa maça de madeira, chamada manlle.


Buçeiras: Protectores que se lle poñen ao ghando no fuçiño para que non coman o que teñan ao lado mentres traballan. Suxéitanse amarrándoos detrás dos cornos con dous cordeis. Antes de apareçer o arame, eran feitas de vimbios, e tamén de cestería.


Despois empeçou a introducirse o arame, polo que cheghou a ser o máis empreghado na súa feituría, anque adoita habelos de vimbios, de verghas pareçidos ás cestas, e doutros tipos de materiais.

En tódolos casos, teñen espaços para respiraren os animais.



Buços: Protectores semellantes ás buçeiras, pero que se usan para os fuçiños de cans aghresivos, e mordedores. Dispoñen de aberturas para entrarlle aire no fuçiño.

Cabestro: especie de corda de lonxitude variable, medida en metros, ou en braças, pois ó recollelo, envólvese en forma sinusoidal arredor dos dous braços estendeitos.


Este útil ou complemento, enghánchase, e ténsase en cada un dos catro tornos que hai debaixo das chedas, ó tempo que se vai envolvendo e apertando arredor de toda a cargha. Logho de tirar, e tensalo ben, coutámolo (atámolo) definitivamente en calquera dos tornos que cadre, pero máis ben nun dos de atrás.


Como variante, diçir que tanto na aldea de Calo, como no territorio da súa parroquia de Nebra, alghunha xente usa indistintamente o termo cabestro, como o seu sinónimo, adival.

Cama do eixe: acomodo ou rebaixe no eixe, perto de ámbalas rodas, onde xiran as xintoiras. Noutras terras chámanlle buxa da roda.


Camba: Das tres peças de madeira que compoñen a roda do carro, as dúas que son curvas, en forma de arco, e abraçan o milde, ou peça central.


Cantadeiras: Peças de madeira que van debaixo do chideiro, en concreto no abdome das dúas chedas, onde encaixa o eixe, e as xintoiras. Ten a fin de que non ghaste directamente as chedas, ou o coucón no caso de telo.



(Na foto a cantadeira é a peça en forma de taco, xusto á altura da curvatura desta pequena corda)


Co paso do tempo, hai quen lle puxo cantadeiras de ferro, desvirtuando a orixe do carro como todo un conxunto en madeira. A fricçión entre o eixe - coucóns, ou o eixe-cantadeiras, produçe o canto do carro.

Noutras terras lonxanas comprenden ó conxunto que forman o coucón, xunto coas dúas peças (diante, e detrás) de cada xintoira.

Coucóns: Madeiros lonxitudinais de aproximadamente metro, e medio, con forma dun pequeno semiçírculo. Sitúanse entre as cantadeiras e as chedas, evitando o desghaste destas polo eixe.


Reforçan moito as chedas, xa que lle dan maior enverghadura. Maiormente son feitos en madeira de ameneiro, e salghueiro. Noutros lughares tamén usan o bidueiro, pero esta madeira non é frecuente o seu uso aquí.

Son opçionais, posto que poden ir xuntas ós coucóns, e ás cantadeiras, como tamén estas sen coucóns. Outra posibilidade son os coucóns sen as cantadeiras, que neste caso se lle fai un rebaixe no coucón, á altura onde xira o eixo do carro. Ao rebaixe no coucón tamén se lle chama cantadeira, ighual que a propia peça así denominada.

Cando o carro só ten coucóns, sen as cantadeiras, aqueles poden cheghar a desghastarse demasiado polo roçe, produçindo unhas covas que case tocan ás chedas do carro. Por isto, adáptanselle unhas cantadeiras, como parche provisional para non substituír o coucón enteiro.

En resumo, por debaixo das chedas, e nun lugar preciso para que o carro quede ben equilibrado, van as cantadeiras, que como se dixo, poden ser peças de madeira enghadidas a maiores, ou senón, formarse aparentemente cun rebaixe directo en semicírculo nos coucóns, para que rode o eixe.

Cançil: Cada un dos paus curvos en forma de U que atravesan o xugho en sentido vertical, e arrodea o pescoço do animal. Daí vén xugho de cançiles.


Cancalla: Cada unha das barras de madeira que atravesan o xugho en sentido transversal, e encaixa o pescoço do animal, amarrándoo por medio dunha apiogha / piogha, ou apiadoira. Por isto se nomea xugho de cancallas.


Non dou metido a-s vaca-s ás cancallas, ou ós cançiles. / Non dou metido a vaca ó xugho.

Canca do porco, usábase moi antighamente. É un pau que se ata en sentido horiçontal ó pescoço, neste caso do porco, ou de certos animais para impedir o seu paso por lughares estreitos. Era frecuente cando alghuns viçiños çeibaban os porcos pola aldea.

Expresións:

- Tíralle a canca ó porco que o está maghoando / lastimando.

- Qúedache coma a canca ó porco. (Por calquera prenda de roupa, ou complemento de vestir)

Nunha época había cançelas nas entradas, e saídas das aldeas. Alghunha xente çeibaba os porcos polo camiños da aldea, durante un anaco de tempo ó día. Isto axudáballe a airearse ós animais, estirar as patas, e foçar, comendo algho.

Entón, lembran que antighamente había quen lle puña a canca ó porco para que non se colara por corredoiras estreitas, indo para leiras veçiñas, ou fuxira da aldea.

Caniças: Espeçie de sebe feita dun entramado de corres de vimbias, ou cando non hai vimbias, podían façelas con corres de salghueiros. Estes eran de ighual dura cás vimbias, pero non tan flexibles, e rompían antes.


As caniças colócanse nas beiras do carro, e van por dentro dos fumeiros. Servían para sostela cargha. En contadas ocasións había quen as façía de táboas horiçontais.


Caniço: Sebe de menor tamaño, pero do mesmo material, e feitura que as caniças. Ponse na parte de atrás do carro coa fin de que non caia o material por este punto. Logho de posta no carro, colócaselle un pau en sentido horiçontal por fóra do caniço.

