viernes, 8 de mayo de 2009

reposición-THE TROOPER

¡Que Gozada! ....Aquela tarde dun martes de 1984, no programa TOCATA saía IRON MAIDEN, eu en plena rebeldía adolescente me movía polo rollo heavy, pero sempre dentro de unha apariencia normal, para o que se estilaba por aquel tempo.

Sería incapaz de aparecer na casa con greñas, pendientes ou camisetas heavies, o máximo que me foi permitido foi poñer un poster de KISS na miña habitación diante da cama, os catro disfrazados de paiasos góticos, parecían a Banda dos irmáns Tonetti. (se estes cantaran Shandy, poñería un poster de eles).

Pero sí, a tarde foi aproveitada, cheguei ás sete e dez, (saíamos ás sete) todavía coa comedura de coco de Rodrigo e a unificación de Italia na cabeza,(que si Garibaldi, que si Cavour, que si anexión do Veneto,....), fixen un estupendo bocadillo de Nocilla con Chourizo (Probadeo e non vos desengancharedes nunca máis), senteime no vello sofá do salón, puxen na segunda e alí estaba Mercedes Resines anunciando o que ía ser o programa:

-Para empezar- Videoclip de AC/DC-"Flick on the switch."

-Segundo videoclip- Ted Nugent-" Tied up in love"

-Terceiro Videoclip- ACCEPT- "Balls to the wall"

-Actuación en directo......IRON MAIDEN.... A banda de Bruce Dickinson (doutor en historia) e Niko Mc Brian, actuaba en directo e nos deleitaba con tres temas...

-"Run to the hills"(increible), ....."The Flight of Icarus" (Moi boa, aprendina a tocar á flauta e todo) e para rematar ...The trooper";

Saltaron ó escenario empezaron a tocar en playback cunha chea de melenudos diante saltando, mentras Eddie facía de telón de fondo, Dickinson deixaba alí unha boa parte da súa gorxa.

-Cuarto videoclip-VAN HALEN- "Jump"., do álbum 1984.

E para rematar o programa algo máis suave....Loquillo e Alaska cantaban "o ritmo do Garaxe"(unha canción que nunca me gustou, mira que non ten cancións boas Loquillo para tocar esa merda).

Ese programa grabeino ó aire cun vello magnetofono TECSONIC que Manolo o de Pilita,a de Tia Maria, lle trouxera á miña irmá de navegar, naturalmente a cinta (¡¡unha BASF de 90!!!) soaba a lata, pero a min chegábame; Nos conformabamos con bastante pouco, ata aprendín as letras da canción en inglés e nunca entendín porque Anca me puxera Suficiente naquela avaliación, a mín, que sabía cantar "The Trooper",............................ me tiña manía, seguro.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Creo que Pedro pechou o kiosko,
así que mellor que vaia estudiar ó Galaxia ou á Balmes que alí os reghalan.

Anónimo dijo...

Por qué nadie habla de lo bocadillos de Angelita?

Anónimo dijo...

Refíreste ós bocadillos de cabello de angel? Aqueles bocatas de tortilla deliciosos que engullíamos nos recreos...

M dijo...

SEÑORES E SEÑORAS ESTAMOS ESPERANDO AS VOSAS APORTACIÓNS POIS O NOSO CEREBRO PECHOU POR VACACIÓNS, CONTADENOS ALGO O QUE QUEIRADES POR FAVOR MENTRAS NOS TOMAMOS UNHA CERVEXA PARA DESCANSAR.

BIQUIÑOS ONDE MÁIS GUSTEN, QUE DISO SI QUE PODO FALAR, JAJAJA.

Mary Hermo dijo...

FUN FUN FUN EU QUE ESTOU TAN ANDROJA QUE SE ME OLVIDOU POÑER O MEU NOME, XA VEDES QUE NECESITAMOS VACACIÓNS, POR FAVOR.