martes, 17 de marzo de 2009

CRONICAS DO CAMIÑO - SIMPLEMENTE...PALOTES......-LUIS FERREIRÓS.


SIMPLEMENTE.....PALOTES































Era eu aínda moi merdento alá polos principios dos 70, o sol saía polo leste da miña cama e púñase polo oeste. Cama de 1,35 de matrimonio,madeira chapada, chea de raiazos..un día miña nai díxome que non se podía raiar a cama e a min veume á cabeza escribir cunha peseta “NO SE PUEDE RAYAR LA CAMA”, berráronme algo, pero sobre todo o que deberon de rirse os meus pais debeu ser bastante.

O meu compañeiro de habitación non era outro que o meu irmán maior, tíñamos unha parte do ropeiro, a xogo da cama, con copete torneado, para cada un. Pero moi a menudo o meu irmán exercía a súa ditadura de irmán maior sobre min ; Ás veces sentiame coma un invitado nos meus dominios, a miña colección de indios e vaqueiros que viñan en sobres de papel e que eu mercaba na libraria de Joaquina,(librariá vella, para os nenos de Boiro), ou na de Ermitas (libraría nova), aparecía completamente revolta, …nada que ver coa disposición táctica que eu dispuxera a noite anterior.

As zapatilas de casa aparecían atravesadas e os poucos libros (Colección Historias Selección) que eu tiña,e que ainda conservo, normalmente resultado de agasallos de santos e aniversarios aparecían completamente desordenados e coas follas feitas pó, polo tanto o disgusto pola miña parte tornábase dunha magnitude bastante considerable.

O meu cuarto tiña fermosas vistas, un balcón daba á estrada principal e desde alí podía ver a estrada principal e a polo daquela rúa privada de Bao, desde alí podía ver pasar á xente, ver mexar ás vellas, e si me asomaba era quen de ver a fermosísima casa de Tita, con dúas palmeiras no fermoso xardín que tiña e toda cuberta de hedras e rodeada de camelias.

Era un lugar perfecto para ver ós Reis Magos que viñan de Lampón, e ás veces algún arrebolaba desde o seu Mehari os caramelos ata o meu balcón, porque eso sí, o balcón era meu.

Pero eu prefería o cuarto da miña irmá maior, aínda que era un pouco oscuro, coma todos os cuartos interiores, tiña ese plus de privacidade do cal o meu carecía…Era unha habitación pequena, de chapa,con unha cama de 90 e un armariño a xogo, unha Nancy co seu armariño, cómoda e cama, e sobre todo unha boneca xigantesca vestida de fallera maior que a min provocábame pesadelos e se por min fora iría directamente ó bidón da basura.

O cuarto daba directamente a un patio interior onde estaban os canarios e que alumeaba a pequena estancia cos raios que entraban pola uralitas, non faltaba un barril de viño tumbado coa villa cara adiante e con un tazón debaixo para evitar que as pingas que caían mancharan o chan., pingas que sempre caían cando desbordaba a vella xerra de porcelana branca estriada na que o viño era recollido e posteriormente servido na mesa.

Eu facía vida na horta, invitaba alí a xogar ós meus amigos que eramos os reises escondendonos dentro dos tubos, collendo caracois debaixo das uralitas coa finalidade de metelos en grandes caixas e apostar por cal sairía primeiro atendendo ó señuelo da folla de verdura, un día apareceunos un “escancero” e o tema solucionouse con unha pedrada enriba do pobre do ofidio, tema pechado.

Tamén era de gran diversión subir ás mazanceiras, pasando dunha árbore a outra, ghavear ós vimbieiros e facer guerra usando mazás podridas coma arma arroxadiza e os grandes tubos coma parapetos …e rematar o ataque con unha carga de brigada lixeira usando vimbios amodo de espadas ou cimitarras.

Unha vez rematada a guerra iamos cara o soto non sen antes lavar as mans ó pilón ou botar unha mexadiña no vello excusado con placa turca de “cagar a pulso”, e por fin …. esquivando o sumidoiro,(non fora a ser que caeramos dentro coma pasou con algunha) entrabamos no soto , onde entre sacos de cemento e cal,faciamos cabañas cos milleiros de caixas que alí andaban apiladas coma un regalo de nuestro señor, ou faciamos concursos de peso na vella báscula de pesar cemento e que xa tan pequenos sabiamos manexar.

A entreplanta da tenda era todo un mundo , os mobles xa montados en exposición facían de aquel vetusto local o lugar perfecto para xogar ás casiñas ou casazas, según coma se vira, e tamén ó escondite,..meténdonos dentro dos armarios, e debaixo das camas.

