jueves, 28 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Recolleremos fotos, anécdotas, novas, curiosidades... relacionadas co IES Praia de Barraña - Boiro, a primeira promoción, o seu alumnado e profesorado con motivo dos 25 anos de historia. E tamén outro tipo de artigos que poidan interesar aos lectores do blog. Contamos con vós.
25 comentarios:
Con estas medidas tan pequenas non podemos apreciar ben as fotos. ¿¿Hai algunha forma de velas un pouco máis ampliadas??
eu son a do bigote e as gafas , os demais non me sonan. Gracias a Corporación Dermoestética e o cinturon Vibropower hoxe estou moito mellor.
Por orde de emisión expoño:
O consello do comentario de onte das 20.23, aconsellándonos ver o proghrama "Larpeiros", foi açertado.
Bonito proghrama ghastronómico, boa materia prima, en boa parte esta materia é criada en estado natural, que a temos ao lado para botarlle a man, e non é cara.
Unha coçiña sinxela e do máis saborosa. Boas carnes, bos viños , licores, froitas, leghumes, peixes,... Que máis queremos na coçiña ghalega.
Vexo o deporte como un feito de eliminar toxinas e de autosuperaçión persoal do corpo e da mente, por iso o comparo máis como reto persoal de cada individuo consigho mesmo que como competençia cos demáis.
Desde este punto de vista sempre dixen e manifestei permanentemente que ghane o mellor, xoghue quen xogue e sexa quen sexa.
Feliçitaçións ao Barça como digno e limpo ghanador da Copa de Eurocopa e, e en conxunto, polo seu triplete conseghuido nun mesmo ano.
Tamén un reconoçemento a tódolos equipos e individuos do fútbol e de todo tipo de deportes que dan o peito e poñen o coraçón nos distintos deportes que practican.
Como ben dí Ramón, o programa de onte á noite de "Larpeiros" foi apoteósico,espectacular. Espero que o vírades todos e ninguén se despistara con calquera outra patochada que puido haber onte na tele.
Meu home leva quinse dias de cajallón en cajallón.
Pero esto non ten xeito, menos mal que acaba o fútbol porque non queda nada máis que ghanar.
Quixera deçir algho máis.
Creo que son máis que un clube de fútbol. E é verdade que como din: "son mes que un club".
Sei o que dixen sobre o deporte, pero sinto envidia san da mensaxe do himno do Barça que transcribeu Mari onte á noite.
Despois de tantos anos que se escoita, sempre é de aghradeçer que alghuén poña a súa letra por escrito para que todos a vexan.
É tan poderoso polo que está implíçito nel. Afánanse en internaçionaliçar a súa mensaxe á hora de estar no mundo, querendo ser eles directamente e façéndose valer alí onde vaian, equivalente a deçir: “Nós somos, por nós mesmos. Temos o dereito de estar onde pretendamos. E podemos alcançar a ghloria alí onde a busquemos”.
Incluso a súa dança, a sardana, é un baile de unión e compás en equipo. E os castellets, que fan torres humanas, coa base dos máis fortes e ghrandes abaixo, os que lle sighuen pola metade e os máis levéans e pequenos enriba, no cume.
Dedúçese que son voluntariosos, aman o seu, loitan, cren o que fan, apóianse, van todos a unha, son paixonais para o bo e para o malo, desconoçen o sentimento de sumisión, son emprendedores, son perseverantes,... Teñen sentido do seu e danlle valor ás súas cousas, fabricando proxectos de ghrandeça.
Son representantes da aspiraçión lexítima do ser humano en querer ir máis alá, superando obstáculos para deçir que: “nada é imposible”.
Esta é a diferençia entre os diversos pobos e tamén entre as persoas.
Como deçía Shakespeare: “Ser ou non ser. Velaí a cuestión.”
Reflexiono. ¿Por qué esa alegría desmesurada polo triunfo do Barcelona? Está ben alegrarse, pero si ganase o Sevilla a Copa de Europa non creo que aquí na terra de Breogán a xente se desgañitase tanto ¿ou si? Somos tan cataláns como andaluces ¿ou non?
non, por Deus:andaluces non!. Somos bastante mais cultos, formais e traballadores!
Como dixen anteriormente:
"Vexo o deporte como un feito de eliminar toxinas e de autosuperaçión persoal do corpo e da mente, por iso o comparo máis como reto persoal de cada individuo consigho mesmo que como competençia cos demáis."
De tódolos xeitos, perçibo e destaco que o deporte en equipo é moito máis difíçil e complicado que o deporte individual no que un responde só de sí mesmo.
Pero, xa que outras persoas son seghuidoras do fútbol e foi posto no candeleiro esta realidade, por eso reconoçín ese feito.
