viernes, 22 de mayo de 2009

BOIRO MÄXICO- A CALZADA DE VITRES




As comunicacións eran para Roma fundamentais.

En Galicia o foron tanto que se dixo que o substantivo da romanización se condensó nas calzadas. A marxe de valoracións, non hai dúbida que Roma sen o sistema arterial e venoso das súas vías non fose señora do mundo.

Dahí que na construción de calzadas chegasen a ser sabios enxeñeiros: tiñan entre dous e cinco metros de anchura, aínda que máis dimensións nas curvas peraltadas, usaron grandes laxas ben asentadas con morteiro, sinalizáronas con miliarios que eran hitos con información; e de cando en cando edificaron mansións ou estacións para descanso.

A Vía 20 do Itinerario de Antonino é a chamada "per loca marítima", xa que transitaba a costa galega.

Non están moi claros os puntos por onde este itinerario discorría a península de Barbanza.

Fálase de Bealo por unha vertente e de Noal por outra.

Tamén de Cures e Queiruga. Precisamente en Cures sobrevive, ascendendo a áspera xeografía do monte Vitres e o castro alí aloxado, un anaco moi substantivo e admirablemente conservado da calzada.

Con esta Vía e unha lexión, a "VII Victrix", que parece apostábase no citado punto orográfico, Roma tiña garantida a paz pola ladeira do Barbanza onde as xentes castrexas, moi bélicas, eran perigo permanente.

O viaxeiro que queira andar e saborear este anaco de 150 metros de calzada na seu máis puro estado ten dúas opcións: a primeira, tomar a estrada a Noia e virar cara a Runs até chegar ao caserío de Mosquete.

Tómase, como se anota, a estrada de Noia e, a pouco máis dun quilómetro, dóbrase á esquerda onde estaba o antigo matadoiro municipal, pásanse os caseríos de Runs e Mosquete, onde, coa axuda dun guía chégase prontamente á Vía.

A segunda vai ascendendo pola estrada de Santiago de Lampón, en Escarabote, que enseguida deixa ao viaxeiro no citado Mosquete.

Dende alí, unha 'corredoira' que gatea entre piñeirais, toxeiras e 'xesteiras' condúcenos, tras unha camiñada de dous kilómetros ao momento máis sobresaliente da calzada, onde se expresa co máximo esplendor de enxeñaría e beleza, é viaxe que gratifica.

Tamén sobreviven anacos de calzada, pero máis vagos, por Belles de Abaixo e de Arriba. Estas rutas son ideais para os turistas gustosos do sendeirismo e o contacto coa natureza no seu estado máis salvaxe.

1 comentario:

Anónimo dijo...

o lujar é realmente hermoso pero o de calzada roman xa é outro cantar e senon prejuntade,antes de escribir aljo,no sentro arqueoloxico do barbansa