CRÓNICAS DO CAMIÑO-Unha mochila chea de saber.
Domingo pola mañá, día de lecer,….eses días tiñamos permiso para durmir un pouquiño máis , aínda que sin pasarnos, durmir de máis non estaba ben visto na miña casa, polo tanto a eso das dez aparecía miña nai tocando diana na vella habitación da casa onde nacín, entraba no cuarto coma un elefante e ó grito de “Veña arriba” interrompía os nosos inocentes ,polo daquela,sonos.
Cama de matrimonio de chapa, que compartiamos meu irmán maior e máis eu, armario ropeiro a xogo, mesiña de noite con lampariña e unha vella estantería Multimueble, chapa branca, ferros negros, que acompañou a miña viaxe por eses mundos de dios durante moitos anos.
A meu irmán costáballe bastante levantarse, facíase o remolón,mascullaba entre dentes e dábase a volta simulando que non escoitara,….a mín un pouco menos, ainda que non era trago que dixerise con gusto, polo tanto..os dous arriba e despois da pertinente mexada no pequeño cuarto de baño,tocaba tomar o almorzo, o vello fervedor de leite de cor azul botaba por fora, eso quería decir que xa estaba todo listo para tomar o leite con galletas, eso sí, pasado anteriormente polo colador.
Eu non podía crer o que vía nas películas de almorzar ovos fritidos ou cruasáns, os ovos eran para cear, non para o almorzo… o zume de laranxa era un luxo do que disfrutei durante varios días no Sanatorio da Esperanza cando estiven operado de apendicite alá polo 74…os cereais era unha cousa de cenza-ficción, só comparable ás hamburguesas ou sandwiches.
Tras o almorzo tirabamos os dous rúa arriba para ir á catequese previa á misa das doce, antes facíamos parada na Droguería para que os nosos primos tiveran a ben unirse a nós,…. eles sempre ían con pantalón curto,tronara,chovera ou ventara, nós iamos con pantalón de mahón ou de mesclilla e normalmente xersei de pico con camisa de solapón, calcetíns de perlé e zapatiños a xogo.
Unha vez os catro xuntos, pasabamos por diante da cafetería Las Vegas, que tiña unha maquiniña moi chula dun tanque dirixido desde arriba que ía derribando inimigos,sempre obxecto da miña admiración, e despóis do Banco Pastor, onde traballaba o seu pai,xa postos de dous en dous,deixabamos o o xardín e a casa do concello á man dereita e pasando por diante da tenda do señor Francisco o Chono alcanzabamos a costa do adro.
Eu normalmente ía falando con Carlos, que era da miña idade, meu irmán ía con Suso, que era case da súa e frecuentemente falaban de fútbol..todos tiñamos nomes futbolísticos…meu irmán era Cruiff, Suso era Santillana, Carlos tiña asignado ser Roberto Martínez,el quería ser Amancio, pero Amancio xa era Chicho, polo tanto tivo que tragar con ser Roberto Martinez…e a min que non tiña nin idea de xogar ó fútbol asignaronme Sadurní, posto que os que non sabiamos xogar iamos para a portería, e hai que dicir que non o facía mal.
Os nomes puxeranolos Manolo o fillo de Angelito o Zapateiro, que era bastante maior que todos nós e chegaba ó campo da misión para organizar macro-partidos de fútbol cos nenos,..,.todos toleabamos con él, sabía motivarnos e divertirnos, hoxe en día cando cruzo con él, sempre penso se terá memoria para lembrar todos os rapaces que agardabamos por él como o cegho pola vista para poder disfrutar de fútbol medianamente organizado, os nosos nomes, os alcumes, as caras, as habilidades…. a ausencia delas.....
Encarando costa do adro arriba iamos pisando as lousas que ameazaban con facernos tropezar e caer nalgunha fochanca que seguramente quedara de algún pasado dia de chuvia e chegabamos ó vello camposanto onde a entrada estaba anunciada or dous grandes obeliscos,en realidade só eran remates de canteiría de forma piramidal, sobre os cales subiamos para xogar esquivando a mirada do párroco,cousa que daría lugar a bronca segura, ou de algún dos seus acólitos, Buceta, Marcelino ou Costoya, que exercían de monaguillos.