Nalghún territorio distante tamén as podían elaborar de canas. Non obstante, durante a vida da xente maior do lughar, e a xeraçión inmediata a eles, non teñen constançia na súa memoria das caniças, e o caniço feitas con canas. Anque pudera ser que en tempos moi antighos, tamén se elaboraran con este material.

En concreto, un tipo de caniço de vimbias, semellante en anchura e lonxitude ó da parte de atrás do carro, din que en determinados sitios serve para secar na cambota os chouriços, as castañas, curala carne, … Quen sabe se en épocas pasadas se ten usado ighualmente por entre nós.

Existía un tipo de apeiro para a labrança, chamado exactamente caniço, que tiña a misión de caniçar, é diçir, amasar a terra que era moi seca, ou desfeita, e despois achandala. Foi de uso común das nosas xentes, pois daquela todo o mundo tiña un caniço, antes da creaçión, e apariçión da ghrade de madeira.

Estaba feito con vimbias, sendo por unha parte alombada con pequenos buratos de separaçión, que amasaba ou “peghaba” a terra, e despois pola outra tiña forma plana, e máis teçida, sen espaços, a cal achandaba. A súa lonxitude, e anchura era semellante ó caniso da parte traseira do carro.


Máis tarde veu a ghrade, de forma rectanghular, a cal remove cos dentes a terra, e desfai os terróns. Logho, para achandar vírase esta coa cota deica baixo, quedándolle os dentes para riba. Ata certo tempo conviviron os dous aparellos, e incluso se complementaban en leiras con terra moi desfeita.


Se a leira era de terra neghra, é diçir, de moito óleo, e peghañenta, pasábaselle directamente a ghrade, e logho virábase de cota para achandala terra. En cambio, se era moi barrenta, ou seca, podía alternarse o uso da ghrade que desfaçía os "croudillóns" (bólas de terra), para deseghuido pasarlle o caniso pola parte alombada, e logho coa cara lisa, como se explicou anteriormente. Ou senón, para este tipo de terra barrenta, darlle directamente co caniso desde un prinçipio ata un fin, sen a ghrade.

Co paso do tempo foi predominando a ghrade, quedando o caniço case en desuso. Tanto na postura de ghradado, como na de achandado, para mellor resultado colocáselle un peso enriba, que pode ser unha pedra, ou mesmo unha persoa. Tamén adoitan subir nel os rapaçes da casa, xa fose sentados enriba de sacos, pedras, ou agharrados por unha persoa maior.


Se ían varios rapaçes, xoghaban a quen se sostivese máis tempo enriba del sen caer, xa que nalghúns terreos non era doado manter o equilibrio. O mesmo serviría para a caniço á hora de colocarlle un peso enriba, tal como se explicou para a ghrade.

Para façelas caniças, primeiro marcaban no chan cunha corda, ou arame na terra, e logho espetaban as doelas (varas ou taboíñas) no chan. De seghuido teçían corres de vimbias ás doelas.


No que afecta á parte de diante, buscaban doelas con algho de volta deica fóra. Se non as atopaban, quentábanse unhas doelas dereitas, e dobrábanas algho para o lado, sen que romperan. Esto daba un pouco máis de anchura na cabeçeira da caniçada do carro, polo que podía coller maior cargha nese extremo.


Na nosa área de influençia xeoghráfica, a altura das caniças de vimbias, ou de salghueiros, era moi semellante en toda a comarca. Os cestos tanto se podían façer na terra, como na propia "espeteira" (mesa para façer os cestos e buçeiros).

As caniças de madeira eran pouco frecuentes por aquí, en comparança coas de vimbia, ou puntualmente coas de salghueiro. A madeira empreghada soía ser de pino, ou de calquera outra axeitada, coma o ameneiro, ... En cambio, a madeira de castaño ou castiñeiro, non se lle puña porque rompía moito, e a de carballo era moi pesada, e demasiado valiosa para façer caniças.

Na parte traseira do carro levaba ighualmente un caniço de madeira para completar o xogho da caniçada. Compóñense de varias táboas, seghundo o tamaño delas. Estas crávanse nuns travesos, os cales fan de fumeiros para meter nas furas.

Nalghunha ocasión por non chegharen as táboas ben feitas, púñanlles casqueiros (a primeira, e a última táboa a carón da casca que lle serramos á árbore), e senón por neçesidade, ían todas de casqueiro. Por esta redonda, as caniças de madeira eran aproximadamente da mesma altura.

Cabeça do eixe: Extremo ou parte do eixo do carro que sobresae da roda.



Cabeçalla: timón / temón, ou tiro do carro no que se enganchan os animais. Vai ó lonco do carro, é de carballo, e conta no seu remate con dúas furas para a chavella, e o chavellón. A chavella suxeita do xugho, e se o carro pilla, ou pisa algho ás vacas, pónselle a chavella na fura de diante.


Cando o carro está xa parado nun sitio chan, espétaselle o chavellón, por baixo no outro burato, que axuda a soster o carro sobor do chan. Aquí pódeselle quitar os animais, ou telo con eles, alobeándolle o peso ó ghando.


Co carro en marcha, o chavellón pode ir en vertical por riba da cabeçalla, espetado nunha das furas. Outros téñenlle un ghancho por debaixo da cabeçalla para amarralo paralelamente a esta.

Contratillas: cuñas moi pequenas colocadas no medio da cabeça das tillas, logho de darlles a estas un pequeno corte. Van en sentido de dentro do ollal para fóra, abrindo a tilla / borrón / chaveta, …, e métenselle dúas, ou tres cuñas para aseghuralas mellor.

Corre: vara fina, lonca e flexible de vimbia, vimbio, salghueiro, sobreira, castiñeiro, …, que se usa para atar calquera cousa. Por exemplo, atar un feixe de herba cunha corre delghada de vimbio, salghueiro, …, ou teçer unha caniça cunha corre ghrosa de vimbia, salghueiro, …

Cravo: punta de cabeça ghrande, ou barra de metal rematado en punta, usado para cravar, e asegurar a lamia, ou ferro á roda do carro, ou outras partes do vehículo.

Cuña: Peça de madeira usada para distintas funçións:

Por exemplo, de freo, pola cal había unha cuña frouxa a carón de cada xintoira. Apertábanse, ou afrouxábanse coa cota da machada, cun martelo, senón co que se tivera a man para moderar, ou soltar o movemento do carro.

