ADIVIÑAS
¿Qué cousa é cousa que bate na lousa e nunca se pousa? - A mosca.
¿Que cousa fala no noso corpo? – A lincua.
¿Qué cousa é cousa que anda de día e noite e non chega á casa de seu dono? – O muíño.
Unha cousa que anda arredor, arredor e nunca chegha a casa. ¿Qué é?
– O muíño
¿Qué cousa é que se corta enriba da mesa e non se come? – A baralla.
¿Qué cousa é que o que o fai, faina cantando, o que a compra, cómpraa chorando e o que a leva non a ve? – O cadaleito.
¿Qué cousa é cousa que come pola barrigha e cagha polo lombo? - O çepillo de carpinteiro.
¿Cómo lle chaman ó mundo? – Unha bola e nós os boludos.
Unha señorita moi aseñorada, con tanto romendos, sen unha puntada. (A ghaliña, que ten as plumas espetadas).
Mira rapasiña, mira como veño, chea de puntadas e sen un romendo.
- A ghaliña.
Os sabores dos sabores, ¿que é? – O sal.
Un carreiro de señoras, cando mexa unha, mexan todas. ¿Qué é? – As tellas.
Ten a árbore doçe ramas, cada rama catro niños, cada niño sete paxaros e cada cal o seu motivo.
– É o ano cos doçe meses. Cada mes catro semanas, cada semana sete días e cada día o seu nome.
Redondiño, redondete, metido nun cabulete (casca), nin coçido nin asado, nin se come con cuchara. Non açertarás para este ano, nin para outro que viñera senón que eu cho dixera.
- É a nos. (Froito seco)
Estou no mar, estou no aire, estou na casa, estou na calle. Medita un momento que non é cousa rara e a pouco que penses poderás açertala. – A carta.
Unha María blanca coma unha pomba. Para ser pomba, ¿qué lle falta?- Ter as alas.
O home para ser perdighón, ¿qué lle falta? – As patiñas encarnadas.
¿A que volta se deita o can? – Á última.
(Outra versión): - Ás tres. Entra para o cortello/casarello, e anda tres voltas ó redor e ás tres déitase.
¿Qué fai un burro ó sol? - Fai sombra.
¿Por qué vai un can detrás dun coche cando pasa? – Porque vai o ghato dentro do coche.
Unha casa sen fume nin cheminea e mantén unha patulea (a todos). ¿Qué é?
- A ighrexa.
¿Qué cousa é cousa que sempre está dan, dan e nunca da nada? – A campana.
Alto me vexo no meu lugharexo, por unha risada perdín miña anada. (O castiñeiro que perde as castañas cando abren os ouriços.)
¿Por qué as mulleres non poden ser electriçistas?
- Porque en caso de emerxençia tardarían nove meses en dar a lus.
¿Qué lle di unha lus a outra? – Sempre dando lus e nunca temos fillos.
Do alto me miras e comer me querías. Ti morrerás e eu quedarei. De ti se fará onde eu me irei. – O po.
Na calle se viste e na calle se desviste. ¿Qué é? - ????
¿Qué lle di un misto a un pitillo? – Vamos fumar.
¿Qué lle dia un barrendeiro a unha barrendeira? - ¿Onde botámolo polvo?
¿Onde é Ghustodeboi? – Na cona da vaca.
¿De quen é o can? – Da cadela.
jueves, 14 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
18 comentarios:
Moi ben Ramón, moi ben. Sigue así. Non hai mellor realidade e maior verdade e claridade que o contacto e a unión coas nosas raíces.
A partir desta base pódese estudiar e diversificar o mundo desde nós mesmos.
Ánimo compañeiro.
Soluçión a esta adiviña: "Na calle se viste e na calle se desviste. ¿Qué é? "
Creo que significa que alghuén logho de prestarche na rúa unha prenda de roupa temporalmente e en calquera momento che volve a ver pola rúa, pídecha de novo ou ti entréghaslla quedando sen ela, por iso se entende que na rúa te vistes e na rúa te desvistes.
Un abraço e agradeçemento para o comentarista das 7.54
¿Que foi antes, a galiña ou o ovo?
Eu creo que tivo que existir un ovo primixenio do que nacera a galiña.
Dise actualmente das mulleres que son polivalentes e multifuncionais, non obstante creo que a maioría delas non poderían vivir sen os homes e viceversa.
