Lei de vida natural, lei de vida inmisericorde que sen piedade, alghún día, as prendas amadas do meu ben querer me levarán.
Naçín entre vós, para con vós vivirei, e dentro do meu coraçón continuamente vos levarei.
Pais, círculo protector onde sempre nos amparamos para ser amados, e consolados.
Incerteça na suficiençia dos bicos, e abraços que vos demos, e dos que sen dar nos quedaron.
Ofensas, e feridas que vos causamos, e das que a cambio entreghábades cariño, e comprensión.
Xuventude ilusa, inconsçiente, e desmedida deica os maiores, e a súa experiençia.
Momentos de ira, e pretensións soberbias de autosufiçiencia que inxustas foron ca vosa sabiduría.
Importante, e saghrado é o valor, e calor do voso amor que nos coida, e dirixe polo camiño da vida.
¿Para qué tanto sufrimento? ¿Solo para perpetuar a espeçie sen fin coneçido?
Sacrifiçios que pasástedes antes de ser eu vivo, e que non foron aliviados despois de ter naçido.
Corpiños curvados e encollidos polo traballo, caras surcadas polo tempo.
Suor do voso esforço para conseghuíredes o pan, e o sustento.
Falas, xeitos, e coneçementos desta terra que vos veu naçer, e na que vos criástedes.
Vidas que sen saber onde quedan nin a onde van, e co propósito de buscar o noso ben, así queimástedes.
Polo camiño quedan consellos, e deçisións que causaron sufrimento, e sen maliçia entre todos escollemos.
Quen de antemán saber pudera das consecuençias dos nosos, e vosos actos que na vida continuamente tomamos.
Sodes como as nubes do çeo que camiñando pasades á nosa beira,
e desta maneira sen poder retervos, vos ides paseniñamente para sempre.
Fillos que sen reparar na vosa valía, quedaranos a dúbida de tervos ido con máis aleghría que sofrimentos.
Só me queda o consolo de que esta viaxe non fora sensentido,
e que se un día vos marchades, unidos espero que moi axiña nos encontremos.
Sempre voso, Un fillo.
3 comentarios:
moi ben , ramón.deixame facer extensible a todolos pais este bo artigo,por favor.(meu deus,eres clavadiño a teu pai)
Noraboa Ramón, eses sentimentos creo que todos os levamos dentro pero que poucos os sabemos expresar, e ti fixechelo de xeito exemplar.
Felicidades a todos os pais que deron vida e loitaron polos seus fillos.
Eu hoxe felicito á miña nai que para min, fixo de pai e de nai, apesares de ter un pai (que non se portou coma tal), hoxe permiteme Ramón que lle adique este poema á miña nai que tanto adoro e quero e que ela si o sabe, trato de lembrarllo cada día e sei do seu sofremento o verme pasalo mal.
Gracias mamá por todo o que me deches e segues a dar, gracias por ser miña nai e por ensinarme os valores que debe ter unha persoa de ben, gracias mamá pola túa loita continúa, día a día, para que eu tamén loite.
Noraboa a todos os pais e nais que loitan e ensinan o ben ós seus fillos.
Bicos para tod@s en xeral, pais e nais, fillos e fillas, netos e netas, para todos.
Precioso artigo cheo de sentimento e de gran verdad, eu tamén quero facer extensible a todos os pais.
que razón, eres un cuadro de teu pai,pareceste moitisimo a él.
Publicar un comentario