Máis tarde viñeron pasadores de ferro con torca que atravesaban a parte inferior das xintoiras, e apertaban, ou afroxaban coas torcas.

Tamén define a peça de madeira (chaveta / borrón / tilla), que atravesa a cabeça do eixe por fóra do ollal das rodas, e asegura estas ó carro. Cando se mete o eixe no ollal, axústase ben, e na parte saínte da cabeça do eixe, fáiselle un burato ou dente para meter esta cuña baténdolle coa maça de madeira, chamada manlle.

Outra posibilidade: Cuñas das rellas que se lle poñen nunha parte da cabeça das rellas, pois na outra parte son cónicas. Noutros lughares chámanlle contrarellas, e son as dúas peças, ou cuñas que reforçan as rodas.

Cueira: Dise cando un carro leva atrás moita anchura ou cargha (de batume, rama, herba, palla, …)

Ex.: -Este carro leva, ou ten moita cueira.

Nunha persoa dise dela que ten moita cueira, cando ten moito cu, ou moitas cachas.

Chavella: Pasador de madeira que pode ser de carballo, sobreira, freixo, buxo, salghueiro, …, duns sesenta centímetros. Vai case ao final da cabeçalla, posta nun furado, ou burato que fai de caravilla, tarabelo, ou barra entre o carro, e o ghando, e serve para enghanchar o xugho.


Tamén é a peça do arado que serve para unilo ó xugho do ghando. Expresión: - Unha chavella de buxo.


De ighual xeito, ten o mesmo significado de chavelleiras / cruçetas. Neste caso, son dúas peças pequenas, e cónicas, equivalentes a traveseiros curtos que apertan nun lado, e no outro. Unha fai de xunta das chedas, onde a cabeçalla, e a outra, un chisco máis adiante.

Chavelleiras / cruçetas / Traveseiros da cabeçalla do carro: artéllana dous travesos-as / trancas cónicas, e pequenas que van polo fondo, na unión da cabeçalla coas chedas, xustamente na curvatura do chideiro. Unha fai de xunta das chedas, onde a cabeçalla, e a outra, un chisco máis adiante. En conxunto cos tesóns, completan a estrutura sobor das que van as táboas (tablado, ou taboado).


Chavellón: Pau que pode ser da mesma madeira que a chavella. Ten aproximadamente ata un metro, é diçir, máis ou menos o alto do carro. Colócase verticalmente co carro parado, no extremo dianteiro da cabeçalla, e sostén a este levantado do chan, tanto sen vacas como con elas.



De ter antepostos os animais, permite alobearlles o peso mentres esperan.

Como se dixo anteriormente, cando o carro vai en marcha, o chavellón pode ir en vertical sobre a cabeçalla, espetado nunha das furas. Outros téñenlle un ghancho por debaixo da cabeçalla para amarralo paralelamente a esta.


O chavellón non debe ir na metade da cabeçalla, xa que esta pode romper, sendo adecuado que teña os buratos máis ben no tramo dianteiro. A madeira empreghada na súa feitura pode ser de carballo, salghueiro, sobreira, freixo, …


Podía pasar que en pleno traballo fóra da casa, se rompera, ou perdera o chavellón. Entón, de non ter coneçementos de carpinteiro, nin medios para façelo por si mesmos, cortaban no monte, coa machada ou un fouçiño, un pao con ghallas. Logho, preparábano como podían para imitar a entalla do chavellón, e deste xeito aghuantar o mellor posible da cabeçalla.


O orde de colocar a chavella, e o chavellón é variable. Tanto pode ir a chavella diante, e o chavellón detrás, como viçeversa.

Chaveta / Borrón / Cuña / Tilla: Peça de madeira que atravesa a cabeça do eixe por fóra do ollal das rodas, e asegura estas ó carro. Cando se mete o eixe no ollal, axústase ben, e na parte saínte da cabeça do eixe, fáiselle un burato ou dente para meter esta cuña baténdolle coa maça de madeira, chamada manlle.


Chedas: Cada unha das dúas peças laterais de carballo, que curvan na dianteira, e se unen entre elas, façendo o seu peche. É diçir, corresponde ao perímetro do carro. Abraçan o taboado do carro, e teñen furas (buratos) nas que se espetan pola parte superior os fumeiros, e na inferior as xintorias, e os tornos.


Chideiro / ou Chedeiro: Estrutura formada polas chedas, as chavelleiras, os tesóns, o tablado (taboado de táboas lonxitudinais) sobre as que vai a cargha, e a cabeçalla por onde turran os animais.


Leva dúas chavelleiras (pechos) diante, e tres tesóns ou traveseiros detrás que cruçan as chedas atravesando tamén a cabeçalla.

Doelas: Paus verticais arredor dos que se teçe o caniço, e as caniças do carro.

Entallas: Son as dúas vaghoadas no centro do xugho, da que sobresaen tres dentes, onde se pon o timoeiro.


Eixe: Peça ou toro de madeira que pode ser de freixo, de carballo novo (o vello pesa moito), ameneiro (moi frecuente), sobreira, … De buxo non, porque non medra tanto para a medida do eixe, ademais de ser moi pesada. Diçir que o ameneiro, por ser unha madeira roxa, tamén se empreghaba moito polos carpinteiros para façeren mobles.


Nos extremos do eixe enghanchan as rodas, tendo conta delas, e do chideiro. No noso lughar, e territorios limítrofes, a forma do eixe é cuadranghular, ó que se lle fai unhas ochavas (desbaste dos recantos, cornechos, ou bordes). Moi perto de cada roda, fáiselle no eixe un rascado ou acomodo (“cama”) para apoiárense as xintoiras.

Espigho: Parte do eixe do carro que adelghaça nos extremos, e entra no ollal da roda a través do milde (Façer o espigho para atravesar o milde)

Fondo do carro / Táboas do fondo / ou taboado: conxunto de táboas que van en sentido lonxitudinal dentro do chideiro. Por aquí púñanselle de pino, por ser máis lobeán (menos pesada) para o carro, pola mesma raçón que os antepanos dunha porta.