Unha vez alí, normalmente entrabamos na igrexa para poder ir á catequese, meu irmán pasaba de largo e ía para a sala de xogos de Don Gonzalo, no soto do cine de arriba, e alí pasaba as dúas horas xogando ó futbolín , ás máquinas de petaco, billar de carambolas , ping-pong, a esa máquina da peseta onde o premio era recuperala despóis de facer todo o circuito que estaba marcado cos principais aeroportos de Europa, ou o primeiro e único Futbolín de baloncesto onde sempre os botón número 15 dun lado e o 7 do outro estaban estropeados.Un velliño ("simpático coma el solo") , coa boina calada ata a patilla das gafas de cú de vaso,atendía á xente que alí andaba concentrada, mentras roía e empababa en cuspe un celtas que a metade das veces estaba apagado.
Había quen decía que alí os rapaces fumaban, pero non fun quen de preguntarlle ó meu irmán si el era un deles, poñíase de moi mala sangre cada vez que algo non era do seu gusto, o que estaba claro era que eu e máis os meus primos eramos moito máis ghiadiños que el e cumpliamos relixiosamente co deber de ir á catequese antes da misa, era parada obrigada, xa podías ser mahometano, mormón ou adorador de Baphomet, a misa e a catequese dos domingos era sagrada e polo tanto faltar era un pecado que pagarías levando unha boa tunda.
Tivemos ó longo dos anos varias catequistas, algunhas ,máis permisivas que outras deixabanos falar das películas do día anterior (Se era non tivera rombos) ou da serie dos sábados ás tres da tarde do sábado, Orzoweii, Mazinger Z, Nacida Libre ou os eternos Heidi e Marco.
Ninguén quería que dar catequese con Marujita Piñeiro,que tiña o carácter de Catalina de Erauso,… era demasiado estricta e moi devota a un tempo, había outras como Ramoniña, Lourdes, Doña Maruja ou Mari Carmen que comprendían un pouco máis ós cativos, que sentados nos bancos de atrás faciamos grupiños por cursos esperando recibir a doutrina do Señor, cos ollos todavía leghañentos e algún sorbendo os mocos que nos días de inverno asomaban polas ventás do nariz.
Pouco antes da hora da misa, o señor párroco chamábanos a todos para adiante para darnos a súa charla pastoral, tratándonos coma se fosemos estúpidos ou algo parecido, facéndonos preguntas que sabiamos de carreiriña, (antes chapabamos con musiquiña),e que viñan perfectamente contestadas nos cadriños de cores do catecismo escolar da cada curso, repetía as preguntas unha e outra vez mentras todos os nenos respostabamos a unha, “Padre, hijo y espíritu santo”,.....resposta do seu agrado que repetía con sonsonete....“Muy bien, niños..Padre ,hijo e Inspritu Santo”.

Unha vez rematado o catecismo empezaba a misa que aguantabamos estoicamente metidos na capela da esquerda, fora da mirada do cura, a maioría non comulgabamos, aínda non fixeramos a primeira comunión e polo tanto sería un sacrilexio poñernos na rengleira onde repartían ostias, e que tanto espertaba a nosa curiosidade,..¿A que sabería?...¿Que se sentiría?? ¿Cómo sería a gracia de Dios??’.
Por fin soaban as palabras de “Podeis en Paz”, e naturalmente, a min faltábame tempo para coller vía e enfiar o portón de dúas follas para fora, non esperaba por ninguén, os meus amigos non compartían as miñas aficións, eu tiña que estar na casa para comer(normalmente caldo e Ollomol ó forno que era o que tocaba os Domingos) e o que fixera ata esa hora era cousa miña, mentras non fixera mal ningún,podía ir e vir a onde quixera, non era controlado por ningún adulto e os meus pais non andaban detrás miña para ver o que facía.
Polo tanto collía carreira pola Camiño Real e pasaba por diante da tenda de roupa de Carmela, onde anteriormente estivo a telefónica, e deixando atrás a vella casona dos Armentales os meus pequenos pasos chegaban ata o Cruceiro, enfrente da infranqueable finca de Fonteneixe, onde de vez en cando penetrabamos a sustraer furtivamente pezas de froita ata que sentiamos os ladridos dos cans, cousa que facía que inmediatamente ghavearamos coma posesos polos muros de pedra para ir dar ó Monte do Sino.
