martes, 12 de mayo de 2009

LENDAS-A SANTA COMPAÑA EN CARRAL




Foi unha vez que un pai e mais un fillo, que xa era home, viñan dunha viaxe e tiveron a desgracia de seguir, sen se deporcatar e sendo noite, un camiño que pasaba preto do adro dunha igrexa.

Dándose de conta do mal que lles traía o seu descoido ó se atopar nunha revolta coa Santa Compaña, que ó ser as doce sae do cemiterio para facer a súa rolda.

Pai e fillo viron arrepiados as luceciñas verdeás dos fachos que portaban as almas en pena e oíron o borboriñar dos pregos dos defuntos e, daquela, foi tanto o medo que gañaron que quixeron fuxir a escape sen o conseguir, porque o vello, xa canso e de pocas forzas, tropezou e caeu de contado sen folgos nin azos para se valer.



O fillo chegou un pouco máis lonxe, pero mellor lle fora caer coma o pai para se aforrar moitos contratempos, xa que, coma o vello, tampocuco tivo forzas nin saber para riscar no chan o circo e poñerlle no medio a cruz, como é ber para se librar das cousas do outro mundo en meténdose un dentro.

O pai, ó caer no chan, afociñado, quixo comprender que a Santa COmpaña para por riba del, pois sentiu ben no corpo como o tripaban as pasadas dos defuntos, deixándoo esmendrellado; fixo un esforzo erguendo un pouco a cabeza para mirar se vía ó fillo, mais, como era noite, non o viu.

Escoitou un pouco e non oíu cousa. Sen dúbida, levárao a Santa Compaña para portar a cruz, o caldeiro da auga benta e mais o heizope.


O pai, daquela, perdeu o acordo e non foi home ata o abrir do día. Estaba canso e sen forzas, doíalle o corpo, quixo porse en pé e as pernas non termaban del.


Ó cabo, mal como puido, case ás arrastras, foi facendo o camiño da casa.


O fillo aínda non chegara e el, perdida a cor e esgumiado, máis semellaba un defunto.


Ó rapaz atopárono logo os veciños. Apareceu durmido pé do cruceiro da parroquia, collendo nunha aperta o talo da cruz. O pai apenas tardou tres días en morrer e o fillo durou pouco máis tempo, mais ben pouco foi.


Ninguén conseguiu del que dixese cousa, porque o que vai cos defuntos, aínda que queira, non pode dicir o que ve nin o que lle mandan facer e tampouco quen é o que o fai: non pode virar a cabeza para ver o que leva detrás de si, por eso nunca ninguén dá razón.


O único que lle é doado facer ó que vai coa Santa Compaña, se é que se sabe dar xeito é, se atopa a outro desgraciado no seu camiño, o porlle nas mans a cruz e o caldeiro de auga benta e máis o heizope, librándose de seguir el ó deixar a outro no seu canto, mais, dende que o fai, e pouco o que tarda en morrer, pois co seu rudo traballo de po-la noite, perde a cor e vai esmorecendo cada día máis, mirrándose pouco a pouco.


CARRÉ ALVARELLOS, Lois. Contos populates da Galiza, Museu de Etonografía e História, Junta Distrital do Porto, Porto, Portugal

10 comentarios:

Liberada dijo...

O meu desexo como muller sería poder ligar co home q me gustase.
Non teño idea da cantidade de homes q nos tocan por muller.

Anónimo dijo...

A min se me tocara a lotería cantas cousas faría.
O diñeiro non é a felicidade completa pero axuda.

Falar sen experimentar dijo...

Non te creas q por tocarche a lotería se encarrila a vida.
Con menos diñeiro podes ir tirando e se sabes vivir cos q che rodean, incluso sentirás benestar ou felicidade.
Se non o crees dime a min como cambiarías os sentimentos mutuos entre a parella, ou poñamos por caso, se es unha persoa negativa ou positiva frente á vida.
Todo esto non se compra con diñeiro.

Pretensiosa dijo...

Liberada di textualmente: "O meu desexo como muller sería poder ligar co home q me gustase.
Non teño idea da cantidade de homes q nos tocan por muller."

