CANTARES EXISTENÇIAIS: PERTENÇA, DESENGHAÑOS, TRISTURA, CONSOLO, ALEGHRÍA, RELEOS, ACTITUDES ...
A
Moimenta non vou mais que aínda me dixeron onte que salían a
Cabrais.
(Xente que na época de fame saía á costa de Cabrais a asaltar.)
(Xente que na época de fame saía á costa de Cabrais a asaltar.)
----------------------------------------------
Moimenta camiño duro, hei de pasear Moimenta de noite polo escuro.
----------------------------------------------
¿De
onde son, de onde serán? Sonche da canle de Cures daquela terriña
chan.
---------------------------------------------------
---------------------------------------------------
Para
Cures n´ai (non hai) quen vaia. Para Cures iba eu se houbera quen me
levara.
---------------------------------------------------
Para onde camiñades? - Para san Andrés de Cures.
¡Que boa terra levades.!
--------------------------------------------------
Miña nai, casade á filla, non a deixes envelleçer que non son herbas dos campos que volvan a enverdeçer.
--------------------------------------------------
Imos subindo e baixando, sempre descalços e desnudos, así pasan os tres anos comendo os trompos duros. (Vida dun soldado na ghuerra de África comendo gharabanços).
-------------------------------------------------
A leva das ghuerras:
Cando era das ghuerras, dunha como de calquera outra que houbo no tempo, reclutaban por estas terras aos homes, moitas veçes forçadamente, para irse a ela anque non se lle perdera nada por alá. Entón o reclutado que marchaba para o serviço deçía con soidade e resignaçión:
Dito
falado: ¡Adeus mulleriñas que marchan os homes todos e ides tervos
que agharrar ós carballos!.
E di o cantar entoado por elas:
E di o cantar entoado por elas:
Aghora
que vén a leva levar os homes todos, lévame o meu queridiño,
lévame a vista dos
ollos.
--------------------------------------------
--------------------------------------------
Un vaise para A Habana e ve baixar unha viaxeira que iba moi fresca:
“De Cuba para La Habana vi bajar una viajera más fresca que una mañana y en tiempo de primavera”.
----------------------------------------------
Miña nai non me casedes cun home que enviudou, non quero criar os pitos que outra ghaliña deitou.
-----------------------------------------------
Rosiña, si vas al monte mira que soy cazador.
Si tiro un tiro y te mato, para mi será un dolor. (bis)
----------------------------------------------
Hoxe é luns, mañán é martes, cuarta feira logho vén. De mañán en oito días éche a semana que vén.
---------------------------------------------
Palabras darei, darei. Palabras darei un çento e nincunhas cumplirei.
----------------------------------------------
O río vai para baixo, leva carballos e follas, tamén podía levar / levare as lencuas marmuradoras.
-------------------------------------------
Estrellita reluciente que vas de par de la luna, quiera Dios que lluevan palos por las costillas de algunos.
---------------------------------------------
Meu santo San Salvador, pensamos amellorar e aínda imos a peor.
---------------------------------------------
Miña cariña de rosa, vamos indo, vamos indo que esta terra non é nosa.
--------------------------------------------
Era unha nai que tiña un fillo e pasaran moita fame para criar o fillo. Dóulle escola ata os doçe anos. A esa idade o fillo marchou para o mar cun amigho e o pai deste, embarcando no barco do pai do compañeiro. A todo esto di o cantar:
Ghraçias a Deus miña nai que temos peixiños no mar a paçer e xa temos que comer.
-------------------------------------------
Para non sentir pena, volverse tolo. Anque o traballo non é bo, non hai outro.
-------------------------------------------
Llamó a mi puerta un anciano, yo le pregunté quien era. En lugar de responderme volvió a llamar con más fuerza. Bajé a abrir, ya no estaba, y tan solo vi en la puerta un letrero que decía: “El tiempo llama y no espera”.
--------------------------------------------
Coraçón apaixoado, bághoas ter paçiençia, o que ha de ser desghraçiado, desde o berçe comença.
--------------------------------------------
Estamos nunha terra tan miserable que se non me alabo eu, non hai quen me alabe.