Chegado ó punto do Cruceiro, todo era costa abaixo pola que actualmente é a rúa de Bao, anteriormente unha sinxela pista de terra flanqueada por canavales, frecuente lugar de xogo,...tan só había un par de edificios, todos na parte de abaixo,a parte final da pista estaba rematada por unha cadea que pechaba a pista ó tránsito rodado, posto que daquela, era privada….eu divertiame moito ás veces vendo mexar ás vellas dende a fiestra do meu dormitorio, entraban na pista, escarranchaban sen agacharse e abrían as comportas con tanta forza que onde caía o torrente quedaba surco durante horas.
Lembro que un día de moi pequeniño estaba xogando no camión vello do meu pai,con cabina rematada en morro,ó contrario do camión novo, un Pegaso Comet verde e blanco con morro plano, e sen saber como soltei o freo de man facendo que a vella tarteira e máis eu acabaramos metidos dentro dun canaval no solar onde actualmente está o precioso edificio da telefónica.
Unha vez chegaba á parte baixa na boca coa Carretera Xeral, tiraba cara á dereita deixando atrás a tenda de Josefina a Cesteira e o bar de Andrés o das quinielas,entraba na libraría-sastrería do meu tío Ramón.
En realidade era tío da miña nai,...Ramón Vila Lojo, pero nós chamabamoslle Tío, supoño que por imitación, ou porque en realidade…. era o noso tío, ¡que demo! ,Home pequeño, mal encarado,constante carraspeo, lombo encorvado,…unha cabesalla dun carro alá no seu Cures natal fixera que desde que era moi pequeño fóselle negada a posibilidade de camiñar erguido, e a xente, que non é mala pero fala moito chamáballe “O chepas”.
Vista a incapacidade física que non permitía que traballara as leiras coa mesma efectividade que o resto dos mortais, foi aprender a coser e cortar a Noia, todos os días de nuestro señor andando desde Cures a Noia ian él e o seu corpiño subindo e baixando Cabrais, ¡co frío que tiña que facer nos dias de inverno!, co tempo montou unha sastrería en Boiro,..pero como a xente só tiña un ou dous traxes completou o negocio vendendo tamén revistas e material de papelería, cousa de fácil consumo,carto rápido.
Naquel pequeno local de apenas catro metros de fachada eu atopaba un mundo de sensacións que noutro lugar non era quen de achar,o arrecendo a humidade, mal compañeiro dunha papelería asulagaba o lugar, os periódicos facendo pías saúdaban na entrada, á man dereita, diante de varios estanterías metálicas que chegaban ata o teito, todas cheas de libros, libretas, tebeos, atlas,…ata chegar ás derradeiras filas, onde atopabas bobinas de teas de distintas cores, xunto con estoxos de cinturóns e tirantes, e bolsas de plástico cheas de bólas de chicle, para repoñer as da maquiniña de fora.Unha banqueta con escalón retráctil axudáballe a alcanzar as teas.No medio da tenda una zanxa feita no terrazo divideu o local en dous durante moitos anos.
Chamaba a miña atención de forma esaxerada unha hucha en forma de robot transparente, onde as pernas levaban as moedas de peseta e de peso, e os brazos as de cinco e dez pesos,…era máxica..botabas a moeda e mediante un sistema de poleas e plans inclinados, o robot detectaba o peso da moeda e dirixía cada peza ó seu lugar, que estaba perfectamente marcado ó modo de medidor de cantidades, para saber cantos cartos tiña cada compartimento.¡Como ansiaba ter aquel peto cheo de cartiños!
“Xa estás aquí”, “Non tes nada que facer?”,.. o meu tío recibiame coa súa natural simpatía,…pero eu sabía que estaba contento de verme, e sentábame nun banquiño que había ó lado do mostrador, esperando que sacase a lengua a paseo e daquela maneira fora receptor da infinidade de historias que el sabía.
A xente entraba e saía a mercar o xornal, xeralmente era El Ideal Gallego, que eu lía de Pé a Pá, se era sábado mellor, xa que traía TP e tira cómica de Olafo el Vikingo. Deixábame coller todos os tebeos que alí tiña, i eu, sentadiño no banco, descubrín ó Capitán Trueno, ó Xabato, a Roberto Alcázar e Pedrín, á Traviesa Filo y su genio Cirilo,a Yalahas Piffiado..espía colegiado e as historias do DDT, do TBO, e como non, de Mortadelo e Zipi y Zape.