Se o taboado fora de carballo, ou doutra madeira dura, sería moi pesado para o conxunto do carro. Non obstante as táboas poden ser de calquera madeira.

Frenos: era unhas peças de madeira que se usaban coa funçión de freo. Cada xintoira (abraçadeiras do eixe) tiña unha peça dianteira que estaba solta, e outra peça traseira fixa cun estrobo de apoio. En caso de neçesidade, apertábase, ou afrouxábase esa peça solta dianteira coa cota da machada, cun martelo, ou o que houbese a man para deter, ou soltar o movemento do carro.


Moito máis tardiamente houbo quen lle adaptou pasadores de ferro con torca que atravesaban a parte inferior das xintoiras, e apertaban, ou afroxaban por medio das torcas. Polo común, ían os carros baldeiros para os montes, e leiras, coas cuñas frouxas, ou os freos sen apertar.


Alghunhas persoas indo con el baldeiro, acheghábanlle as xintoiras (apertar as cuñas das xintoiras, ou as torcas dos freos) para façerse ouvir. Cando ao volver coa valoura, ou cargha, tocaba baixar unha pendente, prevíñase apertando as cuñas, ou os freos do carro, que axudaba aos animais a conter o movemento do vehículo. Aquí é cando máis se ouvía o movemento do carro, coas cuñas, ou freos apertados, e o carro carghado.

Fumeiros / Funqueiros: Cada un dos paus metidos nas des furas das chedas ou beiras do carro, que serven para evitar a caída da cargha.


Feitos de carballo, ou doutra madeira, e incluso de toxo. Expresións como levar ou dar co fumeiro, un fumeiraso / ou funqueiraso.


Para suxeitala cargha, leva uns fumeiros, ou funqueiros. Se a cargha é miúda, colócanselle as caniças que van por dentro dos fumeiros, para sostela cargha.

Furas: Buratos na parte superior de cada cheda (laterais do chedeiro). Leva cinco en cada beira, onde pola parte superior se meten os fumeiros. Por debaixo das chedas van as xintoiras que abraçan o eixe, e tamén os tornos para amarrar o cabestro.


Ighualmente, na parte final da cabeçalla, ten dous buratos que a furan completamente, para meter a chavella, e o chavellón.


Furas do xugho, ou buratos onde van as cancallas.


Furas da rodas: dous ocos, ou aberturas semicirculares que rodean o ollal da roda.


Ghato: Abraçadeira metálica que mantén xunghuido o milde coas cambas, façendo a mesma funçión que as sobrerellas, ou media lúa (ferros curvados en media lúa), no caso de que o dono do carro non lle puxera estas.




Lamia, ou ferro da roda: Aro de ferro partido nun punto que se divide en dúas partes, cubrindo todo o canto da roda para protexela do contacto co chan. Ten buratos repartidos en toda ela para cravala á roda. O aro da roda está serrado en dúas partes, debido a que a madeira ó mollarse pola aghua, incha, e fai dilatalo ferro.


Se fora toda unha peça sen dividir, ao inchar a madeira, faría dilatar o ferro, e podería estalar, ou saírse do sitio. Nesta contorna, a lamia ou ferro da roda, encaixábase en frío arredor do seu canto, servíndose dunha panca (palanca) espetada na parede que façía de apoio. Deste xeito, íase baténdolle co manlle, e dobrándoa arredor da roda.

Para dobrar mellor o aro, tanto no iniçio, como no final da lamia, chantábanlle fortemente de lado cadanseu cravo de carro, para que saíse pola camba. Así, esas partes saíntes revirábanas para façer ghancho, e cravábanas a fondo na madeira, dando maior firmeça. O resto dos buratos da lamia espetábanlle co manlle os cravos de carro a plomo, fixándoa completamente.

Cando a lamia viña mal feita, acostumaban quentala, e corrixila. Entón adaptábana na roda, suxeitada pola panca espichada na parede, tal como se indicou anteriormente.

Manlle do carro: maço ghrande de madeira maçisa, aproximadamente coma o diámetro dun caldeiro, e de manco moi lonco. Pode habelos de varios tamaños. Usábase para bater as tillas (borróns / cuñas / chavetas), e metelas na roda. Tamén abatía a lamia da roda, dobrándoa sobre o seu canto.


Milde: Parte central da roda do carro, cunha fura ou ollal pola que entra e se encaixa a cabeça do eixe.



Ollal: Fura ou burato cuadrangular aberto no milde para encaixar o eixo do carro.


Parella de animais: ghando que tira dun carro.




Pégha. Dise poñer a pégha ó carro. Consiste nun pao alto do que se dividen dúas ghallas na súa parte superior, en forma de ghallo ou forca. Chántase no extremo dianteiro do chideiro, un pouco máis adiante da unión da cabeçalla, ou timón / temón, coas chedas. Usábase no carro normal, chamado tamén labregho, ou do país.


Era moi incómoda, polo que había xente que non lla puña. En cambio, outros sí que lla levaban. Esto era opçional, e serve para conter carghas altas de moita valoura (volume), como: batume, palla de millo, palla de çereais, …, evitando que caera sobor das vacas ou, dos bois.

A pégha estaba afiada nas puntas para cravar as ghalladas, feixes, ou monllos na parte superior dianteira, façendo de retén. Os fumeiros, moi frecuentes no uso, era algho inherente e común en todo tipo de carros. Nesto non cabía incomodidade como lle pasaba coa pégha, pois eran fáçiles de poñer e quitar.


Tiñan dous fumeiros ghrandes, xusto detrás da pégha (elemento optativo), os cales tamén estaban afiados, e exerçían idéntica funçión de aghuante ó espetar neles a cargha máis alta. En cada beira ían colocados catro fumeiros máis pequenos, que en total cos dous de diante, sumaban des.



Os carros carreteiros non levaban pégha, pola súa incomodidade, xa que maiormente transportaban pinos, ou outra madeira. Só lle tiñan os fumeiros, os cales non eran cuestionados, por seren máis prácticos e manexables. No caso de que o carreteiro preçisara unha barreira dianteira, colocábanlle unha chavelleira, ou cruçeta nos dous fumeiros de diante. Para os pinos, e árbores en xeral, non se lle puña nin pégha, nin chavelleira, ou cruçeta, pois sería un estorbo.


