Breogán, fillo de Brath, foi o podente xefe dunha daquelas tribos dos ártabros que moraron nas terras de Galicia, na parte central da costa norte, cando os celtas asentaron, miles de anos antes da invasión dos romanos no noso país.
Nunha pequena insua que hoxe está unida po-la parte moderna da Courña, construida sobre area, existía a vella cidade gobernada por Breogán. As barcas de vimio recubertas de coiro abrigábanse no pequeno porto de San Amaro.
Preto de alí, nunha das beiras que fai un pequeno outeiro, Breogán fixo construir unha grande e ergueita torre máis achegada á mar aberta.
Aquela torre podería servir de guieiro ós navegantes; podería tamén, acendendo no seu cume unha lumarada, transmitir a longas distancias durante a noite certos sinais, como por exemplo a arribada daquelas grandes naos dos marchantes fenicios que viñan comerciar cos galegos, unha orde de xuntanza, un perigo que arboleaba ou cousa po-lo xeito.
Unha tarde, Ith, o fillo de Breogán, subiu ó cimo da torre e albiscou ó lonxe do mar; aló, nos confíns, pareceulle ver entre as brétemas da distancia outra terra descoñecida.
O desexo de saber o que habería naquel lugar, ata daquela ignorado, empurrouno á aventura.
Pediu consentimento ó seu pai para organizar unha expedición.
Podía dar, era posible, que da outra banda do mar houbera pedras das que se fundían para fabricaren armas e ferramentas; o precioso metal amarelo co que labraban prezadas xoias; quizais riquísimas froitas ou sementes semellantes á ceveira, orxo ou aínda mellores para a matenza; madeiras, liño para teceren as súas roupas outros animais, outras xentes...
A expedición realizouse. Antes da partida, Breogán recomendoulle ó seu fillo que fixera a viaxe montado no seu cabalo, sen baixarse del ata que chegara; somentes así podería ter a certeza de poder voltar con felicidade.
E desta maneira foi como os celtas de Galicia levaron a Irlanda a súa civilizacíon. Por esto é que as mesmas citanias ou castros de casas circulares se atopan en Irlanda e Galicia; e mais os preciosos torques de ouro; e parellos nomes de ríos e lugares... e, ara a mesma gaita con semellantes temas musicais.
CARRÉ ALVARELLOS, Leandro. As Lendas tradizonaes galegas, Museu de Etonografía e História, Junta Distrital do Porto, Porto, Portugal
No hay comentarios:
Publicar un comentario