Cando eu arrecendíaun posible arranque de xenerosidade, púñalle cara de canciño derrotado, entón el collía unha peseta e , levantándose da súa cadeira de palla, dirixíase cara á porta onde a máquina de chicles de bólas daba a benvida a todos os cativos, metía a moeda, daballe á manivela de dereita a esquerda e saía o preciado chicle,…cada vez dunha cor distinta. O seu xesto enchíame de ledicia, posto que a min encantábanme os chicles e aínda que o seu sabor chegaba ó meu padar durante un par de escasos minutos, disfrutaba daquel chicle coma se fora o último que fose facer na vida.
Unha vez, despóis de que o meu dedo navegara dende Almería a Bizerta e de ahí ata Haifa por todo o mediterráneo nun enorme Gran Atlas Universal, pedínlle permiso para subir ó primeiro piso, onde tiña a vivenda, posto que as necesidades fisiolóxicas acuciaban e necesitaba aliviar as miñas urxencias, e naturalmente deume permiso, de mala gaña, como facía todo, ..era un toxo..pero recheo de azúcar, e alí poiden ver a súa modesta vivenda.
Un estreitísimo cuarto á man dereita que tiña un catre e unha mesiña de noite de chapada en formica, unha banqueta, e asomando debaixo da estreita cama, varias caixas de froita cheas de patacas, quedei curioseando durante un momento posto que el non tiña cociña, comía na casa da miña abuela, pero alí tiña as patacas, algunhas con ghomos,escondidas baixo a cama sen facer… despóis entrei no retrete, unha mexadiña dun can e para abaixo, marcando os meus pasos nos escalóns de madeira que cruxía coma se fose desplomarse en calquera momento.
Sentei e seguín conquistando o mundo enriba do atlas, ..pero a miña curiosidade non foi quen de deixarme calado e espeteille:
-Tio Ramón, ¿Para que son as patacas?
Puxo mala cara, como debe poñela alguén que ve a súa intimidade violada por un retaco , pero non berrou, simplemente respondeu:
-E si volve a gherra??...Comemos Merda???’
Sabia resposta.
Non dixo nada máis,naquel momento comprendín que a infancia do meu tio non tivera nada que ver coa miña,o carro,as leiras, a enfermidade, a guerra, a fame… comprendín o que significa a guerra , nada que ver cos nosos infantís xogos,…miseria, penuria,maldade, fame e máis fame... "pasamos tanta fame que tivemos que empezar a comer nécoras", salpicou dende o pozo de saber que tiña nos seus adentros.

Aproveitou e empezoume a falar da fame que pasara e de mil e unha historias, ó tempo que sobre o mapa de España explicoume a batalla do Ebro e onde quedaban todas e cada unha das partes do estado.Espertou a miñ curiosidade por todo o que poidera botar ós miolos, ..alí..na vella tenda do Chepas.
Alí tiraba horas e horas, día tras día,devorando tebeos, xornais e mapas de todo o mundo ataz que el tiña a ben mandarme para a casa, eu miraba para o peto-robot e decíalle:
-“¿Regálasmo?
-“Que cho compre tu madre”.
Era o pan nuestro de cada día, eu chegaba á casa, comía,e a miña nai non quería saber nada de mercarme o peto, xa tiña unha lata do Banco Pastor que tiña unha flor e poñía “El ahorro es como los niños,… crece”, e total para os cartos que eu manexaba daquela,..sobrábame. Descansaba un pouquiño e despóis ía para a horta da miña abuela, eterno campo de xogos da nenez e adolescencia, ...hockey con cañotos de verdura, beisbol arredor do pozo, fútbol co portalón coma meta,, baloncesto nunha canasta que Moncho de Xapiño fixera para nós, ás Casiñas coas primas con caixas de froita da señora Carmen a Maroña facendo de paredes,e outros tantos xogos en familia,..... a horta da abuela Pilar, cando vexo o que agora é ,entran gañas de chorar......