Ponte: Parte central do xugho.



Preparar o carro / Arranchar o carro: pórlle todo o neçesario antes de saír con el, tales como forcadas, fouçiños, machada, ferramenta, xabrón ou o que pudera sobrar na casa: sebo, ghraxa, touçiño, … Moita xente antes de saír da casa co carro, untábanlle o eixe para que andivera mellor, evitando o seu desghaste, xunto coas xintoiras. Equivale na actualidade ó enghraxe dun vehículo.

Recadén: Parte de atrás do carro. / Podía ser tamén unha, ou máis parellas auxiliares de ghando que vai por detrás do carro para frealo na baixada dunha pendente. Na oroghrafía típica da nosa contorna de montañas suaves, se tocaba unha baixada moi inclinada, púñaselle pouca cargha ó carro coa que pudera aghuantar o ghando. Ao mesmo tempo, acheghábanselle as xintoiras para frear axeitadamente o vehículo.


Non era frecuente que neste tipo de baixadas, coas medidas aplicadas anteriormente, se lle puxera o ghando preçiso no recadén para axudar ás que ían diante do carro. Anque pudera ser que por força maior, se visen obrighados a usar esta técnica.

Reforçar un carro, ou tamén un arado: Os carros non se aghrandaban, nin aloncaban, anque sí podían pórlle madeiras máis resistentes para a dura do carro. De ighual maneira, taqueábanlle as rodas, ou remendábano nalghún outro punto por medio de sustituçión de peças. Noutras ocasións púñanlles enghadidos, ou parches a maiores para que fose aghuantando máis tempo.

Rellas: Dous travesos interiores de madeira, xeralmente de carballo, pero non sempre. Unen por dentro da madeira as cambas co milde, evitando que abra a roda. Suponse que no caso de rellas de carballo, elixíase esta madeira debido á súa dureça, e tamén por correspondençia con toda a roda, que era de carballo.

Son cónicas, máis anchas nunha punta que na outra. Van por dentro dunhas furas, tamén cónicas, co propósito de empatar as cambas co milde. Entón, xa cos travesos no interior das furas, ollámolos pola súa punta máis estreita. Nesta parte, ou extremo, cortámolos na cabeça para abrilos un pouco, e metémoslles unha cuña, axustándoos ben.

Roda: Peça circular asentada, e fixa nun eixe do que xira arredor. Leva maior ghrosor na súa parte central para soportar o peso do eixe, e tamén pola oquedade das dúas furas arredor do ollal.



Rodeira do carro: Calco ou marca da roda do carro no chan.

Rodas do carro: conxunto das dúas rodas xa colocadas, xunto co eixe. Pode entenderse o que noutros lughares chaman os pés do carro, ou o rodado.



Solear: Pórlle vacas, ou bois auxiliares, que poden ser varias, turrando por diante das que levan o carro. Axudaban a subir unha costa dificultosa, ou a desatrancar o carro atoado (atorado) nun camiño estreito, nun fondegho dunha chan, ….

Ese ghando de axuda podía enghancharse de diferentes xeitos, (cunhas cadeas / un chicote de corda / un cabestro / un pau delghado, este último, antighamente pudo ser usado tamén por aquí, ...,) ao xugho do ghando que ía anteposto ó carro.


PARÉNTESE: Cando as xentes de Cabo de Crus, ou de calquera outra localidade cunha distançia semellante, ían cos carros ó batume, e á leña a Campodulla, a Casamea, e ó Iroite, no monte Barbança, saían moi çedo de madrughada da casa. Despois de rematado o labor, podían cheghar de volta ó seu foghar pola noite, ou xa entrada a madrughada do día seghuinte.

Era costume que no día anterior, antes de calquera viaxe co carro, se untase ben a parte do eixe onde abraçaban as xintoiras, para telo preparado no momento de partir. Esto, enghraxaba os puntos de contacto na madeira, evitando desghastes inneçesarios, e axudaba a rodar mellor.

Dado que o traxecto desde ese lughar, así como doutros puntos distantes, era considerable, non podían permitirse o luxo de volver medio baldeiros. Deste xeito, enchían ben o carro cunha boa valoura (volume) de batume, ou de leña, …, de moita larghura, anchura, e altura. Esta cargha, desbordaba visiblemente as dimensións do vehículo, a fin de que o material lle rendera máis tempo, e non tiveran que volver tan a miúdo.

Ao baixar do Barbança, collían por alghunha vía, e desçendían para cheghar ata Moimenta.


Aquí tiñan que atravesar a aldea. Nesa aldea, como en tantas outras, os camiños eran moi estreitos. Con semellante cargha que traían os carros das xentes de Cabo de Crus, ou doutras localidades que pasaban por aí, quedábanlle por força fincados (chantados) entre os seus muros.

Ao quedar atoados / embarrancados (atrancados), pedían axuda aos viçiños do lughar, e, outras veçes xa as xentes que os vían, ofreçían o seu ghando para axudar a desembarrancalos=desatrancalos (desatoalos). Para iso podían cheghar a ser tres ou catro pares de vacas, soleando cada carro atrapado entre os muros do camiño.

Nesta aldea, o señor Antonio do Ghaleo tiña bois capados para traballar, e carretar, por iso podían intervir xunto coas vacas, a solear os carros atrapados. Esta casa dispuña tamén de bois de posto, os cales non son capados, e empréghanse para sementais, polo que non soleaban.

O camiño de carro que vai de Moimenta ata as aldeas de Ghuiende, A Barreira, e Pascual, foi unha vía de intercomunicaçión vital entre elas. Por aquí pasaban persoas, animais, e carros con destino a estas aldeas, paraxes, montes, brañas, e terras de cultivo.


Partindo desde a posiçión do núcleo das tres aldeas anteriores,


con direcçión a Moimenta, vimos avançando,


e entramos nun tramo do camiño que reçibe o nome de Pedra Lonca (así denominado por unhas pedras ou outeiros loncos).


