lunes, 4 de mayo de 2009

A MULLER DE BEN E DE AMOR- Ramón Laíño


Polo dia da nai Ramón enviounos este poema


Á MULLER DE BEN, E DE AMOR



Muller que dentro das túas entrañas levas a fábrica da vida, e dos seus soños, continuando a esperança deste mundo.




Confortadora, e perpetuadora do enigma de existir que por medio dos teus çiclos lunares te enraíças nesta terra, e renovas.




Universo infinito, e misterioso, sustançiado e encarnado en muller. Profundidade, e beleça da creaçión para ser explorado, e comprendido.




Coraçón da realidade, emoçión dos teus soños. En amor, vives alentando aos semellantes, a quen a natureça puxo o poder de enxendrar novas vidas.




Contigho, van da man en corpo, e alma tódalas edades do teu ser, e xuntas camiñan ao unísono.




Nena da túa infançia, adolesçente que á lus como flor te abres, muller madura en todo o seu esplendor realiçada, crepúsculo da ançián de cumes nevadas que rememora as súas lembranças.




Muller sufridora, e resignada. Loitadora incansable que mantés a chama da vida, sen que a opresión, e o abatemento che impida continuar o misterio do teu camiño.




Planificadora das labores de cada día, traballadora impenitente, amamantadora e sustentandora dos fillos, columna vertebral da casa, e da soçiedade que estás presente en tódalas culturas.




Persoa deste tempo material que sen perder o encanto da túa natureça feminina, sighues confundindo coa sedutora dança do teu andar, e paseniñamente vas labrando o teu futuro.




Afectiva, cariñosa e delicada, doçe coma o mel, á ves que brava como unha loba. Amante comprometida que coida dos mínimos detalles, e valora a importançia das pequenas cousas.




Sabia conoçedora da alma humana na búsqueda de emoçións positivas. Mediçina natural para a saúde, e benestar da mente, e do corpo.




Ser que aínda sen parir das túas propias entrañas, te convertes sen dubidalo por un instante, en nai protectora, e amorosa de tódolos fillos da terra, e das súas çircunstançias.




Ti que estás máis perto do invisible, dás lus, e amor ao mundo, façendo máis aghradable esta realidade sen sentido.




Na escola da existençia, con coraxe, e moito amor, loitas pola vida. Coa sabiduría interior transmitida polos teus ançestros, a claridade, e serenidade do teu propio ser, érghueste en mestra das túas propias obras.




Con ilusión, vives o momento, sobrevivindo aos aconteçementos para continuar o teu destino.

4 comentarios:

Ramón dijo...

Vos deberíades saber cómo se perçibe eso que chamades sexto sentido. ¿Cal é a forma de perçibilo ou de intuílo? ¿Existe?
Eso non quere deçir que as veçes que usades este "sexto sentido" sexa verídico ou infalibre á hora de querer confirmar o que pudérades sospeitar.
¿Baseáse por acaso no "desconfía e açertarás"? Se así fora, ¿non resultaría que podería calificársevos de desconfiadas e intrighantes?
¿Esto é compatible coa saúde interior? ¿Vale todo para a supervivençia ou sería un complicavidas?

CARMEN VIJANDE dijo...

As mulleres non teñen un SEXTO SENTIDO, teñen o SENTIDO COMA UN SESTO

JESSY EXTENDER dijo...

Prejunta realisada por un usuario:¿En qué medida inflúen os mínimos detalles e as pequenas cousas na vida das mulleres?.¿Poden desmantelar un proxecto cando estes "pequenos" detalles non enjranan ben ...?

Resposta do jabinete sexolóxico:
POR SUPOSTO QUE SÍ. SI ESE "DETALLE" QUE COMENTAS É TAN MÍNIMO E PEQUENO COMO TÍ DIS, E AÍNDA POR ENSIMA NON ENJRANA BEN,CLARO QUE PODE EXISTIR UN PROBLEMA PARA A MULLER.PERO JRASIAS A DIOS, HOXE EN DÍA PARA ESES "PEQUENOS DETALLES" TEMOS "GRANDES SOLUSIÓNS", INCLUSO PARA OS QUE NON ENJRANAN BEN.

PENDENSIERA dijo...

Os siclos lunares son moi pelijrosos, sejún lles sople o vento a todas.
Tanto lles pode dar por poñerse a chamar cariñosamente polo jato, como actuar de viuda nejra ou de pantera.