jueves, 5 de marzo de 2009

CANÇIONEIRO POPULAR- PICARESCA E TROULA-Ramón Laíño

É o meu propósito dár a conoçer parte das miñas recolleitas levadas a cabo na miña época de adolesçente e xuventude, as cales foron herdadas dos maiores do meu lughar dun xeito intençionado e buscado por min e outras veçes indirectamente. Todo o isto forma parte do noso patrimonio cultural.


Asímesmo é extensible e está emparentado en boa parte co entorno vivençial de toda a nosa xente deste país como denominador común das nosas semellanças.


Con esta pequena exposiçión pretendo honrar nas miñas humildes posibilidades aos que mantiveron viva esta chama, coa fin detransmitírvola a vós e ás xeraçións vindeiras.



PICARESCA E TROULA

- A min me chamaron tonto, tontos os do meu lughar, que traballan e non comen, eu como sen traballar.

(Versión orixinal): - A mi me llamaron tonto, tontos los de mi lugar, que trabajan y no comen, yo como sin trabajar.

- Parranda coma a nosa non a hai no mundo enteiro, e por eso a formamos de casados e solteiros.

(Versión orixinal):- Parranda como la nuestra no la hay en el mundo entero, y por eso la formamos de casados y solteros.

- Anque me morra mañán, pena non levo nincunha, porque deste mundo levo ben corrida a tuna.

(Versión orixinal): - Aunque me muera mañana, pena no llevo ninguna, porque de este mundo llevo bien corrida la tuna.

- Cara de tuturulú / jujurujú, foste caghar / durmir ó palleiro, traes as pallas no cú.

- Nesta aldeíña hai unha pedriña sola onde se xuntan as vellas a rascar a paxarola.

- O cura que che casou debía estar borracho, porque che preghuntou se era femia ou era macho.

- É o tempo das fiadas para comer coas nenas catro castañas asadas.

- Unha noite me colleron nunha fiada de lan, unha noite me colleron, outra non me collerán.

- Unha noite me colleron nunha fiada de liño, unha noite me colleron, outra non meu queridiño.

- Nunha romería noutra cantámola foleada, levarémola outra.

- Hoxe é día do meu santo, téñoche que convidar. Pero non teño con que, faime conta calar.

- Asubía Farruquiño, asubía que vai vento. Tamén eu asubiaba cando era do teu tempo.

- Bico quente con touçiño éche o caldo da muller.

- Os homes son uns fanfarróns e na rúa son uns maricóns.

(Versión orixinal): - Los hombre son unos fanfarrones, y en la calle son unos maricones.

- Indo por alí arriba tropeçei con non sei quen, alá non sei que me dixo, que non o dixese a ninquén.

- Nos daquí e vós daí somos tantos coma vós. Nós comémolo carneiro e os cornos son para vós.

- Veñan as lanchas, veñan as redes anque non veñan eles.

- Cara de ghaliña choca, xa che boto de comer polo burato da porta.


3 comentarios:

Anónimo dijo...

volvendo ó cancioneiro, acordádesvos desta:
periquito teso
cara de conexo
vai lavar a cara
que che cheira ó mexo

Anónimo dijo...

volvendo ó cancioneiro, acordádesvos desta:
periquito teso
cara de conexo
vai lavar a cara
que che cheira ó mexo

5 de marzo de 2009 20:24

Non me dirás que esto non resulta insultante dentro do contexto no que foi escrito.

Anónimo dijo...

non era para que ninguén se sentira insultado, por favor, sólo era unha nota de humor infantil.