A voz susúrrame un poema,
a túa alma regálame palabras,
a túa risa dáme alento
para o mañan.
Acompáñame nesa viaxe
da tristura,
neses días de dor,
empúxame cara a Ledicia.
Lévame de viaxe polas estrelas, e
faime soñar cada madrugada.
É unha fada que por amiga teño,
que se achegou a min
unha madrugada, na que perdera
o rumbo do seu camiño, e
agora non me deixa soa,
dáme os bos días,
as boas noites.
Vixíame e dáme alento
para non desfalecer.
Esa fada es ti,
esa fada é a miña amiga.
Mary Hermo.
9 comentarios:
Tes unha boa fada. Non hai máis que ver as túas poesías, a túa sensibilidade e creatividade.
Eu tamén quixera ter unha fada amigha que me ensine a soñar, que ilumine no meu andar e nas miñas creaçións.
¿Onde estará esa fada para axudarme a ghuiar no meu camiño?
Ramón, esa fada está dentro do corazón de cada un de nós, só temos que aprender a recoñecela, nada máis que iso, e escoitar cando nos fala e nos guía.
Saúdos a tod@s.
Estaba mirando polo ventanal ollando o çeo soleado e despexado, de paso que me observaba para os meus adentros e imaxinei a cançión de The Human, do ghrupo The Killers. Fíxome emoçionar e chorei de aleghría pola profundidade e humanidade que me transmite este tema. Solo me quería evaporar e pasar a barreira do mundo físico.
Ao pouco tempo, tamén con este día soleado, retrotraínme no tempo á época do instituto, lembrando o tema the wonderful life, de the black. Tamén me conmoveu.
Hai tantas vibraçións e diversidades que che fan sensibiliçar e poñer a túa alma a flor de pel.
Cantas cousas produçen os ventanais e a interioridade da persoa.
¿Que diferentes inspiraçións se poderán reflectir no coraçón das persoas cando se mira a través das xanelas de cristal e tamén das xanelas da túa alma?
¿Que vedes vós nestas situaçións ou observaçións?
Por moito que trate de mirar adentro, non logro sacar a luz por escrito o que me imaxino.
A min resúltame difícil elaborar poesía con tódolos pequenos detalles máis cercanos.
Nin tampouco, de ser o caso, con ideas abstractas.
Sodes moi "espirituais". Eu, como non penso con palabras, non podo traducir fielmente o que me pasa pola testa. O que escribo ou digo é sempre unha aproximación ó que penso. Creo que nunca lle poderemos comunicar ós nosos semellantes exactamente o que nos pasa polos miolos.
Para o anónimo das 16:38, eu non creo que se trate de espiritualidade senón máis ben de sensacións que uns sinten máis profundamente que outros pois non se paran un momento a pensar ou lembrar, non sei moi ben como explicalo.
Sí, a eso me refería, a sensacións e sensibilidade (escribín espirituais nese senso, ainda que a palabra pode non ser apropiada).
Para ser preçiso tamén me veñen á mente os temas "Viva la Vida" de Coldplace, ou "Hot and cold" de Katty Perry, entre outros, pois moitos hai no disco duro da mente, e de tantas cançións que existen e que non sei delas, ou das que podan ser creadas nun futuro.
Bicos para tod@s.
Publicar un comentario