Nas escaleiras que subían á vivenda había sempre tres caixas de bebidas, unha metálica de gaseosas A NOSA, que tiñan o mapa da ria de Arousa e por onde navegaba eu dende Boiro ata Cambados, outra de sifón da mesma marca e,como non, outra de cervexas medias , que os homes tamén tiñan que beber.

No faiado estaban as patacas, e por moito que dixeran eu nunca vin un rato alí no medio, na Ponte unha vez vin un , pero na casa do Cano nunca…Había fardos inmensos de vellos xornais que eu devoraba de cabo a rabo, sobre todo a tira cómica de Olafo el Vikingo,… centos de revistas caducadas, Semana, Ama que traian patróns de costura e eu non sabía o que era, e uns libriños pequenos que anunbciaban outros libros e levaban por nome Selecciones de Reader’s Digest… e sobre todo… a terraza..enorme, alí era os ito ideal para acampar nunha tarde de primavera, alí puxen o meu primeiro pombal, feito cunha mesa vella, cando tiven a febre dos animais..alí metía a man entre o enreixado da varandilla para ver ata onde entraba,…alí …estaba prohibido ir porque podiamos ter a tentación de subir ó tellado.

A vivenda dende a cociña daba acceso a unha tremenda azotea, teito da entreplanta, na que serái perfectamente factible poder botar un partido de fútbol, tenis ou voleibol..-..nunca entendín porque non enreixaron a azotea para poder ambliar o noso terreo de xogos, e ás veces saiamos porque veiamos á miña nai e a miña tía saltar pola fiestra para colgar a roupa.

E finalmente…a tenda…mobles, carritos, bicis,..unha lonxitude enorme e un pequeño escritorio onde a miña nai recibia ós potenciais clientes, que quedaba ubicado á esuqerda , pasadas as escaleiras…Na entrada un pequeño recibidor con baldosas de terrazo pousadas a modo de exposición,unha verxa vermella e un contador en alto onde escondiamos as chaves.

Á esquerda da tenda según saías estaba a de Moncho Sancristán, e despois a tendiña da Señora Carmen a Maroña…Daquela non había supermercados, facías a compra na da Maroña, na de Manuela ou no Sindicato….Non había contenedores de lixo, por non haber non había nen lixo, e a forma de reciclaxe máis común era a seguinte:




-Orgánico…para as ghaliñas.
-Periódicos…para secar o chan fregado.
-Vidrio….para encher de leite ou de viño.Os tarros ....para o azucre ou o sal.
-Bricks…Non había.
-Bolsas do leite…Para a cañeira.
-Papel de estraza..para envolver e facer contas enriba..
-Xa vedes,.. daquela eramos moito máis ecolóxicos que agora.
-Caixas de cartón e madeira…cociña de ferro.

A señora Carmen era unha señora baixiña, gordecha, pano á cabeza anudado atrás,sempre traballando, cando non era na tenda era na praza,...moito o sentín cando lle cortaron a perna e non volveu a sair á rúa!, ......cando pechaba a tenda facía pias coas caixas da froita, que nós apañabamos para facer de ficiticeas paredes e de camas e mesas nos xogos das Casiñas que tiñan lugar na horta da miña abuela Pilar(22 netos) arredor do pozo.

Pero o tesouro estaba dentro, ..xa no pequeño escaparate canteado en madeira vermella deixaba unha boa mostra do que alí había,… pero dentro, nun estante de madeira na vella tenda con chan de terra estaba o paraiso….












-Cropáns…Búlgaros, Bracito, Chapela, Megatón, Rufo, Chiu chiu..
-Bimbo…Bucaneros, Pantera rosa, Tigretón, Bony,Tunos, Mi merienda.
-Panrico…Tronko , Tronkito,Mio, Grisines.
-Ortiz… Gitanitos, Magdalenas con azúcar.
-Horno San Martirián.
-Rosquillas Girasol Rio.
-Damel.. Palotes
-Carmelos Sugus, chicles niña,refrescos Sidral,chicle bazooka Joe, caramelos snipes,sugusDunkin Kubala, Chiclets, Flagolosinas,Maskys….


Os pastelitos de Bimbo eran os máis modernos, con eles podías gañar un bimbojet ( unha especie de avión lanzado por unha goma), un bimbovni (voante voador), ou unha bimbola(o típico labirinto con bóla), ¡ Con que pouco nos conformábamos!

