miércoles, 20 de mayo de 2009

AS LETRAS, XERMEN DA PALABRA, por Ramón Laíño



 
Letras xunghuidas aos seus sons e ás súas formas.


Letras suaves, letras rotundas, letras de amor, de pas, e de dor Con sabor, letras ansiosas de cada sentir, letras propias e alleas.


Enrevesadas, rectas, curvas, ghrandes e pequenas. Anchas, estreitas, sans e enfermas.


De cores diferentes como o arco da vella, así no çeo. Frías e quentes, apaghadas ou refulxentes.


Aprendiçes constantes de toda época e, momento. Como transmisoras da fermosura e, fealdade das xentes.


Semente nuclear e, creadora de verbas que alimentan a alma e o mundo. Narradoras de ideas compartidas ou, discordantes.


Xogho de palabras que compran e venden, que buscan e encontran. Que se pronunçian e se perden, enredantes e baldeiras, con significado e profundas.


Verbas do pensamento, verbas do aire, articuladas, entendibles, incomprensibles. Verbas do medo e da aleghría, verbas fuxidías.


Veículo do propio coraçón. Da casa, da familia, dos amighos, dos estranos, das entidades e das instituçións.


Relatoras de mundos por descubrir. Mundos reinventados, misteriosos, ocultos, imaxinados, lembrados.


Signos dos alimentos que culinariamente combinados nos sustentan. Dos sentidos que perçiben o exterior, do movemento dos nosos corpos.


Letras das vidas da xente, do mundo animal, doutros seres. Letras de libros sesudos, açuis, rosas, amarelas, vermellas, verdes esperança, ...


Verbas de báter e de odio que causan pena. Verbas bonitas e de amor que dan vida. Verbas do vivir de cada día.


Palabras con fillos reproduçidas e unidas, en tamaño aumentadas. Que nun instante se fragmentan e, desmembran en novas vidas.


Durmidas, sentadas ou de pé, esperando activas. Formas antighas, contemporáneas e futuras, a través do aire comunicadas, para quedarse no éter suspendidas.


Pioneiras aventuradas en orbes, conçeptos e formas desconeçidas que, exploran a súa apariençia, substançia e medida, dándolle sentido ao seu continente e contido.


Antighos sons articulados, sons de hoxe, e dos que por cheghar están, expresados na materia, no orghasmo e no espírito. Terrenais, místicos e celestiais, viaxando no tempo.


Bens usados, queimados, despraçados, esquençidos. Recuperados das súas propias cinsas. Bens inventados e creados, de novo naçemento.


4 comentarios:

Mary Hermo dijo...

Pareceme marabilloso este poema, fala moito de ti e de como te expresas coas palabras ás que lle das vida, un poema puro sen artificios rimbombantes.

Segue amosandonos o que levas dentro, que de seguro que é moito máis do que amosas e de seguro que no teu corazón hai moitos sentimentos escondidos, dalles luz.

siboney dijo...

Hoxe está o ceo entre azul e branco, da a impresión que vai facer calor. Xa levan un cacho rebulindo os coches e os autobuses dos nenos que van a escola, e veñen de volta de dar o seu paseo matutino os cans seguidos da cara de sono dos seus donos. Ay¡ si estes limparan o que os seus mellores amigos deixan detras mellor nos iria a todos.
Xa è hora de poñer en marcha a casa,eu xa estou lavada e almorzada, todo en moito silencio como me gusta a min, agora chega o momento de despertar ó resto da casa e a esperar a mañá a estas horas para volver a ter estes minutos de tranquilidade .

SANTIAJO PEMÁN(O DA TELE) dijo...

Levo sejindo o blog unha temporada e desde que apareseu nel Siboney paréseme que me vai a joder o nejosio. Polo que se ve levántase sempre moi sedo e sempre encabesa os seus comentarios dándonos a predicsión metereolóxica de ese día: "Que si sopla Sur e o tempo vai cambiar, que si o sielo está asul e branco e vai faser calor...Eu pediríalle á xente que me sija escoitando e vendo a mín na TVJ, que son máis fiable.
Mmm... por serto, para mañán ondas de forsa tres a catro con forte marexada a maruxía con ventos de Nor Nordés, e mar de Alborán.

Ramon dijo...

- Quero adicarlle esta poesía a un mestre que tivera no colexio, hoxe denominado "Praia Xardín". Chamábase don Jesús e, alcumábano "profesor Baterio".

Era manchegho, (da Mancha). Vivía nunha casa do propia escola que está fronte á entrada da escola Santa Baia. Para min foi un mestre fantástico, paçífico, tímido, comprensivo. Eu, podería levarme ben con calquera persoa, anque sexa de fóra, con tal de "conectar" con el ou ela.

A el, sempre o considerín moi afabel, cordial, comprensivo e sensible. Pareçía como se lle ghustara a paisaxe e o entorno, e quixera profundiçar na nosa esençia. Ighualmente, eu tamén quixera afondar na terra del, na súa Mancha, cos ghalghos e toda a beleça que poda ter a terra de don Quixote. E, por extensión, calquera outra terra da península ou, do mundo en xeral. Porque, el para min, era coma se fora un Quijote.

Lembro, que sempre nos puña a façer redacçións. Pero, primeiro pedíanos, con nós sentados, diçir en público á pillota (casualidade), unha palabra que nos viñera á mente. Anque non tiveran relaçión unhas coas outras. Logho, cunha contía determinada, púñamonos a façer unha redacçión: poesía, prosa etç., con elas. Este foi o sistema que eu empreghuín para crear esta "poesía".

Vai por vostede, de coraçón, don Jesús, "profesor Baterio".

Un amigho, para sempre