--------------------------------------------
Fillo: - Mimadre, / Miña nai, non sei que teñen as flores do camposanto que cando as move o vento pareçe que están chorando.
Nai: - ¡Ai, meu fillo. Son almas do çeo!.
-------------------------------------------
A requisa:
Un sacristán chegha a unha casa e peta na porta.
¡Señora
ama da casa, vista o seu mandil de lan, dea unha volta na casa e
veñan os ovos para acá. (Pedía os ovos para o cura, que acostumaba
a ser unha duçia, anque case sempre se lle levaban directamente ó
cura. Anteriormente eran máis cousas que os
ovos)
--------------------------------------------
Era un matrimonio no que a muller sempre lle iba á misa. El non estaba de acordo con esa instituçión e díxolle á súa muller:
--------------------------------------------
Era un matrimonio no que a muller sempre lle iba á misa. El non estaba de acordo con esa instituçión e díxolle á súa muller:
María
e ti foderasme.
Di o cantar del:
Di o cantar del:
María,
non quero que vaias á misa, nin á porta te asomes, nin collas /
tomes aghua bendita onde a collen / tomen os homes.
----------------------------------------------
Tállara de mis entrañas, aldea incomparable. No te creas que te olvido, que te quiero más que a mi madre. Que si tuviera dinero, en el Monte Castelo pondría un letrero que el que entre en Tállara que se figure que entra en el cielo.
-----------------------------------------------
Antes as casas tiñan porta con tarabelo e uns ventanuxos pequenos con tapas de madeira. Ás portas metíaselle a navalla e xa se abrían. Dille un moço a unha moça: - Mira, esta noite non teñas medo que ca punta da navalla hei de abrir o tarabelo e non teñas medo. E despois esa mesma noite así fixo e entrou na casa dela para estar os dous xuntos. O cantar dí así:
Esta
noite hei de ir alá, meniña non teñas medo que ca punta da navalla
hei de abrir o
tarabelo.
---------------------------------------------
Taraghoña ponte firme que Rianxo xa caeu e o Araño está temblando co susto que colleu.
---------------------------------------------
Taraghoña ponte firme que Rianxo xa caeu e o Araño está temblando co susto que colleu.
----------------------------------------------
No monte de Araghón xa vin un araghonés, estaba clavando un clavo coa cabeça ao revés. Anda mañico rediós, que che vin mil veçes no Monte de Araghón xunto ós araghoneses.
---------------------------------------------
Alá enriba naquel monte hai un santo, réçase non sei que e ghánase que tanto.
--------------------------------------------
Porque chorando naçín, porque chorando naçín. Na pila do bautismo falta o sal para min.
--------------------------------------------
¿De onde vés María?
Veño da verdura. Qué ricos repolos ten o señor cura.
6 comentarios:
¿É o ser humano relixioso por natureça? Seghuramente sí, porque se busca o sentido da vida para explicar de onde vimos, qué façemos aquí e a onde imos.
¿Pero a qué se debe a creaçión de relixións xa asentadas de tempos inmemoriais como instituçións xerárquicas de poder ou as sectas que aspiran a cheghar á altura das anteriores? Exemplo:
A requisa:
Un sacristán chegha a unha casa e peta na porta.
- ¡Señora ama da casa, vista o seu mandil de lan, dea unha volta na casa e veñan os ovos para acá. (Pedía os ovos para o cura, que acostumaba a ser unha duçia, anque case sempre se lle levaban directamente ó cura. Anteriormente eran máis cousas que os ovos)
¿Porqué ten que haber intermediarios? Cada un que crea o que queira a través da súa autoinstrospeççión como algho íntimo da vida interior e persoal de cadaquén.
¿Desde cando para comunicarnos con nós mesmos e co noso interior teñen que existir as cadeas ou “representantes” de obediençia para rendirlle pleitesía?
Outra cousa oposta é a liberdade de culto que non debe ser reprimida nin prohibida moito menos baixo un mesmo teito, como destaca este cantar claramente machista e represivo:
Era un matrimonio no que a muller sempre lle iba á misa. El non estaba de acordo con esa instituçión e díxolle á súa muller:
- María e ti foderasme.