Eu perdía a cabeza por todas esas chilindradas e sabía que pedirlle á miña nai que tivese a ben mercar algo de toda esa ambrosía que eu vía todos os días ó pasar por diante era tarefa pouco máis que inútil, polo tanto as miñas estratexias eran outras.

Como todo neno utilizaba a chantaxe emocional, pero eu tentaba escoller os días que había alguén de visita, algún dos centos de viaxantes que pasaban pola tenda(Armando de Cachaza, que morreu xogando o Squash, Avelino de Mobles Carballo, O Sr. Gallego de Delio Rodriguez, Angel Arias de Hermanos Arias-Medina del Campo, etc.) podía ser a víctima das miñas argalladas e podían ter un ataque de xenerosidade dandome un pesiño para mercar algo, cando ue empezaba a montar o espectáculo que actualmente montan os cativos nas colas do super.

Outras veces había que esperar á visita de algún familiar achegado, pero que non fora demasiado achegado, posto que desa forma non vería nada extraordianrio en verme tan grandiño e non invitaría a nada, e a ocasión pintaba cando aparecía a miña tía Adelaida.

A miña tía tía é irmá do difunto do meu avó materno, vivía en Barraña nas casas baratas, e tiña daquela dúas fillas mozas e un fillo chaval, era viuva, como case todas as vellas, dentadura perfecta (era postiza) e gafas de pasta , oscuras tipo Roy Orbison, era unha muller alegre e sorrinte, máis adiante ocurríronlle todo tipo de desgracias,…. a morte da filla maior e tamén da segunda neta, pero ela nunca perdeu a sonrisa, pero nunca na súa vida quitou o loito, non sei agora… ou non sabe nen ela, posto que devorada pola enfermidade xa non se acordaa nin de quen é nin de quenes son os seus.

Gustábame mirar o seu pelo branco, parecía da cor da neve,..as mulleres antes non tinxían o pelo, e cada semana pasaba polo comercio para departir coa miña nai…e alí estaban as dúas sentadas á luz da lámparita en cadansua banqueta mentras escoitaban Lucecita ou Simplemente Maria na vella radio,.. ata que aparecía eu para chafarlles a tranquilidade.. a calma.. o benestar das tardes do inverno á calor da estufa de butano.

-“Mamá, dame algo”

-“Un pau polo lombo vouche dar”.

-“Mamaaá, dame para un cropán”.

-“Non hai, vaite leer”.

-“Solo vale diez pesetas”.

-“Vas levar,deixanos oir a novela!”

A miña tía calaba, por unha parte tiña gañas de darme as seis pesetas, pero non era quen de discutir a autoridade da miña nai, que tiña dende o primeiro momento que eu baixei as escaleiras polo pasamanos, decidido que non ía acceder ás miñas pretensións.

Entonces comenzaba a pataleta, e coa musiquiña mimenta eu empezaba a choromicar:

-“Quiero diez pesetas”.

-“Mamá, quiero diez pesetas”.

-“Mamá , yo quero, quero a chupeta
”, replicou ela , burlándose…ó que eu responmdín coa mesma música

-“Mamá yo quiero......…las diez pesetas”

A tía botou a man ó monedero, de aqueles negros en forma de cuncha que agora xa non quedan, mentras unha luz entraba nos meus ollos en forma de dous pesos.Pero a miña nai paróulle os pás, ou millor dito..as mans:

-“Non lle des nada, que vaia facer o parvo á casa de Cristo”.

-“Mamá , tengo mucha pena porque no me das las pesetas”.

Naturalmente burlouse de min cunha vella cantiga:

-“¡Que pena, que pena , que pena me das, na gherra de Cuba morreuche o rapás”.
Eu xa empezaba a cabrarme de desespero vendo que era como dar cabezazos contra unha pedra, polo tanto baixei as miñas pretensións de repente rompendo todas as normas non escritas das boas negociacións, polo tanto unha baixada de mási de dous tercios sería ben acollida por ela, e algo seguro había de levar.

-“Dame solo tres pesetas para palotes”

A tía Adelaida esta vez sí ía decidida a agasallarme coas tres pesetiñas, pero miña nai volveulle a parar os pés, alegando que a miña actitude non era merecedora de nada, e menos de galopinadas que o único que ían face era escarallarme os dentes provocando que desa forma tiveramos que coller o Vapor no Bodión para ir a Vilagarcía ó dentista.

O desafío espertou o meu egocentrismo pueril e rompín a berrar:

-“Quieeero paloootes” “Quieeeeero Paloootes”.