Máis adiante pasamos á altura dos Aghros de Pá. Nos tempos actuais, os fieitos, silvas, toxos, e demais espeçies do monte, ao non seren traballados, invaden tanto as antighas terras de cultivo, como os camiños.



De seghuido entramos en desçenso nesta vía, ou camiño de pedra.

Hoxe debido ao abandono da aghricultura, e ghandería, os reghueiros están atrancados, e a aghua discorre libremente en correntía polo seu firme. Xunto con isto, o abandono do campo, e do monte, fai que toda espeçie vexetal começe a tapar os antighos camiños de carro, e por ende, moito máis os camiños de pés, tanto da xente, como do ghando çeibo.


Nuns tramos está mellor empedrado cá noutros, pese ó traballo da aghua, que vai desfaçendo o camiño.


Seghuimos baixando ata un cruce, por onde pasa un reghueiro de aghua.


E aquí atopamos a que se coneçe como Portela de Pá.



Desde riba, na Portela de Pá, temos en fronte o camiño de Pá, tamén coneçido como calçada de Pá.



E á esquerda, está o camiño de Pedra Lonca, case sen empedrar, que en tramos vai paralelo co que baixamos por el.



Despois deso, pasamos proghresivamente por diante de seis muíños. Todos estes muíños contaban con augha no inverno, pois no verán case todos quedaban sen aghua, menos o de máis arriba que seghuíaa tendo. Por este motivo, no verán a maioría da xente viña moer a Cures.

Fotos dos muíños en orde desçendente, desde o de máis arriba, ata o de máis abaixo. En total son seis.




E xa sobrepasado o derradeiro muíño dos Maios, situado na parte máis baixa,


atopámonos nas portas de entrada a Moimenta.



Estos tres lughares: Ghuiende, A Barrreira, e Pascual, tiñan camiño de carro para baixar a Tállara, que está situada na beira da vía prinçipal Noia-Boiro. Comentar que esta vía, daquela era unha pista de barro e croios, a cal foi asfaltada a finais da década dos anos 60.


Para iren a Noia, baixaban polo camiño de carro ata Tállara. Cando tocaba ir a Boiro, compensaba usar o camiño antigho que ía polo monte ata Moimenta. Pois chegados aquí, con ese tramo recorrido xa estaban na pista de Boiro-Noia. Foi tamén, a finais dos anos 60, cando se abreu a pista desde Tállara ata esas tres aldeas, e posteriormente a creaçión de pistas forestais.

Coa apariçión dos tractores, e dos coches nas casas, a xente começou usando as novas vías. Por estes motivos, foise abandoando o antigho camiño ata Moimenta, como así por extensión, en todas partes.

Sobrerellas ou medias lúas: Ferros curvados en forma de media lúa, cravados cuns pasadores metálicos sobor a cara das cambas, apreixando estas ó milde.



(AS) SOLES: Útiles de enghanche usados para solear, ou tirar de calquera apeiro de labrança. Podían ser as cadeas, un cabestro, un chicote de corda, ou o pau delghado en forma de lança, que era de menor diámetro có timón do arado.


Ese pau de arredor de dous metros, usábase con frecuençia en tempos antighos.


Coa apariçión das cadeas, e debido á súa comodidade, menor peso, e dureça, chegharon a ser as máis empreghadas, e senón un cabestro, ou o chicote dunha corda.


Noutras latitudes, a ese pau delghado que aquí se lle chamaría “As sóles”, por alá chámanlle “soliño”.

Calquera destes útiles soen ter nun extremo, un ghancho, ou senón un laço que une a parella-s de animais ó xugho do ghando que vai co carro, coa fin de solear en sitios dificultosos. Tamén serven para tirar do rastro, ou de calquera apeiro de labrança indicado para esto (ghrade, caniço, arado, sachadora, …)

Sunchos: Peças semellantes a abraçadeiras, aneis, ou remendos con flexe de lata. Usábanse para suxeitar o milde coas cambas, ou para previr, reforçar, ou empatar unha fendedura en calquera parte do carro, por exemplo na cabeçalla, ou noutro sitio.


Taboado / Táboas do fondo / ou Fondo do carro: conxunto de táboas que van en sentido lonxitudinal dentro do chideiro. Por aquí púñanselle de pino, por ser máis lobeán (menos pesada) para o carro, pola mesma raçón que os antepanos dunha porta.


Se o taboado fora de carballo, ou doutra madeira dura, sería moi pesado para o conxunto do carro. Non obstante as táboas poden ser de calquera madeira.

Taqueamento das rodas: recheo de tacos, ou cachos de madeira, cando as rodas van moi ghastadas, e rompen, ou desfanse, e xa non dan ben a altura do carro. Soen romper por debaixo da lamia, ou ferro, en todo seu arredor, pois está máis en contacto co terreo. So se taquean as rodas.


Tesóns: son tres traveseiros de carballo que van polo fondo do carro, atravesando as chedas, e a cabeçalla, e forman así a base do vehículo. En conxunto coas chavelleiras, completan a estrutura sobor das que van as táboas (tablado ou taboado).


Tilla / Borrón / Cuña / Chaveta: Peça de madeira que atravesa a cabeça do eixe por fóra do ollal da roda, e asegura esta ao carro. Cando se mete o eixe no ollal, axústase ben, e na parte saínte da cabeça do eixe, fáiselle un burato ou dente para meter esta cuña baténdolle coa maça de madeira, chamada manlle.


Timoeiro: Aparello colocado nas entallas do çentro do xugho, que se prende na chavella, e enghancha aquel á cabeçalla do carro, ou a outros apeiros que se lle poñan. Así o ghando pode tirar deles.


Adoita estar formado por unha retorçida ancha de coiro cru, ou por unha rosca de vara de sobreira, carballo, ou doutras árbores, para meter no xugho, sexa este do tipo que sexa. O salghueiro para timoeiro non se empreghaba moito por aquí.


Para os timoeiros de varas, os labradores, unha ves cortadas as varas, quentábanas ó lume para podelas dobrar, e retorçer mellor, sen romperen. Buscaban un punto de apoio, e unían as dúas puntas da vara mediante un nó.



