miércoles, 27 de mayo de 2009

CANTARES EXISTENÇIAIS: PERTENÇA, DESENGHAÑOS, TRISTURA, CONSOLO, ALEGHRÍA, RELEOS, ACTITUDES ...

- A Moimenta non vou mais que aínda me dixeron onte que salían a Cabrais.
(Xente que na época de fame saía á costa de Cabrais a asaltar.)
-------------------------------------------------------------------------------------

- Moimenta camiño duro, hei de pasear Moimenta de noite polo escuro.


- ¿De onde son, de onde serán? Sonche da canle de Cures daquela terriña chan.


- Para Cures n´ai (non hai) quen vaia. Para Cures iba eu se houbera quen me levara.


Para onde camiñades? - Para san Andrés de Cures. - ¡Que boa terra levades.!


Miña nai, casade á filla, non a deixes envelleçer que non son herbas dos campos que volvan a enverdeçer.


Imos subindo e baixando, sempre descalços e desnudos, así pasan os tres anos comendo os trompos duros. (Vida dun soldado na ghuerra de África comendo gharabanços).





A leva das ghuerras:


Cando era das ghuerras, dunha como de calquera outra que houbo no tempo, reclutaban por estas terras aos homes, moitas veçes forçadamente, para irse a ela anque non se lle perdera nada por alá. Entón o reclutado que marchaba para o serviço deçía con soidade e resignaçión:


- Dito falado: ¡Adeus mulleriñas que marchan os homes todos e ides tervos que agharrar ós carballos!.


E di o cantar entoado por elas:


- Aghora que vén a leva levar os homes todos, lévame o meu queridiño, lévame a vista dos ollos.

-------------------------------------------------------------------------------------------




Un vaise para A Habana e ve baixar unha viaxeira que iba moi fresca:


“De Cuba para La Habana vi bajar una viajera más fresca que una mañana y en tiempo de primavera”.



Miña nai non me casedes cun home que enviudou, non quero criar os pitos que outra ghaliña deitou.



Rosiña, si vas al monte mira que soy cazador.


Si tiro un tiro y te mato, para mi será un dolor. (bis)





Hoxe é luns, mañán é martes, cuarta feira logho vén. De mañán en oito días éche a semana que vén.




Palabras darei, darei. Palabras darei un çento e nincunhas cumplirei.


O río vai para baixo, leva carballos e follas, tamén podía levar / levare as lencuas marmuradoras.




Estrellita reluciente que vas de par de la luna, quiera Dios que lluevan palos por las costillas de algunos.


Meu santo San Salvador, pensamos amellorar e aínda imos a peor.


Miña cariña de rosa, vamos indo, vamos indo que esta terra non é nosa.



Era unha nai que tiña un fillo e pasaran moita fame para criar o fillo. Dóulle escola ata os doçe anos. A esa idade o fillo marchou para o mar cun amigho e o pai deste, embarcando no barco do pai do compañeiro. A todo esto di o cantar:


- Ghraçias a Deus miña nai que temos peixiños no mar a paçer e xa temos que comer.



Para non sentir pena, volverse tolo. Anque o traballo non é bo, non hai outro.



Llamó a mi puerta un anciano, yo le pregunté quien era. En lugar de responderme volvió a llamar con más fuerza. Bajé a abrir, ya no estaba, y tan solo vi en la puerta un letrero que decía: “El tiempo llama y no espera”.


Coraçón apaixoado, bághoas ter paçiençia, o que ha de ser desghraçiado, desde o berçe comença.


Estamos nunha terra tan miserable que se non me alabo eu non hai quen me alabe.





Fillo: - Mimadre, / Miña nai, non sei que teñen as flores do camposanto que cando as move o vento pareçe que están chorando.


Nai: - ¡Ai, meu fillo. Son almas do çeo!.




A requisa:


Un sacristán chegha a unha casa e peta na porta.


- ¡Señora ama da casa, vista o seu mandil de lan, dea unha volta na casa e veñan os ovos para acá. (Pedía os ovos para o cura, que acostumaba a ser unha duçia, anque case sempre se lle levaban directamente ó cura. Anteriormente eran máis cousas que os ovos)




Era un matrimonio no que a muller sempre lle iba á misa. El non estaba de acordo con esa instituçión e díxolle á súa muller:


- María e ti foderasme.

Di o cantar del:


- María, non quero que vaias á misa, nin á porta te asomes, nin collas / tomes aghua bendita onde a collen / tomen os homes.