-“Vai vir teu pai”.

Pero no foi necesario que viñera o meu pai, porque xa estaba alí, subía do soto e observou desde a distancia toda a escea , causándolle vergoña a actitude do seu fillo máis pequeño chantaxeando emocionalmente á súa nai e á súa tía.

Polo tanto achegouse a min e fíxome un xesto instándome a ir con él…e aquel bendito día ….O meu pai deume ….PALOTES!

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Ghalopinsiño sempre foches bastante.

Anónimo dijo...

Ay, que gusto da recordar aquelas cousas tan ricas, os chicles, aqueles cropans,
Faiseme a boca agua, ainda me acordo do sabor que tiñan, ahora temos que manter o tipo porque senón os kilos fan majas, pero antes non importaban.

Anónimo dijo...

luis,cabronazo.xa sabía eu que algún día iba a ver esa foto no blog.tés no movil o album de fotos antiguallas e xa empezas a usalas aquí.o relato, boísimo.eu tamén xoguei algo no medio dos mobles e dos tubos de uralita.tamén cenaba os oviños fritos cando me quedaba a esperar a que meu pai me collera, de volta das clases de guitarra do centro cultural.

Anónimo dijo...

Acordome cando o vapor se collía no Cabo da Cruz, eu teño ido con miña avoa materna a Vilagarcia a vender o peixe e a facer compras, tamén teño ido a visitar a parte da familia que teño en Vilaxoán.
Pero que medo me daba ir naquel barco, tiñalle pánico pero cando empezaba a gustarme quitarono.

Anónimo dijo...

Benvida de novo ó blog, Mari Carmen Hermo. Alégranos o feito de que volvas a escribir, despois de levar un tempo sin ver ningún comentario teu. Queda así cerrado o tema, e contestada a pregunta que alguén formulaba fai uns días: ¿Sabedes algo de Mary?

Anónimo dijo...

Bueno, compañeiros, vexo que houbo quen se preocupou por min o ver que non escribía nada no blog, pero direivos que non foi por falla de gañas, senón por problemas de saúde, e que hoxe como tiven que saír forzosamente para arranxar uns papeis ó concello, aproveitei para votarlle unha ollada a este marabilloso sitio de encontro.

Non vos podo garantizar que poida escribir a míudo pois eses problemas continúan e fan que pase moito tempo postrada na cama e por desgraza a penas encendo o ordenador e como é de sobremesa xa vos podedes imaxinar que é un incordio movelo, así que vou pedir comoo fixo a Lola Flores "UN EURILLO A CADA LECTOR PARA COMPRAR UN PROTATIL" JAJAJAJAJA, pero que saibades que loito cada día como unha tigresa para saír deste novo problema que xurdeu coa miña saúde.

Darlle as grazas a todos en xeral por preocuparse por min, especialmente a Luís que nesta tempada é el quen se está a encargar de levar este caderno diariamente.

E seguide lendo e comentando que entre todos facemos grande este blog, non hai máis que ver as visitas que ten, quedei alucinada.

UNHA APERTA E BIQUIÑOS PARA TOD@S CON MOITO CARIÑO.

Anónimo dijo...

ramón,machiño,para comentar cada artículo fas un periódico

Anónimo dijo...

mary, coidate moito,querémoche ter ahí ó noso lado e ver os teus comentarios e poesías de vez en cando.lanzaches unha petición de broma,pero eu rogaríalle o administrador se encargara de recoller os donativos que os usuarios desexen facer para mercarlle un portatil a mary.

Anónimo dijo...

mary,alegrome un montón de volver a ter algo teu neste noso blog.eu tamén teño familia en vilaxoan.¡VAMOS A CONSEGUIRLLE UN ORDENADOR PORTATIL A MARY!

Anónimo dijo...

Mary, vexo que sigues conservando un toque de humor a pesar da túa salud, nunca o perdas amiga, eres a leche ti queres e poño textualmente "UN PROTATIL" xa me dirás que é iso porque eu non o sei.
Eres grande, e nunca perdas ese humor que sabes que é o que che manten viva aparte de toda a forza ca que luchas cada día para vencer a túa enfermedade.
Bicos.

Anónimo dijo...

Paréceme moi ben que as nais non cedan ante os berros e as chantaxes emocionais dos fillos, claro que iso só pasaba antes porque agora os rapaces fan o queren dos pais e, claro, como pensan que si os deixan chorar vanse a traumatizar...así estamos que son todos uns maleducados!