Non son afeççionado ao fútbol, pero, profundiçando no himno publicado, e como un intento de analisar en profundidade ese compromiso dos seus seghuidores e da súas xentes, vese que hai algho máis que un clube de fútbol, e podería verse nel os rasghos, temperamento e carácter de todo un pobo.
No meu caso non pretendo situarme no camiño das paixóns "dos equipos de fútbol", porque non son afeççionado ao fútbol, senón máis ben porque se observa que o afán de colectividade e de pertenençia desta comunidade destaca en dimensión e profundidade sobre calquera outro pobo que nos rodea.
Un saúdo
o que nos une cos cataláns, é que temos unha cultura propia, unha lingua propia, unha identidade propia, que rechazamos ó centralismo e que nos metan no mesmo saco que a España dos TOROS, PANDERETA, FLAMENCO, CHULAPOS,SIESTA, PAELLA; PALANQUÏNS; FESTEIROS Y RESALAOS.
Nós somos de Vacas, gaita, muiñeiras, humildes,madrugadores, caldo, traballadores, responsables e non seremos simpáticos, pero sí honesto.
Sei do que falo, pasando o Padornelo haiche moita maldad.
COn esto non chamo á independencia, nin á autodeterminación, a realidae é que somos españois, pero con grandes diferencias con respecto á meseta, de Andaucía, mellor non falamos.
Paréseme ben que o Barsa janase a champion polo ben que xojan, o que non me parese ben é que janen a copa do Rei e a lija das españas, se non queren ser españois que xojen a lija de Cataluña e a copa de Jordi Pujol.
Eu o que penso é que todos os nacionalismos son igualmente nocivos cando se levan ó extremo da exaltación das súas "virtudes" en contraposición cas dos outros. Galegos, Cataláns, Croatas, Vascos, Serbios, Franceses, Españoles, Alemáns... ¿qué mais da? Somos ciudadanos do mundo, ninguén é mellor que ninguén. Nin siquera me parece apropiado hinchar o peito con demasiado orgullo a prol da nacionalidade de cada un. ¿Para qué sirve eso? ¿Para facer guerras? ¿Por qué teño eu que sentirme orgulloso de ser galego, francés ou alemán? ¿Será porque os outros son peores que min? Non, non o son, somos todos igualmente valiosos. Non me gustan os nacionalismos, de ningún tipo.
Non fai falta sentirse orgulloso de nada, o orgullo non é bo.
TOTALMENTE DE ACORDO CO ANÓNIMO DAS 12:15.
Sempre estamos igual, por favor saide da casa, visitade outros paises outras culturas e deixadevos de mirar ó ombligo, nunca os pobos poden estar porriba das persoas; está moi ben querer o de cada un e aprezalo pero tamen hai que descubrir e valorar o dos demais, senon a este paso imos ter que facer coma os de Ikea una república independiente en cada casa.
Dios mío, xa me estou temendo outra serie de comentarios por entrejas a modo de fasciculos colecsionables de Ramón para hoxe á tarde.
Eu quero a independensia para a Republica de Joians. Non somos nin españois, nin jallejos e nin siquera somos boirenses. Temos unhas particularidades diferensiadoras culturalmente como pobo,por non falar xa do noso aspecto físico(juapos e elejantes)que non teñen nada que ver ca morfoloxía que poda ter un boirense ou un de Comoxo, por exemplo.
FREEDOM FOR JOIANS.
SKARABOTE KAPITAL, BOIRO SUKURSAL!!!!!!!!!!!!!!!!!
Para min non é tan complicado captar que hai pobos con máis efectividade e habilidade á hora de adaptarse á realidade e aos medios que a natureça dispón ao seu redor. Non é unha suposiçión, senón que é visible aos ollos do mundo.
Tamén está claro que cada persoa é un mundo, e uns con máis habilidades para unhas cousas que outros, cada un na súa valía. Por suposto que o individuo debe ser libre e dono de sí.
Ninquén negha que sexamos çidadáns do mundo pero ao mesmo tempo perteneçemos a pobos identificados, que non son produtos de laboratorio senón de moitas eras de evoluçión.
Se vivimos en colectividade, cando hai problemas ou neçesidades colectivas que nos afectan a todos, e se neçesita a colaboraçión da comunidade, ¿vai a ser o individuo quen resolva o problema de todos, ou será a colectividade que perteneçe ao seu ámbito de aççión?
O lóxico é que se resolvan na comunidade que habitas e que ten as competençias para eso, ¿ou van a resolvelo quen non ten nada que ver con esta realidade nin vive os problemas que lle afectan?
É verdade que viaxando ou lendo podemos ver as diversidades e riqueças que aghochan outros pobos e culturas. Eso é o que quixen extraer eu desa cultura e temperamento. ¿Por qué este problema?