Tállara das miñas entrañas, aldea incomparable, non te creas que te olvido, que che quero máis que a miña nai, que se tuvera diñeiro no Monte Castelo poría / poñería un letreiro que o que entre en Tállara que se fighure que entra no çeo.


Antes as casas tiñan porta con tarabelo e uns ventanuxos pequenos con tapas de madeira. Ás portas metíaselle a navalla e xa se abrían. Dille un moço a unha moça: - Mira, esta noite non teñas medo que ca punta da navalla hei de abrir o tarabelo e non teñas medo. E despois esa mesma noite así fixo e entrou na casa dela para estar os dous xuntos. O cantar dí así:

- Esta noite hei de ir alá, meniña non teñas medo que ca punta da navalla hei de abrir o tarabelo.



Taraghoña ponte firme que Rianxo xa caeu e o Araño está temblando co susto que colleu.


No monte de Araghón xa vin un araghonés, estaba clavando un clavo coa cabeça ao revés. Anda mañico rediós, que che vin mil veçes no Monte de Araghón xunto ós araghoneses.


Alá enriba naquel monte hai un santo, réçase non sei que e ghánase que tanto.


Porque chorando naçín, porque chorando naçín. Na pila do bautismo falta o sal para min.




¿De onde vés María?


Veño da verdura. Qué ricos repolos ten o señor cura.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Non se escoita moito sobre os de Moimenta.
¿Como se lles ve polas demais persoas de onte e de hoxe, e que clase de fama adquirida teñen?
¿Alguén escoitou nalgún momento algo sobre ela e as súas xentes?

Anónimo dijo...

¿como se sabe a simple vista si un é de un sitio ou de outro?, delatannos os xeitos? ou será que ó abrir a boca xa se sabe de onde somos? Un que naceu en goians, pasou toda a vida en Boiro e agora vive no Cabo, ése de donde é?

Anónimo dijo...

Depende dos costumes e xeitos que conserves dos lugares que teñan diferentes peculiaridades.
Co paso do tempo podes adquirir novas formas e actitudes dos novos lugares, podendo incluso conservar algo ou moito dos anteriores.
A pregunta sobre Moimenta como calquera outro lugar, refírese aos seus habitantes, cercanos no tempo e aos seus continuadores que vivan alí. Eso non quita de que haxa novos integrantes non orixinarios do sitio.
¿O ton de voz, as maneiras de dirixirse, uso de palabras concretas, os reparos, vergoñas, desvergoñas, tipos de traballos,...?

FILO LOJO (Filomena Lojo) dijo...

Moitas veces un sábese de onde é pola forma de falar. Vou poñer algúns exemplos:
Unha frase do tipo: "Xa sabes o que che dixen, tés que axudarme a vender os xurelos na lonxa".Esta frase pronunciada por un de Taragoña sería: " Sa sabes o que che disen, tés que asudarme a vender os surelos na lonsa".
A un de Riveira conoceralo porque dirá " Os oitros " no canto "dos outros".
En Boiro tamén hai moitas variantes lingüísticas. Na parte de Rebordelo, por onde o Hostal Miramar unha frase do tipo: "Rompeume a garrafa de ron na carretera" sería pronunciada como "Ghompeume a ghaghafa de ghon no caghetegha"
Para rematar direi que non conozo a ninguén que naceu en Goians, viveu en Boiro e agora vive en Cabo
de Cruz,pero sí que conozo a un tipo que naceu en Goians, viveu en Boiro e agora vive en Cespón. Este tipo de fauna ibérica poderíase denominar, ou decir que é un "Goyaboicesponiense"ou un "Goyaboicesponiano".

SEX PÓN dijo...

Eu sei outra...

PARA SAPATEIROS NOIA..
PARA PESCADOS..o SON,
PARA MOSAS..¡VIVA BOIRO!
PARA BORRACHOS..SESPÓN.

Anónimo dijo...

Eu coñezo a un que naceu en Ghoians, viveu en Boiro e vive no Cabo...
ten uha empresa de autobuses

Anónimo dijo...

Escoitei por aí que para bos mancadores de ferramenta, hainos bos polo Barbansa adiante.
Había moita tradision de forxas e ferreiros, con metal de calidade.
Non lle choraban á hora de mesturarlle á aleasión, e incluso se sobrepasaban e había que desbastar ou untarlle jraxa para que entrasen ben.
Eran moi farturentos.