Di o cantar del:
- María, non quero que vaias á misa, nin á porta te asomes, nin collas / tomes aghua bendita onde a collen / tomen os homes.
É triste e síntese impotençia ver estas situaçións que quedaron na memoria colectiva como çertamente suçederon por desghraçia na realidade. E inaudito que a experiençia persoal e interior de cada persoa quedase reprimida e silençiada polo esquema familiar dominante da época, o machismo.
Todo individuo debe ter a súa propia evoluçión por sí mesmo-a madurando as súas reflexións das súas propias creençias, non por imposiçións de ninquén, sexa quen sexa.
Hoxe en día, existindo todavía estes esquemas mentais, pero xa coas portas abertas á ighualdade de sexos que debe ser o respecto mutuo e apartando a un lado a força física que non a flexibilidade corporal, ¿realmente pode considerarse o sexo feminino como o sexo “débil”? ¿Seghuro? ¿É unha verdade absoluta ou relativa.?
¡SÍ,SEÑOR!.Con dos cojones.¡Qué non nos reprima máis a ijlesia!. Cantemos todos xuntos cunha misma voz,( ALL TOGETHER NOW):
¡MARSELINO, DIMISIÓN!,
¡MARSELINO, DIMISIÓN!,
¡NA AUTOINSTROSPEÇÇIÓN
ESTÁ A SOLUSIÓN!
¡NA AUTO...ETC..
ESTÁ A SOLUSIÓN!
Extráense varias temáticas e unha delas podería interpretarse como os casamentos amañados polos pais e sempre dentro dunhas determinadas edades táçitamente marcadas pola convençión soçial. Así mesmo xa non se refire só ós costumes, senón tamén ao intervalo de tempo reprodutivo da muller, como así se describe neste cantar:
Miña nai, casade á filla, non a deixes envelleçer que non son herbas dos campos que volvan a enverdeçer.
Llamó a mi puerta un anciano, yo le pregunté quien era. En lugar de responderme volvió a llamar con más fuerza. Bajé a abrir, ya no estaba, y tan solo vi en la puerta un letrero que decía: “El tiempo llama y no espera”.
Outro feito destacable é como continuaçión da situaçión anterior dos casos de casamentos orghaniçados polos pais o problema enghadido de formar parella con xente con carghas familiares, fillos doutras parellas. De existir liberdade de eleççión non ten porque ser un problema insalvable ter fillos dunha anterior relaçión sempre que así o determinan e o açepten as dúas partes, pero na copla que sighue vese a realidade contraria:
Miña nai non me casedes cun home que enviudou, non quero criar os pitos que outra ghaliña deitou.
Non obstante, incluso sendo as persoas totalmente libres e autónomas para contraeren matrimonio, non quere deçirse que as cousas cheghuen a funçionar ben como cabería esperar. Como exemplo a picaresca seghuinte que podería aplicarse tamén ó cortexo de farsa:
Palabras darei, darei. Palabras darei un çento e nincunhas cumplirei.
A ter en conta ao mesmo tempo o temperamente e a paixón nas relaçións amorosas de parella. Desde a perpesctiva de quen sexa máis enamoradiça-o súmase un sufrimento maior á hora de posibles desenghaños ou frustraçións que se relata a continuaçión:
Coraçón apaixoado, bághoas ter paçiençia, o que ha de ser desghraçiado, desde o berçe comença.
Nesta materia hai un compoñente de terçeiros a nivel de presión soçial. Son as faladurías e a dificultade de ter unha vida íntima sen interferençias:
O río vai para baixo, leva carballos e follas, tamén podía levar / levare as lencuas marmuradoras.
Estou ansiosa porque saían novas entregas das sagas: "Crónicas do Camiño" e máis de "Novo Cançioneiro".
joder, ramón, o blog e teu ç
mañán marcha rodrigo cos seus secuaces de segundo de bacharelato de historia da arte para a excursion que organiza todolos anos rodrigo.visitarán os monumentos,sempre con boas explicacions do gran profesor de arte,salamanca,mérida,sevilla,cordoba,malaga,granada,toledo,segovia.unha boa excursión,si señor.esperamos fotos fresquiñas cando volten o dia nove.
Publicar un comentario