Este poema está adicado a unha persoa que xa non está entre nós, oxala o puidera ler antes, disculpádeme por non adicarvolo a vós, pero esto para min é especial e isa persoa comprendería do que falo, pero por desgracia deixounos e sei que estará voando libre xa.
¿Con que mans escribir?
As miñas foron despoxadas
do mellor sabor a froito,
da paixón desmesurada
que pola poesía sinto.
Non teño pluma,
non teño mans
por que a indiferencia
fixo delas morte prematura.
O pasado sepultounas
no máis escuro dos tormentos.
Pero si, teño corazón,
e latido, teño alma
e sentimento que fica
no máis a dentro
e de cando en cando
sae para fora
como bolboreta
en vuelo libre e sen
ataduras,
sen nada máis
que as gañas de piar
por saír da xaula
e recomezar a voar.
Mary Hermo.
3 comentarios:
Podes decirnos a quen lle dedicas este poema, e quen é esa persona que xa non esta. Supoño que será moi importante para ti e espero que se necesitas falar contes con todos nós.
Sen querer ser pretençioso e lendo con detenimento a túa bonita poesía, dáme a impresión ou así creo extraer da túa creaçión que esa persoa espeçial pudo influírche moito en començar a crear ou senón ser unha das máis relevantes á hora de iniçiarte na poesía.
¿Podería ser ela unha das que activou, causou, che predispuxo a que adquiriras un ghrande amor e paixón pola poesía?. E posiblemente, cando ela estaba viva, ¿sería a túa confidente, consultora ou unha das que lle transmitías o creado?
Podendo existir algho de verdade na miñas suposiçións, e sendo esa persoa dalghún xeito un referente, consultor, reçeptor ou apoio de toda a túa creatividade, espero que a túa força interior da que extraes as túas obras, tamén che fagha seghuir vivindo para poder superar esa falta, sabendo que el ou ela estará por sempre ao teu lado.
Sen dubidalo tamén podes contar con nós para o teu consolo e o noso apoio.
DEDIQUES A QUEN LLA DEDIQUES, E PRECIOSA... GUSTOUME MOITO
Publicar un comentario