Estádesme dando a raçón cando alghún-a deçides que aprendamos doutras culturas e que non nos miremos ao embigho como se existíramos nós solos. Por unha parte dísenos que viaxemos e aprendamos doutras culturas, e por outra se nos critica, que anque sexa dentro do respeto, falemos de virtudes e defectos dos diferente pobos. ¿Entón?
Síghuese co afán de usar á primeira de cambio a palabra “naçionalismo”, solo polo feito de destacar que hai colectividades ou pobos que usaron dun xeito máis funçional, aproveitable ou habilidoso todo o potençial que a vida ou a casualidade puxo ao seu redor, e tamén como sacaron ou fixeron ventaxas das escaseses de medios dos que careçían.
Non se pretende descalificar aos demáis por comparaçión no feito de intentar descubrir virtudes e defectos dos pobos. Moito menos se quere tender ao orghullo, nin hinchar o peito, nin façer ghuerras, senón a aprender dos outros cando hai cousas positivas neles, e desbotar os defectos que haxa que evitar.
Así como somos çidadáns do mundo, porque somos individuos por sí mesmos, tamén somos parte de colectividades elaboradas polos seus membros ao lonco do tempo.
É curioso que cando se viaxa polo mundo adiante para aprender cousas e ver distintas formas de vivir ou interpretar a vida, sempre se tende a volver ao seu lughar de orixe. Por algho será, non só polas actividades que aquí se teñen que continuar.
Dise que: “todos somos valiosos, que somos çidadáns do mundo, que ninquén é mellor que ninquén, que non hai que extrapolar ou enarbolar actitudes neghativas en base á comparaçión dunhas naçionalidades con outras, que ninquén é peor nin mellor que ninquén, que non lle ghustan os naçionalismos de nincún tipo, que visitemos outros paises, outras culturas e nos deixemos de mirar ó embigho, que nunca os pobos poden estar porriba das persoas; que está moi ben querer o de cada un e aprezalo pero tamen hai que descubrir e valorar o dos demais, senon a este paso imos ter que facer coma os de Ikea unha república independiente en cada casa.”
En base a todo esto, entón por moi viaxeiros e aprendiçes do mundo que sexamos para aprender doutros, ¿tampouco sería lexítimo sacar ideas desas culturas á hora de vivir e resolver os nosos problemas da mellor maneira intelixente posible?
En conclusión, índonos ao aspecto positivo e construtivo do estudio, sen afán de neghatividades nin superioridade de nincún tipo, e anque sexa dentro do respeto mutuo, por esta reghla de tres xa non podemos investighar, para aprender nós mesmos das virtudes ou formas intelixentes doutros pobos en como se enfrontaron á súa realidade, á vida e aos seus obstáculos, así como tampouco sería lexítimo entón enumerar os seus defectos como non aproveitables e neghativos.
Tomando os vosos consellos ao pé da letra, nincún deles se podería levar a cabo, porque vós mesmos nos estaríades impedindo realiçar estas tarefas tildándonos de ¿que, queríamos aprender do bo e do malo doutros pobos para ver de aproveitalo na nosa realidade, incluso sen afán de ofender, nin menospreçiar aos demáis?
CABO DA CRUZ
!CONCELLO XA!
INDEPENDENCIA E PAGADE DUNHA VEZ A DEBEDA HISTÓRICA QUE TEDES OS BOIRENSES CON NÓS.
ALÁ, SE XA DICIA EU.
A xente le o que se escribe ou contesta por contestar ao tum tum , porque esto non ten correspondençia nin correlaççión, nin moito xeito co que se expón.
Haber oh! Fixádevos no sentido e significado das exposiçións e deixáde de ser tan apurados ou "foghuetes".
Todo é moi simple, e á vez complicado. Eu só dixen que non me gustan os nacionalismos exacerbados e impositivos. Son indicación de intolerancia e pouca cultura. Esto non ten dada que ver con resolver os problemas individuales ca axuda da colectividade. Non ten nada que ver, tampouco, co feito de tentar aprender o mellor de cada pobo e aproveitalo.
No fondo seguro que todos estamos "casi" dacordo.
Fai bo tempo. Os que estades ó lado do mar poderedes ir á praia esta tarde...
Eu non podo ir á praia, porque aínda non están en condicións para ó baño ou tomar o sol, os malos tempos deixaron depositos feos e tamén algún que outro animal os seus excrementos, e se me deito na area ó mellor acabarei con algas e chea de cagadiñas de cans.
Anda pois eu tampouco podo ir á praia pois os accesos a estes areais do meu pobo están limitados ás persoas que non están en cadeiras de rodas, iso é unha realidade, e ademáis aínda non deu comezo a tempada de verán dado que segúndo os concellos comeza despois de mediados de xuño que é cando hai socorristas e cadeiras para o baño de persoas con diversidade funcional.
OPINADE DISTO POR FAVOR.
Pois sí, deberían mellorar os accesos ós areais poñendo rampas para cadeiras de rodas.
Publicar un comentario