Logho, dábanlle a forma axeitada, e despois, deixábanas durante un tempo ata que xa non se deformaban. Cando ao enghanchar o timoeiro no xugho por debaixo da chavella, notásemos frouxedade e abaneo, entón pode moverse esta barra, ou chavella, á posiçión da fura de atrás, coa fin de que aperte algho máis.



Torno: Cada un dos catro pequenos paus redondos que saen no fondo da cheda do carro. Dous por diante das rodas, e dous por detrás delas, para enghanchar o cabestro á hora de amarrala cargha.


Tranca dos fumeiros: traveseiro, ou cruçeta que se lle pon ó través da parte alta dos dous fumeiros de diante. Serve para conter carghas altas na parte de diante dos carros de carreteiro.

Traveseiros da cabeçalla do carro / Chavelleiras / Cruçetas: artéllana dous travesos-as / trancas cónicas, e pequenas que van polo fondo, na unión da cabeçalla coas chedas, xustamente na curvatura do chideiro. Unha fai de xunta das chedas, onde a cabeçalla, e a outra, un chisco máis adiante. En conxunto cos tesóns, completan a estrutura sobor das que van as táboas (tablado, ou taboado).



Vara do ghando, con ou sen aghuillón, que se usaba para dirixir o ghando. A partir de certa época, mediados do século pasado, multaban por terlle aghuillón, aparte de que as autoridades llo rompían ou doblaban no momento de verllo. O aghuillón implicaba dano con sancre ós animais, e tamén a interpretaban na lei como arma perighosa.



Xintoiras: Cada par de dúas peças de madeira, con forma de ghadoupa, ou abraçadeiras, onde xira o eixe do carro. Van insertas a través de cada cheda, deixándose veren sobre do taboado do carro. Tamén atravesan os coucóns, en caso de levalos. Teñen a lonxitude neçesaria para poder abraçar o eixe.


De cada par de peças que forman as xintoiras, a peça de atrás de cada par é fixa, e firme. Para que esta non rompa, méteselle unha cuña de madeira apertada que lle fai de estribo. En cambio, a peça dianteira leva outra cuña, pero frouxa, a carón dela, a cal se aperta, ou se erghue á hora de frear ou soltar o carro.


Esta podía baterse coa cota da machada, ou co martelo, pois eran ferramentas que un levaba consigho cando saía co carro, e senón co que houbera a man.


Posteriormente co paso do tempo, e xa co xurdimento de novos materiais, houbo quen lle furou o extremo inferior de cada par destas peças, e lle puxo un pasador de ferro con torca para frear, ou afrouxar o movemento do carro, seghundo fixera falta.


Xugho: Peça de madeira, xeralmente de castiñeiro, freixo, ou carballo, … Ten uns entrantes (entallas) para metelo timoeiro, onde se suxeitan os distintos apeiros. Colócaselles aos animais de tiro para enghanchalos ao carro, ao arado, ou a calquera outro apeiro.



Ao tirar os animais do vehículo, ou doutros utensilios mediante o xugho, pódelles produçir soghueiras (feridas no pescoço).

Hai tres tipos de xugho: o de cancallas, de cançiles, e o de mulida. O máis predominante por aquí é o de cancallas, seghuido en menor cantidade polo de cançiles. Tanto un, coma o outro pode ser dunha vaca soa, ou de dúas. No que respecta ó xugho de mulida, neste territorio non se usaba.



O xugho de cancallas, leva unhas táboas estreitas, e separadas que o atravesan oblícuamente, para colocar enriba do pescoço dos animais.


As dúas cancallas do medio están unidas, na súa parte superior, por un pedaço de cadea, coiro ou corda, que serve para reghular a posiçión do xugho cando se soben camiños costentos, ou baixan pendentes.


Pola parte inferior das cancallas enghanchábase a apioha / piogha / ou apiadoira, de coiro retorçido, ou corda, para suxeitar o pescoço do ghando.


O xugho de cançiles, que pareçe ser que é de orixe portughuesa. Anque o xugho pode ser da mesma feitura, e forma có de cancallas, ten unha diferençia.


En ves das cancallas, leva uns cançiles que están feitos con varas redondas en forma de U, nas que se mete a cabeça do animal. Logho suxéitase cun pasador na parte de riba do xugho.


Xugho de mulida, enriba da cabeça. Consistía nunha espeçie de mulido que se lle puña ao ghando entre os cornos para que o xugho non os maghoara, ou lastimara á hora de tiraren coa cabeça. Este xugho por aquí non existía.



Pola parroquia de Cures había moitos carpinteiros. Estes façían os xughos de cancallas, e en menor cantidade os de cançiles para as xentes do lughar, polo que non era necesario mercalos na feira. Esto non quita que alghuén puidera compralos nela. A maioría destes aparellos son verdadeiras obras de arte.


Moitos teñen símbolos de influençia celta, outros levan marcadas as iniçiais dos donos. Cada artesán púñalle o seu propio emblema.



Tamén existen xughos espeçiais para realiçar determinadas tarefas.



Ademais, había o xugho de unha vaca soa que podía ser para tirar da sachadora do millo, ou do carro dunha soa vaca, …

Na nosa casa materna, alcumada dos “de Ramón de Esperança”, chamada tamén de Bernaldo, en Cures, tíñamos xugho de cancallas para dúas vacas, con timoeiro de coiro, e tamén timoeiro de varas. As apioghas eran de coiro. Calquera dos timoeiros úsabanse indistintamente. Había a maiores un xugho de cançil para unha vaca soa que se lle puña cando tiraba da sachadora.




----------------------------------------------------------------------------------------------------------

MADEIRA DAS PEÇAS




O tipo de madeira que se empreghaba para façer cada unha das peças do carro, sempre, e cando non tivera nós (retrousa, ou febras enleadas), era a seguinte:

- Cabeçalla: de carballo. - Cançiles: varas redondas do xugho de cançiles. Son de sobreira, salghueiro, carballo, sanquiño, ou calquera vara que pudera retorçer.

