Din que os galegos non temos personaxe nadaleira típica.
Din que o Papa Noel non é noso, nin os Reis Magos; din que tampouco temos un Olentzero vasco,un caga-tió catalán un Vello Inverno ruso ou unha Befana italiana.
Iso din.
Pero eses que din iso non saben que temos as Pupieiriñas que saen no debuxo feito case por miragre xa que son practicamente invisibles polo diminutas que son.
As Pupieiriñas aliméntanse de pupias ( miolo de pan ) e viven no bosque pertiño de fontes e lagoíñas.
Son rápidas e silandeiras. Hai veces que sentes un asubío e unha sensación de ser visto cando elas andan ben perto.
O seu traballo é adiviñar os desexos de naipelos e nenos que aínda non falan e non poden pedir agasallos polo Nadal.
Logo que o saben van lixeiras contarllo ó ser que leva os presentes en cada lugar do mundo.Así que xa sabes: a fama lévana outros e o traballo está feito por unhas galeguiñas espilidas.
Que a túa Pupieiriña atine co teu agasallo e axude a que teñas unhas boas festas. ________________________________________
3 comentarios:
Pupieiriña.....pupieiriña.....onde estás que non che vexo?
Ainda que sexa invención do pai de Leo, penso que non estaría mal pedirlles un pouco de alegría!!!Non vos parece?
Posiblemente os haxa, o que pasa que os que din que non os hai seghuramente non teñen investighado sufiçientemente ó respecto e anque así o fixeran podería dárse a casualidade de que non tiveron a fortuna de atopalos.
A xente desta terra pola súa mentalidade dáme a impresión de que valora pouco do que ten entre mans e çertamente así se van esquençendo historias e tradiçións que quedan no esquençemento ata que alghuén os recupere.
Pupieriña,pupieriña, só che pido que poida estar preto do meu amor para sempre axiña!
Publicar un comentario