Alí despois de comer estaba o meu Tío Ramón, tumbado dentro dunha carretilla á sombra dun limoeiro, tomando unha merecida sesta.Se facíamos moito ruido estalaba e collía unha corre na man para botarnos fora, pero unha vez desvelado miraba como xogabamos arredor do pozo, e incluso pacificaba as disputas entre os máis pequenos.Cando entraba Carlos, o máis pequeño de todos, na horta, erguía a cabeza e saudábao con unha man mentras levantaba o tono e decía con voz cansina…”¡¡Caalros!!”,mentras o resto parabamos o xogo para mirar para el, e reir entre dentes a súa mala dicción con aquela voz metálica e carraspenta que tiña.
Unha vez apareceu un alacrán debaixo da pedra de afiar e ante os nosos gritos colleu un sacho e destrozouno nun intre diante de todos…Unha vez tivo matado o bicho sentenciou en voz alta “ Picadura de alacrán,pide cura e sancristán”.
Despóis marchamos xogar ó campo da misión, alí os meus amigos preguntabanme onde estivera pola mañán, naturalmente eu respondíalle,que na tenda do meu Tío Ramón,eles sempre facían unha leve puntuación..”¿Na do chepas?”…ó que eu respondía sempre co mesmo refrán.
..”Non é chepa, é unha mochila”.
Un día pola mañán, había alboroto na miña casa, empezaron a traer cousas, libretas, libros , teas, bolsas cheas de chicles….O Tío Ramón morrera,o seu avellentado corpiño dixera Basta e os eu corazón non volvería a estar entre nós, non volvería a escoitalo carraspear, nin volvería a sentar no banquiño de madeira ó seu carón, non máis sestas debaixo do triste limoeiro,..foise.
Enterrámolo no camposanto, e todo o que había na tenda fora repartido entre os sobriños, a casa vendeuse e tirouse para facer un edificio…… e para min quedou o peto en forma de robot,unha chea de tebeos, dúas bolsas de chicles de dous kilos cada unha, o seu recordo e…. unha mochila chea de saber.
11 comentarios:
conmovedora
Son as 7:50 minutos da mañá de hoxe,luns, e sóa o despertador. Doume media volta e apuro 5 minutos máis de cama. Levántome de mala gana,vístome, e baixo a almorzar. Chego á cociña e xa están alí os meus fillos acabando cadanseu tazón de cola cao con galletas. Ando medio chocho aínda, dándolle a primeira dentada a unha magdalena, cando o meu fillo máis vello xa me solta:
- ¡Papá, macho,apura!. Hoxe tesnos que levar tí a Noia ó cole, porque temos excursión e hai que estar alí as 8:30 para coller o bus.
Miro a hora e xa son as 8:05, así que levántome da mesa metendo a magdalena de golpe na boca, e diríxome a asearme ó baño. Poño pasta no cepillo, pero doume conta de que non podo lavalos dentes porque aínda estou masticando a puñetera magdalena,que non da baixado. Aproveito para lavar a cara e peitearme os catro pelos que me quedan. Por fín a magdalena foi dixerida e comenzo a lavar os dentes. Cando levo catro cepilladas xa oio ó meu rapaz máis vello dende o garaxe:
- Papaaa... a ver, oh,¡mira que eres lento!¡ Como perda o autobús tesme que levar tí á Coruña!.
Baixo correndo as escaleiras, entro no garaxe,cálzome, e subo ó coche. Volvo a mirar a hora, as
8:15.
Tira para Noia. Empezo a conducir intentando ir o máis rápido que se pode, e todo vai ben ata chegar a Cures,onde engancho diante un camión e non podo adiantalo ata casi chegar a Noia. A todo esto, no asiento de atrás, dúas moscas cojoneras, recórdanme:
- ¡E xa son as 8:30, e aínda estamos no "Trapeiro", e non chejamos...e ímos a perder a excursión pola túa culpa, que te levantas con tanta calma..., e que conduces tan despacio...!
8:39 minutos, por fín chegamos ó cole. Por suposto os meus fillos non tardan en botarme o responso: ¡Xa están todos no autobús.., e están a esperar por nós..,.. que somos os últimos en chejar!.
Despídome deles, e miro outra vez o reloxio: as 8:45¡carallo!,corre para Boiro que hai que empezar a traballar ás 9:00. Outra vez rapidiño pola carretera que o tempo apremia.
Chego ó choio, entro e volvo a mirar o reloxio: as 9:01, un minuto tarde, non está tan mal.
Non fago máis que sentarme na mesa e xa vexo unha lista de "tarefas" que me quedaran pendentes de facer da xornada anterior. Paso toda a mañán indo e vindo, e veña e dalle, ata que teño todo máis ou menos en orden. E volvo a mirar o reloxio: as 13:30.Hora de marchar.