- Cancallas: varas, ou táboas do xugho de cancallas. Son de castaño, carballo, salghueiro, sanquiño, …

- Caniça, e caniço estaban formados tradiçionalmente de corres de vimbias teçidas, pero non de vimbios porque son moi delghados. Anque podían façerse tamén de corres de salghueiro que tiñan tanta dura (duraçión) coma as vimbias, pero eran máis difíçiles de dobrar.

A vimbia, nalghún momento da historia tería xurdido por si mesma. Se queremos reproduçir vimbieiras onde nos conveña, debemos enxertalas en salghueiros novos de tamaño mediano, ou xa ghrandeiro.

Plántase no sitio axeitado, ese salghueiro coas característica anteriores, e enxértaselle unha tona de vimbia. Se o salghueiro espontáneo vale xa onde está, e coa altura axeitada, entón fáiselle o enxerto anterior.

Os salghueiros son bravos, naçidos de xeito natural como espeçies propias. Hainas de varios tamaños, e clases: claros, escuros, amarelos, … Os vimbios, son máis pequenos, e delghados cás vimbias, pero das mesmas clases.

As persoas que se supoña non sabían teçer canisas con corres de vimbias, ou de salghueiros, e incluso porque non tiñan estas plantas a man, façían as caniças con táboas de pino, ou doutra madeira, (por aquí as de madeira víanse moi pouquiñas).

- Cantadeiras: de ameneiro ou salghueiro.

- Coucóns: de ameneiro e salghueiro. Nalghúns lughares tamén lle puñan de bidueiro, pero por aquí non lembran de usala.

- Cruçetas / chavelleiras: feitas en carballo. Dúas pequenas trancas, ou traveseiros pequenos na unión das chedas coa cabeçalla, é diçir, na curvatura do chideiro. Cando se usan con estes fins tamén se denominan chavellas.

- Chavella: carballo, salghueiro, sobreira, freixo, buxo tamén porque a peça é pequena en comparança có chavellón. Peça metida na cabeçalla para enghanchar o timoeiro, e por medio deste, o xugho.

- Chavellón: carballo, salghueiro, sobreira, freixo. De buxo non, que pesaba moito.

- Chideiro: abarca as chedas, cabeçalla, e táboas do fondo do chideiro, ou tablado. As chedas, e a cabeçalla estaban feitas de cerna de carballo. Sen embargho, as táboas do fondo do carro, ou tablado, por aquí púñanselle de pino, pola mesma raçón que aos antepanos dunha porta. Porque se o taboado fora tamén de carballo, sería moi pesado para o conxunto do carro. Non obstante as táboas poden ser de calquera outra madeira.


- Eixe: Podía ser de ameneiro, a cal é unha madeira que se pode traballar ben, pero dura menos. Tamén se ten usado de sobreira, freixo, noghal, …, ou de calquera outra madeira. O freixo, ademáis de ser duro e resistente, considérase a madeira menos inflamable á hora de prender lume coa fricçión.

O carballo novo tamén se usaba no eixe, pero non o carballo vello, porque era moi traballoso moldealo, e pesado para tirar o carro del. En cambio a de buxo era demasiado pesada, e xeralmente non medraba tanto como a lonxitude dun eixe. Canta coma un eixe de noghal. (Dise por quen canta ben. A madeira de noghal podía usarse tamén para os eixes dos carros)

- Fumeiro / funqueiro: Sobreira, carballo, salghueiro, …, e incluso de toxo ghordo.

- Pégha: Sobreira, carballo, salghueiro, …

- Rodas, co milde e as cambas, todo de carballo. - Tesóns, e chavelleiras do fondo do carro, eran de carballo.

- Timoeiro: de coiro cru, ancho, e enroscado. Tamén de vara, a cal se retorçe, e se lle fai un nó. Para esta empréghase madeira de sobreira, carballo, ou doutra árbore. O salghueiro para timoeiro de vara non se empreghaba moito pola nosa contorna.

- Tornos: de salghueiro, carballo, freixo, buxo, sanquiño, …

- Xugho: sobreira, carballo, freixo, ... O ameneiro pareçe que non se usaba neste apeiro porque é unha madeira algho branda.

Xugho de cancallas / Xugho de cançiles


- Xintoiras, que podían ser de salghueiro, freixo, sobreira, carballo, ... Pero sexa a que se escollera, tiña que ser da mesma madeira, tanto a peça de diante como a de atrás. Esto era por mor de que se foran ghastando ao mesmo tempo, cando roçaban no eixe, e así ter ighual duraçión.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

CANTIGHAS: Sobre o cantar do carro hai alghunhas cantighas populares como esta:


“Se queres que o carro cante, móllalle o eixe no río, que despois do eixe mollado, canta coma un asubío.”

Outra versión: “Se queres que o carro cante, móllalle o eixe no río, que despois de ben mollado, canta que é un asubío.”

HAI MOITOS DITOS E FRASES FEITAS EN TORNO AO CARRO:

“Coller a un o carro”: dise cando a alghuén lle pasa un feito malo.

“Para o carro”: indicarlle a outra persoa que pare, ou espere, porque estase apresurando, con pouco paciençia, irreflexivamente, ou equivocadamente.

“Poñelo carro diante das vacas (ou poñelo carro diante dos bois)”: cando se fai algho sen seghuir os pasos adecuados, en orde, ou querendo adiantarse a algho que aínda non pasou.

“Tirar do carro”: arrastrar a cargha, ou responsabilidade dun traballo, que en ocasións debería estar repartida en parte, ou totalmente noutras persoas.

“Unta-lo carro”: intentar subornar, ou mercar a vontade doutra persoa por medio de obsequios, ou cartos.

Aínda na actualidade hai alghúns lughares desta terra onde séghuese usando o carro. Pero, a cada paso a xente vaino deixando nun currucho para usar no seu sitio, matraquillos, tractores, e nalghúns casos o coche particular. Pódese afirmar que o carro é un símbolo da nosa terra que nunca debemos esquençer.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------

1 comentario:

Anónimo dijo...

Sencillamente magnífico, Ramón. Case me saltan a bágoas... Eses tempos xa non volverán máis e os recordos estanse perdendo.

Á.M.Abalo