Coido que tanto eles coma elas cando lles fai falta "aljo" non poden vivir uns sen os outros, tanto para o bo coma para o malo, sean nos actos "pecaminosos" ou nos de cariz sentimental.
Desjranando polo miúdo, tomando como exemplo as posturas horisontais, véselle a el botando un petillo en silençio, mentres ela quere palique e palabras cariñosas.
Unha quere profunfidades instropectivas mentres o outro quere tranquilidade lojo do traballo cumprido.
Creo que non haberá acordo xusto despois do remate da "faena" mentres non se volvan a recarjar as baterías.
De todo esto queda un aspecto positivo como son as sensacións do contacto íntimo así como levar memorizadas as curvas e rectas das carreteras.
Animo Ramón.
Vexo que tes unha grande recopilación de todo tipo de ditos da nosa cultura. Supoño que este é un traballo que levas realizando dende fai moitos anos, e segues así e o transmites tanto neste caderno como recolleito nun libro será unha maneira máis de manter a nosa cultura viva, pois os cativos de hoxe en día non a coñecen.
Bo traballo.
Unha aperta para tod@s e biquiños.
Animo Ramón.
Vexo que tes unha grande recopilación de todo tipo de ditos da nosa cultura. Supoño que este é un traballo que levas realizando dende fai moitos anos, e segues así e o transmites tanto neste caderno como recolleito nun libro será unha maneira máis de manter a nosa cultura viva, pois os cativos de hoxe en día non a coñecen.
Bo traballo.
Unha aperta para tod@s e biquiños.
Non hai actos "pecaminosos", senón actos placenteros. O pecado é non facer nada, iso si que é pecado.
Adiviñansas e mulleres:
1) ¿Cómo faser felis a unha muller o sábado?.
- Contándolle un chiste o miércoles.
2) ¿Cal é a última botella que abre unha muller nunha festa?
- A do Fairy.
3) ¿Por qué as mulleres teñen os pés máis cortos que os homes?
- Para poder arrimarse millor ó frejadeiro.
4) ¿Cómo darlle máis libertad á túa muller?
- Ampliándolle a cosiña.
5) ¿En que se paresen unha muller e un jlobo?
- En que o jlobo tende a subir e a muller sube a tender.
Bueno, despois de escribir esto, evidentemente estou esperando que elas den a réplica cas súas adiviñansas sobre os homes, que
tamén hai moitas.
¿Por qué os homes lles chamamos CARACOLES?
Otra vez:
¿En que se parece un home a un caracol?
Que conteste un home, claro se é home.
Será porque fai coma a ghaita do probe, estira e encolle.
O máis bonito e esplendoroso é o interludio ou intermedio entre estirar e encoller do fol, aí é cando hai que aproveitar para sacarlle brillo porque é a apoteose máxima do roncón co seu tiruliru.
Si señor Ramón, aínda que non iba por ahí os tiros, xa vexo que supestes darlle unha contestación simpática, para que logo digas que ti non tes arte, ti contestaches coma un verdadeiro cabaleiro e como un home en toda regla.
Algúns homes somos cornudos por natulareza, sorte ten o caracol te ter solo dous cornos...a diferenza é que o caracol saca os cornos ó sol, e ós homes saenos pola noite.
Babosos tamén somos, pero é que algunhas estades tan boas que non queda máis remedio que babear...tamén hai que decir que ás mulleres tamén babean, e algunhas , polo que eu sei, bastante.
En canto o de rastreros, hai de todo, tiven a miña época , pero a estas alturas, un xa non anda de arrastrado... insisto no que algunhas mulleres ás veces, entre o que babean e o o arrastradas que andan, ben lles veu ter pernas, porque senón deixarían rastro coma as lesmas..
só nos distinguimos nos cornos,,, xentileza vosa ...naturalmente.
Ay, desaparezo un momento é mira todo o que pasa.
Nada de sexismos, se somos todos iguais, só que cos anos ós homes lles colga unha cousa e ás mulleres nos colgan dúas, esa é a única diferencia.
O malo é cando eres home e xa che colghan tres....
No country for old men
Luís non digas esas cousas, oh!!!! que a min colganme por que miña sobriña mo dí e ten razón, jajajaja
Publicar un comentario