Anónimo dijo...

Para o anónimo das 12.12

Sei daljún que tiña que usar toalla para manexar o ferro, porque salíralle semejante linjote que lle sobraba material á hora de mancar a ferramenta.

Ramon dijo...

Lese nun dos refráns referido a un ançián que chama á porta dunha casa, que remata deçindo: "O tempo pasa e non espera."

¿Por qué hai xente que chora polo paso do tempo?

Os que sexan feliçes, iranse con esas lembranças feliçes.

Os que son desghraçiados,deixarán de sofrir, polo que poderá ser un alivio para el@s.

Os que teñan problemas físicos ou mentais, xa nos os sentirán.

Quen considere que esta libre de todo problema "vario", non terá oportunidade de telos.

Se pasa, que pase, xa nos veremos cara a cara coa trancallada da creaçión, física, biolóxica ou espiritual, seghundo as crenças.

Dependendo a como lle fose a cada un na feira, así lle será máis fáçil ou difíçil de arriar a mercançía da vida, tendo en conta o a ghusto que estea con todas as súas "raíçes" que foi botando.

Anónimo dijo...

Non vos fagades ilusións. Non haberá ningún sitio donde verse despois desta aventura. Non hai mais alá, así que disfrutade do mais acá mentre poidades (con cordura, tampouco é cuestión de pasarse).

Ramón dijo...

¿Entón porque se usa o termo "despois desta aventura"?

¿Qué pasa coas carghas kármicas ou karma (defectos e virtudes)que a persoa arrastra por sí mesmo, como algho que naçe con un e non se loghra evitar caer sempre nos mesmos defectos, é deçir, un non é capas de deixar de ser quen é. Así mesmo, as ventaxas que poda ter para outras cousas que salen fáçilmente dentro de sí?

Non me refiro ás influençias do ambiente á hora de formar o seu carácter, que tamén inflúe. Hai algo xenético, pero esta carga xenética vén derivada de "algo" que arrastramos, non sabemos por qué.

Incluso o país ou territorio no que abrimos os ollos e vivimos, pode ser como unha sorte ou unha desghraçia.

Está comprobado que así como cada mineral ten as súas propias vibraçións enerxéticas, tamén cada persoa ten o seu nivel enerxético vibratorio e incluso os países e ámbitos xeoghráficos están rexidos ou son conoçidos pola maior influençia dun mineral sobre os outros minerais. Esto variará seghundo se vaian cambiando as coordenadas xeoghráficas.

Entón, todo pareçe que está condiçionado, e ben condiçionado.
Chamémoslle a este condiçionamento "X".

Anónimo dijo...

Que ninguén se perda esta noite na galega "Larpeiros". Asegúrovos que é o millor DE TODO O QUE VOTAN HOXE en tódalas cadeas da tele.

Mary Hermo dijo...

TRIPLETE CONSEGUIDO. A CELEBRALO

Tot el camp
es un clam
som la gent Blau Grana
Tan se val d'on venim
Si del sud o del nord
ara estem d'acord
estem d'acord
una bandera ens agermana.
Blau Grana al vent
un crit valent
tenim un nom
el sap tothom

Barça!, Barça!, Baaaarça!!!!

Jugadors
Seguidors
tots unit fem força
son molts d'anys plens d'afanys
son molts gols que hem cridat
i s'ha demostrat
s'ha demostrat
que mai ningú no ens podrà tòrcer
Blau Grana al vent
un crit valent
tenim un nom
el sap tothom

Barça!, Barça!, Baaaarça!!!!

Mary Hermo dijo...

QUE NON SE DIGA QUE NON O MERECEN.

Todo el campo,
es un clamor,
somos la gente azulgrana,
no importa de donde vengamos,
si del sur o del norte,
eso si, estamos de acuerdo, estamos de acuerdo,
una bandera nos hermana.
Azulgrana al viento,
un grito valiente,
tenemos un nombre,
lo sabe todo el mundo:

Barça!, Barça !, Baaaarça !!!!

Jugadores, aficionados,
todos unidos hacemos fuerza,
son muchos años llenos de sacrificio,
son muchos los goles que hemos gritado,
y se ha demostrado, se ha demostrado,
que nunca nadie nos podrá doblegar.
Azulgrana al viento,
un grito valiente,
tenemos un nombre,
lo sabe todo el mundo:

Barça!, Barça!, Baaaarça!!!!