Síntome un pouco estresado,agobiado, e doume conta de que nin siquera tiña a radio posta. Encéndoa e póñome a escoitala un pouco. O locutor está falando de algo que me fai pensar en todo o que me acontecera ó longo da mañán.
Polo visto hoxe é o "DÍA MUNDIAL DA CALMA", vamos o día mundial antiestrés,e antiagobio. Disque existe unha corrente cultural que
se denomina "MOVIMIENTO SLOW" e que promove tomar o control sobre o tempo en vez de someterse á súa tiranía. Non estar pendente do reloxio, e dedicar parte do teu tempo a actividades máis relaxantes para o espíritu como poden ser ler ou escribir.
Así que,antes de marcharme para comer, e seguindo as indicacións do "MOVIMIENTO SLOW", decido entrar na páxina do 25 aniversario do instituto, e relaxarme un pouco. Vexo que hoxe toca narración de Luis. E así como a vou lendo, doume conta de que é boa, moi boa, e que está conseguindo facerme rir e pasar un bó rato. Cando remato de leela, apago o ordenador e voume para a casa a comer. Pero creédeme,voume moito máis contento e relaxado do que estaba ata ese intre.
NORABOA,LUIS. A CRONICA DE HOXE FOI A MILLOR DE TODAS. JRASIAS POR FASERNOS "A DO CHEPAS".
Moi bo relato, que recordos tes, así da gusto leer.
A todo esto vexo que hai moitas visitas pero que poucos comentarios, que tímidos somos cando temos que falar, creo que seguimos sendo nenos pequenos cando daquela nos daba medo preguntar algo, e ahora facemolo leendo sin comentar, resulta curioso, non creedes?
Xa fai tempo que non se lee ningun comentario de Mary Hermo, escoitei dicir que estaba mal de salud, alguien pode decir se é certo e de paso alguien pode decir como se atopa.
Moi bo relato Luís, a verdade é que fas que un pase un momento do máis entretenido lendo.
Por certo o comentario de Pedro está tamén ben, a verdade é un relato mais curto. Ánimo Pedro que non decaia e segue a escribir couass
pedro non andaría con tanta presa se tivera os fillos nun colexio de boiro
luís , eres un fenómeno.levástesme ata eses días nos que eu tamén falaba co tío ramón e lle iba roubar os escudos dos equipos a aquela caixa de cartón rectangular na que os tiña metidos.tamén lle iba moito ás bolas de chicle.un saudo.
No me deu tempo a ler o relato porque xa entro a traballar, so mirei as fotos e teño que dicir que este Luis xa prometía dende pequeno porque hai que ver que juapiño era(bueno...e segue sendo.
Quén me dera ver a Carlos e Suso Chousa índo cara a misa en pantalón curto.
Boas,son un familiar de Luis e solo quero dicir acerca do tema: Unha mochila chea de saber.
GRACIAS,GRACIAS E MAIS GRACIAS polo comentario,pola maneira de contalo,pola maneira de non olvidarse de nada desos tempos,por contar como era a xente:boa,mellor,etc e non pasaba nada por ser asi.
Por expresar á xente o que moitos recordamos coma a nosa infancia,por non esquecerte dos detalles mais simples pero os mais comicos a vez,e sobre todo por intentar explicar e recordar o que tan dificil e de rir senon estiveches presente en corpo e alma neses momentos das nosas vidas.
Se a xente que ollou este comentario riu un pouco e non e desta zoa ou non sabe de que vai,
imaxinade o que rimos nos,digo nos,os que pasamos esas historias caseque parecidas con Ramon,Marujita,etc..
Sen mais Luis,esto e un triunfo persoal unico á tua persoa ó meu entender.Se es capaz de seguir neste camiño coas historias ,que son moitas e boas,dos tempos no que non se facian tantas distincions entre ricos ,pobres,feos ,guapos etc,Chapooo maiestro.
Unha aperta, e descubrome Prencesss.
carallo luis! a tí mtocouche moito máis que a mín no reparto.xa cheguei tarde.bueno, non me queixo por que eu daquela tiña xa catro pelos na barba e no bigote e tocoume unha maquina de afeitar philis electrica super guay.
Publicar un comentario