Teño as mesmas pretensións que ti pero cunha pequena matización.
Se como muller que son ou de ter sido home, nos encontrásemos con quen nos gustase, ¿para que seguir saltando de flor en flor?

Anónimo dijo...

Quen máis sabe dos desexos e frustracións das persoas deben ser os/as psicólogos/as.
Ten que ser complicado manter unha liña de neutralidade co paciente e desconectar á hora de rematar o traballo.

Ramón dijo...

Non hai maior liberdade que ser espíritus pero sen ataduras pendentes a a esta terra como lle pasan ás almas en pena da Santa Compaña.

Anónimo dijo...

Aínda que o aspecto da Santa Compaña varía segundo a tradición de diferentes zonas, a máis estendida é a formada por unha comitiva de almas en pena, vestidos con túnicas negras con carapucha, que vagan durante a noite. Esta procesión está formada por dúas fileiras, que van cos pés descalzos, levando veas acendidas e deixando ao seu paso un cheiro a cera.
Xeralmente a procesión vai encabezada por un mortal (home ou muller, dependendo de se o patrón da súa parroquia é un Santo ou unha Santa), que leva unha cruz e un caldeiro de auga bendita, ao que lle seguen as ánimas con velas acesas. Devandito mortal, non lembrará durante o día, o sucedido no transcurso da noite, recoñecéndose aquelas persoas penadas con este castigo, polo seu delgadez e palidez, pois non se lles permite descansar ningunha noite, ata que morran ou outro sexa sorprendido, ao cal o que encabeza a procesión deberalle pasar a cruz que porta.
Pero a pesar de existir testemuñas que din ver devandita procesión, non todos os mortais teñen o privilexio de poder vela, pois Elisardo Becoña Igrexas na súa obra "A Santa Compaña, O Urco e Os Mortos" explica que segundo a tradición, tan só certos "dotados" posúen a facultade de vela: os nenos aos que o sacerdote, por erro, bautiza usando o óleo dos defuntos, posuirán, xa de adultos, a facultade de ver a aparición. Outros, non menos crentes na lenda, haberán de conformarse con sentila ou intuíla.
Afortunadamente para todos aquelas que a vexan, a cultura popular transmitiunos unha serie de estratexias que nos libran de devandita condena, en caso de encontrarno fronte a fronte coa Santa Compaña. E aquí déixovos as máis populares:
Apartarse do seu camiño, non mirarlles, e facer como que non se lles ve.
Acompañarse dun gato negro para arroxalo á procesión e fuxir (lembremos que o gato negro é un animal moi simbólico en moitas culturas)
Trazar o Círculo de Salomón no chan e meterse dentro ata que A Santa Compaña desapareza.
Facer determinados xestos máxicos como "a figa ou higa" ou "os cornos".
Rezar e non escoitar a súa voz.
Levar encima escapularios, obxectos sacros, allos ou castañas de indias.
Se non hai máis remedio un pode tirarse ao chan boca abaixo e esperar que A Santa
Compaña non lle pase por encima.

Mary Hermo dijo...

Nos tempos franquistas e noutros tamén utilizabanse moito estas lendas da Santa Compaña para evitar que as persoas pasasen por algúns camiños onde se estaban a facer negocios sucios, commo o contrabando de penicilinas e demáis.
Algúns contrabandistas daquelas épocas aproveitabanse das Lendas para asustar á xente e que non os coñeceran nin virán o que estaban facendo.

Saúdos a tod@s e biquiños.

Anónimo dijo...

A Santa Compaña non existe. O mais alá non existe, só o mais acá. O resto son desvaríos das mentes ociosas, medrosas, tendenciosas ou manipuladoras. Todo son contos para nos meter o medo no corpo e ter control sobre nós. Afortunadamente este tipo de control só funciona aproximadamente ata que un ten dez ou doce anos.

O que sí existe é o amor entre mulleres e homes (aparte doutro tipo de amores non hetero).

Mary Hermo dijo...

Si, niso tes toda a razón, xa dixen eu que moitos se aproveitaban das Lendas para facer os seus negocios, e hoxe en día iso da Santa Compaña e demáis lendas xa non se lles conta os máis cativos para asustalos, tan só para que as coñezan como se fosen contos inventados por algún escritor anónimo.